Plasencia

Plasencia é unha cidade e un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, Cáceres e Badaxoz, e a capital autonómica, Mérida. É ademais sede episcopal, cun recoñecido casco monumental, que fai dela un destino turístico importante. Así mesmo, por ela pasa o Camiño de Santiago, na Ruta ou Vía da Prata.

Coordenadas: 40°01′47″N 06°05′12″O / 40.02972, -6.08667

Ayuntamiento plasencia
Praza Maior de Plasencia, coa Casa do Concello ao fondo.

Xeografía

Plasencia está situada no norte da provincia, no curso inferior do río Jerte, exercendo de capial da comarca do seu val. A unha altitude de 352 m, áchase rodeada dos contrafortes da serra de Gredos, sobre a falla de Alentexo-Extremadura. Dista algo máis de 83 km de Cáceres, de 126 km de Salamanca e de 245 de Madrid. O seu termo municipal cobre unha área de 218 km².

Clima

Plasencia encóntrase nunha zona dominada polo clima mediterráneo, con todo a súa situación na área do Sistema Central, fai que adquira matices continentalizados, aínda que non rigorosos, e que as precipitacións sexan algo maiores.

Parámetros climáticos promedio da estación termopluviométrica de Plasencia[1] WPTC Meteo task force.svg
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura media mensual das máximas absolutas (°C) 14.4 16.7 22.1 26.4 31.3 36.4 39.3 38.6 34.1 27.6 20.5 15.2 39.7
Temperatura media mensual (°C) 6.7 8.4 11.2 14.1 18.0 23.3 27.3 26.5 22.2 16.7 11.2 7.4 16.1
Temperatura media mensual das mínimas absolutas (°C) -2.4 -1.3 1.3 3.6 6.6 11.1 15.2 15.1 11.5 6.1 1.1 -1.8 -3.7
Precipitación (mm) 94.1 80.0 56.5 57.3 60.5 31.6 11.4 7.2 38.3 72.5 91.3 93.3 694.0

Historia

Plasencia foi fundada durante a época medieval, en plena expansión do reino leonés en 1186, polo monarca Afonso VIII. Dous anos despois, en 1188, foi dotada de sé episcopal. Apenas dez anos despois, os almohades, dirixidos por Aben Yusef tomárona, aínda que a reacción cristiá no ano seguinte logrou recuperar a praza, de novo con Afonso VIII, que mandou fortificar as murallas en 1201. En 1262, o rei Afonso X o Sabio concedeulle carta foral. No século XIII iniciouse a construción do que hoxe se coñece como Catedral Vella, sob a dirección de Gil de Cislar.

Durante case os 250 anos seguintes foi cidade de reguengo, até que en 1442 o rei Xoán II de Castela a cedeu a Pedro de Zúñiga, que foi nomeado conde de Plasencia. En 1446, o bispo Juan de Carvajal creou un Estudo de Humanidades. En 1488 tornou á Coroa, a petición do seu concello, descontento co señorío dos Zúñiga.

Plasencia contaba desde a súa fundación cunha xudería importante. A presenza de hebreos na localidade está testemuñada en varios artigos da súa carta foral. En 1474, segundo se desprende do Repartimento de cargas impostas ás alfamas xudeas de Castela, aínda que polo monto era superada por Béjar, Trujillo ou Guadalaxara, Plasencia con 5.000 morabedís de carga, superaba a Salamanca, Sevilla, León ou Burgos, e a moitas outras cidades. Compre lembrar que a contribución de PLasencia era conxuntamente con Galisteo e Aldeanueva del Camino (pero o mesmo acontecía noutros lugares (Béjar, p.ex., pagaba con Hervás). Dunha relación de xudeos placentinos feita a partir de datos recollidos en documentación dispersa, resulta que eran en boa medida xentes con oficios artesanais: tecedores, ferreiros, zapateiros, mesoneiros; había en total máis de 100 familias israelitas. En 1492, como sucedeu no resto de España, víronse obrigados a deixar a cidade, a causa da expulsión decretada polo Reis Católicos, pasando para Portugal. A súa sinagoga, con casas e currais adxuntos, estaba sita na desaparecida igrexa de Santa Isabel (que así foi cristianizada, precisamente en honra da raíña católica); o predio pasou a ser propiedade do cabido catedralicio, que cobraba un censo perpetuo de 3.100 marabedís anuais por el. O seu cemiterio comprouno, en 400 reais, o daián Diego de Jerez[2].

Dez anos despois, a iniciativa do bispo Gutierrez Álvarez de Toledo, comezaron as obras da Catedral Nova, nas que interviron diversos mestres: Juan de Álava, Francisco de Colonia, Gil de Siloé e Henrique Egas. Ao longo dos séculos seguintes, encargos diversos aumentaron o patrimonio artística da sé.

A cidade perdeu o voto en Cortes de que dispuña en época medieval, En 1635, decidiu o seu concello, comprar o voto ao rei, acto polo que pagou 80.000 ducados, e buscou asociarse con outras localidades para efectualo. Aceptada a compra, foi creada a provincia de Plasencia.

A diocese pertenceu á provincia eclesiática de Santiago de Compostela até o Concordato de 1851, ano no que foi desagregada, pasando a depender do arcebispado de Toledo.

Patrimonio histórico-cultural

Plasencia foi unha cidade medieval amurallada, con muros que datan do século XII. Aínda se conservan 20 torres e 7 das portas, amén de bastantes tramos da mesma cerca. As portas máis sonadas son a do Sol e a de Trujillo, ambas do XV.

O núcleo antigo está situado sobre un outeiro que circunvala o río Jerte polo sur e suroeste. O centro da vida actual xira en torno á "Plaza Mayor", que está localizada no medio do recinto. Desde esta, seguindo a curva de nivel paralela ao río chégase á "Plaza de la Catedral" que está moi próxima, e desde esta, seguindo o mesmo sentido, alcánzase a "Plaza de San Vicente Ferrer". En dirección oposta alcánzase a "Plaza de Santa Ana".

No entorno da Praza Maior, centro vital da vila, con mercado popular os martes de cada semana, encontra un de seguido:

  • A Casa Consistorial, do século XVI, de estilo de transición gótico-renacentista, presidindo a Praza Maior.
  • O Antigo Cárcere, do século XVII, nun lateral do edificio anterior.
  • Dúas sés, mais unidas nunha única fábrica:
    • A Catedral Vella, de estilo románico, con claustro do século XV.
    • A Catedral Nova (1498-1578), con dúas fachada platerescas; capelas e retábulos dos séculos XVI a XVIII; e un coro gótico-flamíxero procedente da sé vella.

A lista de edificacións dignas de interese é ampla, mais cómpre citar:

Edificios eclesiásticos

  • Igrexa de Santo Estevo.
  • Convento de Santa Clara, gótico-flamígero, hoxe é Centro Cultural Municipal.
  • Igrexa de San Nicolás, con portadas románicas.
  • Igrexa de Santa Ana, plateresca.
  • Igrexa de San Salvador, de orixe románica,
  • Convento de San Vicente Ferrer, coñecido popularmente como Santo Domingo, dos séculos XV-XVI, actualmente Parador Nacional de Turismo.
  • Igrexa de San Pedro, románica.

Construcións civís

  • Pazo dos Monroy, comezado no século XII a raíz da fundación da cidade.
  • Pazo dos marqueses de Mirabel, desde século XV, antigo pazo dos señores de Plasencia, os Zúñiga, duques da cidade.
  • Pazo episcopal, estilo renacentista na fachada, e "colonial" do XVIII, na parte posterior.
  • Casa do Deán, edificio do barroco.
  • Pazo dos Condes de Torrejón, ao lado do anterior, gótico-plateresco.
  • Pazo dos Carvajal-Girón, século XVI, con almofadado.
  • Pazo de Almaraz ou dos Grijalva, séculos XVI-XVII.
  • Casa das Argolas.
  • Pazo dos Trejo y Vargas.
  • Hospital Provincial, fundado no século XIV, con fachada renacentista.
  • Acueduto de Santo Antón, século XVI.

Museos

  • Museo Catedralicio, sito na sé vella, con pintura e escultura, obxectos litúrxicos e pezas arqueolóxicas.
  • Museo Etnográfico-Téxtil Pérez Enciso, enfronte da catedral, con magnífica colección de pezas téxtiles.

Festas

  • San Fulxencio, 16 de xaneiro, patrón da cidade.
  • Semana Santa.
  • Romaría da Virxe do Porto, no domingo seguinte a Pascoa, que se celebra nun santuario a 5 km da cidade, na Dehesa de Valcorchero.
  • Martes Maior, no primeiro martes do mes de agosto, conmemora os oito séculos que a cidade leva celebrando mercado tal día da semana.

Comunicacións

Plasencia posúe boas comunicacións por estrada, pois ten enlace moi próximo coa A-66 (Autovía da Prata), que une Cádiz e Xixón e que actualmente (2008) se acha en vías de terminación no tramo Béjar-Salamanca. Está igualmente próxima a un ramal da A-5 (Autovía do Suroeste), que une Madrid con Badaxoz e se prolonga até Lisboa.

Por ferrocarril a estación de Plasencia enlaza con Madrid, vía Talavera de la Reina, e con Sevilla, vía Mérida. Suprimido o tramo Plasencia-Salamanca, a cidade ficou sen unión co norte de España.

Notas

  1. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España (ed.). "Informe de la Estación Meteorológica de Plasencia. Datos de precipitación para el periodo 1961-1996 y de temperatura para el periodo 1968-1996." (en español). Consultado o 3 de marzo de 2013.
  2. Cfr. Fidel Fita, Informe: Monumentos hebreos, in Boletín Real Acad. Historia, tomo L, 1907, páxs. 93-96; ver tamén do mesmo autor, Variedades: Epígrafes hebreos de Béjar y Salamanca, op. cit., páx74

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bobbio

Bobbio é un concello italiano da provincia de Plasencia, na rexión da Emilia-Romaña. En 2001 a súa poboación era de 3816 habitantes, sobre unha superficie municipal de 106,5 km².

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Estación de Astorga

A estación de Astorga, tamén chamada Astorga-Puerta de Rey, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Astorga, na provincia de León, concretamente no barrio de Puerta de Rey, ao nordés do centro urbano. Ten servizos de media e longa distancia operados por Renfe e tamén funcións loxísticas.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Extremoduro

Extremoduro é un grupo estremeño de rock procedente de Plasencia e formado no ano 1987. A banda está liderada por Roberto Iniesta, tamén coñecido como "Robe".

Gregorio X, papa

O Beato Gregorio X, nado coma Teobaldo Visconti en Plasencia (Italia) cara a 1210 e finado en Arezzo o 10 de xaneiro de 1276, foi o 184º Papa da Igrexa católica entre 1272 e 1276, referido coma Angiunus vir nas profecías de San Malaquías.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Mariano Hoyas de la Cruz

Mariano Hoyas de la Cruz, nado en Plasencia o 19 de setembro de 1970, é un ex-futbolista español. Xogaba de defensa.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Piacenza

Piacenza é unha cidade italiana, capital da provincia homónima na rexión de Emilia-Romaña.

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

R-598 (Renfe)

R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

Raquel Sánchez-Silva

Raquel Sánchez-Silva, nada en Plasencia o 13 de xaneriro do 1973, é unha presentadora e xornalista española.

Roberto Iniesta

Roberto Iniesta Ojea, nado en Plasencia (Cáceres) o 16 de maio de 1962, tamén coñecido simplemente como Robe, é un compositor, músico e novelista español coñecido por ser o fundador e a imaxe do grupo de rock Extremoduro.

Santiago de Chile

Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.

A cidade de Santiago comprende a conurbación da Grande Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada do Chile, o que resultou nun medre sen planificación, e que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Terceira división española de fútbol

A Terceira División é a cuarta categoría da Liga española de fútbol. É a división inmediatamente inferior á Segunda División B e por encima das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española.

Foi creada en 1929 e é unha categoría non profesional. Está formada por 18 grupos, e o Grupo I corresponde ós equipos de Galicia.

Trujillo, Cáceres

Trujillo é unha cidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Atópase nun estratéxico nó de comunicacións dentro da rexión. Está a 47 km de Cáceres pola A-58, a uns 60 quilómetros do Parque Nacional de Monfragüe, a uns 90 km de Plasencia e a uns 80 km de Guadalupe. Pola A-5 (Autovía do Suroeste) comunica con Badaxoz a 149 km, con Mérida a 80 km, con Navalmoral de la Mata a 70 km e con Madrid, a tan só 250 km.

Unión Polideportiva Plasencia

A Unión Polideportiva Plasencia é un club de fútbol español da cidade de Plasencia. Fundouse en 1974 e compite en Terceira División.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.