Planta

As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das Plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.

As plantas verdes teñen paredes de celulosa e obteñen caracteristicamente a maioría da súa enerxía da luz por medio da fotosíntese, realizada en cloroplastos primarios, derivados da endosimbiose con cianobacterias. Os seus cloroplastos conteñen clorofilas a e b, o que lles dá a súa cor. Algunhas plantas parasitas perderon a súa capacidade de producir cantidades normais de clorofila ou de fotosintetizar. Son seres tipicamente autótrofos, xa que só necesitan absorber do seu medio substancias inorgánicas. As plantas tamén se caracterizan pola súa reprodución sexual, crecemento indeterminado modular, e pola alternancia de xeracións, aínda que a reprodución asexual é tamén común nelas.

O seu número preciso é difícil de determinar, pero unha estimación de 2010 falaba da existencia de entre 300.000 e 315.000 especies de plantas, das cales a grande maioría, unhas 260–290 mil, son plantas con sementes.[1] As plantas verdes proporcionan a maior parte do oxíxeno molecular atmosférico[2] e son a base da maioría dos ecosistemas da Terra, especialmente nos ambientes terrestres. As plantas que producen cereais, froitas e verduras constitúen o alimento básico da humanidade, e moitas especies foron domesticadas para uso agrícola durante milenios. As plantas utilízanse como ornamento e como fonte de medicinas, e as árbores proporcionaron a súa madeira, e outras plantas fibras téxtiles (algodón, liño).

Do estudo científico das plantas encárgase a botánica. Os nomes científicos da plantas seguen as normas do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas e o Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas.

Plantas
Rango fósil:
Cámbrico inferior ao recente, pero ver texto
desde hai 520 Ma a 0
Diversity of plants image version 5

Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Archaeplastida
Reino: Plantae
Divisións

Algas verdes

Plantas terrestres (embriófitas)

Nematophyta

Sinonimia
  • Chloroplastida Adl et al., 2005
  • Viridiplantae Cavalier-Smith 1981
  • Chlorobionta Jeffrey 1982, emend. Bremer 1985, emend. Lewis and McCourt 2004
  • Chlorobiota Kendrick and Crane 1997

Definición

As plantas son un dos dous grupos nos cales se clasificaron tradicionalmente todos os seres vivos; o outro é o dos animais. Esta división xa se remonta a Aristóteles (384 a. de C. – 322 a. de C.), que distinguiu entre as plantas, que xeralmente non se moven, e os animais, que normalmente son móbiles para coller a súa comida. Moito máis tarde, cando Linné (1707–1778) creou as bases do moderno sistema de clasificación científica, estes dous grupos convertéronse nos reinos Vegetabilia (despois Metaphyta ou Plantae) e Animalia (tamén chamado Metazoa). Inicialmente, no reino das plantas estaban incluídos as algas, e os fungos e máis tarde incluíronse nel as bacterias, pero despois quedou claro que estes grupos non estaban relacionados coas plantas, polo que os fungos, as bacterias e varios grupos de algas foron pasados a outros novos reinos. As algas houbo épocas en que foron clasificadas como plantas e outras como protistas, e actualmente algunhas algas, só as algas verdes, son incluídas no reino Plantae. Aínda hoxe, en contextos non científicos, grupos como os fungos e todas algas son considerados ás veces vexetais.

Fóra dos contextos científicos formais, o termo "planta" implica unha asociación con certas características, como a de ser multicelulares, posuír celulosa, e ter a capacidade de realizar a fotosíntese.[3][4]

Definición actual de Plantae

Os sucesivos cambios taxonómicos crearon certa confusión no concepto de planta. Cando se aplica o nome Plantae ou planta a un grupo específico de organismos ou taxon, normalmente se fai referencia a catro posibles conceptos. Desde o menos ao máis inclusivo, estas catro agrupacións son:

Nome(s) Dimensión Descrición
Plantas terrestres, tamén chamadas Embryophyta Plantae sensu strictissimo Este grupo é o máis restrinxido, xa que inclúe só dentro das plantas a hepáticas, antocerotas, musgos, e plantas vasculares, xunto coas plantas fósiles similares a algún dos grupos anteriores (por exemplo, Metaphyta Whittaker, 1969,[5] Plantae Margulis, 1971[6]).
Plantas verdes, tamén chamadas Viridiplantae, Viridiphyta ou Chlorobionta Plantae sensu stricto Este grupo inclúe as plantas terrestres xunto con varios grupos de algas verdes, como as Charales. Os nomes que se lles deron a estes grupos varían considerablemente actualmente (2011). As Viridiplantae comprenden todos os organismos que posúen clorofila a e b, teñen plastidios que están rodeados só por dúas membranas, poden almacenar amidón, e teñen celulosa na súa parede celular. Este clado é do que principalmente se tratará neste artigo (por exemplo, Plantae Copeland, 1956[7]).
Archaeplastida, Plastida ou Primoplantae Plantae sensu lato Este é o agrupamento máis amplo, que inclúe as plantas verdes do grupo anterior (plantas terrestres e algas verdes) e máis as Rhodophyta (algas vermellas) e Glaucophyta (algas glaucófitas). Este clado inclúe os organismos que hai eóns adquiriron os seus cloroplastos directamente por endosimbiose cunha cianobacteria (por exemplo, Plantae Cavalier-Smith, 1981[8]).
Definicións vellas de planta Plantae sensu amplo As vellas clasificacións situaban diversas algas, fungos ou bacterias dentro de Plantae (por exemplo, Plantae Haeckel 1866,[9] Metaphyta Haeckel, 1894,[10] Plantae Whittaker, 1969[5]).

Outro modo de ver as relacións entre os diferentes grupos, que se recibiron o nome de "plantas" é por medio dun cladograma, que mostra as súas relacións evolutivas. A historia evolutiva das plantas aínda non está completamente establecida, pero unha relación aceptada entre os tres grupos descritos arriba móstrase a continuación.[11] Os grupos que foron considerados tradicionalmente "algas" son todos os que non son plantas terrestres, e os que foron chamados "plantas" están en letra grosa.

Archaeplastida 

Glaucophyta (algas glaucófitas)

Rhodophyta (algas vermellas)

Viridiplantae 

Chlorophyta (parte das algas verdes)

Streptophyta 

algas estreptófitas (parte das algas verdes)

Charales (xeralmente incluídas 
nas algas verdes)

plantas terrestres ou embriófitas

O modo no cal se combinan e denominan os grupos de algas verdes varían considerablemente entre os autores.

Diversidade

A táboa que segue mostra algunhas estimacións do número de especies que se cre que existen nos diferentes grupos de plantas verdes (Viridiplantae). Crese que hai unhas 300.000 especies de Viridiplantae vivas, das cales o 85–90% son plantas anxiospermas. (Nota: como os datos proceden de diferentes fontes non son totalmente comparables, e como en toda estimación sempre están suxeitos a un grao de incerteza).

Diversidade das divisións de plantas verdes (Viridiplantae) vivas
Grupo informal Nome da división Nome común Nº de especies vivas Nº aproximado en
grupo informal
Algas verdes Chlorophyta algas verdes (clorófitas) 3.800–4.300 [12][13] 8.500

(6.600–10.300)

Charophyta algas verdes (por exemplo, carófitas, caráceas, desmidiáceas...) 2.800–6.000 [14][15]
Briófitas Marchantiophyta hepáticas 6.000–8.000 [16] 19.000

(18.100–20.200)

Anthocerotophyta antocerotas 100–200 [17]
Bryophyta musgos 12.000 [18]
Pteridófitas Lycopodiophyta licopodios 1,200 [19] 12.000

(12.200)

Pteridophyta fentos, equisetos 11.000 [19]
Plantas con sementes Cycadophyta cícadas 160 [20] 260.000

(259.511)

Ginkgophyta ginkgo 1 [21]
Pinophyta coníferas 630 [19]
Gnetophyta gnetófitas 70 [19]
Magnoliophyta plantas con flor, anxiospermas 258.650 [22]

Evolución

A evolución das plantas deu lugar a crecentes niveis de complexidade, desde as primeiras alfombras de algas, a través das briófitas, licopodios, fentos ata chegar ás máis complexas ximnospermas e anxiospermas actuais. Os grupos que apareceron antes continuaron prosperando, especialmente nos ambientes nos cales evolucionaron.

As probas indican que se formaban escumas de algas en terra hai 1200 Ma, pero non foi ata o período Ordovícico, hai arredor de 450 Ma, cando apareceron as plantas terrestres.[23] Porén, novas evidencias procedentes do estudio das proporcións de isótopos do carbono en rochas precámbricas sinalan que as plantas fotosintéticas complexas se desenvolveron na Terra hai uns 1000 millóns de anos.[24] Estas empezaron a diversificarse a finais do período Silúrico, hai arredor de 420 Ma, e os froitos da súa diversificación estaban xa presentes en moito detalle no conxunto fósil de inicios do Devoniano da formación de sílex de Rhynie, en Escocia (Rhynie chert). Neste sílex preserváronse as primeiras plantas mesmo con detalles celulares, ao quedaren petrificadas en fontes termais volcánicas. A mediados do Devoniano a maioría das características recoñecidas nas plantas actuais estaban xa presentes, incluíndo as raíces, follas e crecemento secundario, e ao final do Devoniano xa evolucionaran as sementes.[25] As plantas do final do Devoniano xa alcanzaran, pois, un grao de sofisticación que lles permitiu formar bosques de árbores altas. A innovación evolutiva continuou despois do Devoniano. A maioría dos grupos de plantas saíron relativamente indemnes do evento de extinción permo-triásico, aínda que a estrutura das comunidades cambiou. Isto puido favorecer a evolución das plantas con flor no Triásico (hai ~200 Ma), que explotou no Cretáceo e Terciario. O último grupo importante de plantas que evolucionou foi o das herbas, que se fixeron moi importantes a mediados do Terciario, hai arredor de 40 Ma. Nas herbas, igual que noutros grupos, evolucionaron mecanismos novos no seu metabolismo para sobrevivir ás condicións baixas en CO2 cálidas e secas dos trópicos nos últimos 10 Ma.

Evolución das embriófitas

Artigo principal: Embryophyta.
Ferns02
Dicksonia antarctica, unha especie de fento arbóreo.

As plantas que nos son máis familiares son as plantas terrestres multicelulares, chamadas embriófitas. As embriófitas comprenden as plantas vasculares, como os fentos, coníferas e plantas anxiospermas con flores típicas, pero tamén comprenden as briófitas, das cales os musgos e as hapáticas son as máis comúns.

Todas estas plantas teñen células eucariotas con parede celular composta de celulosa, e a maioría obteñen a súa enerxía por medio da fotosíntese, usando a luz, auga e dióxido de carbono para sintetizar moléculas alimenticias, e absorbendo sales minerais. Existen unhas 300 especies que non fotosinteízan porque se adaptaron a unha vida parasitaria, vivindo a costa doutras especies fotosintetizadoras. As plantas terrestres distínguíronse das algas verdes, que teñen unha forma de vida fotosintética similar e a partir das cales evolucionaron as plantas terrestres, ao adquiriren órganos reprodutivos especializados e protexerse con tecidos non reprodutivos, no que supuxo unha diferenciación do seu corpo en tecidos de diferentes clases, superando a organización talofítica (sen tecidos) das algas.

As briófitas apareceron a inicios do Paleozoico. Poden soamente sobrevivir onde haxa suficiente humidade durante períodos significativos, aínda que algunhas especies son tolerantes ao desecamento. A maioría das especies de briófitas son de pequeno tamaño en todo o seu ciclo vital. Presentan unha alternancia entre dúas xeracións: un estado haploide, chamado gametófito, e un estado diploide, chamado esporófito. Nos briófitos, o esporófito nunca é ramificado e depende nutricionalmente do seu gametófito. Os briófitos teñen a capacidade de segregar unha cutícula na súa superficie externa, que é unha capa cerosa que os fai resistentes ao desecamento ata certo punto. Nos musgos e antocerotas a cutícula só se produce no esporófito. Os estomas están ausentes nas hepáticas, pero existen nos esporanxios dos musgos e antocerotas, o que lles permite intercambiar gases e controlar a perda de auga. As briófitas teñen unha estrutura aínda moi sinxela e carecen de verdadeiros órganos (raíces, talo e follas).

As plantas vasculares apareceron durante o Silúrico, e xa se diversificaran no Devoniano, estendéndose en moitos ambientes terrestres. Desenvolveron varias adaptacións que lles permitiron vivir en sitios cada vez máis áridos, principalmente os tecidos vasculares xilema e floema, que transportan a auga e os alimentos polo organismo. Os sistemas de raíces que podían obter auga e nutrientes minerais do solo tamén evolucionaron durante o Devoniano. Nas plantas vasculares modernas, o esporófito é normalmente grande, ramificado e nutricionalmente independente e de longa vida, pero hai evidencias crecentes de que os gametófitos paleozoicos eran tan complexos coma os esporófitos. Os gametófitos de todos os grupos de plantas vasculares evolucionaron facéndose de tamaño máis reducido e con menos preponderancia no ciclo vital da planta.

As primeiras plantas con sementes, chamadas Pteridospermas (fentos con sementes), hoxe en día extinguidas, apareceron no Devoniano e diversificáronse durante o Carbonífero. Nestas os microgametófitos están reducidos ao pole e os megagametófitos permanecen dentro do macrosporanxio, unidos á planta parental. Un macrosporanxio rodeado dunha capa protectora (tegumento) chámase óvulo (un significado moi distinto do que ten óvulo nos animais). Despois da fertilización realizada ao depositarse o esperma en forma de grans de pole sobre as partes femininas, desenvólvese un embrión dentro do óvulo. O tegumento convértese na cuberta da semente, e o óvulo transfórmase na semente, que leva dentro o embrión. As plantas con sementes poden sobrevivir e reproducirse en condicións extremadamente áridas, porque non son dependentes de que haxa auga libre que molle a planta para que o esperma nade para encontrarse coa célula feminina (cousa que ocorre en briófitas e fentos) nin depende da formación dun gametófito libre.

Á parte do antecedente incipiente das pteridospermas, as primeiras plantas con sementes foron as ximnospermass, na cales os óvulos e as sementes non están encerradas nunha estrutura protectora (carpelos e froitos), senón que están espidos, xeralmente sobre escamas de conos (como os das piñas dos piñeiros). O pole cae directamente sobre o óvulo levado polo vento. Hai catro grupos superviventes, algúns moi estendidos hoxe, especialmente as coníferas, que son as árbores dominantes en varios biomas.

Fósiles

Petrified forest log 1 md
Un tronco petrificado no Parque Nacional do Bosque Petrificado en EUA.

Entre os fósiles de plantas hai raíces, madeira, follas, sementes, froitos, pole, esporas, fitólitos, e ámbar (resina fosilizada de certas plantas). As plantas terrestres fósiles foron atopadas en sedimentos terrestres lacustres, fluviais e costeiros. O pole, esporas e algas (dinoflaxelados e acritarcas) utilízanse para datar secuencias de rochas sedimentarias. Os restos de plantas fósiles non son tan comúns coma os fósiles de animais, aínda que algúns fósiles de plantas son abondosos en zonas localizadas en moitas rexións do mundo.

Os fósiles máis antigos que claramente se poden asignar ao reino das Plantas son algas verdes fósiles do Cámbrico. Estes fósiles semellan membros multicelulares calcificados das Dasycladales. Hai fósiles aínda máis antigos, do Precámbrico, que lembran a algas verdes unicelulares, pero a súa definitiva identidade como algas verdes non está clara.

Os fósiles máis antigos coñecidos de embriófitas datan do Ordovícico, aínda que ditos fósiles son fragmentarios. Durtantre o Silúrico, preserváronse fósiles de plantas completas, entre as que había licófitas como Baragwanathia longifolia. Do Devoniano, atopáronse os fósiles moi detallados das rhyniófitass. Os primeiros fósiles destas antigas plantas mostran as marcas das células nos tecidos fosilizados da planta. O período Devoniano tamén viu a evolución do que moitos autores cren que é a primeira árbore moderna, Archaeopteris (non confundir co réptil/ave Archaeopteryx). Esta árbore de tipo fento combinaba un tronco de madeira coas frondes dun fento, pero non producía sementes.

A formación Coal measures do Carbonífero de Gran Bretaña é a maior fonte de plantas fósiles do Paleozoico, que mostra a existencia daquela de moitos tipos de plantas. As escombreiras das minas de carbón son bos sitios para procurar estes fósiles; o propio carbón é un resto transformado de plantas fosilizadas, aínda que os detalles estruturais das plantas fósiles non sempre se poden obsevar ben no carbón. No Bosque Fósil do Parque Victoria en Glasgow, Escocia, os tocos dos Lepidodendron arbóreos aínda se atopan na súa posición de crecemento orixinal.

Os restos fosilizados de raíces, talos e pólas de coníferas e anxiospermas poden ser localmente abondosos en rochas sedimentarias lacustres e costeiras desde o Mesozoico e o Cenozoico. Atópanse a miúdo restos de sequoias e de magnolias, carballos, e palmeiras.

A madeira petrificada é común nalgunhas partes do mundo, e atópase con máis frecuencia en áreas áridas ou desérticas, onde son máis rapidamente expostas pola erosion. A madeira petrificada está a miúdo moi silicificada (a materia orgánica é substituída por dióxido de silicio), e o tecido impregnado a miúdo queda preservado con grande detalle. Eses espécimes poden ser cortados e pulidos utilizando o equipo axeitado. Atopáronse bosques fósiles de madeira petrificada en todos os continentes.

Os fósiles de fentos con sementes como Glossopteris están amplamente distribuídos en varios cantinentes do hemisferio sur, un feito que deu apoio á teoría de Alfred Wegener sobre a Deriva continental, antecedente da Tectónica de placas.

Os fósiles máis antigos atribuídos a algas verdes datan do Precámbrico (ca. 1200 millóns de anos).[26][27] As resistentes paredes extrernas dos quistes de prasinófitas (coñecidos como phycomata) están ben preservados nos depósitos fósiles do Paleozoico (ca. 250-540 millóns de anos). Un fósil filamentoso (Proterocladus) de depósitos de mediados do Neoproterozoico (ca. 750 millóns de anos) foi atribuído ás Cladophorales, mentres que os rexistros fiables máis antigos das Bryopsidales, Dasycladales e Charales son do Paleozoico[28][29]

Notas

  1. "Numbers of threatened species by major groups of organisms (1996–2010)" (PDF). International Union for Conservation of Nature. 11 Mar 2010.
  2. Field, C.B.; Behrenfeld, M.J., Randerson, J.T. and Falkowski, P. (1998). "Primary production of the biosphere: Integrating terrestrial and oceanic components". Science 281 (5374): 237–240. Bibcode:1998Sci...281..237F. PMID 9657713. doi:10.1126/science.281.5374.237.
  3. "plant[2] - Definition from the Merriam-Webster Online Dictionary". Consultado o 2009-03-25.
  4. "plant (life form) -- Britannica Online Encyclopedia". Consultado o 2009-03-25.
  5. 5,0 5,1 Whittaker, R. H. (1969). New concepts of kingdoms or organisms. Science 163 (3863): 150–160.
  6. Margulis, L. 1971. Whittaker's five kingdoms of organisms: minor revisions suggested by considerations of the origin of mitosis. Evolution 25:242-245.
  7. Copeland, H. F. (1956). The Classification of Lower Organisms. Palo Alto: Pacific Books, p. 6, [1].
  8. T. Cavalier-Smith (1981). "Eukaryote Kingdoms: Seven or Nine?". BioSystems 14 (3–4): 461–481.
  9. Haeckel, E. (1866). Generale Morphologie der Organismen. Berlin: Verlag von Georg Reimer. pp. vol.1: i–xxxii, 1–574, pls I–II; vol. 2: i–clx, 1–462, pls I–VIII.
  10. Haeckel, E. (1894). Die systematische Phylogenie.
  11. Baseado en Rogozin, I.B.; Basu, M.K.; Csürös, M. & Koonin, E.V. (2009). "Analysis of Rare Genomic Changes Does Not Support the Unikont–Bikont Phylogeny and Suggests Cyanobacterial Symbiosis as the Point of Primary Radiation of Eukaryotes". Genome Biology and Evolution 1: 99–113. PMC 2817406. PMID 20333181. doi:10.1093/gbe/evp011. e Becker, B. & Marin, B. (2009). "Streptophyte algae and the origin of embryophytes". Annals of Botany 103 (7): 999–1004. PMC 2707909. PMID 19273476. doi:10.1093/aob/mcp044.; ver tamén este outro cladograma lixeiramente diferente en Lewis, Louise A. & McCourt, R.M. (2004). "Green algae and the origin of land plants". Am. J. Bot. 91 (10): 1535–1556. PMID 21652308. doi:10.3732/ajb.91.10.1535..
  12. Van den Hoek, C., D. G. Mann, & H. M. Jahns, 1995. Algae: An Introduction to Phycology. pages 343, 350, 392, 413, 425, 439, & 448 (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-30419-9
  13. Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2011). "AlgaeBase : Chlorophyta". National University of Ireland, Galway. Consultado o 2011-07-26.
  14. Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2011). "AlgaeBase : Charophyta". National University of Ireland, Galway. Consultado o 2011-07-26.
  15. Van den Hoek, C., D. G. Mann, & H. M. Jahns, 1995. Algae: An Introduction to Phycology. pages 457, 463, & 476. (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-30419-9
  16. Crandall-Stotler, Barbara. & Stotler, Raymond E., 2000. "Morphology and classification of the Marchantiophyta". page 21 in A. Jonathan Shaw & Bernard Goffinet (Eds.), Bryophyte Biology. (Cambridge: Cambridge University Press). ISBN 0-521-66097-1
  17. Schuster, Rudolf M., The Hepaticae and Anthocerotae of North America, volume VI, pages 712–713. (Chicago: Field Museum of Natural History, 1992). ISBN 0-914868-21-7.
  18. Goffinet, Bernard; William R. Buck (2004). "Systematics of the Bryophyta (Mosses): From molecules to a revised classification". Monographs in Systematic Botany (Missouri Botanical Garden Press) 98: 205–239.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Raven, Peter H.; Evert, Ray F.; Eichhorn, Susan E. (2005). Biology of Plants (7th ed.). New York: W. H. Freeman and Company. ISBN 0-7167-1007-2.
  20. Gifford, Ernest M.; Foster, Adriance S. (1988). Morphology and Evolution of Vascular Plants (3rd ed.). New York: W. H. Freeman and Company. p. 358. ISBN 0-7167-1946-0.
  21. Taylor, Thomas N.; Taylor, Edith L. (1993). The Biology and Evolution of Fossil Plants. New Jersey: Prentice-Hall. p. 636. ISBN 0-13-651589-4.
  22. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, 2006. IUCN Red List of Threatened Species:Summary Statistics
  23. "Os fósiles máis antigos revelan a evolución de plantas non vasculares entre mediados e finais do Ordovícico (hai ~450-440 millóns de anos) baseándose nas esporas fósiles." Transition of plants to land Arquivado 02 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
  24. "A dominancia aparente dos eucariotas en lugares non mariños hai 1 Ga indica que a evolución eucariótica en terra puido comezar moito antes do que previamente se pensaba." Earth’s earliest non-marine eukaryotes
  25. Rothwell, G. W.; Scheckler, S. E.; Gillespie, W. H. (1989). "Elkinsia gen. nov., a Late Devonian gymnosperm with cupulate ovules". Botanical Gazette (University of Chicago Press) 150 (2): 170–189. doi:10.1086/337763.
  26. Knoll, Andrew H (2003). Life on a Young Planet: The First Three Billion Years of Evolution on Earth. Princeton University Press.
  27. Tappan, H (1980). Palaeobiology of Plant Protists. Freeman, San Francisco.
  28. Leliaert, F., Smith, D.R., Moreau, H., Herron, M.D., Verbruggen, H., Delwiche, C.F. & De Clerck, O. (2012). "Phylogeny and molecular evolution of the green algae" (PDF). Critical Reviews in Plant Sciences 31: 1–46. doi:10.1080/07352689.2011.615705.
  29. Butterfield, Nicholas J.; Knoll, Andrew H.; Swett, Keene (1994). "Paleobiology of the Neoproterozoic Svanbergfjellet Formation, Spitsbergen". Lethaia 27 (1): 76–76. ISSN 0024-1164. doi:10.1111/j.1502-3931.1994.tb01558.x.
Atenas

Atenas (en grego: Αθήνα, tr. "Athína", [aˈθina] (AFI)) é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión de Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade-Estado e un centro de cultura moi importante nos tempos antigos.

En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa na década de 1970, a forma popular Athina converteuse no nome oficial da cidade.

Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën

O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën é un planta de produción do grupo PSA Peugeot Citroën, situada en Balaídos (Vigo), á beira do río Lagares. Con máis de 50 anos de actividade, está considerada un dos piares básicos da economía galega. A planta produce catro vehículos distintos para as dúas marcas do grupo. O seu persoal componse por 6500 empregados e as súas exportacións representan o 30 % das exportacións totais de Galicia . A calidade, como obxectivo primordial, a eficiencia industrial e un persoal competente son aspectos clave na súa organización.

Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Herba

En botánica, unha herba ( pronunciación ) ou planta herbácea é unha planta que non presenta órganos decididamente leñosos. Os caules das herbas son verdes e morren xeralmente ao acabar a boa estación, sendo substituídos por outros novos se a herba é vivaz.

Igrexa (arquitectura)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.

Millo

O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.

A especie forma parte do xénero Zea, que non ten conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla marela de Reid" [Cómpre referencia].

Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 1.226 habitantes (1.401 no 2010, 1.437 no 2006, 1.469 no 2005, 1.461 no 2004, 1.478 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é modestino.

Nápoles

Nápoles (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Perenne

Permanente. De duración indefinida.

Dise daquelas plantas que viven como mínimo tres anos, entre elas as árbores.

Dise das follas das árbores que non se renovan cos cambios estacionais e que durando máis dun ano se renovan pouco e pouco.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Planta vascular

As plantas vasculares son un grupo de plantas que abarca ao taxon das traqueófitas ou tracheobionta. Son organismos formados por células vexetais, que posúen un ciclo de vida no que se alternan as xeracións gametofítica e esporofítica, sendo esta última a fase dominante (sobre quen actúa máis presión de selección natural); cuxa fase esporofítica é fotosintética e independente, e ten tecidos e sistemas de órganos; está organizada nun "cormo" (sistema que posúe vástago aéreo, raíz subterránea e un sistema de condución vascular que os vencella) que é ao que comunmente se refire a xente cando di "planta"; cuxa fase gametofítica é reducida e pode ser desde un "talo" (corpo non organizado en tecidos nin órganos) en fieitos e afíns, até unhas poucas células protexidas e nutridas polo esporófito, en ximnospermas e anxiospermas. A selección natural dirixiu fortemente a evolución das traqueófitas cara a unha menor dependencia das condicións ambientais sobre a terra para a reprodución e a dispersión, característica que entra en evidencia ao comparar as traqueófitas máis antigas (Lycophyta) coas máis modernas (plantas con flores).

Ao longo da historia designouse a este grupo con distintos nomes, como cormófitas (nome científico Cormophyta ou Cormobionta), embriófitas sifonógamas (nome científico Embryophyta sifonogama) etc. O seu nome máis común, Tracheophyta, provén de tracheo (en referencia ás traqueidas, especializadas para o transporte de líquidos dentro da planta) e phyta, raíz de orixe grega que significa "planta".

A evidencia dos análises moleculares de ADN hoxe en día demostrou que as traqueófitas son un grupo monofilético (que comprende a todos os descendentes dun devanceiro común) dentro das embriófitas, mentres que as briófitas son parafiléticas con respecto ás traqueófitas. Isto quere dicir que probablemente as traqueófitas sexan descendentes de plantas moi semellantes aos briófitos, co gametófito sendo a fase dominante, e o esporófito sen ramificar e dependente nutricionalmente do gametófito.

Dentro das traqueófitas hai dúas liñaxes principais, Lycophyta e Euphyllophyta, diferenciadas principalmente pola forma de construción das súas follas (nas licófitas son lycofilos e nas eufilófitas son eufilos, os eufilos correspóndense aproximadamente cos megafilos, aínda que nalgúns grupos poden estar reducidos en forma secundaria á súa adquisición). As eufilofitas á súa vez comprenden dúas grandes liñaxes, Monilophyta (fieitos, equisetáceas e psilotáceas) e Spermatophyta, que se diferencian entre si porque o primeiro ten gametofitos de vida libre e o segundo tenos encerrados na semente e o gran de pole. á súa vez as espermatofitas están formadas por dous grandes grupos monofiléticos viventes, Gymnospermae e Angiospermae ou Magnoliophyta, que se diferencian entre si porque a primeira liñaxe ten as sementes á vista sobre a folla fértil, mentres que o segundo ten as sementes encerradas dentro das paredes da folla fértil ou carpelo.

Aínda se seguen estudando ás Lycophyta e Monilophyta como agrupadas no grupo parafilético dos "fieitos e afíns" ou Pteridophyta.

As traqueófitas son un grupo importante tanto por dominar a maior parte dos ecosistemas terrestres como por ser moi empregadas polo ser humano.

Reino (bioloxía)

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuídos os seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza. En base ás diferenzas entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» . Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):

As diferenzas básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semellantes entre si ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.

San Sadurniño

San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).

Semente

A semente é a estrutura mediante a que realizan a propagación as plantas que por iso se chaman espermatófitas (plantas con semente). A semente prodúcese pola maduración dun óvulo dunha ximnosperma ou dunha anxiosperma. Unha semente contén un xermolo do que pode desenvolverse unha nova planta baixo condicións apropiadas. Pero tamén contén unha fonte de alimento almacenado e está envolvido nunha cuberta protectora.

Tabaco

Este artigo trata sobre a manufactura, para a planta Nicotiana tabacum, véxase artigo: Tabaco (planta).

O tabaco é a manufactura en diferentes presentacións (picado, en po e, particularmente, en cigarros), das follas secas da planta do tabaco (Nicotiana tabacum L.); considérase hoxe en día unha droga legal. O seu consumo está moi estendido por todo o mundo. É unha herba perenne, robusta, de 50 a 120 cm de altura, pegañenta ó tacto. Ten follas grandes e sésiles, e flores verde amarelentas. É unha planta oriunda de América tropical. O tabaco moderno deriva case na súa maioría da Nicotiana tabacum. O compoñente máis característico do tabaco é a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas en proporcions variables (dende menos do 1 % ata o 12 %).

Talo

O talo ou caule é, entre as plantas con flores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.

Diferénciase da raíz pola presenza de entrenós nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia de cofia terminal e pola súa estrutura anatómica. A transición entre raíz e talo faise no "pescozo". Poden existir talos subterráneos como existen raíces aéreas.

Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.

Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo do talo das plantas inferiores ou talófitas, é o cultismo caule.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Vizoño, Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.