Pobreza

A pobreza á unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden na deterioración do nivel e calidade de vida das persoas, tales como a comida, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria ou o acceso á auga potable. Tamén se adoita considerar a falta de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos. Tamén pode ser o resultado de procesos de segregación social.

O Día Mundial para a Erradicación da Pobreza celébrase o 17 de outubro.[1]

Poor boy
Meniño pobre.

Concepto e características

O concepto de pobreza é fundamentalmente económico, aínda que tamén ten impactos políticos e sociolóxicos. Na maioría dos contextos considérase algo negativo, pero nalgúns ámbitos espirituais a pobreza voluntaria considérase unha virtude por implicar a renuncia aos bens materiais.

Pode ser descrita ou medida por convencións internacionais, aínda que poden variar os parámetros para considerala.

Un intento de definición responde ao feito de que a pobreza debe ser vista como o resultado dun modelo económico e social, exercido e aplicado nun territorio e tempo determinado, polos diversos axentes económicos e políticos, que producen na sociedade sectores excluídos dos beneficios totais ou parciais do modelo en execución. Estes sectores excluídos de tales beneficios denomínanse xeralmente pobres ou máis xenericamente como parte da pobreza existente.

A pobreza non é pois unha causa que deba ser tratada como tal para combatela, é o resultado de procesos complexos e estendidos no tempo, que son difíciles de apreciar a simple vista e que requiren investigación sostida para acadar a súa comprensión antes de formular calquera intento de rematar coa pobreza.

Niveis de pobreza

Hai dúas definicións básicas distintas:

  • Pobreza absoluta cando certos estándares mínimos de vida, tales como nutrición, saúde e vivenda, non poden ser acadados
  • Pobreza relativa cando non se ten o nivel de ingresos necesarios para satisfacer todas ou parte das necesidades básicas.
A gipsy woman with her dog
Unha muller sen fogar e o seu can (Roma)

As formas de medir a pobreza son moi diferentes en ámbalas dúas definicións. Dende un punto de vista económico, sociolóxico e psicolóxico compleméntanse ambas. É particularmente dramática a situación de pobreza absoluta, a cal é o principal problema das sociedades sen recursos. É socioloxica e psicoloxicamente moi interesante a pobreza relativa, que a padecen quizais gran parte das sociedades desenvolvidas ou en vías de desenvolvemento, se falamos de calidade de vida.

O limiar de pobreza vén definido como a liña fixada nun dólar diario por persoa [Cómpre referencia], cantidade que se considera suficiente para a adquisición de produtos necesarios para sobrevivir.

Historia

A pobreza nas sociedades preindustriais

A pobreza non é algo novo na historia da humanidade. A súa causa fundamental radica na baixa produtividade do traballo nas sociedades preindustriais, ao que hai que sumar a desigual distribución da riqueza e o ingreso. Vivir nunha condición de premura material foi a situación normal do ser humano ata que os progresos tecnolóxicos fixeron posible, para as amplas maiorías, ter acceso a niveis de consumo, saúde, educación e benestar en xeral impensables en épocas anteriores. Segundo os cálculos do historiador económico Angus Maddison[2] a renda per cápita media nas sociedades tradicionais oscilou arredor dos 400 ou 500 dólares[3] anuais por persoa. Isto equivale ao que internacionalmente se considera a liña de pobreza extrema. Aínda para economistas clásicos como David Ricardo a pobreza, definida como un nivel de consumo que basicamente aseguraba a subsistencia, era o destino natural das clases traballadoras industriais. Thomas Malthus profetizou no seu Ensaio sobre os principios da poboación, publicado en 1798, a necesaria pobreza da gran masa dos seres humanos dada a tendencia da humanidade a reproducirse alén das posibilidades da agricultura de producir alimentos a un ritmo que igualase a rapidez do crecemento poboacional. A mediados do século XIX, Karl Marx baseou o seu prognóstico sobre a necesaria caída do capitalismo na pauperización do proletariado industrial, feito que el consideraba como unha "lei férrea" do desenvolvemento capitalista. Con todo, Marx xa vía esta pauperización como un feito basicamente social, determinado non pola falta de medios senón pola distribución desigual dos resultados da produción. Por iso a súa utopía comunista, filla do optimismo tecnolóxico que foi cundindo durante o século XIX, postula a salida definitiva da humanidade do seu estado de necesidade.

Progreso e xurdimento da pobreza como problema social

Van-willem-vincent-gogh-die-kartoffelesser-03850
Os comedores de patacas cadro de Vincent van Gogh. Amosa unha familia de proletarios que vive na pobreza extrema durante a Segunda Revolución Industrial.

Ata comezos do século XIX a pobreza era considerada como a norma da vida humana, tal como o eran as enfermidades devastadoras, a falta de educación ou de liberdade relixiosa e política. Esta normalidade comezou a cambiar durante a segunda metade do século XIX, cando se foi facendo evidente que a industrialización iniciada en Gran Bretaña e logo replicada en diversas partes da Europa occidental estaba a facer posible unha mellora significativa dos niveis xerais de vida. Foi xurdindo así, paulatinamente, unha nova normalidade: a do benestar como condición non só desexable senón tamén posible da vida humana. No seu estudo clásico de 1901, Poverty: A Study of Town Life, Seebohm Rowntree chega á conclusión de que o 27,84 % da poboación da cidade de York, en Inglaterra, vivía baixo a liña da pobreza, o que viña a confirmar un estudo publicado en 1886 por Charles Booth sobre a pobreza en Londres. Estes resultados foron chocantes para unha opinión pública que xa comezaba a ver o benestar como normalidade. Con todo, a perspectiva optimista de Rowntree é evidente e queda plenamente reflectida nas palabras finais da súa obra: "A escura sombra da filosofía malthusiana pertence ao pasado e ningunha visión sobre o estado final das cousas sería actualmente aceptada se na mesma unha multitude de homes e mulleres está condenada, por unha lei inevitable, a unha loita tan dura pola existencia como para atrofiar ou destruír as partes máis elevadas da súa natureza".[4] Posteriormente, Rowntree realizou dous novos estudos en York que mostraron con claridade unha tendencia cara á diminución da pobreza ata chegar a transformarse nun fenómeno marxinal. No seu estudo de 1936, Poverty and Progress, a pobreza diminuíra ao 18 % e no de 1950, Poverty and the Welfare State, a tan só o 1,5 %. Isto a pesar de que Rowntree ampliara a "cesta de bens" que determinaba a liña da pobreza. Estes estudos non só coincidían coa visión optimista do propio Rowntree, senón tamén coa idea, cada vez máis dominante durante as décadas posteriores á segunda guerra mundial, de que a pobreza era un feito residual destinado a desaparecer como froito do rápido progreso económico e as intervencións do Estado do benestar.

Redescubrimento da pobreza

A visión optimista respecto da eliminación practicamente automática da pobreza comezou a ser desafiada nos Estados Unidos, país que era o epicentro do desenvolvemento e da afluencia económica. Movementos afroamericanos militantes e violentas revoltas urbanas obrigaron a volver a mirada cara ao patio de atrás da abundancia: os 40 millóns de pobres que a finais dos anos 1950 había nos Estados Unidos, o que constituía case unha cuarta parte da súa poboación. Entre os afroamericanos (blacks na estatística oficial) a porcentaxe de persoas que vivían baixo a liña da pobreza estadounidense alcanzaba o 55 %.[5] Este redescubrimento da pobreza foi acompañado por unha serie de estudos clásicos sobre o tema, como os de Oscar Lewis (1959, 1961 e 1968) que desenvolveron o concepto de "cultura da pobreza", o de John Kenneth Galbraith (1958) sobre o que chamou "a sociedade opulenta" e o de Michael Harrington titulado The Other America: Poverty in the United States (1962). No seu discurso sobre o estado da nación de xaneiro de 1964 o presidente Lyndon B. Johnson fixo da súa loita contra a pobreza unha parte central do seu programa de goberno baixo o nome de "Guerra contra a pobreza" (War on Poverty). Isto levou, ese mesmo ano, á aprobación dunha lei ao respecto (Economic Opportunity Act) polo Congreso coa consecuente creación dun ente federal (Office of Economic Opportunity) dedicado á loita contra a pobreza. Despois desta iniciativa os estudios sobre a pobreza nos Estados Unidos aumentaron de maneira exponencial, mais a situación inicial —caracterizada polo sorprendente redescubrimento da pobreza— ben pode ser descrita empregando as palabras de Daniel Bell de 1968: «… cando o tema da pobreza xurdiu, ninguén estaba realmente preparado, ninguén tiña ningún tipo de datos, ninguén sabía que facer».

A pobreza no século XXI

No ano 2002, o secretario xeral das Nacións Unidas Kofi Annan indicou:

Unha das principais causas desta enorme fenda social é o egoísmo no terreo económico. Larry Summers, ex-secretario do Tesouro dos Estados Unidos explicou no mesmo ano:

Paradoxalmente, o redescubrimento da pobreza produciuse nun período de rápida diminución da mesma tanto nos Estados Unidos como noutras sociedades avanzadas. De acordo á estatística oficial estadounidense, a pobreza diminuíu de 39,5 millones de persoas en 1959 a 24,1 millones en 1969. Por iso, o verdadeiro choque chegou nos anos 70 cando se constatou que a incidencia da pobreza comezaba de novo a crecer, chegando a máis de 35 millóns de pobres en 1983, o que correspondía ao 15,2 % da poboación dos Estados Unidos. Pero esta era soamente a expresión cuantitativa dun fenómeno extremadamente complexo: a patoloxía da exclusión social ou marxinalidade —segundo o concepto habitualmente empregado neses tempos para describir este fenómeno— que tomaba formas novas e cada vez máis perigosas de expresarse, cun enorme incremento das taxas de criminalidade, a drogadicción, os nacementos extramaritais, as familias de nais soas e a dependencia das axudas sociais. A toma de conciencia sobre o que foi chamado "a nova pobreza" chegou a Europa máis tarde que aos Estados Unidos, mais o choque non foi menor. As primeiras estimacións da amplitude da pobreza na Comunidade Europea deron unha cifra de 30 millóns para 1975, cifra que logo se veu incrementada pola fin do pleno emprego e o comezo dunha longa fase de desenvolvemento europeo caracterizada por unha escasa creación de postos de traballo e un consecuente aumento da exclusión laboral. Para 2007 Eurostat calculaba que na Unión Europea existían uns 80 millóns de pobres, é dicir, persoas que "carecen dos recursos necesarios para cubrir as súas necesidades básicas".[6]

Estatísticas

[Cómpre referencia]

  • Máis de 1.200 millóns de seres humanos non teñen acceso a auga potable
  • 1.000 millóns carecen de vivenda estimable
  • 840 millóns de persoas mal nutridas
  • 200 millóns son nenos menores de cinco anos
  • 2.000 millóns de persoas padecen anemia por falta de ferro
  • 880 millóns de persoas non teñen acceso a servizos básicos de saúde.
  • 2.000 millóns de persoas carecen de acceso a medicamentos esenciais.

A pobreza en España

En España, o INE fixa o limiar da probreza no 60% da media dos ingresos anuais por unidade de consumo, aplicando os criterios marcados pola UE. Así, mide a probreza relativa, comparando a situación do individuo co estándar do país nese momento. En 2011, este límite estaba en 627 euros ó mes en familias unipersoais ou 333 euros por persoa en familias formadas polo matrimonio e dous fillos.

Segundo este criterio, no ano 2011, o 21,8% dos fogares españois vivían por debaixo do limiar de pobreza (o 19,5% en 2009 e o 20,7% en 2010). As comunidades mellor situadas eran Navarra (8,8%), Asturias (9,9%) e País Vasco (10,8%) e e as peor situadas foron Canarias (33,8%), Estremadura (31,9%) e Castela-A Mancha (31,7%); Galicia estaba pouco por debaixo da media española, cun 18,8% de fogares en risco de pobreza[7].

Notas

  1. Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
  2. Angus Maddison, 1926-2010, elaborou as estatísticas históricas de máis longo alcance existentes. Están dispoñibles en http://www.ggdc.net/maddison/content.shtml
  3. Dólares estadounidenses de 1990 de igual poder adquisitivo
  4. Rowntree, Seebohm (1908). Poverty: A Study of Town Life. Londres: Second Edition, Macmillan, p. 305.
  5. A pobreza mídese nos Estados Unidos a partir dunha liña da pobreza fixa que define o ingreso necesario para satisfacer as necesidades básicas das persoas. Trátase dunha medida que parte do estándar de vida estadounidense e, en comparación con outras latitudes, é moi alta. Así, o censo do ano 2000 mostraba por exemplo que máis do 70 % dos pobres tiña coche, aire acondicionado, frigorífico, microondas etc.
  6. Eurostat (2010). Combating poverty and social exclusion: A statistical portrait of the European Union 2010. Bruxelas: Comisión Europea.
  7. INE: Encuesta de condiciones de vida 2011, cadro 3.6.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bangladesh

Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitados durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o nacionalismo e a desobediencia civil conduciron á Guerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación e independencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha democracia multipartidista secular. O país afrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.Bangladesh é unha república parlamentaria cun parlamento electo chamado Jatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de 160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km2, Bangladesh é o oitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os bengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico patrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son o islam (89%), o hinduísmo (9%), o budismo (1%) e o cristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unha economía dos próximos once. De acordo coas Nacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables. A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como Dacca e Chittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o páis continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó cambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de ASACR. É o maior contribuidor do mundo largest contributor das Forzas da paz das Nacións Unidas. É membro do D-8, do BIMSTEC e da Commonwealth, da Organización da Conferencia Islámica, do Movemento de Países Non Aliñados e do G-77.

Bono (músico)

Paul David Hewson, máis coñecido como Bono, nado o 10 de maio de 1960, é un músico irlandés, vocalista e líder da banda de rock U2 e activista político, especialmente comprometido coa causa humanitaria en África e a favor da cancelación da débeda externa dos países do terceiro mundo, labor recoñecida entre outros polos seus nomeamentos consecutivos ao Premio Nobel da Paz no 2005 e 2006. Bono naceu e creceu en Dublín (Irlanda) onde coñeceu á súa futura esposa, Ali Hewson, e aos futuros membros de U2. Bono escribe tódalas letras da banda, moitas veces empregando temas sociais, relixiosos e políticos. Durante os seus primeiros anos as letras de Bono contribuíron ao ton espiritual e rebeldía de U2. Como a banda madureceu, as súas letras tornáronse máis inspiradas por experiencias persoais compartidas cos membros da banda.

Distrito Soroti

Soroti District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa principal poboación, Soroti.

Limita co Distrito Amuria polo norte, co Distrito Katakwi polo leste, co Distrito Ngora polo sueste, co Distrito Serere polo sur, e co Distrito Kaberamaido polo oeste. Forma parte da subrexión de Teso, que é lar das etnias iteso e kumam.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 193.300 persoas.

O distrito ten uns niveis de pobreza dos máis altos do Estado. En febreiro de 2009, estimábase que o 53% da poboación vivía con menos dun dólar ao día.A principal actividade económica do distrito é a agricultura.

Fame

A fame é a sensación que indica a necesidade de alimento. En condicións de normal alimentación, adoita aparecer unhas 14 horas logo da última comida, aínda que este tempo pode variar moito.

Francisco de Asís

San Francisco de Asís (en italiano Francesco d'Assisi), nado en Asís o 5 de xullo de 1182 e falecido na mesma vila o 3 de outubro de 1226, foi un relixioso italiano. Fundador da Orde Franciscana, e patrón cristián dos ecoloxistas, dos naturistas ou nudistas e por revindicar a protección dos animais e o ambiente. Foi canonizado pola Igrexa católica en 1228, e a súa festividade celébrase o 4 de outubro.

Indonesia

Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular do sueste asiático, ocupando boa parte do territorio do máis grande arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea, posuíndo un total dun 237 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico.

Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio ten sido unha rexión importante para o comercio dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o Islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da Segunda Guerra Mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos.

A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o grupo étnico máis grande e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose á lista dos países megadiversos.Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.

Jane Addams

Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois), e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.

Limiar de pobreza

En economía, o limiar de pobreza (coñecido tamén como soleira de pobreza ou liña de pobreza) é o nivel de ingresos por debaixo do cal unha familia é incapaz de satisfacer as necesidades dos seus membros. Na práctica, coma na definición de pobreza para a que tampouco existe unha única definición, discútese como e onde situar a liña de pobreza. Diferentes países tenden a usar diferentes limiares de pobreza. O limiar de pobreza que se usa nas nacións desenvolvidas é xeralmente máis alto có que usan os países do Terceiro Mundo.

Cando se fan comparacións internacionais co obxecto de comparar niveis de benestar económico entre varios países emprégase un mesmo limiar de pobreza servíndose de datos expresados en paridade de poder adquisitivo (en inglés PPP 'purchasing power parity'). Comparando o poder adquisitivo dos fogares poden salvarse as flutuacións de cambio e franquearse as diferenzas entre os prezos das distintas economías.

Cando se di que se vive por menos de 1 dólar ó día debe entenderse que o consumo diario de bens e servizos é comporable á cantidade de bens e servizos que se poden comprar nos Estados Unidos por $1. Os bens producidos por un mesmo e os servizos públicos tamén estarían comprendidos nesta medición. O limiar de pobreza é útil como ferramenta económica coa que medir as persoas que viven en pobreza e poñer en funcionamento reformas socioeconómicas coma os seguros de desemprego para reducir a pobreza.

Mahatma Gandhi

Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).

Malí

Malí, oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana, é un país africano. É un estado sen costa, o sétimo máis extenso de África. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste con Senegal. A súa capital é Bamaco.

O seu tamaño é de 1 240 000 km² e a súa poboación estímase en 12 000 000 de habitantes. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Pese a ter recursos naturais como o ouro, uranio, sal, está considerada un dos lugares máis pobres do mundo. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda Senegal, converténdose así na Federación Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

Paquistán

Paquistán (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán, (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüísticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional, e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Premio Princesa de Asturias da Concordia

O Premio Príncipe de Asturias da Concordia é concedido a aquela persoa, grupo de persoas, ou institución cuxo labor contribuíra de forma exemplar e relevante ó entendemento e á convivencia en paz entre os homes, á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou a defensa da liberdade, que abrira novos horizontes ó coñecemento ou se destacara, tamén de maneira extraordinaria, na conservación e protección do patrimonio da Humanidade.

Pío X, papa

Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Riese, 2 de xuño de 1835 — Roma, 20 de agosto de 1914).

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.

Ruanda

A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa. O seu terreo fértil e montañoso que lle dá o título de "Terra de mil outeiros" (en francés: Pays des Mille Collines /pei de mil k?.lin/) debe soportar as poboacións máis densas do continente africano.

A dependencia na agricultura de subsistencia, a densidade demográfica alta e en aumento, diminúe a fertilidade de chan e o clima incerto fai de Ruanda un país onde a desnutrición crónica é estendida e a pobreza endémica. É recordado hoxe día polas sanguentas guerras que o azoutaron recentemente e particularmente polo xenocidio ocorrido en 1994 data na o cal as mortes superan o millón de persoas. Os cambios que este belo país sufriu son traumáticos para o seu pobo.

Tareixa de Calcuta

Tareixa de Calcuta, nada como Agnes Gonxha Bojaxhiu (en AFI ˈagnɛs gɔnˈʤa bɔˈjadʒju), en Skopje (daquela no Imperio Otomán, no presente Macedonia do Norte), o 26 de agosto de 1910 e falecida en Calcuta (India) o 5 de setembro de 1997, foi unha relixiosa católica albanesa coñecida pola súa labor humanitaria na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003 e desde a súa canonización polo papa Francisco o 4 de setembro de 2016 é venerada como santa na Igrexa católica. É a primeira persoa galardoada co Premio Nobel da Paz santa.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.