Polígono industrial Río do Pozo

O polígono industrial Río do Pozo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Narón.

Coordenadas: 43°31′54.9″N 08°11′58.2″O / 43.531917, -8.199500

Sede de Cándido Hermida en Río do Pozo Narón
A empresa Cándido Hermida ten a súa sede no polígono Río do Pozo

Historia e descrición

Foi promovido pola SEPES e inaugurado en 1993. Consta duns 2.400.000 metros cadrados desenvolvidos en catro fases, o que o converte no terceiro maior polígono industrial en superficie do país, só por tras dos polígonos de Sabón e o Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.[1]

Pull and Bear, Cándido Hermida, Gabadi, Transportes Almacenes Transitarios SA e Tranvías del Ferrol son algunhas das empresas máis grandes que teñen a súa sede en Río do Pozo.

Accesos

  • FE-12. Une o polígono coa N-655 de acceso ao porto exterior e a AP-9
  • AG-64. Saída 3 Polígono industrial Río do Pozo
  • AC-116. Vía estrada DP-5408.
  • AC-566. Vía Avenida Gonzalo Navarro.

Galería de imaxes

Bombeiros Narón Río do Pozo

Bombeiros de Narón no polígono Río do Pozo

Punto limpo Naron Río do Pozo

Punto limpo

Tranvias del Ferrol Río do Pozo

Tranvías del Ferrol

Megasider río do Pozo Narón dpoaif009wGL

Megasider

Empacadora de lixo de Sogama en Río do Pozo Narón

Empacadora de SOGAMA

Sede pull and bear naron, río do pozo

Pull & Bear

Notas

  1. "Polígono Industrial de Río do Pozo, Narón". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-03.
Cándido Hermida

Cándido Hermida é unha empresa galega da madeira xurdida en 1984 en Valdoviño, actualmente ten a súa sede no Polígono industrial Río do Pozo, Narón.

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de carpintaría artesán. En 1991 a empresa comezou a traballar para Inditex. A empresa ten feito traballos para marcas como Guess, Loewe, Michael Korrs, Bimba y Lola, Mango ou a xoiaría Tiffany. A empresa fai mobles de deseño por encargo e mobiliario para iates.

Gabadi

Gabadi é unha empresa galega auxiliar naval fundada en 1984. Ten a súa sede no polígono industrial Río do Pozo, en Narón.

Ortegal Oil

Ortegal Oil é unha empresa galega adicada á venda e distribución de Combustibles petrolíferos. Ten a súa sede en Ortigueira, e conta con seis estacións de servizo na provincia da Coruña: dúas no concello de Fene (polígono de Vilar do Colo e Rego da Moa), unha en Ortigueira, unha en Cariño, unha na Barqueira (Cerdido) e outra no polígono industrial Río do Pozo (Narón).

Sociedad Estatal de Promoción de Suelo

A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.

Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.

O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.

Transportes Almacenes Transitarios SA

Transportes Almacenes Transitarios SA é unha empresa galega de transporte por estrada con sede en Narón, A Coruña. As orixes da empresa están nos anos 1990, no transporte de aceiro e chatarra para Megasa no porto de Ferrol. Nos inicios este transporte de mercadorías o facían camioneiros autónomos ou pequenas empresas. O volume de negocio, a necesidade de máis camións para facer o transporte de carbón cara As Pontes e diversas folgas fixeron que Megasa e Pérez Torres (empresa de estiba do porto de Ferrol) fundasen TT como empresa de transporte. A empresa diversificou o negocio transportando cargas a outros puntos de España e traballando para outros operadores loxísticos. A empresa ten máis de 250 tráileres.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.