Pobo hui

Os hui (en chinés: 回族, Xiao'erjing: خُوِذُو; dungan: Хуэйзў, Xuejzw) son un grupo étnico que se compón principalmente por musulmáns da fe sunní que viven na China, concentrándose as súas poboacións nas provincias do noroeste e Zhongyuan. Segundo o censo de 2011, China é o fogar 10,5 millóns de hui, a maioría dos cales fala chinés e practican o islam, malia que algúns practican outras relixións.

O pobo hui é étnica e lingüísticamente semellante ós han[2] coa excepción de que a maioría deles practica o islam,[3] o que implica varias características culturais distintivas. Por exemplo, como musulmáns seguen as leis da dieta islmámica e non consomen a carne de porco, a carne máis consumida na China.[4]

Os hui son un dos 56 grupos étnicos recoñecidos pola China. O goberno defino o pobo hui como o que abrangue historicamente a tódolos musulmáns que non están presentes en ningún outro grupo étnico da China[5] Os hui falan predominantemente chinés.[3] De feito, o grupo étnico hui é único entre as minorías chinesas por estar asociado a unha lingua sinítica.[6]

As principais poboacións hui concéntranse no noroeste da China (Ningxia, Gansu, Qinghai, Xinjiang), pero existen comunidades en todo o país, Pequín, Mongolia Interior, Hebei, Hainan e Yunnan.

Pobo hui
Hui man
Ancián hui.
Poboación
Poboación total:
Total: 10 586 087 (2011)
Rexións principais:
Flag of the People's Republic of China.svg China10,5 millóns
Aspectos culturais
Linguamandarín, dungan, persa
Relixiónsunnismo[1]
Grupos
relacionados
dungan, panthay, dongxiangs e han

Notas

  1. The Economist, ed. (8 de outubro de 2016). "By choosing assimilation, China’s Hui have become one of the world’s most successful Muslim minorities". Consultado o 8 de outubro de 2016.
  2. Esposito 2000, p. 443-444.
  3. 3,0 3,1 Gladney 1996, p. 20.
  4. Gladney 1996, p. 13 Quote: "In China, pork has been the basic meat protein for centuries and regarded by Chairman Mao as 'a national treasure'"
  5. Lipman 1997, p. xxiii ou Gladney 1996, pp. 18–20 Alén do pobo hui, outros nove grupos étnicos oficialmente recoñecidos son considerados predominantemente musulmáns. Estes nove grupos están definidos polas súas diferenzas lingüísticas: seis pobos de linguas turcas (uigures, casacos, kirguiz, salar, uzbecos e tártaros), dous pobos de linguas mongólicas (dongxiang e bonan), e un pobo de lingua irania (taxicos).
  6. Por suposto, moitos membos de minorías chinesas non falan a súa lingua tradicional, como é o caso do pobo manchú que xa non fala a súa lingua nativa; pero a lingua manchú conta con numerosos rexistros históticos. Porén, os devanceros dos actuais hui son predominantemente falantes nativos de chinés dende a dinastía Ming (Lipman (1997), p. 50.

Véxase tamén

Outros artigos

Ningxia

Ningxia (en chinés: 宁夏; xiao'erjing: نٍ ﺷﯿَا ﺧُﻮِ ذُﻮْ ذِ جِ ﺛُﻮْ), oficialmente Rexión Autónoma Hui de Ningxia, é unha rexión autónoma da República Popular da China que se atopa no noroeste do país. Antigamente unha provincia da China, Ningxia foi incorporada a Gansu en 1954, pero foi separada en 1958 e constituída como rexión autónoma para o pobo hui, un dos 56 grupos étnicos oficialmente recoñecidos pola China. O vinte por cento da poboación hui da China vive en Ningxia.

Numeración arábiga

Os números arábigos ou arábico, tamén chamados números indoarábigos, son os símbolos máis empregados para representar números. Chámaselles "arábigos" porque os hispano-árabes de Al-Andalus os introduciron en Europa a través a súa acción cultural, aínda que, en realidade, a súa invención xurdiu na India. O mundo débelle á cultura india o invento transcendental do sistema de numeración posicional, así como o 0, chamado śūnya ou bindu en lingua sánscrita. Porén, os maias tamén coñeceron estes conceptos. Os matemáticos persas da India adoptaron o sistema, de quen o tomaron os árabes. Para o momento en que se comezaron a empregar no norte de África, xa tiñan a súa forma actual e de alí foron adoptados en Europa na Idade Media. O seu uso aumentou en todo o mundo debido á colonización e ao comercio europeos. Unha importante transmisora desta adopción ás linguas europeas foi a lingua castelá, que tamén contribuiu coa adopción de vocábulos matemáticos de influencia árabe como álxebra, algoritmo, cero, cifra, algarismo...Dado que en occidente existen dúas versións principais coñecidas en función de se cando se usan combinadas co alfabeto latino ou co alifato árabe, é habitual ver usada a expresión números árabes só para o segundo caso (numerais arábigos orientais ou arábigo-índicos). A versión persa ou urdu só se diferencia da segunda nos números 4, 5 e 6.

Zheng He

Zheng He (chinés tradicional: 鄭和, chinés simplificado: 郑和 , Hanyu Pinyin: Zhèng Hé, Wade-Giles: Cheng Ho) tamén coñecido coma Ma Sambao, nado en 1371 e finado en 1435, foi un famoso militar, diplomático, mariñeiro, explorador chinés que realizou unhas viaxes colectivamente chamadas O eunuco Sanbao ao océano occidental (三保太監下西洋) ou Zheng He ao océano occidental, de 1405 a 1433.

Durante as súas expedicións, que todas comezaron en Nanjing, Zheng He explorou o Sueste asiático, Indonesia, Ceilán, a India, o golfo Pérsico, a península arábiga, o leste de África até a canle de Mozambique e América.

O número das súas viaxes varía dependendo do método de división, pero xeralmente considérase que navegou e explorou sete veces "o océano occidental". As súas escuadras resultan impresionantes se se comparan coas súas contemporáneas europeas: ao redor de 30.000 homes e un número variable de naves, entre cincuenta e trescentas.

As súas viaxes produciron un importante intercambio diplomático, comercial e cultural co estranxeiro. A pesar de contribuír a demostrar a capacidade organizativa e poder tecnolóxico chineses, non produciron anexións territoriais debido á falta de tradición de colonialismo e imperialismo na China.Trala súa morte, os confucionistas impuxeron de novo a súa visión do mundo, polo que nos séculos seguintes impulsouse o isolacionismo. No entanto Zheng He deixou unha profunda pegada na sociedade chinesa e, en xeral, en todo o sueste asiático.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.