Pobo lucayo

Os lucayos eran as habitantes orixinais das Bahamas antes da chegada dos colonizadores europeos. Eran unha póla dos taínos que habitaron a maioría das illas caribeñas daquela. Os lucayos foron os primeiros habitantes das Américas que atopou Cristovo Colón. Os conquistadores comezaron a escravizar os lucayos pouco despois da chegada de Colón e practicamente foron eliminados das Bahamas por volta do ano 1520.

O nome "lucayo" deriva do taíno Lukku-Cairi (o nome co que se describían a si mesmo), e quere dicir "persoas das illas". (A palabra taína para "illa", cairi, converteuse en cayo en español e "cay" /ˈkiː/ en inglés).[1]

Pobo lucayo
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Bahamasextintos
Aspectos culturais
LinguaLingua taína
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
pobo taíno

Notas

  1. Albury:5, 13–14
    Craton:17
    Keegan:11

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Albury, Paul. (1975) The Story of the Bahamas. MacMillan Caribbean. ISBN 0-333-17131-4
  • Craton, Michael. (1986) A History of the Bahamas. San Salvador Press. ISBN 0-9692568-0-9
  • Granberry, Julian & Gary S. Vescelius. (2004) Languages of the Pre-Columbian Antilles. The University of Alabama Press. ISBN 0-8173-5123-X
  • Keegan, William F. (1992) The People Who Discovered Columbus: The Prehistory of the Bahamas. University Press of Florida. ISBN 0-8130-1137-X
  • Sauer, Carl Ortwin. (1966; Fourth printing, 1992) The Early Spanish Main. University of California Press. ISBN 0-520-01415-4
  • Schaffer, W. C., Carr, R. S., Day, J. S., Pateman, M. P. (2012). "Lucayan-Taino burials from Preacher's Cave, Eleuthera, Bahamas". International Journal of Osteoarchaeology22:45-69. DOI: 10.1002/oa.1180
  • Schroeder, Hannes; Sikora, Martin; Gopalakrishnan, Shyam; Cassidy, Lara M.; Maisano Delser, Pierpaolo; Sandoval Velasco, Marcela; Schraiber, Joshua G.; Rasmussen, Simon; Homburger, Julian R.; Ávila-Arcos, María C.; Allentoft, Morten E.; Moreno-Mayar, J. Víctor; Renaud, Gabriel; Gómez-Carballa, Alberto; Laffoon, Jason E.; Hopkins, Rachel J. A.; Higham, Thomas F. G.; Carr, Robert S.; Schaffer, William C.; Day, Jane S.; Hoogland, Menno; Salas, Antonio; Bustamante, Carlos D.; Nielsen, Rasmus; Bradley, Daniel G.; Hofman, Corinne L.; Willerslev, Eske (2018-02-20). "Origins and genetic legacies of the Caribbean Taino". Proceedings of the National Academy of Sciences 115 (10): 2341–2346. ISSN 0027-8424. PMC 5877975. PMID 29463742. doi:10.1073/pnas.1716839115.
Guanahani

Guanahani é o nome da primeira illa na que desembarcou Cristovo Colón o venres 12 de outubro de 1492, cando chegou por primeira vez a un territorio da chamada posteriormente América. A illa, bautizada co nome de San Salvador, fora descuberta a madrugada anterior e atopábase habitada polo pobo lucayo ou taíno. Guanahani é unha das illas do arquipélago das Antillas, máis precisamente das Bahamas. Con todo, a identificación exacta da illa á que chegou Colón é materia de debate.

Illas Ábaco

As illas Ábaco están situadas no norte das Bahamas, a 180 quilómetros da costa da Florida. Comprenden as illas principais de Gran Ábaco (1.146 km²) e Pequena Ábaco, así como gran número de pequenas illas ou caios, 15 en total. As máis setentrionais son Caio Walker, e a súa illa irmá Caio Grande. Ao sur, as próximas illas habitadas son caio español e Caio Green Turtle, co seu asentamento de New Plymouth, Caio Great Guana, o privado Caio Scotland, Man-O-War Cay, e Caio Elbow, co seu asentamento de Hope Town. O máis meridionais son os caios Tilloo e Lubbers. Outros dos caios notables da costa occidental de Abaco son Caio Gorda, actualmente unha illa de Disney e os barcos de cruceiros paran no renomeado Caio Castaway. Nas proximidades atópase tamén a Illa de Moore. Na illa de Gran Abaco está Marsh Harbour, o centro comercial das Abacos e a terceira cidade máis grande de Bahamas, ademais da área turística de Caio Treasure. Ambos teñen aeroportos. Algúns asentamentos de importancia continental son Coopers Town e Fox Town no norte e Cherokee e Sandy Point no sur. Administrativamente, as illas Abaco constitúen sete dos 31 Gobernos Locais Distritos das Bahamas: Caio Grandey, Abaco Norte, Caio Tartaruga Verde, Abaco Central, Abaco Sur, Illa de Moore, e Hope Town.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.