Pocomaco

Coordenadas: 43°20′11.2″N 08°25′21.2″O / 43.336444, -8.422556 Pocomaco[1] ou Po. Co. Ma. Co. son as siglas polas que se coñece o Polígono de Comercio Maiorista da Coruña, un polígono comercial, industrial e loxístico situado no lugar de Mesoiro, no concello da Coruña.

Historia

Estrella Galicia Pocomaco centro loxístico e3818p11wGL
Centro loxístico de Estrella Galicia en Pocomaco, A Coruña.

En febreiro de 1967 se forma a asemblea constitutiva e así, en xullo de 1972, comezaron unhas obras de urbanización que non rematarían até decembro de 1974.

Nel están instaladas empresas senlleiras como El Ideal Gallego, Prosegur ou Armería Álvarez e teñen importantes departamentos outras como Hijos de Rivera (centro loxístico) ou Abanca (centro tecnolóxico).[2]

A finais da primeira década do século XXI foi construído mediante iniciativa privada o polígono industrial de Vío, para complementar o xa saturado Po.Co.Ma.Co.,[3] porén en 2017 a téxtil Caramelo, a única empresa instalada na nova infraestrutura, anunciaba a súa quebra e liquidación.[4]

En 2013 foi inaugurado o primeiro dos tres aparcamentos disuasorios de balde dos que dispón o polígono.[5]

Accesos

Ferroviario

O polígono conta cun cargadeiro en desuso que orixinariamente estaba conectado á liña Coruña-Zamora. Contémplase de cara o futuro aproveitar esta circunstancia para construír nas proximidades unha conexión co novo Porto Exterior.[6]

Estradas e autoestradas

  • AC-14. Conecta o polígono con distintos barrios da cidade e o centro máis o aeroporto e a A-6.
  • DP-0512. Conecta o polígono con Coruña e Arteixo a través de Feáns e Uxes.

Transporte público

Galería de imaxes

Armería Álvarez
Armería Álvarez 
Prosegur Nordés
Prosegur Nordés 
El Ideal Gallego
El Ideal Gallego 
Instalacións da extinta Telecoruña en Po.Co.Ma.Co.
Instalacións da extinta Telecoruña en Po.Co.Ma.Co. 
Unión da AC-14 coa Ronda do RC Deportivo da Coruña á altura do polígono
Unión da AC-14 coa Ronda do RC Deportivo da Coruña á altura do polígono 

Notas

  1. Comunidade de Propietarios do Polígono de Pocomaco
  2. "Evo prescindirá en primavera de los servicios informáticos de Abanca, ubicados en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 8-12-2015. Consultado o 27-4-2017.
  3. "Pocomaco rechaza que el polígono de Vío abra sin disponer de un acceso propio". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27-4-2017.
  4. "Caramelo quebra e pide a liquidación". Praza Pública. Consultado o 27-4-2017.
  5. La Opinión de A Coruña. "Pocomaco hace sitio a los coches". Consultado o 2017-04-28.
  6. "El tren de mercancías, a Pocomaco". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27-4-2017.
  7. La Opinión de A Coruña. "Pocomaco reclama que el autobús urbano dé servicio a todo el polígono". Consultado o 2017-04-28.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-11

A AC-11, que recibe o nome de Avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria ao que fora alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.

É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á Ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.

Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.

AC-14

A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.

A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.

A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550.

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Armería Álvarez

Armería Álvarez é unha empresa galega con sede na Coruña e orixe en Monterroso, Lugo adicada á distribución de material de caza e deportivo.

Baía Edicións

Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

Chocolate Express

Chocolate Express é unha empresa galega de alimentación con sede na Coruña adicada á eleboración, comercialización e transformación de cacao e café.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.

Fundación Caixa Galicia

A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

Hijos de Rivera

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica en Brasil para o mercado local.

Mesoiro, Elviña, A Coruña

Mesoiro é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 7.487 habitantes (3.761 homes e 3.726 mulleres), o que supón un aumento en 162 habitantes en relación ao ano anterior.

Prosegur

Prosegur é unha empresa de seguridade e vixilancia fundada en Madrid en 1976. A empresa é a primeira no sector en España e a terceira do mundo.

Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña

A Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña é o nome co que o Concello da Coruña bautizou a vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia V-1.4 (V-14 segundo a sinalización viaria do Ministerio de Fomento), que constitúe a terceira ronda da cidade. A V-1.4 é na práctica unha autoestrada de circunvalación que une a zona de Riazor coa AC-14, construída simultaneamente polo Ministerio de Fomento como parte do proxecto da terceira ronda.

A Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña sae da rotonda do Pavo Real, na confluencia da Rúa de Manuel Murguía coa Ronda de Outeiro, atravesa os lugares de San Pedro de Visma, Penamoa, o polígono da Agrela, pasa ao carón do centro comercial Marineda City e desemboca na AC-14 á altura de Mesoiro, xunto a Pocomaco tras pasar polo lugar das Rañas. Posteriormente a AC-14 pasa pola Zapateira, e intérnase no concello de Culleredo permitindo a conexión co aeroporto de Alvedro e coa autoestrada A-6.

O tramo de tres quilómetros que une Manuel Murguía co polígono da Agrela foi inaugurado oficialmente o 27 de decembro de 2011, mentres que a súa continuación que conecta coa AC-14 inaugurouse o 14 de marzo de 2015 ao mesmo tempo que se completaban as obras nesta última.

Río Mesoiro

O río Mesoiro, tamén coñecido como rego de Campos, rego de Beneirón ou río Monelos, é un río galego que nace e desemboca no concello da Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.

Tabigal

Tabigal é unha empresa galega especializada en acabados interiores de reformas e construción. Traballa principalmente para Inditex e as súas marcas.

Forman parte do grupo Placas Norte, Metal Yeso, Metal Gips e Disc Acustic.

Telecoruña

Telecoruña foi unha emisora privada de televisión que emitiu entre os anos 1994 e 2008 na Coruña e na súa área metropolitana.

V-18

O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

Vío, Elviña, A Coruña

Vío é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 22 habitantes (9 homes e 13 mulleres), o que non supón ningún cambio en relación ao ano anterior.

O núcleo de poboación quedou encaixado entre os polígonos de Pocomaco e Vío, xunto ás vías do tren de acceso á Coruña-Santiago.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.