Polígono industrial de Bértoa

O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.

Coordenadas: 43°14′24″N 08°40′57″O / 43.24000, -8.68250

Poligono Industrial de Bértoa Carballo A Coruña
Vista do Polígono de Bértoa, Carballo.

Historia e características

As súas orixes datan do ano 1975. A primeira fase conta cunha extensión de 74 hectáreas, nas que están instaladas máis de 100 empresas que abarcan diversos campos como o transporte, metal, electricidade, téxtil ou alimentación. Na actualidade está construída unha segunda fase, ata ocupar unha extensión total duns 2.000.000 metros cadrados.

No polígono industrial están situados o parque de bombeiros e a delegación de Protección Civil. Ademais, ofrece servizos como o punto limpo e o Complexo Deportivo das Eiroas. No ano 2017 contaba xa con máis da metade da súa superficie ocupada.[1]

Accesos

  • AG-55: saída 29 "Carballo este - Parque Industrial".
  • AC-552: rotonda en Bértoa dirección "AG-55 A Coruña-Fisterra".

Notas

  1. "O Polígono de Bértoa supera o 50% de superficie ocupada". Que pasa na costa. 2017-04-24. Consultado o 2017-04-24.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bértoa, Carballo

Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Abarca unha extensión de 12.05 km² e segundo o IGE en 2013 tiña 1.581 habitantes (797 mulleres e 784 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.474 habitantes.

Nesta parroquia atópase un dos polígonos industriais de Carballo e a Igrexa de Santa María de Bértoa.

Na rotonda de acceso ao polígono encontrase unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, de nome "O Escalo", que está elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.