Poitou-Charentes

Poitou-Charentes[1] (en occitano: Peitau Charantas, en poitevino-santoñés: Poetou-Chérentes) é unha rexión francesa, situada cara ao oeste da Francia metropolitana. A súa capital é Poitiers. Agrupa os departamentos Charente, Charente-Maritime, Deux-Sèvres et Vienne.

Poitou-Charentes
Poetou-Chérentes
Peitau Charantas
Bandeira de Poitou-Charentes
Escudo de Poitou-Charentes
BandeiraEscudo
Poitou-Charentes map
EstadoFrancia Francia
CapitalPoitiers
 • Poboación91.395 (2008)
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoConsello Rexional
President
Ségolène Royal (PS)
SuperficiePosto 12º
 • Total25.810 km²
PoboaciónPosto 15º
 • Total1.743.000 (est. 2008) hab.
 • Densidade68 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.fr
Código ISOn/d

Notas

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1656. ISBN 9788482893600.
Angulema

Angulema (en francés: Angoulême) é un concello do departamento Charente e da rexión de Poitou-Charentes, Francia, atravesado polo río Charente. Ten 43.100 habitantes (1999)

Centro-Val de Loira

Centro-Val de Loira (en francés: Centre-Val de Loire) é unha rexión de Francia que agrupa a seis departamentos e cuxa capital atópase en Orleáns. Trátase dunha rexión marcada pola súa identidade rural, combinada con todo, con aglomeracións urbanas de forte tradición industrial. É a primeira produtora de cereais do país e a quinta rexión industrial de Francia.

IAM Cycling

O IAM Cycling (codigo UCI: IAM) é un equipo ciclista que compite no UCI WorldTour logo de ascender da categoría Profesional Continental na tempada 2014. Este conxunto foi fundado no ano 2013 e o seu patrocinador principal é IAM Independent Asset Management SA. O IAM monta bicis Scott con compoñentes Shimano e rodas da marca DT Swiss.

Illa de Ré

A Illa de Ré (coñecida antigamente como Illa de Rhé) ou Ré a branca, é unha illa costeira francesa situada no Océano Atlántico fronte a La Rochelle, no departamento de Charente Marítimo, separada do continente ao norte polo Pertuis Bretón e a illa de Olerón, e ao sur polo Pertuis de Antioquía.

A illa ten 30 km de longo e 5 km de ancho, de superficie plana está conectada co continente por unha ponte de 2´9 km de longo terminado en 1988.

Jean René Constant Quoy

Jean René Constant Quoy, nado en Maillé, preto de Maillezais (Vendée) o 10 de novembro de 1790 e finado en Rochefort (Charente Marítimo) o 4 de xullo de 1869, foi un naturalista, zoólogo e cirurxián de a bordo francés.

Lingua poitevina-saintongeais

O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia.

Loira

O topónimo Loira pode referirse a:

Loira, parroquia do concello de Valdoviño;

Loira, lugar da parroquia de Seixo, no concello de Marín;

Loira, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Loira, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene;

A Loira, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño;

Río Loira, que desemboca na ría de Cedeira;

Río Loira, que desemboca na ría de Pontevedra.Amais, Loira é o exónimo en lingua galega do francés Loire. Pode referirse a:

Río Loira, río francés que desemboca en Nantes. Dá nome a:

Loiré, concello do departamento de Maine e Loira, na rexión dos Países do Loira;

Loiré-sur-Nie, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-les-Marais, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-sur-Rhône, concello do departamento de Ródano, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes;

Departamento de Loira, departamento da rexión de Ródano-Alpes;

Saona e Loira, departamento da rexión de Bourgogne;

Maine e Loira, departamento da rexión dos Países do Loira;

Loira Atlántico, departamento da rexión de Países do Loira;

Alto Loira, departamento da rexión de Auvernia;

Indre e Loira, departamento da rexión de Centro-Val de Loira;

Centro-Val de Loira, rexión francesa;

Países do Loira, rexión francesa.

Luke Durbridge

Luke Durbridge é un ciclista australiano nado o 9 de abril de 1991, na localidade de Greenmount. É un especialista en probas contra o reloxo, tal e como demostran as súas numerosas vitorias contra o reloxo. Actualmente corre para o equipo ProTeam australiano Orica-GreenEDGE.

María Casares

María Victoria Casares Pérez, nada na Coruña o 21 de novembro 1922 e finada en Alloue (Charente, Poitou-Charentes, Francia) o 22 de novembro de 1996, foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña. En Francia era coñecida como Maria Casarès.

Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.

Mathurin Jacques Brisson

Mathurin Jacques Brisson, nado o 30 de abril de 1723 en Fontenay-le-Comte, Baixo Poitou, Francia (hoxe no departamento da Vendée), e finado o 23 de xuño de 1806 en Croissy, cerca de Versailles, foi un zoólogo e filósofo francés, membro da Academia ds Ciencias de Francia.

Nova Aquitania

Nova Aquitania (en francés: Nouvelle-Aquitaine, en éuscaro: Akitania Berria, en occitano: Nòva Aquitània) é unha rexión administrativa de Francia. Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Aquitania, Lemosín e Poitou-Charentes.

A rexión ten unha superficie de 84.061 km2 e arredor de 5.808.594 habitantes (segundo datos de 2012). Comezará a funcionar logo das eleccións rexionais de decembro de 2015. A maior cidade é a de Bordeos, a capital da rexión.

Chamouse durante uns meses Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes e o nome de Nova-Aquitania é oficial dende o 28 de setembro e efectivo dende o 30 de setembro do mesmo ano.

Poitiers

Poitiers é unha cidade localizada no centro-oeste de Francia, nas marxes do Río Clain. É a capital do departamento de Vienne e da Rexión de Poitou-Charentes.

Poitiers ten 85 800 habitantes (2004) e a densidade demográfica é de 2 037 habitantes/km².

René Primevère Lesson

René Primevère Lesson, nado o 20 de marzo de 1794 e Rochefort, Charente Marítimo, Poitou-Charentes (Francia) e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1849, foi un cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Royan

Royan (Roeyan en santongès) é unha comuna situada no departamento de Charente-Maritime, na rexión de Poitou-Charentes, Francia.

En 1999 tiña 17.102 habitantes. A economía basease no balneario (5 praias)

Saintes

Saintes é unha comuna de Francia situada no departamento do Charente Marítimo, na rexión Poitou-Charentes. Contaba no ano 1999 con 25 595 habitantes.

Subdivisións de Francia

Mapas de localización dos 96 departamentos franceses e das 22 rexións de Francia, os departamentos de alén mar tamén son rexións.

Thouars

Thouars é unha localidade francesa situada no departamento de Deux-Sèvres, na rexión de Poitou-Charentes. Segundo datos de 2007 conta con 9.928 habitantes.

Tony Martin

Tony Martin, nado en Cottbus o 23 de abril de 1985, é un ciclista alemán . Actualmente corre para o equipo belga Etixx-Quick Step.

Rexións
Rexións de alén mar
Rexións ata 2015

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.