Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.36361, -7.47500

Pol
Escudo de Pol
P1130828 Casa concello Pol
Casa do concello.
Situacion Pol
Situación
Xentilicio[1]Polense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Meira
Poboación1.616 hab. (2018)
Área125,9 km²
Densidade12,84 hab./km²
Entidades de poboación111
Capital do concelloMosteiro
Política (2019[2])
AlcaldeLino Rodríguez Ónega (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Pol
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,83%
Na rede
http://www.concellopol.es

Xeografía

O concello esténdese nas abas dos contrafortes da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.

As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.

Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azúmara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.

Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos

O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 °C; no verán a temperatura é suave (16 °C); 136 días ao ano hai xeada.

Poboación

A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:

Censo total 1.738 (2014)
Menores de 15 anos 128 (7,36 %)
Entre 15 e 64 anos 982 (56,50 %)
Maiores de 65 anos 628 (36,13 %)

Historia

A poboación prehistórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros[5].

Os castros que se distinguen no concello:
  • Castromaior
  • Finca dos Castros e Chousa do Cura (Arcos de Frades)
  • Brea e Os Catros (Caraño)
  • Os Castros (Carazo)
  • A Croa (Rois-Cirio)
  • Ferreiros e A Santa (Ferreiros)
  • Hermunde (Hermunde)
  • Trasín (Luaces)
  • A Troia (Pol)
  • Lúa (San Martiño de Lúa)
  • A Poula (San Martiño de Ferreiros)
  • Andión, Fonfría e Pozo dos Castros (Silva)
  • Igrexa (Suegos)
  • As Croas (Torneiros)
  • Valonga (xunto a igrexa parroquial-Valonga).
Tense constancia de mámoas nos seguintes lugares:
  • Devesa e Rega da Xesteira (Arcos de Frades)
  • Medorra da Capela e Veiga (Carazo)
  • Ferreiros (San Martiño de Ferrreiros)
  • O Caxigo e Medorra da Raíña (O Caxigo-Fraialde)
  • Campo das Medorras (O Pacio-Gondel)
  • Hermunde (Hermunde)
  • Campo das Medorras e Grandas de Mosteiro (Mosteiro)
  • Pedro Canto (Monte de Pereiro-San Martiño de Lúa)
  • Acebreira e Campolongo (San Martiño de Lúa)
  • Chafarica (San Martiño de Ferreiros)
  • Fonfría e Cruz de Ventín (Silva)
  • Cadoira e O Real (Torneiros)
  • Balindos (A Poula-Valonga)
  • Campo das Medorras e Pedralba (Valonga)
  • Alto de Campeliños

Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara a Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..

Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Hermunde. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.

O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.

No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces (conde de Altamira), Lea (conde de Graxal) e Meira (señorío do Real Colexio de Meira)[6]. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pol.
P1130812 Pol Mosteiro praza Galicia escultura cazador

Escultura en homenaxe ós cazadores de Pol na praza de Galicia en Mosteiro.

P1130816 Pol Mosteiro praza Galicia escultura emigrante

Escultura polo 25 aniversario da Festa ó Emigrante na praza de Galicia en Mosteiro.

P1130821 Pol Mosteiro palco música 2

Palco da música na praza de Galicia en Mosteiro con placas das festas ó emigrante celebradas no concello.

P1130820 Pol Mosteiro placa palco música

Placa da Primeira Festa ó emigrante do concello de Pol no ano 1984 situada no palco da música na praza de Galicia en Mosteiro.

P1130845 Pol Luaces vista

Vista de Luaces.

P1130850 Pol Luaces fonte

Fonte en Luaces.

P1130851 Pol Luaces igrexa

Igrexa de Luaces.

P1130840 Pol Luaces castiñeiro

Castiñeiro en Luaces.

Lugares de Pol

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pol". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Pol O Noso Patrimonio
  6. [1]

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Antonio Pol

Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado o 25 de novembro de 2013, foi un notario e político galego.

Caraño, Pol

San Martiño de Caraño é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 139 habitantes (67 homes e 72 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Comarca de Meira

A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira. A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.

Fernando Ónega

Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.

Ferreiros, Pol

Santo André de Ferreiros é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 37 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Fraialde, Pol

Santa María de Fraialde é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 29 eran homes e 28 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Gondel, Pol

San Cosme de Gondel é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 49 habitantes, deles 24 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Hermunde, Pol

San Pedro de Hermunde é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 46 eran homes e 45 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Luaces, Pol

Santa María de Luaces é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2012 tiña 70 habitantes, deles 34 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

Milleirós, Pol

Santiago de Milleirós é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 52 habitantes (30 homes e 22 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Mosteiro, Pol

San Salvador de Mosteiro é unha parroquia do concello de Pol pertencente á comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 206 habitantes (102 homes e 104 mulleres), vinte e catro máis que no ano 2000.

Pol, Baralla

Santa María de Pol é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 83 habitantes (45 mulleres e 38 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 63 habitantes, sendo 31 homes e 32 mulleres.

Pol, Pol

Santo Estevo de Pol é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 32 habitantes, deles 16 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Martiño de Ferreiros, Pol

San Martiño de Ferreiros é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 109 habitantes, deles 56 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sant Pol de Mar

Sant Pol de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Limita con Calella ao norte, Sant Cebrià de Vallalta ao oeste, Canet de Mar ao sur e co mar Mediterráneo ao leste.

A súa orixe e a do seu nome está no mosteiro de Sant Pau, construído no século X.

Silva, Pol

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Suegos, Pol

Santa Eulalia de Suegos é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 153 habitantes (76 homes e 77 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Torneiros, Pol

San Lourenzo de Torneiros é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 97 habitantes (47 homes e 50 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Valonga, Pol

Santa María de Valonga é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 293 habitantes, deles 141 eran homes e 152 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.