Pobo zhuang

Os zhuang[1] (en chinés tradicional: 壯族, chinés simplificado: 壮族) son unha nación na China e o segundo maior grupo étnico da República Popular China. Os zhuang constitúen o 1.30% da poboación de China (2000). O seu nome deriva da dinastía Song.

Pobo zhuang
Ethnic Zhuang Costumes Guangnan Yunnan China
Mulleres zhuang co traxe tradicional.
Poboación
Poboación total:
Total: 18 540 000(2010)
Rexións principais:
Guanxi, Flag of the People's Republic of China.svg18 540 000 (2010)
Aspectos culturais
Linguazhuang e chinés
RelixiónMoísmo, Budismo, Taoísmo, crenzas tradicionais
Grupos
relacionados
Bouyei, tay, dai e nùng

Demografía

Calcúlase que en 1950 eran uns 8.000.000 individuos. En 1980 eran 13.000.000, en 2000 uns 16.187.163, dos cales 14.207.143 vivían en Guangxi, 1.144.021 en Yunnan e 570.200 en Guangdong. Cara a 2010 había un total de 18.540.000 zhuangs, dos cales 16.200.000 vivían en Guangxi, 1.500.000 en Yunnan e 7000.000 en Guangdong e outros estados.[2]

Notas

  1. Definición de zhuang* no Dicionario de Galego.
  2. Estatística (en chinés).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Zhuang's Women Artists in Longzhou
Zhuang en Guangxi.
Guangxi

Guangxi (en chinés: 广西; pinyin: Guǎngxī) oficialmente Rexión Autónoma de Guangxi Zhuang (en chinés: 广西壮族自治区), é unha provincia do sur da China limitando con Vietnam (concretamente coa rexión vietnamita de Tonkín). En 1958, converteuse en rexión autónoma, un territorio con privilexios especiais creados especificamente para os habitantes da rexión, do pobo zhuang.

A súa situación, nas áreas montañosas do sur da China, constituíu o límite da cultura e da civilización chinesas ó longo da historia.

Linguas zhuang

As linguas zhuang (autónimo: vahcuengh (sawndip: 話僮), en chinés simplificado: 壮语; chinés tradicional: 壯語; pinyin: Zhuàngyǔ) son un grupo de linguas tai faladas polo pobo zhuang que habita no sur da China, na provincia de Guangxi e en partes de Yunnan e Guangdong. As linguas zhuang non forman unha unidade monofilética lingüística, xa que as linguas zhuang do norte e do sur están máis relacionadas con outras linguas tai que entre elas. As linguas zhuang do norte forman un continuo dialectal con diversas variedades tai na froteira da provincia Guizhou, que son chamadas bouyei, mentres que as linguas zhuang do sur forman outro continuo dialectarl co nung, co tay e co caolan, en Vietnam. O zhuang estándar está baseado no dialecto zhuang do norte do condado de Wuming.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.