Pobo taíno

Os taínos[1] foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.

Duho
Figurilla taína

Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.

Pobo taíno
Estatua de Agüeybaná II, El Bravo, en el Parque Monumento a Agüeybaná II, El Bravo, en Ponce, Puerto Rico (DSC02672C)
Estatua de Agüeybaná II, en Ponce, Porto Rico.
Poboación
Poboación total:
Poboación mestiza
Rexións principais:
O CaribeCuba, República Dominicana, Haití, Xamaica, Porto Rico
Aspectos culturais
LinguaLingua taína
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
pobo caribe

Notas

  1. Definición de taíno, -na no Dicionario de Galego.
Ana Mendieta

Ana Mendieta (A Habana, 18 de novembro de 1948 – Nova York, 8 de setembro de 1985) foi unha artista conceptual, escultora, pintora e videoartista cubana. É recoñecida polas súas obras de arte "earth-body art".

Charlotte Amalie

Charlotte Amalie é a capital e a cidade máis poboada das Illas Virxes Estadounidenses, fundada en 1666 como Taphus ("cervexarías" ou "salas de cervexa"). En 1691, a cidade foi renomeada como Amalienborg (en inglés: Charlotte Amalie) en honor de Charlotte Amalie of Hesse-Kassel (1650-1714), raíña consorte do Rei Christian V de Dinamarca. Contén un porto de auga profunda que era un refuxio para piratas e agora é un dos portos máis concorridos por cruceiros no Caribe, con aproximadamente 1.5 millóns de pasaxeiros en 2004.

Guabonito (cráter)

Guabonito é un accidentes anular brillante da lúa Titán do planeta Saturno.

Guabonito foi visto por primeira vez a través de imaxes tomadas pola sonda Cassini en outubro do 2004 e foi observado en varias ocasións máis con posterioridade. Este accidente xeolóxico de aneis concéntricos duns 90 km de ancho está situado na rexión escura de Shangri-La, preto da fronteira con Xanadu, está centrado a 10,9° Latitude Sur , 150,8° Lonxitude Oeste. Actualmente pénsase que este accidente xeolóxico podería ser un cráter de impacto parcialmente, as partes brillantes serían as cristas dos bordos do cráter.

Guabonito foi observado con radar por parte da Cassini o 30 de abril de 2006.

Guabonito recibe o seu nome da deusa dos mares do pobo Taíno.

Hatuey

Hatuey, finado o 2 de febreiro de 1512, foi un cacique taíno orixinario da illa da Española que viviu durante o século XVI e marcou á illa de Cuba durante a conquista española. Conseguiu un status case lendario por liderar un grupo de nativos contra a invasión dos españois, e converteuse nun dos primeiros loitadores contra o colonialismo no Novo Mundo. É considerado como o "primeiro heroe nacional de Cuba". O filme de 2010, También la lluvia inclúe unha representación cinematográfica da execución de Hatuey.

Idade Antiga

A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.

O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria é o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldea neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de grande envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana); nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil. A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos etc.), fóronse conformando os primeiros estados de grande extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.

Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, China, a conca do Mediterráneo, a América precolombiana e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.

Os pobos cronoloxicamente contemporáneos á Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.

A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao século II d. C.) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao século V d. C.). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.

Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que, a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia pon o acento en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista ao modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde a arte antiga -clásica- cara a arte medieval -paleocristiá e prerrománica-).As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos.

Juan Ponce de León

Juan Ponce de León e Figueroa, nado en Santervás de Campos cara ao 8 de abril de 1460 e finado na Habana (Cuba) en xullo de 1521, foi un conquistador español, primeiro gobernador de Porto Rico e descubridor da Florida, adiantado do reino de Castela.

Lingua taína

O taíno é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.

A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Extinguiuse en cen anos despois do contacto. A lingua puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX. Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.

Pobo caribe

Os caribes, tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.

A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.

Pobo garífuna

Os garífunas (chamados garinagu en lingua garífuna) son un grupo étnico de América Central e o Caribe, descendente de africanos e indíxenas caribes e arauacos. Estímase que hai máis de 600 000 garífunas repartidos en Honduras, Belize, Guatemala, Nicaragua e nos Estados Unidos.

Pobo lucayo

Os lucayos eran as habitantes orixinais das Bahamas antes da chegada dos colonizadores europeos. Eran unha póla dos taínos que habitaron a maioría das illas caribeñas daquela. Os lucayos foron os primeiros habitantes das Américas que atopou Cristovo Colón. Os conquistadores comezaron a escravizar os lucayos pouco despois da chegada de Colón e practicamente foron eliminados das Bahamas por volta do ano 1520.

O nome "lucayo" deriva do taíno Lukku-Cairi (o nome co que se describían a si mesmo), e quere dicir "persoas das illas". (A palabra taína para "illa", cairi, converteuse en cayo en español e "cay" /ˈkiː/ en inglés).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.