Pobo escocés

Os escoceses[8] (escocés: scots fowk, gaélico escocés: albannaich), son unha nación e grupo étnico nativo de Escocia. Historicamente, xurdiron dunha mestura entre pictos e gaels, que fundaron o Reino de Escocia (ou Alba) no século IX, e que son etnolingüisticamente celtas. Tempo despois, os veciños britanos cúmbricos, que tamén falaban unha lingua celta, así como os anglosaxóns e nórdicos xermánicos, foron incorporados á nación escocesa.

Pobo escocés
FamousScotts2
Poboación
Poboación total:
c  28–40 millóns
Rexións principais:
Escocia Escocia4 446 000 (2011)
(só de ascendencia escocesa)[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos6 006 955 escoceses
5 393 554 escoceses-irlandeses[2][3]
Flag of Canada.svg Canadá4 719 850[4]
Australia Australia1 792 600[5]
Inglaterra Inglaterra795 000[6]
Irlanda do Norte760 620
Flag of Argentina.svg Arxentina100 000
Aspectos culturais
LinguaInglés, escocés e gaélico escocés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Celtas: Britónicos (córnicos, galeses, bretóns), Gaélicos (irlandeses, manx)[7]

Notas

  1. scotlandscensus.gov.uk, ed. (2014). "Statistical Bulletin: Ethnicity" (PDF). pp. 16−17. Consultado o 13 de decembro de 2016.
  2. "American Community Survey 2008 by the US Census Bureau estimates 5,827,046 people claiming Scottish ancestry and 3,538,444 people claiming Scotch-Irish ancestry". factfinder.census.gov.
  3. Webb, James (3 de outubro de 2004). "Why You Need To Know The Scots-Irish". Parade Magazine. Archived from the original on 2 de febreiro de 2006.
  4. The 2006 Canadian Census gives a total of 4,719,850 respondents stating their ethnic origin as Scottish. Many respondents may have misunderstood the question and the numerous responses for "Canadian" does not give an accurate figure for numerous groups, particularly those of British Isles origins.
  5. "ABS Ancestry". 2012.
  6. Carr, Julie (2009). Scotland's diaspora and overseas-born population (PDF). Edimburgo: Scottish Government Social Research. p. 10. ISBN 978-0-7559-7657-7. Consultado o 16 de xullo de 2016.
  7. Ed. Wade Davis and K. David Harrison (2007). National Geographic Society, ed. Book of Peoples of the World. p. 225. ISBN 978-1-4262-0238-4.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escocés.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Spence, Rhoda, ed. The Scottish Companion: a Bedside Book of Delights. Edinburgh: R. Paterson, 1955. vi, 138 p. N.B.: Primarily concerns Scottish customs, character, and folkways.

Outros artigos

A illa negra

A illa negra é un álbum creado por Hergé na súa serie as aventuras de Tintín. Aparece en Le Petit Vingtième entre abril de 1937 e xuño de 1938, editouse en branco e negro a finais de 1938 e reeditouse a cor en 1943, antes de ser redeseñado en 1966, dando lugar á versión actual. A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Alex Salmond

Alexander Elliot Anderson Salmond nado en Linlithgow o 31 de decembro de 1954, é un político escocés, xefe dende 2005 do Partido Nacional Escocés. Con anterioridade dirixiu o partido entre 1990 e 2000. Dende maio de 2007 é o primeiro ministro de Escocia.

Andy Murray

Andrew Murray, nado o 15 de maio de 1987 en Dunblane, é un tenista profesional escocés. No seu palmarés salientan os ouros olímpicos acadados en Londres 2012, Río de Xaneiro 2016 e mailas vitorias no Aberto dos Estados Unidos de 2012 e no Torneo de Wimbledon de 2013 e 2016. Neste momento ocupa o posto número 3 na ATP.

Arthur Conan Doyle

Sir Arthur Ignatius Conan Doyle, nado en Edimburgo o 22 de maio de 1859 e finado o 7 de xullo de 1930, foi un escritor escocés que acadou gran sona pola creación do personaxe de Sherlock Holmes, detective de ficción famoso no mundo enteiro.

Clans escoceses

Os clans escoceses son un estamento social escocés identitario e estruturado, cuxa autoridade máxima en cuestións de heráldica é a figura do Lord León Rei de Armas, un dos Grandes Oficiais de Estado de Escocia. Cada clan ten o seu propio patrón de tartán, de forma xeral dende o século XIX, e os seus membros poden empregar saias, capas, cintas, gravatas, panos e outros artigos de roupa feitos do tartán, que supoñen un símbolo de pertenza.

Gary Lewis

Gary Lewis, nado como Gary Stevenson o 30 de novembro de 1958 en Glasgow, é un actor escocés de teatro, cinema e televisión. É principalmente coñecido pola súa participación en filmes como Billy Elliot, Gangs of New York ou Eragon, e polo seu papel protagonista no documental de televisión Supervolcano.

Gure Esku Dago

Gure Esku Dago, GED (Está nas nosas mans, en galego), oficialmente denominada Gure Esku Dago GED-EH Kultura Elkartea (Está nas nosas mans-Asociación cultural do País Vasco, en galego), é unha asociación cultural española que se define como unha iniciativa cidadá plural e participativa, que traballa polo dereito para decidir do pobo vasco, ofrecendo o seu apoio a diversas iniciativas locais e organizando consultas en diferentes territorios.

James Clerk Maxwell

James Clerk Maxwell nado o 13 de xuño de 1831 en Edimburgo e finado o 5 de novembro de 1879 en Cambridge foi un científico escocés no campo da física matemática. O seu logro máis notable foi a formulación da teoría clásica da radiación electromagnética, que reúne por primeira vez a electricidade, o magnetismo e a luz como manifestacións dun mesmo fenómeno. Desde ese momento, todas as outras leis e ecuacións clásicas destas disciplinas convertéronse en casos simplificados das ecuacións de Maxwell. As ecuacións de Maxwell para o electromagnetismo chamáronse a "segunda gran unificación en física" logo da primeira realizada por Isaac Newton.

Coa publicación de A Dynamical Theory of the Electromagnetic Field en 1865, demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, en forma de ondas á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. Maxwell propuxo que a luz é unha ondulación no mesmo medio que é a causa dos fenómenos eléctricos e magnéticos. A unificación da luz e os fenómenos eléctricos conduciu á predición da existencia das ondas de radio.

Maxwell é considerado por moitos, especialmente por aqueles que traballan no campo da física, como o científico do século XIX que máis influíu na física do século XX. Moitos consideran que as súas achegas á física son da mesma magnitude que as de Isaac Newton e Albert Einstein. Ao final da enquisa do milenio, unha enquisa que pretende facer unha lista dos 100 físicos máis relevantes da historia, Maxwell foi votado como o terceiro físico máis grande de todos os tempos, só detrás de Newton e Einstein. No centenario do nacemento de Maxwell, o mesmo Einstein describiu o traballo de Maxwell como a obra "máis profunda e máis frutífera que a física experimentou desde a época de Newton." Einstein mantivo unha a fotografía de Maxwell na parede do seu estudo, xunto a fotografías de Michael Faraday e Newton.

James Macpherson

James Macpherson, nado o 27 de outubro de 1736 e finado o 17 de febreiro de 1796, foi un poeta escocés, famoso como o "tradutor" do ciclo de poemas de Ossian.

John Abercrombie

John Abercrombie, nado o 10 de outubro de 1780 en Aberdeen e morto o 14 de novembro de 1844 en Edimburgo, foi un filósofo escocés e o primeiro en tratar a neuropatía como unha entidade separada.

Kim Kardashian

Kimberly Kardashian West, coñecida como Kim Kardashian nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1980, é unha empresaria e personaxe pública estadounidense. A súa fama aumentou a partir de xaneiro de 2011 coa estrea de Kourtney and Kim Take New York, un reality show que compartiu coa súa irmá Kourtney Kardashian, mentres deixaban Os Ánxeles para abrir a súa terceira tenda DASH en Nova York. En 2010, foi unha das famosas con máis ganancias, estimadas en seis millóns de dólares estadounidenses. Lanzou múltiples fragrancias e accesorios, foi estrela convidada en destacados programas de televisión (entre eles The Oprah Winfrey Show), competiu en Dancing with the Stars e tivo papeis en películas como Disaster Movie e Deep in the Valley. En 2010, xunto coas súas irmás Kourtney e Khloé Kardashian, lanzou unha autobiografía, Kardashian Konfidential.

Mitoloxía escocesa

A mitoloxía escocesa refírese ós mitos e lendas de Escocia.

Os mitos xurdiron para diversos fins ó longo da historia de Escocia, ás veces sendo elaboradas por xeracións sucesivas, e outras veces sendo totalmente substituídas por outras narracións explicativas.

Nacións celtas

O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.

Robert Burns

Robert Burns, nado en Alloway, Ayrshire (Escocia) o 25 de xaneiro de 1759 e finado en Ellisland, preto de Dumfries, o 21 de xullo de 1796, é o poeta en lingua scots máis coñecido. O seu poema Auld Lang Syne cántase tradicionalmente nos países anglosaxóns como himno de despedida.

Robert Louis Stevenson

Robert Louis (Balfour) Stevenson, nado en Edimburgo o 13 de novembro de 1850 e falecido en Samoa o 3 de decembro de 1894, foi un escritor escocés, autor de novelas, poemas e libros de viaxes e o maior representante do neorromanticismo británico. As súas obras están maioritariamente en inglés, pero tamén escribiu poemas e pequenos relatos en escocés.

Roberto I de Escocia

Roberto I Bruce, nado como Robert the Bruce o 11 de xullo de 1274 e finado o 7 de xuño de 1329, foi rei de Escocia de 1306 a 1329.

Sean Connery

Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930, é un actor e produtor de cine escocés gañador dun Oscar coñecido principalmente polo seu rol de James Bond no cine.

Thomas Carlyle

Thomas Carlyle, nado en Ecclefechan o 4 de decembro de 1795 e finado en Londres o 5 de febreiro de 1881, foi un escritor satírico escocés, ademais de ensaísta, historiador e profesor durante o período que se coñece como época vitoriana. Escribía artigos para a Enciclopedia de Edimburgo, e era un polémico comentarista.

Walter Scott

Walter Scott, nado en Edimburgo o 15 de agosto de 1771 e finado en Abbotsford o 21 de setembro de 1832, foi un prolífico escritor escocés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.