Polígono

Un polígono é unha figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono acostumamos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).

Se n é o número de lados, o número de diagonais dun polígono está dado por .

Triangulo
Triángulo irregular).
Cadrado
Cadrado, cadrilátero regular.
Pentagono
Pentágono irregular

Etimoloxía

A verba polígono procede do grego antigo πολύγωνον (polygōnon), de poli (πολύς), "moitos" e gonos (γωνία), "ángulo".

Clasificación dos polígonos

Polígonos
Nome Número
de lados
monógono[1] 1
dígono[2] 2
triángulo 3
cuadrilátero 4
pentágono 5
hexágono 6
heptágono 7
octógono 8
eneágono 9
decágono 10
hendecágono 11
dodecágono 12
tridecágono 13
tetradecágono 14
pentadecágono 15
hexadecágono 16
heptadecágono 17
octodecágono 18
eneadecágono 19
isodecágono 20
triacontágono 30
tetracontágono 40
pentacontágono 50
hexacontágono 60
heptacontágono 70
octacontágono 80
eneacontágono 90
hectágono 100
chiliágono 1000
miriágono 10 000
megágono 1 000 000

Os polígonos clasifícanse polo número dos seus lados como se ve na táboa da dereita.

Pola forma do seu contorno debúllase a seguinte clasificación:

Polígono
Simple
Convexo
Regular
Irregular
Cóncavo
Complexo
  • simple, se dúas das súas arestas non consecutivas non se cortan,
  • complexo, se dúas das súas arestas non consecutivas se cortan;
  • convexo, se ao atravesalo unha recta córtao nun máximo de dous puntos,
  • cóncavo, se ao atravesalo unha recta pode cortalo en máis de dous puntos;
  • regular, se ten os seus ángulos e os seus lados iguais,
  • irregular, se ten os seus ángulos e lados desiguais;
  • equilátero, o que ten todos os seus lados iguais,
  • equiángulo, o que ten todos os seus ángulos iguais.
  • rectilíneo, se todos os seus lados son segmentos rectos,
  • curvilíneo, se polo menos un dos seus lados é un segmento curvo.
Simple polygon

Polígono simple, cóncavo, irregular.

Complex polygon

Polígono complexo, cóncavo, irregular.

Decagon

Polígono convexo, regular (equilátero e equiángulo).

Polígonos regulares

Os polígonos que teñen tódolos seus lados coa mesma lonxitude e todos os seus ángulos iguales chámanse polígonos regulares. A área dun polígono regular pode ser calculada da seguinte forma:

Supoñendo que:

A = Área
n = número de lados
l = lonxitude dun dos lados
a = apotema
Cúmprense as seguintes relacións:

Polígonos irregulares

Os polígonos irregulares son aqueles que non teñen tódolos lados e ángulos iguais. O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é , sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.

Notas

  1. Monogon (en inglés)
  2. Un dígono é un polígono de dous lados curvilíneos (ver [1])

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ampuero

Ampuero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita cos municipios de Limpias, Liendo, Voto, Guriezo e Rasines.

A súa localización no centro da comarca de Asón-Agüera estableceuna de cabeceira comarcal, posuíndo importantes servizos e un polígono industrial nas súas proximidades. Este municipio ten varios atractivos como son a pesca de troita e salmón e a respectiva gastronomía, como tamén a festa da Virxe Nena, declarada de interese turístico rexional cos populares encerros taurinos. Ten unha superficie de 32,3 km², e está a unha distancia de 55 quilómetros de Santander, a capital cántabra.

Andrade, Pontedeume

San Martiño de Andrade é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 401 habitantes (207 mulleres e 194 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 467 habitantes.

O peso desta parroquia na economía do concello é importante xa que no lugar do Vidreiro se sitúa o polígono industrial de Pontedeume.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Bértoa, Carballo

Santa María de Bértoa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Abarca unha extensión de 12.05 km² e segundo o IGE en 2013 tiña 1.581 habitantes (797 mulleres e 784 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.474 habitantes.

Nesta parroquia atópase un dos polígonos industriais de Carballo e a Igrexa de Santa María de Bértoa.

Na rotonda de acceso ao polígono encontrase unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, de nome "O Escalo", que está elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.

Canyelles, Barcelona

Canyelles é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Foi construído en 1974 sendo o último polígono de vivendas levantado na etapa predemocrática. Durante bastante tempo sufriu unha falta importante de infraestruturas e servizos.

Algunhas das melloras de transporte foron a apertura das roldas en 1991 e a chegada da liña 3 do Metro de Barcelona con dúas paradas no barrio e que en 2009 foi prolongada ata o barrio de La Trinitat Nova.

No barrio atopamos o parque de Serra i Martí e a Fonte Máxica inaugurada en 1998.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Hexágono

En xeometría, un hexágono (do grego ἕξ hex, "seis" e γωνία, gonía, "ángulos") é un polígono de seis lados.

O hexágono regular ten as seguintes propiedades:

Tódolos seus ángulos interiores miden 120º.

Unindo cada vértice co seu oposto, o hexágono regular queda dividido en seis triángulos equiláteros.

A súa superficie obtense da seguinte forma:

Superficie = (Perímetro * Apotema) / 2.

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Octógono

Un octógono é un polígono de 8 lados. Un octógono regular é aquel que ten os lados iguais na súa lonxitude e os seus ángulos internos miden o mesmo.

O ángulo interno de cada vértice dun octógono regular mide 135º e a suma de tódolos seus ángulos interiores é 1080º. A área "A" dun octógono regular de lonxitude de lado "a" vén dada por:

Oseiro, Arteixo

San Tirso de Oseiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE de 2016 tiña 5.283 habitantes (2.681 homes e 2.602 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.792 habitantes.

En 1965 creouse o Polígono Industrial de Sabón.

Parque de Vioño

O Parque de Vioño é unha zona verde municipal na cidade da Coruña. Foi inaugurado en decembro de 2006 cunha superficie de 37 049 metros cadrados.Leva o nome da aldea derrubada no mesmo lugar para a construción do propio parque así como da urbanización que se xestou arredor do mesmo. Asemade, foron conservados algúns dos hórreos xa existentes no lugar, que ficaron integrados dentro da zona verde.

O seu perímetro está delimitado polas rúas Revolución Francesa, José María Rivera Corral, Isaac Peral e Pasteur. Cara o SO do parque atópase o polígono industrial da Agrela.

Pentágono

En xeometría, un pentágono (de penta, do grego que significa cinco: πεντάγωνον, de πεντά, "cinco" e γωνον, "ángulos") é un polígono de cinco lados.

Polígono industrial

Un parque industrial —tamén chamado cinto industrial, polígono industrial ou zona industrial— é un espazo territorial no cal se agrupan unha serie de actividades industriais, que poden ou non estar relacionadas entre si.

Os parques industriais teñen a particularidade de contar cunha serie de servizos comúns, como poden ser: abastecemento de enerxía eléctrica, abastecemento de auga con diversos tipos de tratamento, en función do uso que se lle queira dar, como, por exemplo, para uso potable, para caldeiras, ou para enfriamento etc.

Os parques industriais adoitan ter tamén outros servizos comúns, como servizo de vixilancia, portería, tratamento de augas servidas, entre outros.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

San Cristovo das Viñas, A Coruña

San Cristovo das Viñas é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 5443 habitantes (2608 homes e 2835 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 250 habitantes en relación ao ano anterior.

Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela. Tamén acontece isto mesmo co Polígono de Elviña –cuxa maior parte se atopa na parroquia de San Cristovo e non na de Elviña, a pesar de que o seu nome indique o contrario–.

A parroquia de San Cristovo das Viñas pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Transportes Urbanos de Santiago S. A.

Transportes Urbanos de Santiago S. A. (Tussa) é unha empresa de transportes compostelá, responsable do transporte público urbano nesa cidade, así como da xestión de varios aparcamentos públicos da cidade. A empresa ten en réxime de concesión un total de 22 liñas, que prestan servizo á cidade e áreas limítrofes, mesmo con zonas de concellos da Área metropolitana de Santiago de Compostela.

Triángulo

Un triángulo, en xeometría plana, é un polígono de tres lados con tres ángulos internos que suman 180º. Os vértices, onde concorren os lados, son tres puntos coplanarios non aliñados.

Tamén se pode definir un triángulo en superficies xerais, sendo diferentes as súas propiedades. Se está contido nunha superficie esférica denomínase triángulo esférico. Na cartografía, representando a superficie terrestre, denomínase triángulo xeodésico.

Zona Franca - Port

A Zona Franca - Port é un sector que pertence ao distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona, pero que non é considerado barrio porque non ten poboación. É un espazo de actividades industriais e loxísticas e que engloba dúas zonas: a Zona Franca e o Porto de Barcelona.

O Polígono Industrial da Zona Franca foi un intento de dotar á cidade dun porto franco libre de aranceis para a importación e a exportación de mercancías. O proxecto do porto franco finalmente non foi viable malia a construción do porto de Barcelona, pero creouse un polígono franco, que tivo como símbolo e motor principal nos seus inicios a fábrica de coches Seat. Despois de ser unha das concentracións industriais máis grandes do mar Mediterráneo, actualmente reorientouse cara as actividades loxísticas. O polígono está situado nun lugar estratéxico, entre o porto de Barcelona e o Aeroporto Internacional de Barcelona.

Xeometría plana
Xeometría de rectas
Xeometría de curvas
Xeometría de polígonos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.