Polígono industrial Vilar do Colo

O polígono industrial Vilar do ColoCoordenadas: 43°26′50.3″N 08°10′23.7″O / 43.447306, -8.173250 é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada entre os concellos de Cabanas e Fene.

Avenida Astano Vilar do Colo Fene
Avenida de Astano no polígono de Vilar do Colo

Historia e descrición

Foi promovido pola SEPES e os Concellos de Cabanas e Fene[1]. Inaugurado no ano 2000, ten unha superficie de máis de 852.000 metros cadrados desenvolvida en dúas fases.[2]

En 2007 creouse a asociación que agrupa os empresarios asentados no polígono.[3] Ese mesmo ano, María José Caride, daquela como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, inauguraba a estrada AC-563, que serviría para conectar a zona industrial coa AC-564 (estrada de Cabanas ás Pontes) e, de vez, esta coa VG-1.2 a Mugardos.[4][5]

En 2010 o daquela ministro de Fomento español, José Blanco, presentaba o proxecto para a nova "Base de Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación" que se habería construír no término fenés.[6]

En abril de 2011 a plataforma ecoloxista ADEGA convocou unha concentración contra da ampliación deste polígono.[7] A modificación -en 2015- da ordenanza que regula os usos de Vilar do Colo fomentou a apertura de novos negocios alén do ámbito industrial.[8][9]

O polígono de Vilar do Colo caracterízase, ademais, por estar atravesado polo Camiño Inglés.[10]

Accesos

Notas

  1. Concello de Fene. "Polígono industrial Vilar do Colo.". www.fenecidadan.net. Consultado o 2017-05-07.
  2. "Polígono Industrial Vilar do Colo, Fene-Cabanas". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  3. P. H. - El Correo Gallego. "Veinticuatro empresas de Fene se asocian en el polígono Vilar do Colo" (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  4. La Opinión de A Coruña. "Inaguran la nueva carretera de Vilar do Colo entre As Pontes y Mugardos - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-05-07.
  5. Europa Press (2007-11-05). "La nueva carretera de Vilar do Colo en Fene facilitará la comunicación entre As Pontes y Mugardos". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  6. Web oficial de Salvamento Marítimo. "José Blanco supervisa el inicio de las obras de la Base de Salvamento Marítimo y Lucha contra la Contaminación de Fene (A Coruña)". www.salvamentomaritimo.es (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  7. García, Antonio. "Concetración-protesta por proxecto ampliación polígono industrial de Fene (Vilar do Colo)". adega.gal. Consultado o 2017-05-07.
  8. "FENE - El gobierno local trata de abrir el uso de Vilar do Colo al sector comercial". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  9. Carla Elías (2016-01-26). "El cambio de usos del polígono Vilar do Colo incentiva la apertura de negocios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-07.
  10. "Camino Inglés, Poligono Vilar do Colo, Fene.". vivecamino.com. Consultado o 2017-05-07.

Véxase tamén

Ligazóns externas

ASTANO

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Sociedad Estatal de Promoción de Suelo

A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.

Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.

O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.

VG-1.2

A VG-1.2 ou Vía de Alta Capacidade Ares-Mugardos é un corredor, actualmente unha vía para automóbiles, que conecta a AP-9F, á altura do polígono industrial Vilar do Colo, cos concellos de Ares e Mugardos. Foi inaugurada en outubro de 2005.En maio de 2015 a Xunta de Galicia aprobou unha modificación do plano sectorial viario da área de Ferrol que incluía novos enlaces coas estradas N-651 e AC-133.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.