Plácido Castro

Este artigo trata sobre o xornalista e tradutor. Para o artigo sobre o seu pai, vaia a Plácido Castro Rivas.

Plácido Ramón Castro del Río, nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902 e finado en Cambados o 17 de xullo de 1967, foi un escritor, xornalista e tradutor galego. Foi unha figura destacada do galeguismo de entreguerras, así como un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.

Plácido Castro
Plácido Castro, Vigo
Nome completoPlácido Ramón Castro del Río
Nacemento25 de xaneiro do 1902
 Corcubión
Falecemento17 de xullo de 1967
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor
PaiPlácido Castro Rivas
CónxuxeJesusa Sineiro Vidal
Fillos8 (Plácido, Hugo, Francisco, Carmen, Antonio, Ramón, Jesusa e Manuel)

Traxectoria

Casa natal de Plácido Castro
Casa natal de Plácido Castro en Corcubión[1]

Era fillo de Plácido Castro Rivas e de Eufrasia del Río Recamán. Tivo unha irmá chamada Hermitas Castro, nove anos máis vella[2]. Cando tiña seis anos os pais trasladáronse ao Reino Unido, e en 1911 estaban establecidos en Cardiff[3]. O pai era empresario do carbón, e naquela altura Gales era unha das grandes rexións mineiras da illa. No Reino Unido proseguiu os seus estudos, primeiro en Cardiff e posteriormente na cidade de Scarborough, onde estudou ata secundaria. Logo mudouse a Glasgow, onde estudou Arquitectura naval[4][5] na universidade desa cidade entre 1918 e 1921. Tamén realizou estudos complementarios no Royal Technical College da mesma cidade. Durante esa etapa universitaria comezou o seu labor como tradutor. Esporadicamente visitaba Galicia, pasando temporadas na vila de Cambados, na cal participou en actividades culturais.[6]

Posteriormente asentouse en Londres, desde onde, en 1927, comezou a súa colaboración cos xornais El Pueblo Gallego e Informaciones, así como en publicacións próximas ás Irmandades da Fala, como A Nosa Terra e Céltiga.

Volta a Galicia

En 1930 retornou a Galicia, e ao pouco empezou a colaborar coas Irmandades da Fala. En decembro de 1931 deveu membro da Asemblea Fundacional do Partido Galeguista, e foi votado para o Consello Permanente. O seu peso no Partido Galeguista era tal que, na III Asemblea (1933), foi o membro que máis apoios recibiu para as eleccións á executiva do partido, con 1.654 votos.

No ano 1933 participou como representante de Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna, onde se considerou a Galicia como unha nación, o cal posteriormente serviu a Castelao para defender a condición nacional de Galicia[7].

A declaración institucional[8] presentouse en galego e en inglés, e nela declarouse:

En 1936, co levantamento militar contra a República, detivérono en Muxía e procesárono. Foi condenado á inhabilitación absoluta, ao desterro de máis de cen quilómetros de Muxía e a unha cuantiosa multa. A raíz disto, instalouse en Coruxo (Vigo), onde se adicou á tradución de poesía inglesa. En 1944 casou con Jesusa Piñeiro en Cambados, e do matrimonio naceron oito fillos.

Segunda etapa no Reino Unido

Debido á inhabilitación que pesaba sobre el e á ditadura, exiliouse[cando?], primeiro en Portugal e finalmente de volta no Reino Unido, onde se asentou de novo en Londres. Alí traballou durante seis anos como locutor-redactor da BBC, onde realizou o Galician Programme, a primeira emisión radiofónica estable en lingua galega. Durante este período colaborou tamén con xornais como Jornal de Notícias do Porto, La Nación de Bos Aires e Galicia Emigrante.

Volta definitiva a Galicia

Logo de que se levantase a inhabilitación que pesaba sobre el[cando?], volveu a Galicia; residiu en Cambados e traballou no Instituto Laboral de Vilagarcía, onde exerceu como profesor de inglés. Os xornais cos que colaborou nesta época foron o Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e, especialmente, Faro de Vigo. Tamén participou activamente na promoción da Festa do albariño, na creación da Romaría Viquinga de Catoira en 1961, e do Ateneo Ullán.

A revista Grial publicou en 1963 a súa tradución de Rubáyiát, de Omar Khayyam, vertida ao galego desde a versión inglesa de Edward Fitzgerald, e en 1967, xa a título póstumo, un ensaio sobre W. B. Yeats.

Finou en Cambados en 1967, tras conseguir unha praza como profesor numerario unha vez presentado o seu estudo comparativo entre a poesía de Christina Rossetti e Rosalía de Castro[9].

Recoñecemento

A Coruña. Antón Villar Ponte, Castelao, Lugrís Freire, Plácido Castro...
Antón Villar Ponte, Castelao, Lugrís, Plácido Castro e outros, na Coruña.

Logo de décadas de relativo esquecemento, a figura de Plácido Castro recobrou notoriedade sobre todo grazas á tarefa de recuperación levada a cabo por Xulio Ríos, analista do IGADI. A iniciativa desa institución, en 2001 foi creada a Fundación Plácido Castro, que ten como obxectivos manter o legado de Castro e promocionar a tradución de libros ao galego.

En memoria da súa destacada faceta coma tradutor, instituíuse o Premio de Tradución Plácido Castro, que cada ano recoñece a mellor tradución á lingua galega publicada na Biblioteca Virtual BIVIR [10]. A este respecto, verbo da tradución, no limiar da obra Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (Ed. Alborada, 1949), que Castro asina conxuntamente con Lois Tobío e F. M. Delgado Gurriarán, sinálase:

En 2016 e 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente aos anos 2017 e 2018, respectivamente, canda outros autores como Ricardo Carballo Calero, María Victoria Moreno, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón.[12]

Obra

Ensaio

Tradución

  • “Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W.B. Yeats”. Editorial Nós, volume LXIX, 1935. En colaboración cos irmáns Villar Ponte.
  • Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Bos Aires: Editorial Alborada, 1949. Conxuntamente con Lois Tobío Fernández e Florencio Delgado Gurriarán.
  • "Do inglés ao galego. Un pequeno feixe de poesía". Galicia emigrante, ano II, nº 8, 1955, pp. 18–19.
  • Rubáyiát, de Ómar Khayyám. Espiral Maior, 1965. Colección "A illa verde".
  • Verbas Atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro.. Fundación Plácido Castro (edición a cargo de Laura Linares), 2016.[13]

Notas

  1. Infancia (1902-1908)
  2. Census of England and Wales, 1911, republicado pola galicianista Kirsty Hooper na súa conta de twitter BooksonSpain (5/10/2013).
  3. Census of England and Wales, 1911, documento republicado pola galicianista Kirsty Hooper na súa conta de Twitter BooksonSpain.
  4. Chío da investigadora Eva Moreda, 5/10/2013.
  5. Talvez de maneira errónea, diversas publicacións, tales que Galegos na Historia. Plácido Castro (Ir Indo, 1997) ou Plácido Castro e o humanismo, onte e hoxe (IGADI, 2015) mencionan que completou estudos de Filoloxía inglesa no canto dos de Arquitectura Naval.
  6. Díptico publicado pola Fundación Plácido Castro, dependente da IGADI, e realizado por Xabier Camba e Luis Rei
  7. O esforzo de Plácido Castro[Ligazón morta]
  8. Setembro de 1933: Galiza, unha nación en Europa
  9. "Plácido Castro: biografía!, en Verbas atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro (ed. Laura Linares Fernández). Fundación Plácido Castro, 2016 (p.11).
  10. Bivir.com
  11. VI Conferencia Anul Plácido Castro. "Significación e importancia de Plácido Castro no panorama da tradución en Galicia" (páx. 9). Por Valentín Arias e Alberto Álvarez Lugrís, o 25 de xaneiro de 2005.
  12. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…" RAG, 13/6/2017.
  13. «Todas as facetas de Plácido Castro xiran arredor da dignificación do galego», entrevista coa editora da obra en La Voz de Galicia o 12 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RÍOS PAREDES, Xulio. Plácido Castro. Humanista, liberal, cosmopolita: símbolo da universalidade e do nacionalismo galego, Vigo: Ir Indo Edicións, col. Galegos na Historia, nº 8, 1997.
  • RÍOS PAREDES, Xulio. Irlanda en Plácido Castro, Redondela: IGADI, 2011.
  • RÍOS PAREDES, Xulio. 101 máximas e reflexións de Plácido Castro, s.l.: Fundación Plácido Castro, 2013.
  • POSSE, Antón e Xulio Ríos (coords.). Plácido Castro. Un galego en Irlanda. Vigo: Fundación Plácido Castro, 2013.
  • VV.AA. Plácido Castro no centenario, Vigo: IGADI, col. Textura internacional, nº 4, 2002.

Ligazóns externas

17 de xullo

O 17 de xullo é o 198º día do ano do calendario gregoriano e o 199º nos anos bisestos. Quedan 167 días para finalizar o ano.

25 de xaneiro

O 25 de xaneiro é o 25º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 340 días para finalizar o ano, 341 nos anos bisestos.

Antía Veres

Antía Veres Gesto, nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, coñecida tamén como BIVIR, é unha biblioteca virtual xestionada pola Asociación de Tradutores Galegos que recolle as traducións directas ao galego de obras procedentes de diversas literaturas e autores estranxeiros, baixo a premisa de que os seus dereitos sexan de dominio público. Conta con centos de textos literarios traducidos dende múltiples linguas, como o francés, catalán, éuscaro, búlgaro, portugués, chinés, italiano, ruso, alemán ou xaponés. En canto aos autores e aos xéneros, abrangue un amplo espectro: dende por exemplo algúns poemas de Arthur Rimbaud até novelas de Grazia Deledda ou Nathaniel Hawthorne.

Permite a descarga de balde en formato PDF tanto directamente da páxina web oficial como doutros provedores, tal que Amazon.

Un dos requisitos para a atribución do Premio de Tradución Plácido Castro é que a obra presentada figure no catálogo de BIVIR.

Edificio Banca Viñas-Aranda

O Edificio Banca Viñas-Aranda é un inmoble senlleiro que se atopa no cruzamento das rúas Reconquista e Marqués de Valladares, no centro da cidade de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios en 1941. O edificio contruiuse para ser sede da antiga antiga Banca Viñas-Aranda; hoxe é sede do Banco Popular.

O edificio ten un estilo clasicista que se achega á escola de Chicago de finais do século XIX e é un exemplo seriodio da arquitectura comercial das obras realizadas por Palacios en Madrid a principios do século XX. Está contruído en cantaría de granito galego; ten soto, planta terrea, entresollado, catro andares, un máis diferenciado. Aproveita o chafrán que se forma entre as dúas rúas para situar a porta principal do banco; este chafrán ten un gran van con dúas pilastras lisas, no alto da cornixa do chafrán o edificio ten un corpo a xeito de torre de tres andares que achega monumentalidade. Ten un gran corpo basamental con pilastras e arcos almofadados no entresollado e a planta terrea. Os catro andares seguintes caracterízanse polas fiestras tipo oriel window, tipicamente inglesas, e as grandes columnas recubertas de cerámica que enriquece o edificio plasticamente. O último andar diferenciado funciona coma un falso entaboamento cunha disposición clásica de tríglifos no friso e fiestras con métopas.

O inmoble foi construído pola casa Pérez Conde. As oficinas sa banca abriron o 27 de maio de 1944. É de salientar, ademais, que nesta vivenda morou desterrado o poeta, tradutor e xornalista Plácido Castro.

Fernando Moreiras

Fernando Moreiras Corral, nado en Vigo en 1976, é un tradutor galego.

Fernando Pérez-Barreiro Nolla

Fernando Pérez-Barreiro Nolla, nado en Ferrol en 1931 e finado en Lancaster (Inglaterra) o 4 de xaneiro de 2010, foi un escritor e tradutor galego.

Fosca

Fosca é unha novela en lingua italiana escrita por Iginio Ugo Tarchetti publicada orixinalmente en 1869 en formato serial. Fosca serviu como base do filme de 1981 de Ettore Scola Passione d'amore, así como o musical Passion de Stephen Sondheim, en 1994. Por mor do éxito da versión teatral, unha versión en inglés traducida por Lawrence Venuti foi publicada en 1994 co nome Passion: A Novel (Mercury House).Foi traducido ó galego por Isabel Soto e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016. A tradución recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVI edición (2016)..

Fundación Plácido Castro

A Fundación Plácido Castro é unha fundación galega constituída a iniciativa do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e que ten coma obxectivos manter viva a memoria de Plácido Castro e fomentar a tradución de libros ao galego. Ten a súa sede no Pazo de Torrado, en Cambados.

A fundación está integrada polo IGADI, a Asociación de Tradutores Galegos, e os concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa. A súa actividade máis destacada é a concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro.

IGADI

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro creada en 1991, que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

Marta Dahlgren

Marta Dahlgren Thorsell, nada en Vanersborg en 1941, é unha profesora e tradutora sueco-galega.

Plácido Castro (homónimos)

Plácido Castro pode referirse a:

Plácido Castro Rivas, empresario e deputado galego.

Plácido Ramón Castro del Río, fillo do anterior, coñecido pola súa faceta coma tradutor e xornalista.

Plácido Castro Rivas

Plácido Castro Rivas, nado en Fisterra e finado en Montevideo en 1945, foi un banqueiro, empresario e político galego, coñecido principalmente polo seu labor de filantropía e por ser o pai do escritor Plácido Castro.

Premio de Tradución Plácido Castro

O Premio de Tradución Plácido Castro é un galardón outorgado pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos co obxectivo de recoñecer a mellor tradución ao galego publicada nese ano na Biblioteca Virtual BIVIR. O seu obxectivo é, segundo a propia fundación declara, "promover entre tódolos tradutores de Galicia versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal". Recibe o nome do escritor, xornalista e tradutor galego Plácido Castro (1902-1967).

En 2018 recuperou a dotación económica.

Rúa Reconquista de Vigo

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Thomas De Quincey

Thomas de Quincey, nado en Manchester o 15 de agosto de 1785 e finado en Edimburgo o 8 de decembro de 1859, foi un xornalista, crítico e escritor británico do Romanticismo.

En galego é posible ler as súas obras Cartas a un mozo que levou unha educación descoidada (traducida por Perfecto Andrade) e Do asasinato considerado como unha das belas artes (traducida por Moisés Barcia e ditinguida en 2004 co Premio de Tradución Plácido Castro), ambas incluídas na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, xestionada pola Asociación de Tradutores Galegos.

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Xulio Ríos

Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.