Pobo xitano

O pobo xitano,[8] ou pobo romaní, é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor do ano 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.

Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua Indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.

Segundo o censo do ano 2000, en Galicia había unha pequena comunidade xitana duns 9.000 individuos,[9] en España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, vivindo principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.

Movimiento gitano
Eurogipsy
Pobo xitano
Hungarian Gypsy Mother and Child NGM-v31-p563
Xitana húngara
Poboación
Poboación total:
Incerta; estímase que entre 2 millóns e máis de 12 millóns[1][2][3]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos1 000 000 estimados con devanceiros xitanos
(5 400 no censo de 2000)[4][5]
Flag of Brazil.svg Brasil800 000[6]
España España650 000
Romanía Romanía619 000
Aspectos culturais
LinguaLingua romaní
RelixiónCristianismo (Ortodoxo, Católico, Protestante), Islam, Hinduísmo[7]
Grupos
relacionados
Dom, Lom, Domba; outros Indoarios

Historia

Artigo principal: Historia do pobo xitano.

A palabra "xitano" procede de "exiptano", porque no século XV se pensaba que os xitanos procedían de alí. Cando penetraron en Europa, moitos grupos de xitanos presentábanse a si como "nobres exipcianos"; así en 1425, dous rom pediron un salvoconduto ao rei Xoán II de Aragón, no que se facían chamar "condes do Exipto Menor". A palabra "calé" parece proceder do indostaní kâla, que significa "negro".

Notas

  1. "Rom". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 15 de setembro de 2010. According to Encyclopaedia Britannica, estimates of the total world Romani population range from two million to five million.
  2. "Online version". Consultado o 15 de setembro de 2010. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Ian Hancock's 1987 estimate for "all Gypsies in the world" was 6 to 11 million.
  3. "EU demands action to tackle Roma poverty". BBC News. 5 abril de 2011.
  4. "The Marginalization of Shadow Minorities (Roma) and Its Impact on Opportunities". Books.google.com. p. 117. Consultado o 27 de xullo de 2016.
  5. Kayla Webley (13 de outubro de 2010). "Hounded in Europe, Roma in the U.S. Keep a Low Profile". Time. Consultado o 3 de outubro de 2015. Today, estimates put the number of Roma in the U.S. at about one million.
  6. R7, ed. (2011). "Falta de políticas públicas para ciganos é desafio para o governo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. The Special Secretariat for the Promotion of Racial Equality estimates the number of "ciganos" (Romanis) in Brazil at 800,000 (2011). The 2010 IBGE Brazilian National Census encountered gypsy camps in 291 of Brazil's 5,565 municipalities.
  7. Gall, Timothy L. (ed). Worldmark Encyclopedia of Culture & Daily Life: Vol. 4 - Europe. Cleveland, OH: Eastword Publications Development (1998); pp. 316, 318 : "Religion: An underlay of Hinduism with an overlay of either Christianity or Islam (host country religion) "; "Roma religious beliefs are rooted in Hinduism. Roma believe in a universal balance, called kuntari... Despite a 1,000-year separation from India, Roma still practice 'shaktism', the worship of a god through his female consort... "
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xitano.
  9. "O 90% dos xitanos residentes en Galicia están integrados, malia a percepción que existe na sociedade". EuropaPress. 30 de marzo de 2008. Consultado o 27 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

8 de abril

O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.

Bandeira xitana

A bandeira xitana (en romaní O styago le romengo) foi empregada por vez primeira durante o Primeiro Congreso Xitano celebrado en Londres en 1971, durante o cal creouse tamén o que sería o himno xitano.

É unha adaptación da bandeira da India. Está dividida en dous franxas verticais, azul e verde, cunha roda no centro. A parte superior, azul, simboliza o ceo, que é o teito do fogar do pobo xitano. A inferior, de cor verde, simboliza o chan, o mundo por onde transitan. A roda, tamén na bandeira da India, expresa os desexos de liberdade de circulación máis alá das fronteiras establecidas.

A bandeira xitana é un sinal de identidade da comunidade romaní de todo o planeta. Foi empregada no funeral de Camarón de la Isla, onde o seu ataúde foi cuberto con esta bandeira.

Diáspora xudía

A diáspora xudía (en hebreo Galut גלות; en yiddish Golus) refírese á dispersión dos xudeus arredor do mundo. Orixinalmente utilizouse para referirse ao exilio dos xudeus do Reino de Xudá en Babilonia no -586, e despois polo exilio provocado pola destrución de Xerusalén a mans dos romanos no ano 135. Porén, o termo tamén se aplicaba para falar dos movementos históricos da poboación xudía dispersa e o seu desenvolvemento cultural nas nacións onde se estableceu. Neste sentido, a fin da diáspora está representada pola creación do estado de Israel en 1948.

Ademais de representar historicamente o exilio do pobo, a diáspora está relacionada coa relixión xudía. Primeiramente vese como un castigo de Deus polos pecados de idolatría cometidos antes da catividade babilónica. Tamén, a Tanakh contén numerosas profecías sobre o retorno do pobo á Terra Prometida dos "confíns da Terra". De acordo con algunhas profecías da Tanakh, o retorno anuncia a chegada do mesías. O termo diáspora, nun senso menos estrito, tamén se emprega para falar da dispersión de calquera grupo relixioso ou étnico fóra do seu lugar de orixe, como no caso da historia do pobo xitano.

Erromintxela

Erromintxela é o nome que recibe a fala dos xitanos de Euskadi. É unha variante da lingua romaní, con grandes influencias do éuscaro. Ademais, o grupo humano que o fala tamén é denominado erromintxela. Este grupo étnico, parte do pobo xitano, vive nas provincias de Biscaia, Guipúscoa, Navarra, en Labort e nas zonas montañosas de Soa.

O estudo deste dialecto do romaní comezou no ano 1885. E en 1921 estudárono Berraondo e Oyarbide.

Gelem Gelem

Gelem Gelem (en lingua romaní: camiñei, camiñei) é o nome que recibe o Himno Internacional Xitano. Tamén é coñecido polos seguintes títulos: Djelem Djelem, Zhelim Zhelim, Opré Roma e Romane Shavale.

Foi declarado internacionalmente como Himno Internacional Xitano durante o Primeiro Congreso Internacional Xitano celebrado en Londres en 1971, cando se creu necesario facer un himno e unha bandeira común que unificase as diversas comunidades xitanas dispersas por todo o mundo.

Gipsy Kings

Os Gipsy Kings (Reis xitanos en inglés) son unha formación musical de rumba catalá, unha mestura entre flamenco, pop e varias tradicións de canción lixeira. As dúas familias dos seus integrantes fuxiron de Cataluña durante a guerra civil, como moitas outras, para se instalaren en Francia.

Os seus primeiros discos foron Djobi Djoba e Bamboleo, moi populares en Francia malia as críticas dos puristas do flamenco.O álbum Gipsy Kings tivo éxito en varios países de Europa, especialmente en Francia e Inglaterra. En 1989, Gipsy Kings obtivo recoñecemento nos Estados Unidos, onde aguantou corenta semanas nas listaxes de éxitos, algo que moi poucos álbums en castelán acadaran antes.

A canción Volare do álbum Mosaique é unha versión do éxito do italiano Domenico Modugno Nel Blu Dipinto Di Blu. A versión en castelán de Hotel California de The Eagles aparece no filme The Big Lebowski dos irmáns Coen.

Gran Redada

A Gran Redada, tamén coñecida como Prisión xeral de ciganos, pretendía o exterminio biolóxico do pobo cigano en España. Decretado que debian de permanecer cautivos até a morte, constou de dúas grandes operacións: unha entre a noite do 30 de xullo de 1749 e a madrugada do día seguinte e outra a partir da terceira semana de agosto (en Cataluña e nalgunhas localidades onde non chegou a orde inicial de prisión, especialmente Málaga, Cádiz e Almería). Foi unha disposición autorizada polo rei Fernando VI e organizada en segredo polo marqués da Ensenada xunto co bispo de Oviedo Gaspar José Vázquez Tablada.

Historia do pobo xitano

O pobo xitano é orixinario da India e estableceuse en case todo o mundo debido ao seu carácter fundamentalmente nómade; aínda se rexe por leis propias e dedícase como medio de vida á venda ambulante, á artesanía, a tratar con gando etc. A orixe deste pobo, tamén coñecido como rom, roma ou romaní, é aínda hoxe obxecto de controversia. Existen varias razóns que explican a escuridade que envolve o asunto. En primeiro lugar, a cultura xitana é fundamentalmente oral e despreocupada pola súa historia[Cómpre referencia], por iso non conservou por escrito a súa procedencia. A súa historia sempre foi estudada polos non romanís, con frecuencia a través dunha peneira fortemente etnocentrista[Cómpre referencia]. Os primeiros movementos migratorios datan do século X, de forma que non hai moita información. É importante sinalar que os primeiros grupos de xitanos que chegaron a Europa occidental fantasiaban sobre a súa orixe, atribuíndose unha procedencia misteriosa e lendaria, en parte como estratexia de protección fronte a unha poboación ante a que eran minoría, en parte como posta en escena dos seus espectáculos e actividades[Cómpre referencia].

Outro problema que cómpre ter en conta é que a pertenza (ou non) á comunidade xitana é unha cuestión disputada. Non existe unha delimitación clara dentro da propia comunidade (nin fóra) acerca da cuestión de quen é xitano e quen non.

As principais fontes de información son testemuñas escritas, as análises lingüísticas e a xenética de poboacións.

Holocausto

O Holocausto (en grego antigo: ὁλόκαυστος, holókaustos: ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado"), tamén coñecido como Shoá (en hebreo: השואה, HaShoá, "a catástrofe"; yiddish: חורבן, Churben ou Hurban, do hebreo para "destrución"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus durante a segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nacionalsocialista e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra. Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. Máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron neste período.O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial.

La tesis de Nancy

La tesis de Nancy é unha novela en lingua castelá de Ramón J. Sender, publicada en 1962 en México por Editorial Atenea. É o primeiro volume dunha pentaloxía seguida por Nancy, doctora en gitanería (1974), Nancy y el Bato loco (1974), Gloria y vejamen de Nancy (1977) e Epílogo a Nancy: bajo el signo de Taurus, (1979).

Lingua caló

A lingua caló é unha lingua variante do romaní, onde se encadra dentro do grupo setentrional, subgrupo ibérico/occidental, utilizada polo pobo xitano, fundamentalmente en España, que non ten unha distribución territorial fixa. Fálao unha poboación estimada de entre 65 000 e 170 000 persoas en España, Francia, Portugal e o Brasil; aínda que tamén se fala en moitos outros países. Posúe unha marcada influencia das linguas romances coas que convive, fundamentalmente do castelán e, en moita menor medida, do éuscaro, que non é lingua romance. Ten varios dialectos: caló español, caló catalán, caló occitano (extinto), caló vasco ou erromintxela, caló portugués, caló angoleño e caló brasileiro.

Non se atopa protexida por España na Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais porque non a nomean as comunidades autónomas para a súa protección, xa que España considerou na firma do tratado como linguas minoritarias só as que as autonomías sinalasen nos seus Estatutos de Autonomía. En ningunha das comunidades autónomas se nomea esta lingua non territorial. Tampouco foi considerada para a súa protección nin por Francia nin por Portugal, que non ratificaron a protección de ningunha lingua que non sexa a oficial de cada Estado. En todo caso, como o resto do romaní, é unha lingua minorizada polos idiomas dominantes.

Lingua romaní

O romaní é a lingua propia do pobo xitano (rom). É unha lingua indoeuropea, orixinaria da zona noroeste da antiga India e o centro de Paquistán, enriquecida con palabras prestadas das linguas que se falaban nos países polos que os xitanos foron pasando. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e hoxe en día é falada en Europa, oeste de Asia, norte de África e América.

Moinante

Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas. Da expresión quincalleros vén a de ser chamados quinquis. Tamén son coñecidos como: Los Hombres Echaos P’Alante, Languilleros, Los Hombres de la Laña, Traperos, Quinaores, Cibiqueros ou Merchuzos.

Moinante (ou merchero) é o termo máis empregado para designalos e, tamén, o empregado por eles. A opinión máis xeneralizada é que o nome vén de mercha, que en xermanía traduciríase por tela ou xénero téxtil. Aínda que parece máis acertada a súa orixe na palabra castelá mercero ou vendedor de mercería. En España calcúlase que hai 150.000 mercheros aínda que non existen estatísticas fiables nin estudos.

Peret

Pere Pubill i Calaf, coñecido como Peret, nado en Mataró o 24 de marzo de 1935 e finado en Barcelona o 27 de agosto de 2014, foi un músico catalán e un dos máximos expoñentes da rumba catalá.

Punjab

O Punjab (tamén grafado Penjab - ou Panjâb ou Pendjab) é un amplo territorio habitado tradicionalmente polo pobo punjabi, repartido desde 1947 entre a India e o Paquistán e que abrangue a rexión de Punjab e partes do Territorio da Capital Islamabad e de Azad Caxemira en Paquistán e o estado de Punjab, Chandigarh e partes de Haryana, Himachal Pradesh e Jammu na India.

Romancero gitano

O Romancero gitano é unha obra poética de Federico García Lorca, publicada en 1928. Está composta por dezaoito romances co nexo común da cultura xitana, pero abarcando temas como a noite, a morte ou a paixón.

A obra presenta unha gran síntese entre a poesía popular e a alta poesía, tratando a cultura popular andaluza e xitana de xeito mítico e metafórico e cunha gran sensualidade. Tamén reflicte as penas dun pobo perseguido que vive á marxe da sociedade e que se ve perseguido polos representantes da autoridade, e pola súa loita contra esa autoridade represiva.

Lorca cualificouna como: .

Servizo Austríaco da Memoria

O Servizo Austríaco da Memoria (en alemán, Gedenkdienst) é unha alternativa do servizo militar austríaco. Os servidores do servizo axudan a institucións importantes que se dedican ao Holocausto.

Taraf de Haïdouks

Taraf de Haïdouks é unha banda romanesa de música romaní, orixinaria da comuna de Clejani, do distrito Giurgiu. É o grupo máis célebre do xénero na era poscomunista.

Son coñecidos no seu país como Taraful Haiducilor, que vén a significar "banda dos proscritos". "Taraf" é tamén o nome tradicional dos grupos de lăutaris (músicos xitanos da tradición romanesa). "Haiduk" é unha palabra de orixe turca que significa "bandido"; en romanés ten unha connotación arcaica ou rústica. O nome do grupo é coñecido internacionalmente como "Taraf de Haïdouks" (construción xenitiva francesa).

A agrupación formouse en 1990, pouco despois da morte do ditador Nicolae Ceaușescu. Inicialmente eran doce músicos non profesionais, que tocaban por pasalo ben. Son coñecidos na Europa occidental mercede ó etnomusicólogo suízo Laurent Aubert e ós músicos belgas Stéphane Karo e Michel Winter.

Zenón de Somodevilla y Bengoechea

Zenón de Somodevilla e Bengochea, nado en Hervías (A Rioxa), probablemente o 20 de abril (día de san Zenón) de 1702, e finado en Medina del Campo o 2 de decembro de 1781, mais coñecido co nome de marqués da Ensenada, foi un político e ilustrado castelán.

Foi Conselleiro de Estado, sucesivamente, nos reinados de Filipe V, Fernando VI e Carlos III. Tamén ostentou moitos outros cargos como secretario de Facenda, de Guerra e Mariña e de Indias. Igualmente, foi nomeado sucesivamente superintendente xeral de Rendas, lugartenente xeral do Almirantazgo, secretario de Estado, notario dos reinos de España e Cabaleiro do Toisón de Ouro e da Orde de Malta.

Foi o encargado de executar a denominada Gran Redada.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.