Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Plinio o Vello
Grande Illustrazione del Lombardo Veneto Vol 3 Plinio Secondo 300dpi
Plinio o Vello: retrato imaxinario do século XIX. Descoñecese representación contemporánea de Plinio
Nome completoCaio Plinio Segundo
Nacemento23
 Comum, actual Como, en Italia
Falecemento25 de agosto de 79 (56 anos)
 Estabia (hoxe Castellammare di Stabia).
CausaErupción volcánica
Nacionalidaderomana
EtniaAncient Romans
Ocupaciónescritor, científico, naturalista e militar romano
FillosPlinio o Novo (sobriño adoptado)
Lingualatín
Coñecido/a porNaturalis Historia
InfluenciasSéneca, Aristóteles
InfluíuCristovo Colón, Hernán Cortés, Odorico de Pordenone, Marco Polo, Fernão de Magalhães
Plinyelder
Plinio o Vello

Traxectoria

Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma en tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5)[1].

No libro Historia Natural mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, cunha grande influencia no bestiario desas épocas.

Notas

  1. "Versión en francés da obra Naturalis Historia". Consultado o 12-10-2016.
Asturica Augusta

Asturica Augusta é unha evolución natural do topónimo antigo Asturica. A orixe e significado deste último deu lugar a varias teorías, sendo na actualidade un topónimo moi discutido. En época romana recibiu o sobrenome de Augusta, en honor ao emperador Augusto. Foi o nome romano da actual cidade de Astorga, na provincia de León.

A orixe da cidade parece estar relacionada cun campamento romano que se instalou no lugar no ano 25 a.C., con ocasión das Guerras Cántabras. Co Emperador Vespasiano pasou a ser capital do convento xurídico asturicense.

A estrutura urbana revela o típico plano campamental, común a outras cidades romanas, con rúas cruzadas perpendicularmente. No século III, como outras localidades hispanas, ante o perigo que supuxeran as invasións francas, rodeouse con murallas, das que subsisten bos lenzos. Non se conservaron restos de monumentos romanos.

A consideración legal da cidade é problemática, pois só aparece como res publica, a pesar de que Plinio o Vello, que a debeu visitar, a alcumou de "urbs magnifica". Tampouco se coñecen os típicos cargos municipais.

Aínda que a relixiosidade, a teor dos restos epigráficos coñecidos, mostra a coexistencia de deuses indíxenas e romanos, cabe salientar que o cristianismo estaba xa ben asentado aquí no século III. Para o efecto, unha consulta realizada arredor do ano 255 desde a próxima León (Legio) e dirixida á Igrexa de África. Na resposta evacuada desde Cartago, sinálanse as sés episcopais de Legio, Asturica, Emerita (Mérida) e Caesaraugusta (Zaragoza), o que revela a existencia dun núcleo cristián ben organizado, relacionado co Norte africano.

Camargo, Cantabria

Camargo (Camargu en cántabro) é un municipio situado ao norte de Cantabria (España).

Casitérides

Casitérides é o nome co que os gregos antigos denominaron os centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente.

Plinio o Vello na súa Historia Natural sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia.

A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña Francesa e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

Década de 70

A década de 70 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 70 e remata o 31 de decembro de 79.

Enciclopedia

Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios. Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume. Algunhas enciclopedias modernas, como a Wikipedia, son electrónicas e de contidos libres.

Febre do ouro

Unha febre do ouro é un descubrimento de ouro, ás veces acompañado por outros metais preciosos e minerais de terra raros, que atraen a un bo número de mineiros que buscan a súa fortuna. As febres do ouro máis importante stiveron lugar no século XIX en Australia, Nova Zelandia, o Brasil, o Canadá, Suráfrica e os Estados Unidos de América.

A riqueza que xurdía era distribuída amplamente polos reducidos custos das migracións e escasas barreiras para acceder á súa extracción. Malia que a minaría de ouro non foi proveitosa para a maioría de mineiros e donos de minas, algunhas persoas chegaron a xuntar grandes fortunas, e os mercaderes e transportistas obtiveron grandes beneficios. O aumento resultante na subministración mundial de ouro estimulou o comercio e os investimentos mundiais. Numerosos historiadores describiron a migración, o comercio, a colonización e a historia ambiental asociada coas acometidas do ouro. As febres do ouro remóntanse até o Imperio Romano, cuxa minaría foi descrita por Diodoro Sículo e por Plinio o Vello, e probablemente sexan aínda máis antigas, remontándose ó Antigo Exipto.

Helenios

Os helenios foron unha tribo galaica, documentada por Plinio o Vello, a quen denomina heleni, e que darían o seu nome á cidade de Helenos, mencionada por Estrabón.

Historia natural

Para a obra de Plinio o Vello, véxase Naturalis Historiæ.A definición do termo Historia natural (derivado do latín naturalis historia) é problemática, porque diversas disciplinas abórdana de maneira diferente. Moitas destas concepcións inclúen o estudo dos seres viventes (por exemplo, a bioloxía, incluíndo botánica, zooloxía e ecoloxía); outras concepcións estenden o termo ao campo da paleontoloxía e a bioquímica, así como á xeoloxía, astronomía, e a física.

Pedra de abalar

As pedras de abalar ou pedras abaladoiras son enormes pedras habitualmente situadas preto da costa que están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos de xeito que o centro de gravidade se pode modificar cun esforzo moi pequeno. O significado antropolóxico e etnográfico destas pedras é grande, pois ás veces serven coma lugar de rito de iniciación ou curación. Son coñecidas no noroeste da Península Ibérica (principalmente en Galicia), Francia (principalmente na Bretaña e no Macizo Central: pierres branlantes) e na Gran Bretaña (rocking ou logan stones), principalmente en Escocia, Gales e Cornualla.

Son as máis das veces de orixe natural, formadas pola erosión ou por efecto dos glaciares. É por isto que son moi frecuentes preto do mar, pois responden a unha erosión salina que vai creando alvéolos nas súas rexións máis periféricas, e que lle van dando formas redondeadas á rocha e eventualmente trasladan as forzas de apoio a puntos que non eran os iniciais. Noutros casos son megálitos realizados polo ser humano.

Plinio o Vello (23–79) xa escribira no século I sobre un penedo preto de Harpasa (en Caria, Asia Menor) que se podía abalar cun dedo, pero non se podía desprazar coa forza de todo o corpo. Tolomeo (circa 90–168) falaba da rocha xigonia, que, dicía, se podía abalar co talo dunha abrótea, mais non mover por toda a forza que fixeses.

Pompeia

A cidade de Pompeia (arredor de 20.000 habitantes en 98 ha de extensión), xunto con Herculano e moitos outros lugares máis pequenos e situados ao redor da Baía de Nápoles, foron municipios romanos destruídos pola erupción do Vesuvio no ano 79. A erupción foi descrita por Plinio o Novo, cuxo tío Plinio o Vello morreu despois de realizar varias viaxes pola baía cunha frota de barcos de pesca para salvar algunhas persoas que estaban pechadas nos pobos costeiros.

Praxíteles

Praxíteles (grego antigo: Πραξιτέλης) de Atenas, fillo de Cefisodoto o Vello, foi o máis renomeado escultor clásico ático do século IV adC. Coa obra de Praxíteles a escultura grega evolucionou dende o clasicismo cara a unha especie de cedo manierismo, ao acentuar o sensualismo. As súas obras están caracterizadas pola chamada karis (graza) ática e a chamada «curva praxiteliana» consistente nun elegante contrapposto.

Foi o primeiro en esculpir a forma feminina espida nunha estatua a tamaño natural. Aínda que non queda ningunha escultura que sexa atribuíble sen dúbidas a Praxíteles, numerosas copias das súas obras sobreviviron; autores contemporáneos, incluíndo a Plinio o Vello, escribiron sobre as súas obras; e sobreviviron moedas gravadas con siluetas de varios dos seus modelos estatuarios.

Unha suposta relación entre Praxíteles e a súa fermosa modelo, a cortesá tespia Friné, inspirou especulación e interpretación en obras de arte que van dende a pintura (Gérôme) á ópera cómica (Saint-Saëns) ou as marionetas (Charles Maurice Donnay).

Algúns escritores sostiveron que houbo dous escultores co nome de Praxíteles. Un sería contemporáneo de Fidias e o outro o seu máis coñecido neto. Aínda que a repetición do mesmo nome en xeracións sucesivas é habitual en Grecia, non hai evidencia certa para ningunha das posicións.

Río Guadiana

O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das linguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio o Vello na súa obra Historia Natural.

Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

Tarraconense

A Tarraconense (do latín Hispania Citerior Tarraconensis) foi unha provincia romana e despois visigoda de Hispania. A súa capital era a Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraco, actual Tarragona. Hispania Tarraconensis foi unha das tres provincias romanas en Hispania. Abrangue gran parte da costa mediterránea da moderna España xunto coa meseta central. O sur de España, a rexión agora chamada Andalucía, foi a provincia de Hispania Baetica. No oeste atlántico estaba a provincia de Lusitania, que coincidía parcialmente co actual Portugal.

Pioneiros
naturalistas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.