Pobo bretón

Os bretóns[7] son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualles, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.[8]

A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas.[9] A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.

Pobo bretón
Roderic O'Conor - Une Jeune Bretone
Une Jeune Bretonne, pintura de Roderic O'Conor.
Poboación
Poboación total:
c  6-8 millóns
Rexións principais:
Bretaña Bretaña3 120 288[1]
Loira Atlántico1 246 798[2]
Illa de Francia1 500 000[3]
Le Havre70 000[4]
Flag of Quebec.svg Quebec14 290[5]
Aspectos culturais
LinguaBretón, galó e francés
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
Celtas: Britónicos (córnicos, galeses), Gaélicos (irlandeses, manx, escoceses)[6]

Notas

  1. "Populations légales 2013 - Insee". Consultado o 31 de decembro de 2016.
  2. "Insee − Institut national de la statistique et des études économiques - Insee". Consultado o 31 de decembro de 2016.
  3. Rolland, Michel. "La Bretagne à Paris". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2016.
  4. "Ils sont 70 000 ! Notre dossier sur les Bretons du Havre". Consultado o 31 de decembro de 2016.
  5. 2011 National Household Survey; includes 4,770 people of single and 9,525 of mixed Breton origin.
  6. Ed. Wade Davis and K. David Harrison (2007). National Geographic Society, ed. Book of Peoples of the World. p. 225. ISBN 978-1-4262-0238-4.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bretón.
  8. Koch, John (2005). ABL-CIO, ed. Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. p. 275. ISBN 978-1-85109-440-0. Consultado o 29 de setembro de 2012.
  9. "Moins de 200 000 personnes parlent le breton". Consultado o 31 de decembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Léon Fleuriot, Les origines de la Bretagne, Bibliothèque historique Payot, 1980, Paris, (ISBN 2-228-12711-6)
  • Christian Y. M. Kerboul, Les royaumes brittoniques au Très Haut Moyen Âge, Éditions du Pontig/Coop Breizh, Sautron – Spézet, 1997, (ISBN 2-84346-030-1)
  • Morvan Lebesque, Comment peut-on être Breton ? Essai sur la démocratie française, Éditions du Seuil, coll. « Points », Paris, 1983, (ISBN 2-02-006697-1)
  • Myles Dillon, Nora Kershaw Chadwick, Christian-J. Guyonvarc'h and Françoise Le Roux, Les Royaumes celtiques, Éditions Armeline, Crozon, 2001, (ISBN 2-910878-13-9).

Outros artigos

Alan IV da Bretaña

Alan IV de Bretaña coñecido como Alan Fergent (Alan IV Fergent) ou Fergant, nado en 1060 e finado o 13 de outubro de 1119, fillo de Hoel II de Bretaña e Havoisa da Bretaña, foi conde de Cornualles, de Rennes e Nantes e finalmente duque de Bretaña de 1084 a 1112. Fergant significa en bretón "o valente perfecto" dun xeito semellante ao nome dinástico escocés "Fergus".

Armée Révolutionnaire Bretonne

O Exército Revolucionario Bretón (en francés Armee Revolutionaire Bretonne, ARB) é unha organización armada ilegal que forma parte do movemento nacionalista bretón. A orixe das súas reivindicacións radica en que a Bretaña (Breizh) foi unida a Francia no 1524 e en que o pobo bretón ten a súa propia cultura, incluíndo a lingua bretoa, unha lingua de orixe celta.

Bretaña (rexión histórica)

A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Bretón

Bretón pode facer referencia a:

Relativo ou pertencente a Bretaña, aos seus habitantes e á súa lingua, o bretón.

Pobo celta que emigrou de Inglaterra a Armórica (Bretaña), o pobo bretón.

Nacións celtas

O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.