Poio (San Salvador), Poio

San Salvador de Poio é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 6542 habitantes (3337 mulleres e 3205 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5152 habitantes.

No lugar de Andurique está o Centro de Daño Cerebral y Neurociencias Miguel Domínguez (antigo Sanatorio Nuestra Señora de La Meced), un centro de saúde privado da grupo empresarial Quirón Salud[1].

San Salvador de Poio
SSPoio
Igrexa parroquial.
ConcelloPoio
Área4,11 km²
Poboación7.361 hab. (2017)
Densidade1.791 hab./km²
Entidades de poboación6

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de San Salvador de Poio, Poio.
SSPvella

Igrexa vella de San Salvador.

Pedra grande de Montecelo, Boa Vista, A Caeira, Poio

Panorámica da pedra grande de Montecelo, Boa Vista.

Clinicalamerced

Centro de Daño Cerebral y Neurociencias Miguel Domínguez, en Andurique.

Notas

  1. "La Merced se rebautiza como Centro de Daño Cerebral y Neurociencias", 29 de abril de 2013 (en castelán).

Lugares e parroquias

Parroquias de Poio

Véxase tamén

Outros artigos

A Barca, Poio (San Salvador), Poio

A Barca é un dos barrios da parroquia poiense de San Salvador de Poio. Está formado polos antigos núcleos separados da Barca, Andurique, A Valiña. En total ten 2 001 habitantes, dos cales 667 viven no barrio da Barca.

Ao norte limita coa Caeira, ao sur con Portosanto, ao leste co río Lérez e Pontevedra (á que está unida a través da ponte da Barca) e ao oeste coa Porteliña.

A Caeira, Poio (San Salvador), Poio

A Caeira é un lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio. Conta cunha poboación dunhas 1 200 persoas.

Chancelas, Combarro, Poio

Chancelas é un lugar da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. Tiña 345 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 179 eran homes e 166 eran mulleres.

Este lugar atópase a 5,3 quilometros da capital do concello.

Combarro, Combarro, Poio

Combarro é o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. É famoso tamén polos seus hórreos, á beira do mar. Ten 1.253 habitantes (INE, 2008). É un aumento respecto a 2007, cando tiña 1.217 residentes.

Combarro, Poio

San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o INE no 2008 tiña 1.786 habitantes (892 homes e 894 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.567 habitantes. Mailo INE, so conta 5 lugares: A Armada, Cidrás, Combarro, Chancelas e Xuviño.

Constituíu concello propio ata comezos do século XX.

Lourido, Poio (San Salvador), Poio

Lourido é un lugar da parroquia de San Salvador de Poio no concello pontevedres de Poio na comarca de Pontevedra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 562 habitantes (271 homes e 291 mulleres).

É un barrio costeiro, situado xunto á ría de Pontevedra.

Neste lugar naceu o adestrador de fútbol Fernando Castro Santos.

Lugares de Poio

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Poio

Parroquias de Galicia

Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o Nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Poio (San Xoán), Poio

San Xoán de Poio é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 5.582 habitantes (2.742 mulleres e 2.840 mulleres), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.992 habitantes.

Raxó, Poio

San Gregorio de Raxó é unha parroquia do concello de Poio, na comarca de Pontevedra Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 1.144 habitantes (558 homes e 586 mulleres), 7 máis ca no ano 2008.

Con 1.8 km² é a parroquia máis pequena do concello. Dista 8,5 km da casa consistorial. Ten once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, Serpe, Terradepedra e Valdemós. Porén, debido ó desenvolvemento urbano o INE conta só dous núcleos, Raxó e Serpe.

Samieira, Poio

Santa María de Samieira é unha parroquia do concello de Poio. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.057 habitantes (537 mulleres e 520 homes) distribuídos en 12 núcleos de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.063 habitantes.

Serpe, Raxó, Poio

Serpe é un núcleo da parroquia poiense de Raxó. Segundo o INE, no 2008 vivían en Serpe 19 veciños. Dous máis que no 2007.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.