Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

World population
Mapa de países por poboación.

Teorías de poboación

Galicia densidade parroq
Densidade de poboación en Galicia por parroquias[cando?]
Population density of western Iberian Peninsula
Densidade de poboación no occidente peninsular[cando?]

Estas son teorías para explicar os patróns do crecemento da poboación en diversos países do mundo. Segundo Sidney H. Coontz[1] as teorías da poboación poden clasificarse en tres grupos:

  • Teorías biolóxicas: Estas teorías indican que o home é como calquera ser vivente. Dentro destas teorías inclúense todas aquelas que consideran que as leis que rexen o crecemento da especie humana son as mesmas que as que regulan o crecemento dos animais e das plantas.

A tese que correlaciona a dispoñibilidade de alimentos co crecemento da poboación sería un claro exemplo das teorías biolóxicas, xa que se podería aplicar tanto á especie humana como aos demais seres vivos. Segundo esta tese, preséntanse períodos alternantes nos cales o número de habitantes atópase por baixo do nivel dos recursos alimenticios ou por encima dos mesmos, o cal determina unha diminución ou un aumento da mortalidade, respectivamente. Dentro das teorías biolóxicas poderían incluírse as de Thomas Malthus [2] e as de Josué de Castro[3]. Malthus estudou o crecemento da poboación sen relacionalo con factores culturais. Para Malthus, o crecemento da poboación tiña un ritmo evolutivo superior ao da obtención de alimentos: facíase referencia a que o número de habitantes medraba seguindo unha progresión xeométrica mentres que a dispoñibilidade de alimentos só aumentaba ao ritmo dunha progresión aritmética. Os séculos XIX e XX demostraron que Malthus estaba equivocado, xa que a produción de alimentos creceu a un nivel acelerado grazas ao desenvolvemento tecnolóxico aplicado á agricultura e a agroindustria, ao transporte e almacenamento de alimentos, é dicir a un aumento nunca antes visto da produtividade e o rendemento da agricultura e doutros sectores económicos.

O feito de que o fame no mundo veña crecendo e estendéndose considerablemente no mundo actual, á vez que nos países desenvolvidos (e nalgunhas outras rexións menos desenvolvidas), téñense excedentes agrícolas que adoitan diminuír os prezos a uns prezos demasiado baixos para ser rendibles non é senón unha dos paradoxos clave dos nosos tempos. Hai exceso de alimentos, até o punto de que unha enorme cantidade de alimentos a nivel mundial refúganse diariamente por chegar á súa data de vencemento, mentres que moita xente, ás veces, dos propios países onde se produciron ditos alimentos, perece pola mortalidade e morbilidade derivadas do seu baixo nivel de vida. En resumo: aumentou a produción de alimentos a un ritmo nunca antes visto e aumentou tamén o número de persoas ao nivel de pobreza crítica, a pesar de que o ritmo de crecemento da poboación tamén veu diminuíndo a un nivel que Malthus xamais chegou a intuír.

  • Teorías culturais: Estas teorías salientan o impacto do desenvolvemento cultural e educativo na limitación da natalidade, ben sexa pola percepción crecente dun modo de vida no que hai que ser máis previsivo (ter os fillos que se poden criar nas mellores condicións), ou polo crecente nivel educativo (sobre todo das mulleres) e, ao mesmo tempo, polo aumento da escolaridade nos niveis medios e superiores (tamén especialmente do sexo feminino) que fai necesario dedicar aos estudos unha boa parte da idade máis propicia a ter descendencia. Do mesmo xeito que a teoría da transición demográfica, a idea dunha teoría cultural sobre o crecemento demográfico poderiamos considerala da autoría de Warren Thompson. O saber popular fixo moitos chistes acerca desta teoría: Por que tes tantos fillos? -é que en casa non temos televisión.
  • Teorías económicas: Baseadas nas teorías de Marx-Lenin, que supoñen que o crecemento da poboación dáse como resultado da demanda polo traballo. En gran parte, as teorías económicas deixaron de ter vixencia debido ao desenvolvemento tecnolóxico da industria, que ocasiona unha menor necesidade de man de obra a medida que pasa o tempo. Máis ben refírense á segunda metade do século XIX. A película Que verde era o meu val! móstranos esta teoría na práctica, a vida dun pequeno pobo onde o descubrimento dunha mina de carbón dá orixe ao emprego de todos os homes e até todos os nenos do pobo nas tarefas mineiras. Necesitábanse brazos para desenvolver o novo modo de vida.

Densidade de poboación

Artigo principal: Densidade de poboación.
Growthbydevelopedvslessdeveloped
O crecemento de poboación é meirande nos países menos desenvolvidos (vermello) que nos países desenvolvidos (azul).

Chámase densidade de poboación ao número total de habitantes dividido entre o número de km² dunha zona, rexión ou país determinados. A densidade de poboación mídese dividindo o número de individuos entre a área da rexión onde viven.

Os países coa meirande densidade de poboación son microestados: Mónaco, Singapur, a Cidade do Vaticano, e Malta. Entre os países de maior tamaño, Bangladesh é o que teñen maior densidade de poboación.

Pirámide de poboación

Artigo principal: Pirámide de poboación.
Argentina population pyramid 2005
Pirámide de poboación da Arxentina 2005.

A distribución por idade e sexo dunha poboación dada, unha nación ou rexión normalmente represéntase cunha pirámide de poboación. Esta distribución triangular coas porcións da poboación no eixo horizontal X e os grupos de idades de cada 5 anos no eixo vertical Y. A poboación de homes está representada na parte esquerda do eixo vertical e a poboación feminina á dereita.

Este tipo de gráfico mostra a composición segundo idade e sexo dunha poboación para unha data ou ano determinado, xeralmente para o ano en que se realiza un censo. As nacións cunha baixa mortalidade infantil e unha alta lonxevidade mostraron unha forma máis rectangular xa que a maioría da poboación vive até unha idade lonxeva.

Notas

  1. Sidney H. Coontz. Teorías de la poboación y su interpretación económica. México: Fondo de Cultura Económica, 1960
  2. Thomas Robert Malthus. Ensaio sobre o principio da poboación. Londres, 1798
  3. Josué de Castro. Xeografía da fame, 1946. Xeopolítica da fame, 1951
A Torre, Vilalba

Santa María da Torre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 184 habitantes (87 homes e 97 mulleres) repartidos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 232 habitantes.

Alba, Vilalba

San Xoán de Alba é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 336 habitantes (167 mulleres e 169 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 478 habitantes.

Belesar, Vilalba

San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 398 habitantes (196 mulleres e 202 homes), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.

Carballido, Vilalba

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 300 habitantes (144 mulleres e 156 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 368 habitantes.

Codesido, Vilalba

San Martiño de Codesido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 339 habitantes (162 mulleres e 177 homes), distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 378 habitantes.

Corvelle, Vilalba

San Bartolomeu de Corvelle é unha parroquia do concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 278 habitantes (138 mulleres e 140 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 399 habitantes.

Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

Distriz, Vilalba

San Martiño de Distriz é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 171 habitantes (91 mulleres e 80 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 187 habitantes.

Goiriz, Vilalba

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

Ladra, Vilalba

San Salvador de Ladra é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 140 habitantes (60 mulleres e 80 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 167 habitantes.

Mourence, Vilalba

San Xián de Mourence é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 303 habitantes (151 mulleres e 152 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1991 cando tiña 283 habitantes.

Nete, Vilalba

San Cosme de Nete é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 251 habitantes (120 mulleres e 131 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 323 habitantes.

Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Samarugo, Vilalba

Santiago de Samarugo é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 166 habitantes (81 homes e 85 mulleres) repartidos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 217 habitantes.

San Simón da Costa, Vilalba

San Simón da Costa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 448 habitantes (229 homes e 219 mulleres) repartidos en 82 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 651 habitantes.

Sancovade, Vilalba

Santiago de Sancobade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 1.130 habitantes (541 homes e 589 mulleres) repartidos en 31 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación a 1991 cando tiña 846 habitantes.

Santaballa, Vilalba

San Pedro de Santaballa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 576 habitantes (258 homes e 318 mulleres) repartidos en 50 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 695 habitantes.

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.