Pobo grego

Os gregos, tamén chamados helenos[15] (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[16]

Location greek ancient
A dispersión dos gregos no século VI a.C.

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga.[17] No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.[18]

Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[19]

Pódenselles atribuir ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

Pobo grego
Greeks25-3
Primeira liña: Homero  · Leónidas I  · Pericles  · Heródoto  · Hipócrates
Segunda liña: Sócrates  · Platón  · Aristóteles  · Alexandre o Grande  · Arquímedes
Terceira liña: Hipatia  · Basilio II  · Aleixo I Comneno  · Georgios Gemistos Plethon  · El Greco
Cuarta liña: Rigas Velestinlís  · Theódoros Kolokotronis  · Laskarina Bouboulina  · Georgios Karaiskakis  · Ioannis Kapodístrias ·
Quinta liña: Elefthérios Venizelos  · Konstandinos Kavafis  · Georgios Papanikolaou  · Arcebispo Makarios  · Pirros Dimas
Poboación
Poboación total:
aprox  14 - 17 millóns[1]
Rexións principais:
Grecia Grecia10 280 000 (2001)[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 390 439[3] / 3 000 000 (estimación2009; incluídos os que teñen devanceiros gregos)[4]
Chipre Chipre792 604 (estimación 2008)[5]
Reino Unido Reino Unido400 000 (estimación)[6]
Australia Australia365 120[7] (censo 2006) / 700 000 (incluídos os que teñen devanceiros gregos)[8]
Alemaña Alemaña294 891 (estimación 2007)[9]
Flag of Canada.svg Canadá242 685 (censo 2006; con oríxes exclusivamente gregas)[10]
Flag of Albania.svg Albaniaaprox  200 000[11]
Rusia Rusia100 000[12][13]
Ucraína Ucraína91 500 (censo 2001)[14]
Aspectos culturais
LinguaGrego
RelixiónIgrexa Ortodoxa
Grupos
relacionados
Gregos de Albania, pónticos

Notas

  1. "Immigration and asylum: from 1900 to the present. Vol. 1" (en inglés).[Ligazón morta]
  2. Eurfedling.org Os principais grupos étnicos eran: gregos 93,76%, albaneses 4,32%, búlgaros 0,39%, romaneses 0,23%, ucraínos 0,18%, paquistaníes 0,14%, rusos 0,12%, xeorxianos 0,12%, indios 0,09% e outros 0,65%(en inglés)
  3. United States Census Bureau 2009 (ed.). "Total dels que declaren tenir ancestres grecs" (en inglés).
  4. United States Department of State, ed. (agosto de 2009). "Greece (08/09)" (en inglés). Consultado o 1/11/2009.
  5. CIA.gov (ed.). "2008 estimate" (en inglés). Consultado o 7/1/2009.
  6. Duff, Oliver (3 de abril 2008). "It's All Greek to Boris". The Independent (en inglés). Londres. Consultado o 1/10/2009.
  7. Censusdata.abs.gov.au (ed.). "2006 Census Table: Australia" (en inglés). Consultado o 24/12/2008.
  8. Hellenic Ministry of Foreign Affairs, General Secretary for Greeks Abroad (ed.). "General Diaspora Information" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2004. Consultado o 2004.
  9. Federal Statistical Office of Germany (ed.). "Foreign Population" (en alemán). Consultado o 18/1/2009.
  10. "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories". Statistics Canada (en inglés). Consultado o 13/4/2008.
  11. Jeffries, Ian (25 de xuño 1993). Eastern Europe at the end of the 20th century (en inlgés). Books.google.com. p. pàx. 69. ISBN 9780415236713. Consultado o 27/8/2010.
  12. Demoscope Weekly (ed.). "Ethnic groups in Russia, 2002 census," (en ruso). Consultado o 5/2/2009.
  13. "Russia population census 2002, Vol. 4, Table 1." (en ruso). Consultado o 5/2/2009.
  14. State Statistics Committee of Ukraine (ed.). "2001 census" (en ucraína). Arquivado dende o orixinal o 06/07/2007. Consultado o 13/4/2008.
  15. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para heleno.
  16. Roberts, J.M. (2004). The New Penguin History of the World. Penguin. pp. 171–172, 222. ISBN 9780141030425.
  17. The Greeks: Encyclopedia Britannica. USA: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
  18. Beaton, R. (1996). The Medieval Greek Romance. Routledge. pp. 1–25. ISBN 0415120322.
  19. CIA World Factbook sobre Grecia: gregos ortodoxos 98%, gregos musulmáns 1,3%, outros 0,7%.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Encyclopedia Britannica (en inglés). Estados Unidos: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
  • The Columbia Encyclopedia (en inglés). Estados Unidos: Columbia University Press. 2008. Online Edition.
  • Pocket World in Figures (Economist) (en inglés). Londres: Economist Books. 2006. ISBN 1-86197-825-1.

Ligazóns externas

Diáspora
Relixión
Comercio
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Batalla das Termópilas

A batalla das Termópilas, envolta no contexto da II guerra médica, decorreu no verán do 480 a.C., no desfiladeiro das Termópilas, na Grecia Central. Alí, de acordo coa tradición do historiador Heródoto de Halicarnaso, 300 espartanos, so o comando do seu rei Leónidas I, acompañados por non máis de 7 000 aliados doutras πόλεις (cidades-Estado) helénicas, enfrontáronse a millóns de persas (en realidade o número semella que é menor) liderados por Xerxes I, fillo de Darío I.

Pese á esaxeración dos números presentados por Heródoto, a grande disparidade numérica entre os bandos levou a que a batalla terminase cunha aparentemente retumbante vitoria persa, aínda que os gregos, antes de seren totalmente aniquilados, conseguiron infrinxir un elevado número de baixas e retardar considerablemente o avance dos persas por Grecia. A intervención dos gregos, para alén de levalos a morrer como homes ceibes, e non como escravos persas, foi de tal xeito decisiva para o futuro do conflito, polo que ben poden ser tamén considerados vencedores.

De facto, non vence unha batalla aquel que destrúe o exército inimigo, mais si aquel que cumpre o seu obxectivo – e os espartanos, ó deteren durante días ós persas nas Termópilas, permitiron a salvación de Atenas e, por conseguinte, das bases da futura civilización occidental. Esta foi, pois, unha batalla decisiva en todos os aspectos.

Capri

A Illa de Capri é unha illa situada no Mediterráneo, no lado sur do golfo de Nápoles, fronte á península sorrentina. foi un lugar de soada beleza e centro vacacional desde a época da antiga república romana

Cirene

Cirene foi unha antiga cidade grega na actual Libia, a máis importante das cinco colonias gregas da rexión, que recibiu o nome de Cirenaica, utilizado aínda hoxe en día. Está situada no val de Djebel Akhdar. Nesta cidade naceron numerosos matemáticos ou filósofos, como Eratóstenes ou Sinesio de Cirene, entre outros.

As ruínas de Cirene foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1982.

Conflito polo nome de Macedonia

Cos nomes de conflito polo nome de Macedonia ou disputa sobre o nome de Macedonia coñécese un conflito entre Grecia e a República de Macedonia causado polo desacordo entre os dous países polo uso do termo Macedonia.

O goberno grego opúñase ao uso de dita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo creaba entre a República de Macedonia e a rexión grega de Macedonia.

Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte da Organización das Nacións Unidas.

Frecuentemente usouse a referencia provisional "Antiga República Iugoslava de Macedonia" (ARIM polas súas siglas en galego, FYROM polas siglas en inglés de Former Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecían o nome constitucional República de Macedonia. Pese a iso, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptaría calquera conclusión que acabase coa disputa entre ambos os países. O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos e medios de comunicación.Realizáronse toda unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio da OTAN de 2008 en Bucarest. Estes intentos de resolver a contenda fracasaban e impedían o ingreso de Macedonia na OTAN debido a obxeccións por parte de Grecia. O 12 de xuño de 2018, alcanzouse un acordo segundo o cal a república de Macedonia sería rebautizada como república de Macedonia do Norte.

Década de 1270

A década de 1270 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1270 e remata o 31 de decembro de 1279.

Federica de Hannover

Federica de Hannover, nada en Blankenburg, Alemaña o 18 de abril de 1917 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1981, foi a raíña consorte de Grecia desde 1947, logo de casar con Paulo I en 1938. Era princesa de Hannover e duquesa de Brunswick e Luneburgo. Foi a nai de Sofía de Grecia, actual raíña de España.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Grego

Grego pode facer referencia a:

Relativo ou pertencente a Grecia.

A lingua grega que se fala en Grecia e Chipre.

o grego micénico

o grego antigo

a koiné

os dialectos gregos

o grego bizantino

o grego moderno

O alfabeto grego

O pobo grego

Grego, coloquialmente é o sexo anal.

Historia dos eslavos do sur

A rápida e dramática desaparición do estado iugoslavo a finais do século XX -e da que aínda perduran flocos no XXI- causou unha fonda conmoción en todo o mundo, pero especialmente no noso continente, onde moitas persoas non se explicaban como tales atrocidades podían producirse na culta e civilizada Europa de finais de século.

Comprender estes feitos non é doado, porque na maioría do material dispoñíbel fálase de Iugoslavia unicamente como o estado europeo que existiu desde os tratados que puxeron fin á Primeira Guerra Mundial até a súa desaparición, o ano 2003, en que pasou a denominarse Serbia e Montenegro.

Para poder interpretar o sucedido hai que rastrexar na historia de Europa, xa que o termo Iugoslavia non se refire só ao estado citado, senón que é unha denominación de carácter cultural e xeográfica (a parte occidental da península Balcánica onde viviron, e viven, os eslavos do sur, que iso é o que significa o termo (Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como Eslavia do sur ou país dos eslavos do sur).

Despois da morte do mariscal Tito en 1980, e no medio dunha grave crise económica, as tensións entre os pobos do país medraron. Despois do ascenso de partidos nacionalistas ao poder en Serbia, dúas das súas repúblicas constituíntes (Eslovenia e Croacia) declararon a súa independencia en 1991, ás que seguirían a República de Macedonia e Bosnia e Hercegovina o ano seguinte, non sen resistencia por parte de Serbia. En 1991 a tensión entre as diferentes repúblicas derivou no sanguento conflito coñecido como guerra de Iugoslavia (ou guerras iugoslavas).

As repúblicas que decidiron permanecer na federación substituíron en 1992 a República Federativa Socialista de Iugoslavia pola nova República Federal de Iugoslavia, integrada xa só por Montenegro e Serbia, que abandonou tamén o sistema socialista, como antes fixeran as xa independizadas.

A minoría étnica albanesa ao sur de Serbia foi tamén fonte de tensión (e aínda o é) e, ante os enfrontamentos do exército iugoslavo coa guerrilla kosovar, transformada en Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), cando este territorio, aínda oficialmente parte de Serbia, declarou a súa independencia o 22 de setembro de 1991, non recoñecida internacionalmente, fixo necesaria a intervención estranxeira (a denominada Guerra de Kosovo). Despois do bombardeo da OTAN á República Federal de Iugoslavia, rematada a guerra, a partir de 1999, a administración do territorio kosovar quedou, de forma temporal, a cargo da ONU e, por mandato do Consello de Seguridade, nas mans da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINIURSO) e da OTAN.Porén, o status de Kosovo é motivo de controversia. Serbia considera que Kosovo é unha provincia autónoma dentro do seu propio territorio, de conformidade coa súa constitución e coa Resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Por iso, o goberno serbio non intervén directamente na administración deste territorio desde 1999. O novo goberno provisional de Kosovo declarou unilateralmente, outra volta, a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008 (co apoio tácito de Estados Unidos e de parte da Unión Europea), instaurando a República de Kosovo. Serbia, Rusia, España e outros países non aceptaron este feito unilateral nin recoñecen a República de Kosovo como Estado soberano.Tras a aprobación e promulgación da Carta Constitucional de Serbia e Montenegro pola Asemblea da República Federal de Iugoslavia o 4 de febreiro de 2003, a República Federal de Iugoslavia pasou a ser a unión de Estado de Serbia e Montenegro. Finalmente, o 21 de maio de 2006, nun plebiscito, o 55,5% da poboación apoiou a independencia de Montenegro, que foi proclamada o 3 de xuño de 2006.

Este artigo versa sobre os antecedentes históricos destes feitos, para tratar de subministrar as claves que permitan entender (nunca xustificar) tan terríbeis acontecementos.

Iannis Xenakis

Iannis Xenakis (Γιάννης Ξενάκης, tamén transliterado en francés como Yannis Xénakis) foi un compositor e arquitecto de ascendencia grega nado o 29 de maio de 1922 en Brăila, Romanía; nacionalizouse francés e pasou gran parte da súa vida en París, onde morreu o 4 de febreiro de 2001. Considérase como un dos compositores máis importantes da música contemporánea.

Lingua protogrega

A prehistoria do grego refírese ao período transcorrido entre os inicios da diferenciación do protoindoeuropeo ata os primeiros testemuños escritos en grego antigo, a última fase da prehistoria do grego coincide, xa que logo, co proceso de helenización de Grecia.

Macedonia (provincia romana)

A provincia romana de Macedonia (latín: Provincia Macedoniae, grego: Ἐπαρχία Μακεδονίας) estableceuse oficialmente no 146 a.C., despois de que o xeneral romano Quintus Caecilius Metellus derrotase a Andriscus de Macedonia, o último autodenominado rei do antigo reino de Macedonia no 148 a.C, e despois de que as catro repúblicas clientelares (a "tetrarquía") establecidas por Roma na rexión fosen disoltas. A provincia incorporou a antiga Macedonia, coa adición de Epirus, Tesalia e partes de Illyria. Peonia e Tracia. Isto creou unha área administrativa moito maior, á que aínda se aplicaba o nome de "Macedonia". Os Dardanios, ao norte dos peonios, non estaban incluídos, porque apoiaron aos romanos na súa conquista de Macedonia.

Macedonia (terminoloxía)

Macedonia é un termo que foi fonte de confusión e de debate debido a que se usou para designar, ao longo do tempo, múltiplas e diversas áreas xeográficas, políticas, históricas, lingüísticas e demográficas. Os grupos étnicos que viven na zona denominaron da mesma maneira a diversas entidades e de diferentes formas a unha única entidade, o que xerou, e xera, problemas tanto para os seus habitantes como para os estranxeiros.

Historicamente, a rexión estivo marcada polos continuos cambios políticos na historia da península Balcánica. En canto á xeografía, non existe unha definición clara dos límites da rexión e os nomes das súas subdivisións non son aceptadas nin por académicos nin polos seus propios habitantes. No caso da demografía, na zona habitan principalmente catro grupos étnicos, tres dos cales se autodefinen como "macedonios": un grupo sudeslavo, que o fai a nivel nacional, e un búlgaro e outro grego, que o fan a nivel rexional. Lingüisticamente, os nomes e orixes das linguas faladas na zona son tema de gran controversia, mentres que no mundo político, o uso do nome de Macedonia xerou incluso unha intensa disputa diplomática entre os estados de Grecia e Macedonia do Norte, conflito que se mantén sen solución definitiva a pesar da intervención das Nacións Unidas.

Martin Heidegger

Martin Heidegger, nado en Messkirch (Baden-Württemberg) o 26 de setembro de 1889, e finado en Friburgo o 26 de maio de 1976, foi un filósofo alemán.

Pobo urum

Os urum, (en grego: Ουρούμ, Urúm; en turco e tártaro de Crimea: Urum) son comunidades gregas que habitan en Crimea e en Xeorxia. Falan a lingua urum, da familia de linguas turcas, e que ás veces é considerada unha variante do tártaro de Crimea.

Sexto Xulio Africano

Sexto Xulio Africano (século III) foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.

Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
Hipóteses Urheimat

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.