Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES[1]. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.

Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.

Coordenadas: 43°21′08.7″N 08°25′20.9″O / 43.352417, -8.422472

Estrella Galicia Agrela
Sede do Grupo Hijos de Rivera e factoría de Estrella Galicia.

Historia

O polígono da Grela foi inaugurado o 9 de setembro de 1961 nunha visita que realizou Franco á Coruña e Ferrol.[2] Nese momento estaban instaladas a fábrica de aluminio, a fábrica de grafitos eléctricos e a subestación eléctrica (posteriormente terreos que ocuparía Marineda City).[3] Inicialmente tiña 218 parcelas (887 677 m2), mais algunhas de grande superficie foron subdivididas con posterioridade. Agrela eran os terreos que quedaban baleiros entre a cidade da Coruña e a Refinaría. Non se podía construír a menos de tres quilómetros da refinaría por motivos de seguridade. Esta zona pasou de leiras a zonas ocupada por empresas.

En novembro de 1972 trasladouse dende Catro Camiños a fábrica de cervexas de Estrella Galicia.[4]

En 2004 foi inaugurado un busto en homenaxe a Eduardo Diz, fundador da empresa de frío industrial Frigo Diz e promotor do polígono, na rotonda onde conflúen a estrada de Baños de Arteixo, a avenida de Enrique Salgado Torres, a rúa Severo Ochoa e a avenida de Arteixo. Desde aquela, a glorieta leva tamén o nome do industrial coruñés.[5]

Superficies comerciais

A comezos do século XXI, grazas aos cambios das normativas municipais, comezaron a se instalar no polígono cadeas de supermercados como Lidl, Eroski ou Día e se chegaron a construír até tres centros comerciais: Comcor (coas galegas Bricoking e Pórtico como grandes motores), Dolce Vita en 2008 e finalmente IKEA con Marineda City en 2010 e 2011 respectivamente.

Instalacións públicas

Campo de fútbol de Agrela II
Campo de fútbol Arsenio Iglesias
Agrela Centro de Negocios 98anvaozwGL
Igrexario de Agrela, convertido no Centro Municipal de Empresas

Ademais de empresas privadas do serctor industrial e servizos no polígono tamén se teñen construído unha serie de infraestruturas públicas de especial importancia a nivel municipal como son os campos de fútbol Arsenio Iglesias Pardo e Rodrigo García Vizoso, o parque de bombeiros, un grande almacén de mobiliario urbano[6], o matadoiro e o mercado municipal de froitas e verduras, un punto de recollida selectiva de lixo, o Centro Municipal de Empresas nun antigo igrexario. Tamén existiu un parque automobilístico do Exército de Terra de España, que pertenceu ao que hoxe se coñece como a BRILAT, e que foi parcialmente derrubado tras levar anos pechado para a construción da Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña.[7]

Museos

Na Rotonda Eduardo Diz érguese o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, asemade Hijos de Rivera está a construír dentro do seu propio recinto un museo dedicado á produción cervexeira.[8] A Fundación María José Jove, que conta cunha importante colección de arte, tamén ten a súa sede no corazón do polígono[9].

Accesos

Ferroviarios

Orixinariamente o polígono contaba -na rúa Severo Ochoa- cun cargadeiro que formaba parte do ramal ferroviario que conecta a Refinería da Coruña directamente coa Estación de San Cristovo, na actualidade en desuso.[10]

Estradas e autoestradas

Portuarios

Un oleoduto que cruza o polígono en dirección leste - oeste conecta directamente os peiraos petroleiros coa refinería.[11]

Galería de imaxes

Pastoriza, Arteixo Galiza 01

Vista da refinería de Repsol

Cable R Galiza A Grela A Coruña

Instalacións técnicas de R.

Estrella Galicia Agrela dianfan56623wGL

Novas instalacións de cocemento de Estrella Galicia.

Estrella Galicia en obras A Grela

Construción do museo de Estrella Galicia

P1110970 MACUF A Coruña

Fachada do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa

Praza Central Marineda City A Coruña enfiepn7392wGL

Praza central do complexo comercial Marineda City

Notas

  1. "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" (PDF). Instituto Galego de Vivenda e Solo. Consultado o 04-05-2017.
  2. La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1961. Páx. 1
  3. Diario de acontecimientos referidos a España durante los meses de septiembre, octubre y noviembre de 1961
  4. Homenaje al comercio tradicional
  5. "El empresario Eduardo Diz falleció ayer a los 94 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-05-24. Consultado o 2017-04-26.
  6. La Opinión de A Coruña. "El Ayuntamiento deposita la estatua de Millán Astray en su almacén de A Grela - A Coruña - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-04-26.
  7. "Amigosdelamili.com Encuentra a tus amigos de la mili". www.amigosdelamili.com (en Spanish). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-26.
  8. La Opinión de A Coruña. "110 aniversario de Hijos de Rivera: Estrella Galicia estrenará un museo en su sede de A Grela". Consultado o 2017-04-26.
  9. "Visita guiada a la Colección de Arte- Día Internacional de los Museos. Fundación María José Jove". www.fundacionmariajosejove.org (en castelán). Consultado o 2017-04-29.
  10. La Voz de Galicia. "Tres trenes diarios con 250 toneladas de butano y propano, al lado de los andenes llenos de viajeros". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2017-04-26.
  11. La Opinión de A Coruña. "Un río de oro negro bajo la ciudad". Consultado o 2017-04-26.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-12

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-VI. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-VI, no concello de Oleiros.

AD Regueira

AD Regueira é unha empresa galega con sede no Polígono industrial A Grela - Bens adicada á venda de pezas de automoción. Opera en Galicia, Asturias e León.As orixes da empresa están nunha tenda de pezas para coche na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1989 entra a formar parte do grupo belga AD Parts.

Astilleros José Valiña

Astilleros José Valiña é unha empresa galega adicada ao deseño, construción e reparación de buques.

Avenida de Enrique Salgado Torres

A Avenida de Enrique Salgado Torres é un dos principais accesos á Coruña. Dende 1971 leva o nome de Enrique Salgado Torres, antigo director xeral de Vivenda do Ministerio de Vivenda de España nos anos 60, principal impulsor desta vía e dos barrios que a rodean.

Orixinariamente púxose en servizo como vía de alta capacidade para conectar o porto da Coruña e a N-VI co florecente polígono industrial A Grela - Bens e a AC-552. O seu firme caracterízase por ser de placas de formigón, habitual nese tipo de vías construídas por esa época.Coa posta en servizo da AC-10 a Avenida de Salgado Torres foi perdendo tráfico, especialmente pesado, até que en 2015 abriu o enlace da avenida coa AC-14 que a converteu nunha vía de entrada á cidade.O 15 de xuño de 2016 púxose en funcionamento unha rotonda entre o túnel e a conexión coa AC-14 que permite liberdade de xiros para os vehículos con orixe ou destino a 2ª fase do polígono de Elviña e a estación de tren de San Cristovo.

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo é un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-xogador e ex-adestrador coruñés Arsenio Iglesias. Trátase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol modesto coruñés.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. As súas dimensións son de 95 × 58 metros e conta cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foron habilitados até seis vestiarios.

Grela

O topónimo galego A Grela pode proceder dun feminino diminutivo de grelo con artigo, ou dunha falsa segmentación de Agrela diminutivo de agra (eira, terreo cultivado). Pode referirse a:

Grela, lugar da parroquia de Nogueira, no concello de Meis;

A Grela, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo;

A Grela, lugar da parroquia de Vigo, no concello de Cambre;

A Grela, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Carballo;

A Grela, lugar da parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña;

A Grela, lugar da parroquia do Pacio, no concello de Friol;

A Grela, lugar da parroquia de Madriñán, no concello de Lalín;

A Grela, lugar da parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz;

A Grela, lugar da parroquia de Liñares, no concello das Neves;

A Grela, lugar da parroquia de Marzoa, no concello de Oroso;

A Grela, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira;

A Grela, lugar da parroquia de Sada, no concello de Sada;

Polígono industrial A Grela - Bens, na Coruña.

José Luis López Sangil

José Luis López Sangil, nado na Coruña o 27 de marzo de 1938 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 2016 , foi un enxeñeiro industrial e historiador galego.

Medios Audiovisuales Gallegos

Medios Audiovisuales Gallegos, hoxe denominada Medios Audiovisuales de Galicia, é unha sociedade limitada constituída pola Corporación Voz de Galicia o día 28 de decembro de 2007, que aglutina a Radio Voz de Galicia, Voz Audiovisual e Medios Digitales de Galicia, compañía titular dunha licenza para desenvolver unha televisión dixital terrestre (TDT) de ámbito autonómico, a cadea V Televisión.A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

Medios Digitales de Galicia

Medios Digitales de Galicia é unha sociedade anónima do Grupo Voz que, canda Radio Voz Galicia e Voz Audiovisual, pasou a formar parte da sociedade limitada Medios Audiovisuales Gallegos, constituída na Coruña o día 28 de decembro de 2008. A compañía Medios Digitales de Galicia é titular dunha licenza para desenvover unha canle de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico.A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

No ano 2006 o equipo municipal de goberno de Santiago de Compostela adxudicou dúas parcelas no solo industrial de Amio (no Polígono industrial do Tambre) a Medios Digitales de Galicia S.A. para a creación dun centro de produción de televisión dixital terrestre. O Concello santiagués valorou aspectos como as novas tecnoloxías e a creación de emprego á hora de adxudicar estes terreos.A canle de TDT creada foi V Televisión, que comezou a emitir en probas o 9 de marzo de 2010, e deixou de funcionar o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, cando a canle pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste,

Sociedad Estatal de Promoción de Suelo

A Sociedad Estatal de Promoción de Suelo (SEPES) é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, cuxo fin último é a xestión pública do solo en todos os seus aspectos, incluíndo solo industrial, residencial, terciario e loxístico.

Nalgúns casos a actividade desta entidade reflíctese en forma de Sociedades Mercantís, Consorcios Urbanísticos e Xuntas de Compensación, nas que participan tamén Comunidades Autónomas, Concellos, outros Organismos Públicos e mesmo a iniciativa privada.

O seu ámbito de actuación é moi amplo participando tanto en intervencións urbanas de gran calado, actuacións residenciais e parques empresariais.

Voz Audiovisual

Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,, coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.

A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.