Pobo inglés

Os ingleses[5] (inglés: english people), son unha nación e grupo étnico nativo de Inglaterra, que fala a lingua inglesa. A identidade inglesa ten orixe medieval, cando eran coñecidos en inglés antigo como Angelcynn ("familia dos anglos"). O seu etnónimo provén dos anglos, un dos pobos xermánicos que migraron cara a Gran Bretaña durante o século V.[6] Inglaterra é un dos países do Reino Unido.

Historicamente, a poboación inglesa descende de diferentes pobos — os antigos britanos e as tribos xermánicas que se asentaron en Britania despois da marcha dos romanos, incluíndo os anglos, os saxóns, os xutos e os frisóns. Coñecidos colectivamente como anglosaxóns, fundaron o que se convertería en Inglaterra (do inglés antigo Englaland) xunto cos dinamarqueses, normandos e outros grupos. Na Lei de Unión (1707), o Reino de Inglaterra foi sucedido polo Reino de Gran Bretaña.[7] Co paso dos anos, a identidade e costumes ingleses foron identificados coa identidades e os costumes británicos en xeral.

O pobo inglés son os responsables da lingua inglesa, do sistema Westminster, do dereito anglosaxón e de numerosos deportes, como o crícket, o fútbol,[8] o rugby e o tenis. Estas e outras características da cultura inglesa espalláronse por todo o mundo, en parte por mor do Imperio Británico.

Pobo inglés
English mosaic
Poboación
Poboación total:
c  77 millóns
Rexións principais:
Inglaterra Inglaterra37,6 millóns
Estados Unidos de América Estados Unidos25 millóns[1]
Australia Australia7,2 millóns[2]
Flag of Canada.svg Canadá6,6 millóns[3]
Nova Zelandia Nova Zelandia44 000–282 000[4]
Aspectos culturais
LinguaInglés
RelixiónComuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos

Notas

  1. 2010 ACS Ancestry estimates
  2. (Ancestry) The 2011 Australian Census reports 7,238,500 people of English ancestry.
  3. (Ethnic origin) The 2006 Canadian Census gives 1,367,125 respondents stating their ethnic origin as English as a single response, and 5,202,890 including multiple responses, giving a combined total of 6,570,015.
  4. (Ethnic origin) The 2006 New Zealand census
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para inglés.
  6. "Online Etymology Dictionary". Etymonline.com. Consultado o 8 de xullo de 2011.
  7. "Act of Union 1707". parliament.uk. Consultado o 26 de agosto de 2010.
  8. The fa 1863-2013.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bueltmann, Tanja, David T. Gleeson, and Donald M. MacRaild, eds. Locating the English Diaspora, 1500–2010 (Liverpool University Press, 2012) 246 pp.

Outros artigos

Boston

Boston é a capital do estado de Massachusetts, nos Estados Unidos e sede do condado de Suffolk. Ten 620.535 habitantes, que chegan ata os case 7,1 millóns de habitantes na súa área metropolitana. Fundada polos ingleses en 1630, converteuse no principal centro cultural da América do Norte Británica. Os ingleses retiráronse en 1776 despois de varias revoltas, como a famosa "Boston Tea Party". Durante os séculos XIX e XX tornouse un centro industrial de grande importancia, atraendo inmigrantes de todo o mundo, en especial de Irlanda. Boston e a súa área metropolitana son un dos principais puntos educativos dos Estados Unidos, onde destacan institucións de educación superior tales como a universidade de Harvard e o MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts). Nesta cidade naceu o coñecido escritor Edgar Allan Poe.

Catarina de Aragón

Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.

Eadbald de Kent

Eadbald, finado en 640, foi rei de Kent desde 616 até a súa morte.

Edward Victor Appleton

Edward Victor Appleton, nado en Bradford o 5 de setembro de 1892 e finado en Edimburgo o 21 de abril de 1965, foi un físico inglés.

George Orwell

Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e Nineteen Eighty-Four (1984).

George Paget Thomson

George Paget Thomson, nado en Cambridge o 3 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1975, foi un físico británico.

H.G. Wells

Herbert George Wells, máis coñecido como H. G. Wells, nado o 21 de setembro de 1866 e finado o 13 de agosto de 1946, foi un escritor británico.

Historia ecclesiastica gentis Anglorum

Historia ecclesiastica gentis Anglorum (en galego: Historia eclesiástica do pobo inglés) é unha obra en latín de Beda sobre a historia da Igrexa en Inglaterra, e de Inglaterra en xeral. O seu tema principal é o conflito entre o cristianismo latino e cristianismo céltico.

Esta obra é considerada unha das referencias orixinais máis importantes sobre a historia anglosaxoa. Considérase que foi completada no ano 731, cando Beda tiña aproximadamente 60 anos de idade.

Atópase dividido en cinco libros (ao redor de 400 páxinas), a Historia cobre a historia de Inglaterra, eclesiástica e política, da época de Xulio César á data da súa conclusión (731). Os primeiros vinte e un capítulos, tratan o período antes da misión de Agostiño, son compilados de escritores anteriores tales como Orosio, Xildas, Próspero de Aquitania, as cartas do papa Gregorio I, e outros, coa inserción de lendas e tradicións.

Despois de 596, úsanse fontes documentais, que Beda se esforzou en obter a través de toda Inglaterra e de Roma, así como testemuños orais, os cales empregou coa súa característica consideración crítica.

A Historia, como outros textos históricos do seu período, posúe un nivel de obxectividade máis baixo cós textos históricos modernos. A Historia é unha combinación de feitos, lenda e literatura. Por exemplo, Beda tomouse a liberdade de elaborar citas ficticias de xente que non foron os seus contemporáneos.

Historiografía

A historiografía é o rexistro escrito da Historia, é dicir, a memoria fixada pola propia humanidade coa escritura do seu propio pasado.

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Inglés antigo

O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.

O alfabeto do inglés antigo aínda utilizaba algúns símbolos rúnicos, aínda que a maior parte dos seus caracteres procedían do alfabeto latino. Quedan fragmentos da literatura en anglosaxón, que tiveron grande importancia na reconstrución deste idioma. A obra literaria máis importante en lingua anglosaxoa que chegou aos nosos días é o "Beowulf", poema épico que conta as aventuras dese heroe e que reúne el mesma preto do 10% de toda a literatura anglosaxoa coñecida. Un dos maiores especialistas do século XX neste idioma foi o afamado escritor J. R. R. Tolkien.

Isaac Newton

Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 4 de xaneiro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático e astrónomo inglés. A súa contribución máis notable foi a lei da gravitación universal, sobre a que Lagrange escribiu: "o sistema do mundo descóbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con Leibniz, do cálculo infinitesimal. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a lei da gravidade. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.

John Locke

Este artigo trata sobre o filósofo, para o personaxe de ficción da serie Lost véxase John Locke (Lost).John Locke, nado preto de Bristol o 29 de agosto de 1632 e finado o 28 de outubro de 1704, foi un pensador inglés, considerado o pai da tradición filosófica empirista dominante en Inglaterra desde o século XVII e, tamén, precursor do liberalismo político.

Lewis Carroll

Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido polo pseudónimo de Lewis Carroll, nado en Daresbury (Cheshire) o 27 de xaneiro de 1832 e finado en Guildford o 14 de xaneiro de 1898, foi un escritor, matemático, fotógrafo e pastor anglicano británico.

William Golding

William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornualles) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.

William Henry Bragg

Sir William Henry Bragg, nado en Wigton o 2 de xullo de 1862 e finado en Londres o 10 de marzo de 1942, foi un físico e profesor universitario inglés galardoado en 1915 co Premio Nobel de Física xunto co seu fillo William Lawrence Bragg.

William Lawrence Bragg

Sir William Lawrence Bragg, nado en Adelaida (Australia) o 31 de marzo de 1890 e finado en Ipswich (Inglaterra) o 1 de xullo de 1971, foi un físico británico galardoado en 1915 co Premio Nobel de Física xunto co seu pai William Henry Bragg.

William Shakespeare

William Shakesperare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564, e finado o 23 de abril de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

William Smith (lexicógrafo)

Sir William Smith, nado no municipio de Enfield, no Gran Londres, o 20 de maio de 1813, e finado en Londres o 7 de outubro de 1893, foi un distinguido lexicógrafo inglés. Foi doutor en dereito civil nas universidades de Oxford e Dublín, e recibiu o título honorífico de cabaleiro do Imperio Británico en 1892, o ano antes do seu falecemento.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.