Planta de reciclaxe de Servia

A planta de reciclaxe de Servia dá servizo aos concellos da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza: Carnota, Noia, Muros, Porto do Son, Lousame, Brión, Ames, Rois e Pontecesures. Está situada no lugar de Servia, no concello de Lousame.

Coordenadas: 42°48′16″N 8°47′19″O / 42.8044672, -8.7887422

Lousame Planta de Servia
Planta de reciclaxe Servia.

Características

A planta comezou a funcionar en setembro de 2003. Inicialmente era usada por tres municipios: Lousame, Brión e Porto do Son. É un dos tres sistemas de tratamento de residuos existente en Galiza xunto cos das Encrobas (xestionado por Sogama) e o de Nostián. Dá servizo a 86 500 habitantes e está xestionada pola empresa privada FCC. En 2016 xestionou 32 000 toneladas. Foron tratadas 7840 toneladas de residuos inorgánicos e unhas 4000 de orgánicos.[1]

Está baseada na reciclaxe das envoltas e no tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost. A diferenza coa planta de Nostián, onde se realiza unha compostaxe anaerobio, nesta realízase unha compostaxe aerobio.[2]

Empregan catro tipo de colectores de reciclaxe: colector azul para papel e cartón, iglú verde para vidro, colector verde para materia orgánica e outros residuos, e colector amarelo para envases lixeiros.

Notas

  1. "La planta de Servia se sitúa a la cabeza estatal en reciclaje de residuos", artigo en La Voz de Galicia, 31 de maio de 2017.
  2. Visita a “Lousame”, un ejemplo de complejo medioambiental de tratamiento de residuos sólidos urbanos

Véxase tamén

Outros artigos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.