Pobos arauacos

Os pobos arauacos[1] son un grupo de pobos indíxenas de América do Sur, e historicamente do Caribe. Especificamente, o termo arauaco servíu para designar ó pobo lokono e ós taínos, que historicamente viviron nas Antillas Maiores e no norte das Antillas Menores, todos os cales falan linguas arauacas.

Lingua

Artigo principal: Linguas arauacas.
Arawak-Languages
As linguas arauacas de América do Sur, en azul claro as linguas arauacas setentrionais e en azul escuro as linguas arauacas meridionais.

As linguas arauacas, orixinalmente faladas ó sur de Venezuela e ó leste do Brasil, espandíronse pola Amazonía e as costas e illas do Caribe. Cara a época do contacto cos europeos, as linguas arauacas eran a familia de linguas máis extensa de América do Sur. Os pobos arauacos chegaron até as chairas e costas de Colombia, Venezuela e as Güiana, dende onde varios grupos se espallaron polas Antillas e foron parte dos nativos que encontrou Cristovo Colón cando chegou a América na súa primeira viaxe. Os españois describíronos como persoas pacíficas, amables, para diferencialos dos grupos hostís, que chamaron caribes, e falaban linguas da familia caribe.

Entre as linguas arauacas pódense diferenciar entre as linguas arauacas setentrionais e as linguas arauacas meridionais. Estas últimas reteñen unha maior complexidade na morfoloxía verbal, e supostamente as que retiveron en maior grao ese aspecto do antergo común ou protoarauaco.

Arowak woman by John Gabriel Stedman
Muller arauaca nun gravado de 1818 (por John Gabriel Stedman).

Notas

  1. Definición de arauaco, -ca no Dicionario de Galego.

Véxase tamén

Outros artigos

Barbados

Barbados é unha illa nación situada no océano Atlántico que forma parte da rexión do Caribe. É unha das Antillas Menores. Durante máis de tres séculos de Barbados estivo baixo o dominio británico e, aínda hoxe en día, mantén a Raíña Isabel II como Xefe de Estado. A súa capital é Bridgetown.

Os seus veciños máis próximos son as illas San Vicente e as Granadinas e Santa Lucía cara ao oeste e Trinidad e Tobago, país co que agora comparte unha fronteira marítima fixa oficial, e América do Sur cara o sur. A superficie total do estado é de 431 quilómetros cadrados, principalmente de baixa altitude, con algunhas zonas máis altas cara o interior da illa, sendo o punto máis alto o Monte Hillaby (336 msnm).

A composición xeolóxica de Barbados é de orixe non-volcánica, estando na súa maioría composta de pedra calcaria de coral. A illa ten un clima tropical, con ventos alisios do Océano Atlántico constantes, que serven para manter unhas temperaturas suaves. Algunhas zonas menos desenvolvidas do país están constituídas por bosques tropicais e mangleiral. Outras partes do interior do país contribúen á industria agrícola, salpicadas con grandes leiras de cana de azucre e pastos de pendentes suaves.

O posto de Barbados na clasificación do Índice de Desenvolvemento Humano é constante entre os 75 primeiros países do mundo, chegando, por exemplo, en 2006 a ocupar o posto 31, sendo o terceiro posto do continente americano, despois do Canadá e os Estados Unidos.

Linguas caribes

As linguas caribes son unha familia lingüística indíxena de América do Sur. Espállanse pola zona norte do continente, dende a desembocadura do río Amazonas até os Andes de Colombia, pero tamén están presentes no centro do Brasil. As linguas caribes están relativamente emparentadas entre elas, e o seu número varía entre as dúas e as tres ducias de linguas, dependendo das diferentes consideracións entre lingua e dialecto. A maioría delas aínda son faladas, malia que que adoitan contar cun poucos centos de falantes. A única que conta conta cun bo número de falantes é a lingua macushi, con 30 000. A familia caribe é coñecida no mundo da lingüística por mor da lingua hixkaryana e a súa orde de obxecto-verbo-suxeito, que se cría que non existía na linguaxe humana.

Algúns anos antes da chegada dos primeiros conquistadores españois, os caribes invadiron e ocuparon as Antillas Menores, matando, desprazando ou asimilando ós pobos arauacos que habitaban as illas. A lingua resultante era caribe de nome pero arauaca en esencia. Isto débese a que os invasores caribes mataban ós homes arauacos e tomaban esposas arauacas, que logo pasaban a súa propia lingua ós seus fillos. Durante un tempo, o arauaco era falado polas mulleres e os nenos, e o caribe polos homes adultos, mais a situación era inestable. Con cada nova xeración de caribes-arauacos, menos elementos do caribe mantiñan, até que só quedaron uns poucos elementos de vocabulario e aspectos gramaticais básicos. Esta "lingua caribe das illas" extinguiuse nas Antillas Menores na década de 1920, mais sobreviviu na forma de garífuna, ou "caribe negro", en América Central. Dominica é a única illa do Caribe que conserva poboación precolombiana —os indios caribes —arredor de 3 000 que viven na costa leste do país.

Martinica

A illa de Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.