Plistoceno

O Plistoceno[1] é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Divídese nas idades do Plistoceno inferior, Plistoceno medio e Plistoceno superior, da máis antiga á máis recente.

Características

No Plistoceno ocorreron as glaciacións máis recentes. O clima e as temperaturas mudaron drasticamente, e o período é hoxe estudado por paleontólogos na tentativa de comprender os climas da Terra no pasado. Os fósiles deste período son abondosos, ben preservados, e a súa datación é precisa. Entre eles, os foraminíferos, diatomáceas e pole de plantas son moi informativos sobre os paleoclimas. Os paleontólogos estudan actualmente, a través destes rexistros, a influencia das mudanzas climáticas sobre as biotas.

Moitos dos xéneros e mesmo especies que viven hoxe xurdiron entón. Houbo, porén, naquel período, un bo número de animais de gran porte hoxe extintos, como o mastodonte ou o tigre dente de sabre. Camelos e cabalos nativos existían na América do Norte. Un dos maiores animais do Plistoceno, cuxas biotas eran moi semellantes ás actuais, foi o mamut.

Durante o Plistoceno ocorreu a extinción dos grandes mamíferos e a evolución dos humanos modernos. Unha das teorías sobre esa extinción baséase, en parte, á caza pola especie Homo sapiens.

Notas

  1. Real Academia Galega. "plistoceno". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 22 de agosto de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Era Cenozoica
Período Neoxeno
Mioceno Plioceno Plistoceno Holoceno
Aquitaniano | Burdigaliano |
Langhiano | Serravalliano |
Tortoniano | Mesiniano
Zancleano |
Piacenciano |
Xelasiano
Inferior | Medio |
Superior
 
Crocodylus

Crocodylus é un dos tres xéneros de crocodilos da subfamilia Crocodylinae da familia Crocodylidae.

Hai polo menos 12 especies vivas deste xénero, que son:

Crocodilo americano, Crocodylus acutus

Crocodylus intermedius

Crocodilo australiano, Crocodylus johnsoni

Crocodilo de Filipinas, Crocodylus mindorensis

Crocodilo de Morelet ou crocodilo mexicano, Crocodylus moreletii

Crocodilo do Nilo, Crocodylus niloticus

Crocodilo de Nova Guinea, Crocodylus novaeguineae, con dúas poboacións ben diferenciadas

Crocodilo das marismas ou crocodilo indio, Crocodylus palustris

Crocodilo de auga salgada, Crocodylus porosus

Crocodilo cubano, Crocodylus rhombifer

Crocodilo siamés, Crocodylus siamensis

Crocodilo do deserto ou crocodilo de África occidental, Crocodylus suchus, antes incluído en C. niloticusAdemais,

O crocodilo de fociño delgado, Crocodylus cataphractus, foi cambiado de xénero recentemente. Estudos de ADN e morfoloxía indican que esta especie pode ser máis basal que o xénero Crocodylus e, por tanto, é mellor clasificala no seu propio xénero, Mecistops.

Crocodylus raninus considérase un sinónimo de Crocodylus porosus e o seu status é pouco claro.O xénero contén tamén especies antigas fósiles. As especies establecidas inclúen polo menos seis especies extinguidas, que son:

† Crocodylus anthropophagus do Plioceno-Plistoceno e Tanzania.

† Crocodylus bugtiensis de Paquistán

† Crocodylus checchiai do Mioceno tardío de Kenya.

† Crocodylus falconensis do Plioceno inicial de Venezuela.

† Crocodylus palaeindicus do Mioceno ao Plistoceno do sur de Asia.

† Crocodylus thorbjarnarsoni do Plioceno-Plistoceno de Kenya.

Era cuaternaria

A era cuaternaria ou Cuaternario é unha era xeolóxica que se estende dende o final do Noexeno, é dicir, hai 2,588 ± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos). Coñécese esta era tamén como antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos.

O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da era cenozoica.

Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, glaciación de Mindel, glaciación de Riss e glaciación de Würm.

Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morrénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.

Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megacero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.

Holoceno

O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 784 anos da historia do noso planeta, desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).

É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.

Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.

A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas.

Homo antecessor

Homo antecessor é unha especie humana, ou subespecie, que data de hai 1.2 millóns de anos a 800 mil anos. Foi descuberta por Eudald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J. M. Bermúdez de Castro. H. antecessor é unha das especies humanas que máis pronto colonizaron Europa.

Estivo en debate por arqueólogos e antropólogos cal é a relación de H. antecessor con outras especies de Homo de Europa e estímase que é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e Homo heidelbergensis, inda que hai propostas de que unha especie que diverxeu de H. ergaster. Outros suxiren que H. antecessor é a mesma especie que H. heidelbergensis, que tiña habitado Europa desde hai 600 mil a 250 mil anos atrás, no Plistoceno.

O fósil que está mellor conservado é unha maxila que pertence a un individuo desde 10 anos de idade e que se levantou dun sitio arqueolóxico de España. As medidas paleomagnéticas estiman que é un resto máis vello ca 780–857 miles de anos. A media do volume cerebral é de 1,000 cm3. No 1994 e 1995 levantáronse sitios arqueolóxicos en Atapuerca e recolléronse 80 fósiles. Obtivéronse multitude de exemplos de cortes en fresco de ósos e que indicaría que H. antecessor practicaba o canibalismoOs sitios arqueolóxicos de H. antecessor que se atoparon foron en España na Gran Dolina e na Sima del Elefante en Atapuerca, en Suffolk e Norfolk en Inglaterra e en Lézignan-la-Cèbe en Francia.

Homo habilis

Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do Plistoceno. Descubriuno o equipo de Louis e Mary Leakey o 4 de novembro de 1960 (fósil OH 7) na Garganta de Olduvai, en Tanzania. O nome suxeriuno Raymond Dart e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en Koobi Fora e en moita menor medida no val do río Omo.

Interprétase que foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens; o seu cerebro era a metade do do Homo actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de Australopithecus.

O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas innovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito e dou lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.

A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presas, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.

Homo luzonensis

Homo luzonensis refírese ós restos fosilizados dun homínido que foron descubertos na cova do Callao, en Luzón, Filipinas no ano 2007 por Armand Salvador Mijares. Especificamente, o achado inicial consistiu nun único metatarso de 61 milímetros que, cando foi datado empregando datación radiométrica, descubriuse que tiña 67 000 anos de antigüidade, é dicir do Plistoceno serodio.En 2019, nun artigo publicado na revista Nature describiu o "descubrimento de doce elementos homínidos adicionais que representan cando menos tres individuos que foron atopados na mesma capa estratigráfica da cova do Callao que o metatarso anteriormente atopado" e identificou os fósiles como pertencentes a unha nova especie, Homo luzonensis, sobre a base das diferenzas con outras especies do xénero Homo, incluíndo H. floresiensis e H. sapiens.

Homo sapiens idaltu

Homo sapiens idaltu é unha extinta subespecie de Homo sapiens que viviu no Plistoceno, hai 160,000 anos atrás, en África. O termo idaltu significa a primeira nacida na lingua afar.

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

León

O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos. Ata finais do Plistoceno, hai aproximadamente 10 000 anos, o león era o máis estendido dos grandes mamíferos terrestres, tralos seres humanos. A súa distribución cubría a maior parte de África, gran parte de Eurasia, desde o oeste de Europa ata a India, e en América, desde o río Yukón ata o sur de México.Se sobreviven ás dificultades da infancia, as leoas que viven nun hábitat seguro, por exemplo no Parque Nacional Kruger, a miúdo poden chegar á idade de 12-14 anos, mentres que os leóns raramente viven máis de oito anos. Con todo, coñécense casos de leoas que viviron ata vinte anos en estado salvaxe. En cativerio, tanto os machos como as femias poden vivir máis de vinte anos. Adoitan vivir en sabanas e pradarías, aínda cando poden entrar en zonas arbustivas e boscosas. Os leóns son animais especialmente sociais en comparación con outros félidos. Unha manda de leóns componse de femias que teñen unha relación familiar, as súas crías e un número reducido de machos adultos. Os grupos de leoas adoitan cazar xuntas, atacando principalmente a grandes ungulados. O león é un superdepredador e unha especie chave, pese a que pode ter un comportamento preeiro se ten a oportunidade. Aínda cando os leóns, normalmente, non cazan humanos de xeito selectivo, algúns deles poden converterse en antropófagos e buscar presas humanas.

O león é unha especie vulnerable e, no seu ámbito de distribución africano, ao longo das dúas últimas décadas sufriu un declive das poboacións, posiblemente irreversible, de entre un 30% e un 50%; as poboacións non son viables fóra das reservas delimitadas e os parques nacionais. Aínda que a causa deste declive non é do todo comprendida, a perda do hábitat e os conflitos con humanos son hoxe en día os motivos de preocupación máis importantes. Tivéronse leóns en catividade desde os tempos da Antiga Roma e desde finais do século XVIII foron unha especie moi buscada e exhibida en zoolóxicos por todo o mundo. Os propios zoolóxicos están colaborando en programas de reprodución para protexer a ameazada subespecie asiática.

Os machos son moi fáciles de distinguir grazas á súa melena, que fai da súa cabeza un dos símbolos animais máis amplamente coñecidos da cultura humana. Aparece moi a miúdo na literatura, a escultura, a pintura, en bandeiras nacionais e en películas e literatura contemporáneas.

Mastodonte

Un mastodonte (en grego: μαστός "peito" e ὀδούς, "dente") é calquera especie dos extintos mammutidae proboscídeos do xénero Mammut que habitaron en América do Norte e América Central durante o Mioceno tardío até a súa extinción no Plistoceno, hai 10 000 ou 11 000 anos. Os mastodontes vivían en mandas e eran predominantemente animais que vivían nos bosques, que se alimentaban dunha dieta mixta obtida de follas e pasto, cunha preferencia estacional polas follas, de xeito semellante ós elefantes vivos.

M. americanum, o mastodonte americano, é a máis nova e mellor coñecida especie do xénero. Desapareceron de América do Norte como parte da extinción masiva da maioría da megafauna do Plistoceno, que puido estar relacionada coa sobre explotación dos cazadores clovis, e posiblemente ó cambio climático.

Mesolítico

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveren Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e rematou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Paleolítico

O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período prehistórico correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do Neolítico (arredor do 10000 a.C.).

Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 10 mil a.C.). (Na Europa e en lugares onde houbo glaciacións, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado Mesolítico). O Paleolítico coincide co final da época xeolóxica Plistoceno do período xeolóxico Neoxeno. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un Paleolítico Medio entre o Inferior e mais o Superior.

O termo Paleolítico empregouno pola primeira vez polo historiador John Lubbock. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de Eolítico.

Paranthropus

O Paranthropus é un xénero extinto de homínidos bípedes que probablemente descendía dos Australopithecus. Todas as especies de Paranthropus foron bípedes e a maioría viviron tamén no tempo no que as especies do xénero Homo, tamén descendentes dos Australopithecus, prevalecían. Os Paranthropus apareceron hai 2.6 millóns de anos, xusto antes do comezo do Plistoceno, e desapareceron hai 1,3 millóns de anos. O cerebro da maioría das especies de Paranthropus tiña o tamaño do 40% do cerebro do home actual, e tiña unha altura de entre 1,3 e 1,4 metros e vivían en zonas boscosas.

Os Paranthropus estaban adaptados a unha dieta de raíces e plantas, a diferenza do Homo que podía comer de todo.

O nome deullo Robert Broom en 1938, Paranthropus significa á beira do home, nun primeiro momento foron incluídos no xénero Australopithecino, e non foi ata mediados do século XX cando se comezou a diferencialos en diferentes xéneros.

As especies de Paranthropus estaban menos avanzadas intelectualmente cas especies de Homo, aínda que tiñan cerebros máis grandes ca os Australopithecus. Hai mesmo evidencia que algunhas especies de Paranthropus usaban ferramentas semellantes ás que se usaba no baixo paleolítico, coñecido como cultura Olduvai, aínda que non tan avanzadas como as usadas polos Homo habilis. Os Paranthropus descoñecían o uso da linguaxe a o control do lume.

Plioceno

Na escala de tempo xeolóxico, o Plioceno é a época do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 5 millón e 1 millón e 806 mil atrás, aproximadamente. A época Plioceno sucede a época Mioceno e precede a época Plistoceno, ambas do seu período. Dividese nas idades Zancleano, Placenciano e Xelasiano, da máis antiga á máis recente.

Plistoceno superior

Na escala de tempo xeolóxico, o Plistoceno superior é a idade da época do Plistoceno do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 126 mil e 11 mil e 500 anos atrás, aproximadamente. A idade plistocena superior sucede á idade plistocena media da súa época e precede á época holocena do seu período.

Río Yukon

O río Yukon (en inglés: Yukon River) é un importante río do noroeste de América do Norte. Ten un curso de 3185 km e forma unha gran conca de 854 000 km². Discorre por Estados Unidos e Canadá. As súas augas desembocan no Mar de Bering, formando un delta en forma de abano case semicircular, cun brazo de maior tamaño e uns cantos moito menores. A anchura da súa canle é bastante variable, entre un quilómetro e máis de tres durante os últimos 1000 km do seu curso. Antes de abrirse para formar un delta na Baía de Norton, a súa anchura é de case dous quilómetros e medio.

A metade do curso do río transcorre en Alasca e a outra parte por Yukon, o Territorio canadense ao que lle dá nome. É o río máis longo de Alasca e Yukon, e foi un dos principais medios de transporte durante a febre do ouro de Klondike (Yukon), entre 1898 e 1899.

Yukon significa gran río en gwich'in. O río chámase Kwiguk, ou gran corrente en iupik.

Tigre

Os tigres (Panthera tigris) son mamíferos da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros.

O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas dianteiras e mátanas trabándolles a gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os humanos alteran o seu hábitat natural.

Nos últimos anos, a poboación mundial de tigres descendeu, principalmente a causa da caza ilegal; na actualidade quedan probablemente menos de 7.000 exemplares en estado salvaxe.

Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a camuflarse. Os casos de tigres devoradores de homes son raros, malia a lenda que acompaña a figura do animal.

Os primeiros tigres auténticos orixináronse no sur de Siberia durante o Plistoceno. Desde alí iniciaron unha longa expansión que se concretou ao longo de dúas rotas distintas: unha cara ao leste, a través das estepas de Asia Central, que os levou ata Persia, Mesopotamia e máis o Cáucaso; e outra ao longo do litoral da China, que rematou na India e o Sueste asiático, a onde chegaron hai menos de dez mil anos. Xa en época histórica, a presión humana forzou a redución e extinción de moitas poboacións, malia que ata o século XIX aínda gozaban dunha distribución que aínda sendo irregular espallábase desde Xeorxia ata a illa indonesia de Bali.

Na actualidade sobreviven cinco subespecies de tigres: o de Bengala (Panthera tigris tigris), posiblemente o máis coñecido polo ser humano hoxe en día, habita no subcontinente indio; o de Siberia (P. t. althaica), o tigre máis alto e corpulento; o de Sumatra, do que quedan menos de 500 exemplares, unha subespecie de tigre de -relativamente- pequenas dimensións; o de Indochina (P. t. corbetti), e o tigre do sur de China (P. t. amoyensis), o que corre máis perigo de extinción na actualidade, xa que só quedan uns trinta exemplares. O famoso "tigre branco" é, en realidade, unha variedade de tigre bengalí orixinaria do estado indio de Madhya Pradesh (antigo reino de Rewa), na que a cor leonada da pelaxe foi substituída por branco debido a unha mutación; os ollos destes tigres son azuis.

Durante o s.XX extinguíronse outras tres subespecies por mor da caza e da deterioración do seu hábitat. O tigre do Caspio (P. t. virgata), un voluminoso tigre semellante ao de Bengala pero que podía superar os 400 quilos de peso, sufriu unha dura campaña de exterminio na Rusia zarista. O último exemplar ruso foi abatido no actual Acerbaixán en 1923, e a subespecie desapareceu definitivamente cando se cazou o derradeiro tigre iraniano en 1959. Unhas décadas antes, en 1937, o pequeno tigre de Bali (P. t. balica), unha raza de cor escura e menos de 100 quilos de peso máximo, foi exterminado, namentres que na veciña illa de Xava perdeuse a pista á subespecie local (P. t. sondaica) a mediados dos 70.

Frecuentemente en América ao xaguar chámaselle tigre, debido á semellanza de ambos os animais.

Época xeolóxica

Unha época xeolóxica é a subdivisión dun sistema ou período xeolóxico, que se utiliza para indicar a abundancia ou decadencia de especies vivas, ou as transicións de procesos xeolóxicos como a deriva continental, sedimentación de concas e oroxénese, entre outros.

Por exemplo, a Era Cenozoica divídese en dous períodos, o Paleoxeno e o Neoxeno. O Paleoxeno divídese en tres épocas, o Paleoceno, o Eoceno e o Oligoceno, e, á súa vez o período Neoxeno divídese en Mioceno, Plioceno, Plistoceno e Holoceno.

Último período glacial

O último período glacial, popularmente coñecido como Idade do Xeo, foi o máis recente período glacial que tivo lugar durante o final do Plistoceno, e que abranguiu entre 110 000 e 12 000 anos atrás. É a máis coñecida e estudada das glaciacións antropolóxicas.

Durante este período, houbo moitos cambios de avance e retroceso na extensión da capa de xeo. A extensión máxima desta glaciación produciuse hai 22.000 anos. Mentres o patrón xeral de arrefriamento e avance do xeo foi bastante homoxéneo, pequenas diferenzas do avance e retroceso dos glaciares fan difícil facer unha comparación en detalle entre os diferentes continentes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.