Plateresco

Plateresco[1], tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras[2]. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I,[3] especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México.[3] Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza[4] e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.[3] A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo.[5] En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.[3]

No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.[6]

SantCompostela98
Porta do Hospital Real de Santiago de Compostela, obra culminante do plateresco.
University of Salamanca
Fachada da Universidade de Salamanca (España).

Etimoloxía

O nome Plateresco vén do castelán: plata (prata) e fai referencia ao oficio de prateiro ou arxentador. O historiador sevillano Diego Ortiz de Zúñiga utilizouno por vez primeira no século XVII, aplicándoo á descrición da sancristía da catedral de Sevilla[7] no 3º volume dos seus Anales, algúns autores[3] erroneamente vincularon tal cualificativo coa Capela Real, que Ortíz de Zúñiga menciona na súa obra máis tarde, no 4º volume[8].

Historia

O plateresco segue a liña do Estilo Isabel, onde os elementos decorativos de tradicións ibéricas e italianizantes forman complexos enfeites que se superpoñen ás estruturas góticas. Posteriormente pódese falar dun Plateresco que conserva as formas góticas como base até 1530. Após esta data, aínda que continúan utilizándose e evolucionando os enfeites platerescos, estes pasan a formar parte dunha arquitectura que xa comeza a asumir as ideas renacentistas. En 1563, co comezo da construción do mosteiro do Escorial, a arquitectura renacentista depúrase grazas ás intervencións de Juan de Herrera, dando fin ao esplendor e á extensión do Plateresco na península Ibérica. En México, porén, non se esqueceu, dando lugar a un Neoplateresco no século XVIII.

En calquera caso o Plateresco, considerado ou non como estilo e exclusivamente español ou por outra banda europeo, representa a transición entre os estilos gótico e renacentista.

Características

Plateresco español

Foron típicas as fachadas-retablo, realizadas como se de coidadosas obras de ourivaría se tratase, prolificamente decoradas. A decoración, se ben obtivo diversas inspiracións, foi fundamentalmente vexetal, aínda que tamén tivo profusión de medallóns, elementos heráldicos e figuracións animais, entre outros. Prodúcese tamén unha riqueza nos materiais: chapras douradas en cristarías e coroamentos, vasos etc. Ao concluír o primeiro terzo do século XVI olláronse maiores policromías e aparecen cristarías de base histórica e as balaustradas, ademais dunha decoración máis prolixa.[9]

A extensión da decoración por todas as superficies arquitectónicas redunda na creación de novas superficies e subespazos, fundamentalmente decorativos do lugar onde se achan, que á súa vez se ornamentan profusamente, tales como fornelas, nichos e edículas.[10]

Así mesmo foron incluíndose progresivamente elementos italianos como enfeite: almofadados, chapiteis clásicos, arcos romanos e especialmente grutescos.[11]

A decoración empregada tiña significados concretos, non podéndose ler tan só descritivamente. Así, os loureiros, os motivos bélicos e a abundancia de cornos colocábanse nas vivendas de militares destacados. Polo mesmo a escenificación de fábulas gregas e romanas abstraía ideais humanistas, co que a lóxica decorativa se convertía nun medio para expresar e difundir ideas renacentistas.[10]

Tamén se implementaron e preferiron certos aspectos espaciais. Deste xeito construíronse escaleiras caustrais de caixa aberta.[12] No entanto, apenas houbo modificacións espaciais respecto do gótico.

Plateresco americano

Nas Américas, especialmente no actual México, certas culturas autóctonas estaban en fases artísticas que poden considerarse barrocas cando os españois levaron con eles o Plateresco. Este mesturouse simbioticamente coas tradicións locais, de xeito que a arquitectura gótica non chegou ás Américas propiamente ditas, senón a través dun Plateresco que axiña mudou primeiro coas influencias indíxenas e despois coas africanas, evoluíndo no que se deu en chamar un Barroco americano.[13]

Exemplos

Arquitectos e artistas platerescos

  • Do primeiro Plateresco.
  • Do Neoplateresco.
    • Eduardo Adaro[19]
    • José López Sallaberry[20]

Arquitecturas e outras obras platerescas

Galicia

Andalucía

  • A Casa do Concello de Sevilla.
  • A reixa da Casa de Pilatos Sevilla.

Cantabria

Castela

  • A fachada do Convento de San Marcos de León.
  • A torre de Guadramiro en Salamanca.
  • O castelo de Maqueda en Toledo.
  • A fachada da Universidade de Salamanca (Escolas Maiores).
  • A fachada da Catedral Nova de Salamanca.
  • A fachada do Convento de Santo Estevo de Salamanca.
  • O claustro do Convento de las Dueñas en Salamanca.
  • A fachada da Igrexa de Sancti Spiritus en Salamanca.
  • A fachada do Colexio Maior de Santo Ildefonso, da Universidade de Alcalá.
  • A Casa de las Conchas de Salamanca.
  • O Convento de San Marcos de León.
  • A Puerta de la Pellejería da Catedral de Burgos.
  • O Hospital del Rey de Burgos.
  • O trascoro e a antecripta da Catedral de Palencia.
  • O púlpito da Igrexa de Santo André Apóstolo de Villanueva de los Infantes, Cidade Real.
  • A fachada da Igrexa de San Tomé en Haro, A Rioxa.

Estremadura

  • A Fachada do Perdón e o Balcón das Reliquias da Catedral de Coria, Estremadura.

País Valenciano

  • Portada del Alhorí en Alcaraz (Albacete).

País Vasco

Américas

Galería de imaxes

Cañas-Monsteriuo de Santa Maria del Salvador

Altar plateresco do mosteiro cisterciense de Santa María del Salvador, en Cañas (A Rioxa, España).

Burgos - Convento Sta Dorotea 03

Sepulcro de Juan de Ortega na igrexa do convento de Sta. Dorotea, en Burgos (España).

Ayuntamiento de Sevilla 001

Fachada da Casa do Concello de Sevilla (España) na Praza de San Francisco, obra de Diego de Riaño.

Palacio de Monterrey de la Duquesa de Alba

O Palacio de Monterrey, en Salamanca (España).

Notas

  1. Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1162665&sinom=0 |título=Definición no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=09 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140910201431/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1162665&sinom=0 |dataarquivo=10 de setembro de 2014 |urlmorta=si }}
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Arellano, Fernando; El arte hispanoamericano, pp 13-14. Ed. Universidad Católica Andrés (1988). ISBN 978-980-244-017-7.
  4. Marías, Fernando; El siglo XVI: Gótico y Renacimiento, p. 24. Ed. Sílex Ediciones (2002). ISBN 978-84-7737-037-6.
  5. Bendala Galán, Manuel; Manual del arte español, p. 416. Ed. Sílex Ediciones (2003). ISBN 978-84-7737-099-4.
  6. Bendala Galán, Manuel; Manual del arte español, p. 739. Ed. Sílex Ediciones (2003). ISBN 978-84-7737-099-4.
  7. Ortiz de Zúñiga, Diego, Anales..., Madrid, 1796, vol. III, p. 435.
  8. Ortiz de Zúñiga, Diego, Anales..., Madrid, 1796, vol. VI, p. 73
  9. Quesada Marco, Sebastián; Diccionario de civilización y cultura españolas, p. 64. Ed. Akal (1997). ISBN 978-84-7090-305-2.
  10. 10,0 10,1 Ávila, Ana; Imágenes y símbolos en la arquitectura pintada española (1470-1560), pp 80-83. Ed. Anthropos (1993). ISBN 978-84-7658-417-0.
  11. Amorós, Andrés, e Camarero, Manuel; Antología comentada de la literatura española: historia y textos: siglo XVI, p. 183. Ed. Castalia (2006). ISBN 978-84-9740-125-8.
  12. Marías, Fernando; El siglo XVU: Gótico y Renacimiento, p. 163. Ed. Sílex Ediciones (1992). ISBN 978-84-7737-037-6.
  13. Carpentier, Alejo; Márquez Rodríguez, Alexis; e García Carranza, Araceli; Los pasos recobrados: ensayos de teoría y crítica literaria, p. 37. Ed. Fundación Biblioteca Ayacuch (2003). ISBN 978-980-276-354-2.
  14. Chueca Goitia, Fernando; Ars Hispaniae: Arquitectura del siglo XVI. Ed. Plus-Ultra (1953).
  15. Camón Aznar, José; La arquitectura plateresca. Ed. Instituto Diego Velázquez (1945).
  16. 16,0 16,1 16,2 Aguado Bleye, Pedro, y Alcázar Molina, Cayetano; Manual de historia de España: Reyes Católicos. Casa de Austria (1474-1700), p. 1064. Ed. Espasa-Calpe (1963).
  17. Soldevila, Ferrán; Historia de España, vol. 3. Ed. Ariel (1999).
  18. Rivas Carmona, Jesús; Los trascoros de las catedrales españolas: estudio de una tipología arquitectónica, p. 93. Ed. Editum (1994). ISBN 978-84-7684-572-1.
  19. Bozal 1991, p. 67.
  20. Bueno Fidel, María José; Arquitectura y nacionalismo: pabellones españoles en las exposiciones universales del siglo XIX, cap. 6. Ed. Universidad de Málaga y Colegio de Arquitectos (1987).

Véxase tamén

Bibliografía

Agurain

Agurain (en vasco) ou Salvatierra (en castelán; oficialmente Salvatierra/Agurain) é un concello da provincia de Áraba, no País Vasco, capital da cuadrilla de Agurain. O municipio inclúe ademais da poboación de Agurain varias aldeas pequenas como Alangua, Arrizala, Egileor, Iturrieta ou Opakua.

Argentona

Argentona é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. Está a 4 km de Mataró e a uns 30 km de Barcelona.

Carrión de los Condes

Carrión de los Condes é unha localidade e municipio español da comarca de Tierra de Campos na provincia de Palencia, en Castela e León. O municipio está formado polo núcleo principal, Carrión de los Condes, e inclúe tamén a pedanía de Torre de los Molinos. Ten unha poboación de 2.328 habitantes (2008).

Dista 40 km da cidade de Palencia, 80 km de Burgos, 95 km de Valladolid, 95 km de León e 275 km de Madrid.

Situado no Camiño de Santiago, o municipio é coñecido polos seus monumentos románicos e góticos, entre os que destaca o Pantocrátor da igrexa de Santiago, unha dos cumes da escultura románica.

Castelo de Maside

O castelo de Maside, ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira, é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..

Cornielles de Holanda

Cornielles de Holanda, chamado tamén Cornelis de Holanda, foi un escultor do século XVI de orixe flamenga que traballou en Galiza.

Haro

Haro é unha cidade e un municipio de Rioxa (España), cabeza da comarca de Haro. No ano 2006 tiña 10.965 habitantes. É a poboación máis importante da denominada Rioxa Alta. O seu concello linda coa provincia de Burgos polos Montes Obarenes ao norte, e con Áraba, río Ebro por medio, polo leste.

Haro é etapa do Camiño de Santiago, e o seu núcleo antigo ten a declaración de conxunto histórico-artístico desde 1975.

Hospital Real de Santiago de Compostela

O Hospital Real de Santiago, tamén coñecido como Grande Hospital Real de Santiago e, nos últimos tempos, como Hospital Xeral de Santiago, ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno hospital.

Os peregrinos, ao presentaren a compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos ou seren asilos para os pobres. A palabra hospital deriva da latina hospes, que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de hospes pasou a hospitalia, para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de hospitalia derivou hospital.Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un Real Padroádego en 1499, que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do Reino de Granada.

León, España

León (en leonés: Llión) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Mesquita de Córdoba

A mesquita de Córdoba, catedral de Córdoba, ou mesquita-catedral de Córdoba é o monumento máis senlleiro da arte andalusí que se atopa na cidade española de Córdoba. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1984. O seu arquitecto é descoñecido, pero sábese que a mesquita foi construída entre o 785 e o 788 baixo o reinado de Abd al-Rahman I.

Comezou a construírse como mesquita no ano 785, coa apropiación e reutilización dos materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, que se atopaba no seu lugar, polos conquistadores musulmáns. O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. Con 23 400 metros cadrados, foi a segunda mesquita meirande do mundo en superficie, por detrás da mesquita da Meca, sendo só alcanzada posteriormente pola mesquita Azul (Istambul, 1588). Unha das súas principais características é que o seu muro da quibla non foi orientado cara a Meca, senón 51º graos máis cara o sur, algo adoito nas mesquitas de al-Andalus.

En 1238, logo da Reconquista cristiá da cidade, levouse a cabo a súa consagración como catedral da diocese coa ordenación episcopal do seu primeiro bispo, Lope de Fitero. O edificio contiña o cabido catedralicio da diocese de Córdoba, estando prohibido calquera culto colectivo ou rezo organizado non católico. En 1523, baixo a dirección dos arquitectos Hernán Ruiz, o vello e o seu fillo, construíuse a súa basílica cruciforme renacentista de estilo plateresco.

Hoxe, todo o conxunto constitúe o monumento máis importante de Córdoba, e tamén de toda a arquitectura andalusí, xunto coa Alhambra, así como o máis emblemático da arte omeia hispanomusulmá. Declarada como Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade como parte do centro histórico da cidade, incluíuse polo público entre os 12 Tesouros de España no 2007 e foi premiada como o mellor sitio de interese turístico de Europa e sexto do mundo segundo un concurso de TripAdvisor. No 2015, tivo 1,67 millóns de visitas, o que a converte nun dos monumentos máis visitados de España.

Moncelos, Abadín

Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.

Mosteiro do Escorial

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Osuna

Osuna é unha cidade e concello andaluz, da provincia de Sevilla. En 2007 tiña 17.698 habitantes, nunha área de 592 km².

Parador de Santiago

O Parador de Santiago, tamén coñecido como Hotel dos Reis Católicos e Hostal dos Reis Católicos e, hoxe, como Parador Museo Santiago, é un hotel pertencente á rede de Paradores Nacionais de Turismo do Reino de España, albergado nun edificio de estilo plateresco construído por orde dos Reis Católicos para dar acubillo a aqueles que requirían auxilio médico ao finalizar o Camiño, e deseñado polo arquitecto real Henrique Egas.

Púlpito

Púlpito é a plataforma pequena e elevada, nunha igrexa, desde a que o eclesiástico predica ou dirixe os rezos. Tamén recibe o nome de cátedra do Espírito Santo.

Ambón é cada un dos dous púlpitos das antigas igrexas cristiás, situados aos dous lados do altar maior usados para proclamar as Lecturas.

Disponen de antepeito ou peitoril e dosel de resonancia ou baldaquino superior. Os púlpitos utilizáronse nas primitivas igrexas ou basílicas chamándose precisamente ambóns. Dispoñíanse á entrada do coro a xeito de tribuna rectangular sobre unha plataforma de pouca elevación, á cal se subía por bancadas laterais e neles cantábase a epístola e mailo Evanxeo nas Misas solemnes e anunciábanse ao pobo as festas. Os ambóns continuaron con maior ou menor amplitude e elevación até o século XIV no que se foi adoptando o actual sistema de púlpitos, os cales na época oxival e o período plateresco tenden máis á forma hexagonal con enfeites en todas as épocas con elementos propios do estilo en curso. O dosel de resonancia utilízase dende o século XVI.Áchanse achegados ao altar, xeralmente acaroados a un dos soportes da nave principal do templo. Actualmente úsanse pouco, pois as normas litúrxicas vixentes recomendan que a homilía, como parte integrante da Misa, dígase dende o presbiterio, xunto ao altar.

Renacemento hispánico

O Renacemento hispánico, ou Renacemento español, son expresións empregadas para designar o desenvolvemento que tivo en España o movemento artístico, filosófico e científico orixinado en Italia no século XIV (o Quattrocento), e que posteriormente se estendeu ao resto da Europa Occidental, coñecido como o Renacemento.

A introdución das formas artísticas do Renacemento na península Ibérica fíxose a finais do século XV, e non se desenvolvería ata ben entrado o século XVI.

Os diferentes estados peninsulares que hoxe coñecemos como España (e tamén Portugal), no século XV, herdarían a influencia de Castela na política europea e os contactos comerciais no Mediterráneo da coroa de Aragón. Isto fixo que nos estados gobernados polos Reis Católicos se introducisen as máis modernas correntes artísticas e filosóficas que se estaban a xerar en Italia.

Salamanca

Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.

Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.

Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.

A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do Papa Alexandre IV en 1255.

En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.

Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha grande afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.

Soria

Soria é unha cidade e concello español da provincia de Soria (da que é capital), en Castela e León. Sitúase á beira do río Douro e é a segunda capital de provincia española menos poboada. Ten unha poboación de 40.147 habitantes (INE 2012) e unha densidade de poboación de 147,72 hab./km². Como monumentos máis salientables da cidade están a Concatedral de San Pedro, en estilo plateresco e a Igrexa de Santo Domingo.

Universidade de Oñati

A Universidade de Oñati (en éuscaro: Oñatiko Unibertsitatea), formalmente Universidade do Sancti Spiritus, é un monumento renacentista da vila de Oñati en Guipúscoa, País Vasco. Desde mediados do século XVI até principios do século XX foi a única, e primeira, universidade do País Vasco.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.