Poder lexislativo

O poder lexislativo é un dos tres poderes do Estado moderno. A súa función específica é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).

Montesquieu propuxo no seu soado libro O Espírito das Leis, que era necesario que as funcións do Estado se dividisen entre distintos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), para que mediante diversos mecanismos o poder controle o poder, a fin de evitar a tiranía.

Moitas constitucións modernas, seguindo o modelo que establece o Artigo Primeiro da Constitución dos Estados Unidos, establecen un poder lexislativo bicameral (isto é: composto de dous cámaras, por exemplo o senado e o congreso do deputados. En moitos outros países, ao contrario, hai un sistema unicameral.

Unibicameral Map
En azul os países con parlamentos bicamerais e en amarelo os países que contan cunha soa cámara lexislativa.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Amnistía

A amnistía (do grego ἀμνηστία amnestía, esquecemento) é unha causa de extinción da responsabilidade penal. É un acto xurídico, normalmente emanado do poder lexislativo, polo que unha pluralidade de individuos que foran declarados culpables dun delito pasan a considerarse inocentes por desaparición da figura delituosa.

Bicameralismo

A bicameralidade é a práctica de ter dous cámaras lexislativas. Nese senso, un parlamento bicameral é un parlamento ou congreso que posúe dous cámaras: unha Cámara baixa, xeralmente denominada Cámara dos Deputados, e unha Cámara alta, habitualmente chamada Senado.

Congreso dos Estados Unidos de América

O Congreso dos Estados Unidos (en inglés: United States Congress) é o depositario do poder lexislativo dos Estados Unidos. É un órgano bicameral, composto pola Cámara de Representantes e o Senado.

A Cámara de Representantes ten 435 membros que representan un distrito congresual ó que serven por un bienio. Os postos divídense en función da poboación de cada estado. No presente, o seu número non medra, aínda que nos inicios, correspondía un representante por cada 30.000 persoas.

En troques, cada estado conta con dous Senadores, sen importar a súa poboación. Hai 100 senadores, que serven polo menos un sexenio. Tanto os representantes como os senadores son hoxe día elixidos polo pobo, aínda que nalgúns estados o gobernador pode pór un substituto no caso de que o posto dalgún senador do seu estado estea vacante.

Ambas as cámaras reúnense no edificio do Capitolio, en Washington, D.C.

Consello Lexislativo Palestino

O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.

O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aprazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."

A sede do Consello bombardeouna o exercito israelí o 20 de novembro de 2012.

Consello de ministros

Un consello de ministros ou gabinete de ministros é, nun sentido institucional, parte do poder executivo dun goberno, e designa o conxunto dos ministros e mailo seu presidente ou primeiro ministro, quen compoñen o poder executivo dun Estado, exercendo como órgano colexiado. Con todo, a composición e funcións do gabinete é distinta en cada país.

A palabra gabinete, a parte do consello de ministros, tamén pode designar a outras entidades políticas ou administrativas.

Constitución dos Estados Unidos de América

A Constitución dos Estados Unidos é a lei suprema dos Estados Unidos de América. Foi adoptada na súa forma orixinal o 17 de setembro de 1787 pola Convención Constitucional de Filadelfia, Pensilvania e logo ratificada polo pobo en convencións en cada estado no nome de "Nós o Pobo" (We the People) A Constitución ten un lugar central no Dereito e a cultura política estadounidense. É a segunda constitución máis antiga do mundo que se atopa en vixencia (logo da de San Marino).

Cortes Xerais

As Cortes Xerais son o Parlamento español, constituído e regulado no título III da Constitución. De acordo con ela, son as representantes do pobo español, tendo unha configuración bicameral asimétrica, compostas por:

o Senado, considerado a cámara alta; e

o Congreso dos Deputados, coñecido como a cámara baixa.En representación do pobo español, exercen os aspectos esenciais da soberanía nacional: posúen a potestade lexislativa, aproban os Orzamentos Xerais do Estado, controlan a acción do Goberno e desempeñan o resto de funcións que lles atribúe a Constitución.

Estado unitario

Un Estado Unitario é aquel onde existe un só centro de poder político que estende o seu accionar ao longo de todo o territorio do respectivo Estado, mediante os seus axentes e autoridades locais, delegadas dese mesmo poder central.

Ademais conta cun só poder lexislativo que lexisla para todo o país; un poder xudicial, que aplica o dereito vixente a todo o territorio do Estado e que no seu seo establécese unha Corte Suprema de Xustiza, a cal ten xurisdición a nivel nacional, un só poder executivo que esta conformado por todos os gobernantes (presidente, gobernadores, alcaldes...); e ademais conta cunha soa constitución política que rexe en todo o territorio e á cal se achan sometidas todas as autoridades e habitantes do Estado. Noutras palabras no Estado unitario dáse a cuádrupla unidade: unidade de ordenamento xurídico (dereito), unidade de autoridades gobernativas, unidade de gobernados ou destinatarios do ordenamento xurídico e das decisións políticas e unidade de territorio.

Estados Xerais dos Países Baixos

Os Estados Xerais son o poder lexislativo, bicameral, dos Países Baixos.

Están divididos en dúas cámaras:

Senado dos Estados Xerais (Eerste Kamer der Staten-Generaal), que é a cámara alta.

Segunda Cámara dos Estados Xerais (Tweede Kamer der Staten-Generaal), que é a cámara baixa.Os modernos Estados Xerais dos Países Baixos son o equivalente das Cortes Xerais en España, é dicir, o poder lexislativo ao completo, formado polo conxunto das dúas cámaras.

Indonesia

Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular do sueste asiático, ocupando boa parte do territorio do máis grande arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea, posuíndo un total dun 237 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico.

Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio ten sido unha rexión importante para o comercio dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o Islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da Segunda Guerra Mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos.

A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o grupo étnico máis grande e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose á lista dos países megadiversos.Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.

Lobamba

Lobamba é unha cidade africana, capital tradicional e sede do poder lexislativo de Suacilandia, así como residencia da raíña nai.

Lobamba está situada no oeste do país, no Val de Ezulwini, a 16 km da capital Mbabane. A poboación é de aproximadamente 5.800 habitantes. Construída en 1830 polo rei Sobhuza I, converteuse no kraal real, construíndose alí o Palacio do Estado de Embo, onde o rei recibe en audiencia. Tamén ten a súa sede na cidade o Museo Nacional Suaci e o Parlamento.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Pluripartidismo

O pluripartidismo é un sistema de partidos políticos onde unha gran cantidade de partidos políticos teñen amplas posibilidades de obter o poder executivo, así como o poder lexislativo atópase dividido entre unha gran cantidade de bancadas ó fraccións, en contraposición ao bipartidismo (a hexemonía de dous partidos políticos), ó o unipartidismo (a hexemonía dun só partido político).

Países con sistemas políticos pluripartidistas hai moitos, como o caso de Francia, Italia, Portugal, Grecia, Chile, Guatemala, Ecuador, Bolivia, México, Rusia, India e Xapón.

Así mesmo, aínda que tiveron sistemas bipartidistas ata hai pouco, actualmente teñen un sistema pluripartidista Brasil, Colombia, Costa Rica, Perú, Uruguai e Venezuela

Existen dous xeitos de enfocar unha democracia pluripartidista e bipartidista:

Bipartidismo: cando dous partidos políticos de ideoloxías opostas absorben a maioría abafadora dos votos, deixando espazo escaso a outros partidos. Neste sistema, os partidos minoritarios adoitan ser rexionalistas ou de ideoloxías extremistas. Os exemplos máis claros atopámolos en Estados Unidos (Demócratas e Republicanos).

Polipartidismo: onde varios partidos políticos (de 4 a 8, normalmente) se repárten os escanos, estando obrigados a realizar alianzas para acadar o poder. Este sistema é cecais máis realista no sentido de expresar a ideoloxía dos cidadáns, pero trae consigo maior risco de que ideoloxías antidemocráticas acaden o goberno. Algúns exemplos son Alemaña, Israel e Italia.

Centrismo: Entre varios partidos políticos hai un de centro que obtén a maioría dos votos, pero que xeralmente ten que levar a cabo coalicións co resto de partidos que adquiren máis ou menos votos segundo as tendencias do momento.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Tribunal Constitucional

Un Tribunal Constitucional ou Corte Constitucional é aquel órgano que ten ao seu cargo, principalmente, facer efectiva a primacía da Constitución. Ten a atribución de revisar a adecuación das leis e procesos referentes á Constitución e eventualmente dos proxectos de lei e os decretos lexislativos o do poder executivo, á Constitución, realizando un exame de constitucionalidade de tales actos.

De acordo al modelo kelseniano, o Tribunal Constitucional actúa como un lexislador negativo, pois carece da facultade de crear leis, mais no caso de que entenda que unha das promulgadas vulnera o disposto na Constitución, ten poder para expulsala do ordenamento xurídico, declarando a súa inconstitucionalidade. Teorías máis recentes, sosteñen que a tarefa do Tribunal Constitucional é exercer unha función xurisdicional, resolvendo conflitos de carácter constitucional, que poden incluír a revisión da actuación do poder lexislativo, a protección dos dereitos fundamentais e a distribución de competencias entre os poderes constituídos.

Unicameralidade

A Unicameralidade é a práctica de ter un parlamento ou congreso composto dunha soa cámara. Usualmente os países con asembleas unicamerais son pequenos e homoxéneos e consideran unha Cámara alta como innecesaria.

Virxinia

Virxinia é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Commonwealth of Virginia. A rexión onde actualmente está localizada Virxinia foi a primeira en ser colonizada polos británicos. Jamestown, unha cidade do estado, foi o primeiro asentamento británico permanente en América, fundado en 1607. Os colonos británicos fundaron tamén a primeira institución de Poder Lexislativo en América, en 1619. A rexión foi denominada Virxinia en 1584 por un explorador británico, Walter Raleigh, en homenaxe á raíña Sabela I de Inglaterra, tamén coñecida na época como a Raíña Virxe.

Virxinia foi unha das Trece Colonias que se rebelaran contra o dominio británico da rexión durante a Revolución Americana de 1776. A guerra de independencia terminou en Virxinia, cando as forzas británicas lideradas por Lord Cornwallis se renderon en Yorktown en 1781. Posteriormente, Virxinia participaría activamente do lado dos Estados Confederados de América na Guerra Civil Estadounidense, sendo que a capital confederada, Richmond, se localizaba neste estado. A Guerra Civil Estadounidense oficialmente terminou cando a principal forza confederada, liderada por Robert E. Lee, se rendeu en Appomattox.

O estado de Virxinia posúe diversos alcumes. O máis coñecido deles é Old Dominion (Vello Dominio), tendo sido alcumada así polo Rei Carlos II de Inglaterra, por causa da lealdade da poboación da colonia ao Rei. Outro cognome do estado é Mother of Presidents, porque 8 presidentes americanos naceron e creceron en Virxinia: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, James Monroe, William Henry Harrison, John Tyler, Zachary Taylor e Woodrow Wilson. Os catro primeiros foron catro das cinco primeiras persoas en presidir os Estados Unidos. Cinco deles, Washington, Jefferson, Madison, Monroe e Wilson, foron reelectos.

Outro alcume de Virxinia, menos coñecido, é Mother of States (Nai de Estados). Facían parte de Virxinia tamén os actuais estados americanos de Kentucky e Virxinia Occidental. Porén, Kentucky separouse de Virxinia en 1792. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a Guerra Civil Estadounidense.

Xuíz

Un xuíz é unha persoa investida de autoridade para xulgar. A autoridade élle outorgada polo Estado, en exercicio dun dos tres poderes en que se divide ( Poder lexislativo, Poder executivo, e Poder xudicial ).

O xuíz, polo tanto, é a autoridade encargada de impartir xustiza. En España, a figura do xuíz ven regulada na Lei Orgánica do Poder Xudicial, que define o seu estatuto e a carreira xudicial, a través de todos os seus estados e etapas, sen prexuízo das demais leis e regulamentos que a desenvolven.

A autoridade do xuíz é conferida polo Estado, a través de diversos procedementos, outorgada, segundo o país e fundamentalmente segundo a tradición xurídica que este comprenda.

O xuíz é o titular do xulgado a que está adscrito.

Aínda que gozan de independencia na súa actuación, as súas resolucións adoitan ser revisables polos tribunais superiores xerarquicamente, mediante os chamados recursos xudiciais, podendo ser estas confirmadas, modificadas ou revogadas.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.