Plymouth

Este artigo trata sobre a cidade inglesa de "Plymouth", para a capital de facto da illa caribeña de Montserrat véxase Plymouth, Montserrat.

Coordenadas: 50°22′17″N 4°08′32″O / 50.37139, -4.14222

EnglandPlymouth
Localización de Plymouth
Plymouth harbour b
Porto de Plymouth

Plymouth é unha cidade do condado de Devon, no suroeste de Inglaterra. Ten unha poboación de 244.000 habitantes. Atópase entre o río Plym e o río Tamar, e é parte dun dos máis grandes e espectaculares portos naturais no mundo. A cidade ten un rico pasado marítimo e foi unha das máis importantes bases do Reino Unido. Debido a isto foi un obxectivo principal para a Luftwaffe durante a Segunda Guerra Mundial.

Posúe unha liña de transbordador que a conecta coa cidade de Santander, en España.

Galería de imaxes

Plymouth Sound and Breakwater
War memorial, Plymouth
Plymouth Barbican and harbour
Saltram House 2008

Saltram House

2 de setembro

O 2 de setembro é o 245º día do ano do calendario gregoriano e o 246º nos anos bisestos. Quedan 120 días para finalizar o ano.

Bristol

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Calvin Coolidge

John Calvin Coolidge Junior, coñecido máis sinxelamente como Calvin Coolidge, nado o 4 de xullo de 1872 en

Plymouth Notch (Vermont) e finado o 5 de xaneiro de 1933 en Northampton (Massachussets), foi o 30º presidente dos Estados Unidos dende 1923 ata 1929.

Condado de Plymouth, Massachusetts

O condado de Plymouth (en inglés Plymouth County) é un condado do estado de Massachusetts. Segundo o censo do ano 2010 a súa poboación era de 494.919 habitantes. A súa capital atópase en Plymouth e Brockton. O condado creouse no ano 1685 pola Corte Xeral de Plymouth, a lexislatura da Colonia de Plymouth, antes da súa anexión á Colonia de Massachusetts Bay.

Condados de Massachusetts

Esta é unha lista dos 14 condados do estado de Massachusetts. Massachusetts aboleu oito deles, deixando cinco cun goberno de nivel local (Barnstable, Bristol, Dukes, Norfolk, Plymouth) e un, Nantucket, cun goberno combinado condado/cidade.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Dave Farrell

David Michael Farrell, nado en Plymouth (Massachusetts) o 8 de febreiro de 1977, é o baixista do grupo de nu metal Linkin Park.

Devon

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualles ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

Geena Davis

Virginia Elizabeth "Geena" Davis, nada o 21 de xaneiro de 1956 en Wareham, Massachusetts, é unha actriz, produtora, guionista e modelo estadounidense.

Illa Montserrat

A illa de Montserrat é un Territorio Británico de Ultramar dependente do Reino Unido situado ao sueste da illa de Porto Rico, en augas do mar Caribe. É unha das Illas de Sotavento, que forman parte das Antillas Menores ou Pequenas Antillas ao suroeste de Antiga e ao noroeste de Guadalupe. A illa así nomeada por Cristovo Colón en 1493 pola montaña do mesmo nome situada xunto a Barcelona.

Montserrat mide aproximadamente 16 km (10 mi) de lonxitude e 11 km (7 mi) de ancho, con aproximadamente 40 km (25 mi) de costa. Montserrat é alcumada "A Illa Esmeralda do Caribe" tanto pola súa semellanza coa costa de Irlanda como pola ascendencia irlandesa de moitos dos seus habitantes.O 18 de xullo de 1995, o previamente volcán durminte Soufrière Hills, na parte sur da illa, activouse. As erupcións destruíron a capital de Montserrat Plymouth. Entre 1995 e 2000, dous terzos da poboación da illa viuse obrigada a emigrar, principalmente ao Reino Unido, deixando menos de 1.200 persoas na illa en 1997 (subindo a case 5.000 en 2016). A actividade volcánica continúa, afectando principalmente ás proximidades de Plymouth, incluídas as súas instalacións de atraque e o lado leste da illa ao redor do antigo aeroporto W. H. Bramble, cuxos restos foron enterrados por fluxos da actividade volcánica o 11 de febreiro de 2010.

Impúxose unha zona de exclusión, que abarca a metade sur da illa ata o extremo norte como partes do Val de Belham, por mor do tamaño da cúpula volcánica existente e do potencial resultado de actividades piroclásticos. Os visitantes normalmente non teñen permiso para entrar na zona de exclusión, pero desde a parte superior do outeiro de Garibaldi, en Isles Bay, pode verse a destrución de Plymouth. Relativamente tranquilo desde principios de 2010, o volcán segue sendo controlado de cerca polo Montserrat Volcano Observatory.

Estase a desenvolver unha nova cidade e porto en Little Bay, que se atopa na costa noroeste da illa. Mentres esta construción continúa, o centro do goberno e as empresas está en Brades.

John Hawkins

John Hawkins, nado en Plymouth en 1532 e finado en Porto Rico o 12 de novembro de 1595, foi un pirata, mercador, navegante e comerciante de escravos inglés. O seu pai, William Hawkins, era un confidente de Henrique VIII de Inglaterra.

Massachusetts

A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira con Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente formou parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa npoboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.

A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.

Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, o Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.

O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.

O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.

O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, cualidade non privativa do seu Cape Cod famoso, senón de moitos outros lugares de Nova Inglaterra.

Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

New Plymouth, Nova Zelandia

New Plymouth é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, capital da rexión de Taranaki, cunha poboación estimada duns 52.200 persoas. A cidade foi bautizada con este nome polos primeiros habitantes, que eran inmigrantes que viñan da zona de Plymouth, en Inglaterra.

Plymouth, Montserrat

Playmouth é unha cidade abandonada e de facto, a capital de Montserrat. A cidade foi evacuada por mor dunhas erupcións do volcán de Soufrière Hills que comezaron en 1995. Por séculos, Plymouth foi o único porto de entrada da illa.

Robert Falcon Scott

Robert Falcon Scott, nado en Devonport, preto de Plymouth o 6 de xuño de 1868 e finado na Antártida o 29 de marzo de 1912, foi un capitán británico da Royal Navy e explorador que dirixiu dúas expedicións á Antártida, a primeira comprendida entre 1900 e 1904, realizada a bordo do navío Discovery, travesía que lle permitiu descubrir no Mar de Ross a rexión que bautizou co nome de Terra do rei Eduardo VII. A segunda expedición, entre 1910 e 1912, a bordo do barco Terra-Nova é na que alcanzou o Polo sur o 17 de xaneiro de 1912, un mes despois que o explorador noruegués Roald Amundsen. Scott e os seus catro compañeiros da última etapa expedicionaria pereceron durante unha tormenta cando realizaban o camiño de volta. Os seus cadáveres e o diario da expedición foron atopados o 12 de novembro de 1912.

William Elford Leach

William Elford Leach, nado o 2 de febreiro de 1790 en Hoe Gate (Plymouth, Reino Unido) e finado o 26 de agosto de 1836 en Palazzo San Sebastiano (Tortona, Xénova, Italia), foi un zoólogo e biólogo mariño inglés, membro da Royal Society (FRS).

Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.