Pobo británico

Os británicos[8] son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e o seu descendentes.[9][10] A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.[10]

Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña[11][12][13][14][15] en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica.[16] A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana.[16][17] A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda;[16] A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica.[18] Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.[19]

Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos.[20] A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior.[21][22] Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.[23]

Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional[24][25] e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais".[26][27] A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns,[28] cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.[29]

Pobo británico
Arth tapestry2
Tapiz medieval que amosa ó Rei Artur, un antigo gobernante britano protagonista da Materia de Bretaña, un mito nacional empregado como propaganda das orixes ancestrais da Familia real británica e dos súbditos británicos.
Poboación
Poboación total:
Británicos
65 600 000
Diáspora
140 millóns[1]
Rexións principais:
Reino Unido Reino Unido57 678 000[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos40 234 652 - 72 065 000[3]
Flag of Canada.svg Canadá12 134 745[4]
Australia Australia9 031 100[5]
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong3 400 000[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia2 425 278[7]
Aspectos culturais
LinguaInglés (córnico, guernésiais, irlandés, jèrriais, manx, escocés, gaélico escocés e galés)
RelixiónComuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos

Notas

  1. Richards 2004, p. 255.
  2. Population By Country of Birth and Nationality tables January 2013 to December 2013. Consultado o 04 de novembro de 2014
  3. "Brits Abroad: Country-by-country". BBC News. 11 de decembro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2009.
  4. Statistics Canada (2006). Canada 2006 Census, ed. "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories". statcan.ca. Consultado o 27 de maio de 2009.
  5. Australian Bureau of Statistics (21 de xuño de 2012). "Reflecting a Nation: Stories from the 2011 Census, 2012–2013". abs.gov.au. Consultado o 1 de maio de 2014.
  6. The Committee Office, House of Commons. "House of Commons - Foreign Affairs - Fifth Report". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 26 de febreiro de 2014.
  7. Statistics New Zealand (4 de febreiro de 2009). "QuickStats About Culture and Identity". stats.govt.nz. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de maio de 2009.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para británico.
  9. Cfr. Interpretation Act 1978, Sched. 1. By the British Nationality Act 1981, s. 50 (1), o Reino Unido inclúe as Illas da Canle e a Illa de Man para a lei nacional.
  10. 10,0 10,1 Macdonald 1969, p. 62
  11. "Uniting the kingdom?". nationalarchives.gov.uk. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
  12. "Acts of Union 1707". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
  13. "Making the Act of Union 1707" (PDF). Parliament of the United Kingdom. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
  14. "The Union of the Parliaments 1707". Learning and Teaching Scotland. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
  15. "THE TREATY or Act of the Union". scotshistoryonline.co.uk. Consultado o 12 de decembro de 2009.
  16. 16,0 16,1 16,2 Colley 1992, p. 1.
  17. Colley 1992, p. 5.
  18. Colley 1992, p. 6.
  19. CAIN Web Service. "British? Irish? Or what?". cain.ulst.ac.uk. Consultado o 19 de febreiro de 2009.
  20. United States Department of State (xullo de 2008). "United Kingdom - People". state.gov. Consultado o 19 de febreiro de 2009.
  21. Trudgill 1984, p. 519.
  22. Richardson & Ashford 1993, p. 531.
  23. Ward 2004, pp. 113–115.
  24. Gordon Brown: We must defend the Union The Daily Telegraph, 25 de marzo de 2008
  25. DIVERSITY AND CITIZENSHIP CURRICULUM REVIEW Arquivado 15 de xuño de 2011 en Wayback Machine. www.devon.gov.uk. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  26. "UK dialects 'strong and varied'". BBC. 15 de agosto de 2005. Consultado o 19 de febreiro de 2009.
  27. Rosen 2003, p. 3.
  28. "Eurostat Tables, Graphs and Maps Interface (TGM) table". Eurostat. 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2011.
  29. Ember et al. 2004, p. 47.
Batalla de Inglaterra

A batalla de Inglaterra foi unha das batallas máis importantes da segunda guerra mundial, librada entre as forzas aéreas do Reino Unido (RAF) e a Alemaña nazi (Luftwaffe) nos ceos de Gran Bretaña durante 1940 e 1941. Segundo os historiadores británicos, comeza o 10 de xullo de 1940 e remata o 31 de outubro de 1940, mentres que os alemáns din que durou dende agosto de 1940 ata maio de 1941; dependendo de que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas.

Batalla de Xerusalén de 1917

A batalla de Xerusalén, tamén coñecida como Operacións de Xerusalén, foi un conxunto de enfrontamentos entre o Imperio británico e o Imperio otomán, durante a campaña homónima. A loita desenvolveuse desde o 17 de novembro ata o 30 de decembro de 1917, cando a cidade se rendeu. Xerusalén era o obxectivo final da ofensiva do sur de Palestina, durante a campaña do Sinaí, na primeira guerra mundial. Nas operacións, os británicos obtiveron a vitoria en dous enfrontamentos nos montes de Xudea, ao norte e ao leste da liña Hebrón-Junction Station. Estas foron a batalla de Nebi Samwill (17-24 de novembro) e a defensa de Xerusalén (26-30 de decembro). Tamén tivo lugar con éxito o segundo intento de avance a través do Nahr el-Auja (21-22 de decembro), como na batalla de Iafa, aínda que esa cidade xa fora ocupada como consecuencia da batalla de Mughar Ridge o 16 de novembro de 1917.Esta serie de enfrontamentos sucedéronse entre as forzas británicas do XX Corpo, o XXI Corpo e o Corpo Montado do Deserto en contra do Grupo de Exércitos Yildirim ou Sétimo Exército nos montes de Xudea e o Oitavo exército ao norte de Iafa, ao longo da costa mediterránea. A derrota otomá en Iafa e Xerusalén, así como a perda de 80 quilómetros de terreo durante o avance da Forza Expedicionaria Exipcia cara Gaza, coa ocupación de Beerseba, Gaza, Hareira e Sheria, Tel el Khuweilfe e a batalla de Mughar Ridge, constituíron un grave revés para o Imperio otomán.Como resultado destas vitorias, as forzas do Imperio británico capturaron Xerusalén e estableceron unha nova liña fortificada, cunha posición estratéxica. Esta liña ía desde o norte de Iafa na chaira marítima, a través dos montes de Xudea cara Bireh, ao norte de Xerusalén e seguía cara o leste do monte das Oliveiras. Coa captura da estrada de Beerseba a Xerusalén a través de Hebrón e Belén, xunto a un territorio otomán substancial ao sur de Xerusalén, o dominio da cidade quedou asegurado. O 11 de decembro, o xeneral Edmund Allenby entrou humildemente na cidade vella a través da porta de Iafa a pé, en lugar de a cabalo ou en vehículos, como unha forma de mostrar respecto á cidade santa. Foi o primeiro cristián en moitos séculos que tivo o control de Xerusalén, lugar de gran importancia para as tres grandes relixións monoteístas. O primeiro ministro do Reino Unido, David Lloyd George, describiu a captura como «un agasallo de Nadal para o pobo británico». A batalla supuxo unha grande inxección de moral para o Imperio británico.

Blitz

A Blitz ('relampo', en alemán) foi a campaña de bombardeos estratéxicos realizada na Segunda Guerra Mundial pola Luftwaffe - a aviación alemá - contra o Reino Unido, entre o 7 de setembro de 1940 e o 10 de maio de 1941. O nome provén da contracción popular inglesa da palabra alemá Blitzkrieg ('guerra relampo').

Aínda que atinxise varias cidades en Inglaterra, comezou co bombardeo de Londres, que se seguiu por 57 noites consecutivas. Ao final de 1941, máis de 43 000 civís, metade deles en Londres, foron vitimados polas bombas, e máis dun millón de casas destruídas ou damnificadas só na rexión londiniense.Londres non foi a única cidade a bombardeada pola Luftwaffe durante a Blitz. Outros centros militares e industriais importantes, como Belfast, Birmingham, Bristol, Cardiff, Coventry, Glasgow, Sheffield, Swansea, Liverpool, Hull, Manchester, Portsmouth, Plymouth e Southampton sufriron intensos ataques aéreos que provocaron un alto número de vítimas.

Os alemáns fracasaron completamente en atinxir o obxectivo da Blitz, que sería minar o moral do pobo británico e facilitar unha potencial invasión da Gran Bretaña. En maio de 1941, a ameaza da inminente invasión pasara, e Hitler redireccionou a súa atención para o leste da Europa. Aínda que os alemáns nunca máis conseguisen bombardear a Gran Bretaña en larga escala novamente, continuaron con ataques menores durante a guerra, elevando o número de vítimas civís para 51 509.

En 1944, o desenvolvemento das bombas voadoras V-1 e V-2 permitiron que a Alemaña, unha vez máis, atacase Londres: desta vez, con armas lanzadas a partir do continente europeo. No total, as armas V mataron 8 938 civís en Londres e no sueste.

Charlie Chaplin

Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.

A súa infancia estivo marcada pola pobreza e as dificultades. Como o seu pai estaba ausente e a súa nai tiña dificultades económicas, estivo dúas veces nun hospicio antes de cumprir os 9 anos. Cando tiña 14, a súa nai foi ingresada nun hospital mental. Chaplin comezou a interpretar dende moi cedo, pasando por salóns musicais e máis tarde traballando como actor e cómico. Con 19 anos entrou na prestixiosa compañía de Fred Karno, quen o levou canda el a América. Chaplin fixo a súa primeira aparición no cine no filme de Keystone Studios, Making a Living (1914). Axiña desenvolveu a súa personaxe de Charlot e conseguiu moitos admiradores. Chaplin dirixiu os seus propios filmes dende o comezo da súa carreira, e continuou a mellorar a súa arte trasladándose ás corporacións de Essanay, Mutual e First National. En 1918, xa era unha das persoas máis coñecidas do mundo.

En 1919, Chaplin co-fundou a distribuidora United Artists, que lle outorgou o control completo sobre os seus filmes. A súa primeira longametraxe foi O cativo ("The Kid", 1921), seguida por A Woman of Paris ("Unha muller de París", 1923), The Gold Rush ("A febre do ouro", 1925) e The Circus ("O circo", 1928). Rexeitou adaptarse ó cine sonoro durante a década dos anos 1930, producindo filmes sen diálogo como City Lights ("Luces de cidade", 1931) e Modern Times ("Tempos modernos", 1936). Chaplin introduciu a mensaxe política no seu seguinte filme, The Great Dictator, (O gran ditador 1940), no que satirizaba a Adolf Hitler. A década de 1940 estivo marcada polas controversias e a súa popularidade decaeu rapidamente. Foi acusado de ter simpatías comunistas e de casar con mulleres moito máis novas ca el, ó tempo que sufriu un escándalo de paternidade. O FBI abriulle unha investigación, e Chaplin foi forzado a deixar os Estados Unidos e asentarse en Suíza. Abandonou a personaxe de Charlot nos seus derradeiros filmes, coma Monsieur Verdoux (1947), Limelight ("Luces de escenario",1952), A King in New York ("Un rei en Nova York", 1957) e A Countess from Hong Kong ("Unha condesa de Hong Kong", 1967).

Chaplin escribiu, dirixiu, produciu, editou, protagonizou e mais compuxo a música de moitos dos seus filmes. Era un gran perfeccionista, e a súa independencia económica permitíalle pasar anos no desenvolvemento e produción dunha película. Os seus primeiros filmes caracterízanse polo estilo slapstick combinado co pathos, tipificados nas andainas de Charlot contra a adversidade. Así mesmo, nos seus filmes trataba temas políticos, sociais e autobiográficos. En 1972, como parte dunha renovada apreciación do seu traballo, recibiu un "Óscar honorífico" polo "incalculable efecto na arte de facer filmes durante este século".

Coenwulf de Mercia

Coenwulf (tamén escrito Cenwulf, Kenulf, ou Kenwulph), finado en 821, foi rei de Mercia desde decembro do 796 até a súa morte en. Foi un descendente dun irmán do rei Penda, quen gobernou Mercia a mediados do século VII.

Guerra das Malvinas

A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos . Na Arxentina, a derrota no conflito precipitou a caída da Xunta militar que gobernaba o país tralo golpe de Estado de 1976, e a restauración da democracia como forma de goberno.

Howard Carter

Howard Carter, nado o 9 de maio de 1874 e finado o 2 de marzo de 1939, foi un arqueólogo e exiptólogo inglés, que se fixo moi famoso por descubrir, en 1922, a tumba de Tutankhamon (Tut-Ankh-Amon), no Val dos Reis, fronte a Luxor, en Exipto.

Isabel Bowes-Lyon

Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.

Primeiro Imperio Francés

O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.

Baixo o primeiro imperio tiveron lugar en Europa as chamadas guerras revolucionarias, ou a segunda guerra dos Cen Anos segundo as fontes, guerras coñecidas baixo o nome de Guerras Napoleónicas. Grazas ás súas vitorias e alianzas militares Napoléon Bonaparte deu expandido o Imperio sobre a case totalidade da Europa continental. Así mesmo, o destino do Imperio estivo intimamente vinculado ao do seu exército.

Por outra banda, o Primeiro Imperio desenvolveuse nun período que deixou gran calado na historia das institucións francesas. Deste xeito, en 1801, foi asinado un primeiro concordato con Pío VII, en 1804 foi promulgado o Código Civil de Francia, tamén coñecido como Code Napoléon, e máis en 1808 foi creada a Universidade, unha institución dependente do Estado. Amais destes cambios na vida política francesa, tamén foron realizadas grandes obras públicas durante este periplo.

Referendo de independencia de Escocia de 2014

O goberno de Escocia, presidido por Alex Salmond, propuxo o 10 de xaneiro do 2012 a celebración dun referendo de independencia de Escocia, que se celebraría a máis tardar en 2014.O goberno británico presidido por David Cameron declarou o mesmo xaneiro de 2012 que o referendo debería convocarse antes de 18 meses e que tería que contar coa aprobación expresa do Parlamento británico para ser legal. O referendo foi precedido da aprobación dunha lei que permitiu a celebración da consulta vinculante que permitiría a independencia efectiva de Escocia do Reino Unido.Os plans para celebrar a consulta remóntanse ao 2009, cando se programaron unha serie de consultas entre diferentes axentes escoceses para acadar os apoios políticos necesarios. O programa lexislativo que habería de permitir o referendo foi unha peza central das propostas lexislativas do Partido Nacional Escocés durante os anos 2009 e 2010, así como durante a campaña electoral para as eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011, nas cales conseguiron uns resultados excelentes e a maioría absoluta no Parlamento de Escocia.

A idade legal para votar no referendo foi situada nos 16 anos no canto dos 18 habituais noutras eleccións en Escocia e no Reino Unido.O referendo celebrouse o 18 de setembro do ano 2014 cun resultado favorable a unión co resto do Reino Unido cunha alta participación do 84'59% do censo. Os votos contrarios á independencia acadaron o 55'3% contra o 44'7% que votou a favor de se converter nun estado independente.

A pesar do resultado negativo á independencia, a importante cantidade de votos a prol da mesma fixo que o parlamento británico e o escocés pactasen un aumemento das competencias deste último que se plasmaron na reforma da chamada lei de Escocia no ano 2016.

Tras o referendo sobre a permanencia na UE do Reino Unido, no que a maioría do pobo británico decidiu marchar da UE, o goberno escocés veu en pedir un novo referendo pola independencia de Escocia xa que en tódolos distritos electorais escoceses gañara a opción da permanencia na UE.

Richard Dawkins

Clinton Richard Dawkins, nado en nado en Nairobi en 1941, é un etólogo, biólogo evolutivo e escritor inglés.

De pais británicos, a súa familia volveu desde Nairobi a Inglaterra en 1949. Educouse en Oxford e doctorouse baixo a tutela do Premio Nobel Niko Tinbergen. Dende 1967 ata 1969 foi profesor asistente na Universidade de California, Berkeley. En 1995 pasou a ocupar a cátedra "Simonyi para a Comprensión Publica da Ciencia" e fíxoo ata o 2008. Foi nomeado profesor emérito do New College, Universidade de Oxford.

Dawkins deuse a coñecer en 1976 grazas ao seu libro The Selfish Gene (O xene egoísta), que popularizou unha visión da evolución centrada nos xenes e que introduciu o concepto de meme. Co seu libro The extended phenotype (O fenotipo estendido) de 1982 introduciu na bioloxía evolutiva o feito de que os efectos fenotípicos dun xene non teñen porqué se limitar só aos individuos que os portan senón que poden ter un impacto ambiental.

Dawkins é ateo e criticou abertamente o creacionismo e o deseño intelixente. Na súa obra The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) (1986) argumentou a analoxía do reloxeiro, que versa sobre da crenza que a existencia dun creador supernatural explicaría a complexidade biolóxica dos organismos vivos. Usando o paradigma dun reloxeiro cego, describe como os procesos evolutivos derivados da reprodución, selección e mutación non os leva a cabo nin os guía ningún "creador". Dawkins argumentou en The God Delusion (Deus, un delirio) do 2006 que case seguro que non houbo ningunha entidade creadora e que a fe na creación por unha deidade é un delirio.

Dawkins tivo o recoñecemento de múltiples institucións e universidades, recibiu premios polas súas obras e participa habitualmente na televisión, a radio e Internet. As súas aparicións nestes últimos medios de difusión sóense tratar como as dun intelectual que rebate o teísmo.

Stamford Bridge

Stamford Bridge é un estadio de fútbol que se atopa no distrito de Hammersmith e Fulham, en Londres, Inglaterra, e é o fogar do Chelsea Football Club. O estadio atópase situado na localidade de Walham Green. É alcumado como "The Bridge" polos seguidores do club. A capacidade do estadio é de 41.841 espectadores, o que o converte no sétimo estadio con máis capacidade da Premier League e no terceiro con máis capacidade de Londres, só por detrás do Estadio Wembley e do Emirates Stadium.

Stephen Hawking

Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predicción teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica. Foi un enérxico defensor da interpretación dos universos paralelos da mecánica cuántica.Foi membro de Honra da Real Sociedade das Artes, membro vitalicio da Academia Pontificia das Ciencias, e Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta condecoración civil dos Estados Unidos. Hawking foi profesor lucasiano na Universidade de Cambridge entre 1979 e 2009 e acadou o éxito comercial con obras sobre ciencia popular nas que expuxo as súas propias teorías e a cosmoloxía xeral. O seu libro, A Brief History of Time apareceu na lista británica dos mellor vendidos de Sunday Times durante 237 semanas.

Hawking sufriu un rara enfermidade de lenta progresión, a esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, que levou varias décadas paralizándoo progresivamente. Comunicábase empregando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casou dúas veces e tivo tres fillos.

Winston Churchill

Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a segunda guerra mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, isto último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.

Xurxo II de Gran Bretaña

Xurxo II de Gran Bretaña e Hannover (en alemán Georg Augustus von Hannover), nado no Schloss Herrenhausen, en Hannover, o 10 de novembro de 1683 e falecido no castelo de Kensington o 25 de outubro de 1760, foi rei de Gran Bretaña e de Irlanda, duque de Brünswick-Luneburgo (en Hannover) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico desde o 11 de xuño de 1727 ata a súa morte. Foi o segundo soberano da Casa de Hannover e o último monarca británico que dirixiu persoalmente as súas tropas nunha batalla (en Dettingen en 1743). Así mesmo, foi o último soberano inglés en nacer fóra de Gran Bretaña.

Xurxo II foi famoso polos seus múltiples conflitos co seu pai e posteriormente co seu fillo (algo moi común entre os soberanos da casa de Hannover). As súas relacións coa súa muller foron moito mellores, a pesar das numerosas amantes que tivo. Xurxo II exerceu pouco control sobre a política durante o principio do seu reinado, o goberno estaba dirixido polo primeiro (non-oficial) "Primeiro Ministro" Sir Robert Walpole.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.