Pistacho

O pistacho[1] ou pistacheiro [2] (Pistacia vera L., Anacardiaceae, ou algunhas veces Pistaciaceae) é unha arboriña do xénero Pistacia, orixinaria das rexións montañosas de Grecia, Siria, Irán, Kirguizistán, Turkmenistán, Turquía, o Paquistán e o Afganistán occidental, que produce un importante froito para uso culinario que recibe tamén o nome de pistacho. A Pistacia vera adóitase confundir con outras especies do xénero Pistacia, pero poden diferenciarse da P. vera pola distribución xeográfica orixinaria e polos seus froitos, máis miúdo, cun intenso sabor a terebintina e unha casca dura.

Pistacho
Pictacia vera

Pictacia vera
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Anacardiaceae
Xénero: Pistacia
Especie: P. vera
Nome binomial
Pistacia vera
L.

Etimoloxía

A palabra galega pistacho vén do francés pistache, este á súa vez do italiano: pistacchio, e este do grego πιστάκη.

Historia

O pistacho moderno, P. Vera, foi plantado por vez primeira vez en Asia occidental. O seu cultivo estendeuse ao mediterráneo pasando por Irán Central, onde é unha cultura dende hai séculos. O manuscrito escrito por Anthimus, a comezos do século VI d. C. “De observatione ciborum” (Acerca da observación dos alimentos) indica que os pistachos (pistacia en latín vulgar) eran ben coñecidos en Europa xa a finais dos tempos da dominación romana. En Galicia non se cultiva polas condicións climáticas. O consumo popularízase no século XX.

O cultivo é máis recente en Australia, Novo México,[1] e a California. O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA) introduciu esta árbore na California arredor de 1904, pero non foi promovido coma un produto comercial na California até 1929.[2]

Descrición

O pistacho medra até os 10 metros de altura e ten follas pinnadas, duns 10-20 centímetros de longo, que se desprenden ao chegaren.

Son plantas dioicas, con pés masculinos e femininos independentes. As flores son apétalas e unisexuais e florean en acios. O froito é unha drupa que contén unha semente alongada, que é a porción comestíbel (o pistacho). Comunmente considerada como froito, é realmente unha carabuña para uso culinario. A casca exterior do froito é dura e abrancazada, mentres que a semente ten unha tona de cor malva, e a polpa é dun verde pálido cun sabor característico. Cando o froito madura, a casca torna do verde a un amarelo avermellado outonal e a súa casca creba e se abre parcialmente, de xeito abrupto. A esta crebadura coñéceselle coma dehiscencia e ocorre acompañada dun son audíbel. Abrilos é unha tendencia que foi adaptada polos humanos.

Hábitat

É unha planta do deserto, e por isto ten unha alta tolerancia ao solo salino. Son bastante rexos e resistentes e pode sobrevivir temperaturas dende os -10 °C no inverno, deica os 40 °C no verán; sempre orientadas ao sol e fuxindo de solos húmidos.

Cultivo

Cada planta de pistacho dá en termo medio 50 quilos de sementes cada dous anos.[3]

É unha planta resistente que medra ben se as condicións son axeitadas. Ten unha alta tolerancia ao solo salino. Comprobouse que medra ben cando a auga da rega contén 3,000-4,000 de sales solúbeis.[3]

Cómpre orientalos cara o sol e nun solo ben drenado.

O pistacho non se desenvolve ben en condicións altas de humidade e solos lamacentos, pois as raíces poden podrecer no inverno se reciben moita auga e a drenaxe non é boa. Necesitan de longos veráns para que o froito achegue axeitadamente.

As arboriñas plántanse en hortas e necesitan duns sete a dez anos para acadar unha produción considerábel. A produción é alterna, oo bienal, o que significa que a colleita é máis abondosa cada segundo ano. A produción tope acádase aproximadamente aos 20 anos. Polo xeral, as árbores son podadas até un talle que permita unha colleita máis doada. Unha árbore macho produce pole de abondo para que dean froitos de oito a doce femias. A miúdo a colleita nos Estados Unidos realízase cun equipo para axitar a árbore e facer que os froitos caian.

Os pistachos son vulnerábeis a unha ampla variedade de doenzas, entre as que salienta a infección polo fungo Verticillium dahliae que pode matar a planta; ou polo Botryosphaeria. Este último provoca chancro ou antracnose (é dicir, mata as flores e os gromos novos), e pode danar hortas enteiras de pistachos.

Na California, case todos as árbores femia pertencen ao cultivar “Kerman” que adoita asociarse co cultivar macho "Peter". Un pé maduro destas variedades enxértase nun rizoma de dous ano de idade. Como patrón úsase polo xeral outra especie do xénero Pistacia chamada Pistacia Atlántica, que se está a substituír os últimos anos por un híbrido desta con Pistacia Integerrima denominada UCB-1 por mor á súa inmunidade á verticilose.

Os envíos de pistachos empacados por xunto tenden ao auto quecemento por mora o elevado contido en graxas e o baixo contido en auga.[4]

Pistachos, crus
Valor nutricional por 100 g
Enerxía2,351 kJ (562 kcal)
27.51 g
Azucres7.66 g
Fibra alimentaria10.3 g
45.39 g
Saturadas5.556 g
Monoinsaturadas23.820 g
Poliinsaturadas13.744 g
20.27 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
1205 μg
Tiamina (B1)
76%
0.87 mg
Riboflavina (B2)
13%
0.160 mg
Niacina (B3)
9%
1.300 mg
Ácido pantoteico (B5)
10%
0.52 mg
Vitamina B6
131%
1.700 mg
Ácido fólico (B9)
13%
51 μg
Vitamina B12
0%
0 μg
Vitamina C
7%
5.6 mg
Vitamina D
0%
0 μg
Vitamina E
15%
2.3 mg
Vitamina K
13%
13.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
11%
105 mg
Ferro
30%
3.92 mg
Magnesio
34%
121 mg
Manganeso
57%
1.2 mg
Fósforo
70%
490 mg
Potasio
22%
1025 mg
Cinc
23%
2.2 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Produción mundial

Produción de pistachos (toneladas en 2005)

Pistacio vera Kerman 2
Pistacia vera.

Usos

Os pistachos acostúmanse comer enteiros, naturais, torrados ou salgados. Tamén se fan xeados ou doces coma a baklava, e embutidos como a mortadela. Os habitantes do Medio Oeste dos Estados Unidos preparan ensaladas de pistacho, pudins de pistacho, cremas batida ou queixos.[5]

A Administración de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos (FDA) informo uno 2003 dalgúns dos beneficios dos pistachos, entre os que se atopan a diminución de contraer cardiopatías.[6]. Tamén diminúen os niveis de colesterol (LDL) lipoproteína de baixa densidade (colesterol LBD) ao tempo que aumentan os niveis de antioxidantes.[7]. Tamén hai estudos que certifican que ao consumir pistachos “enganamos o corpo” para que coma menos, pois cómpre pelalos un a un, o que fai un consumo amodo e satisfacer axiña o estómago.[8]

A cor natural da casca do pistacho é beixe, porén nalgunhas ocasións os produtores téñenas tinxido de vermello ou verde, as máis das veces para agochar posíbeis manchas que se producen cando estes se apañan a man. Hoxe os pistachos apáñanse con máquinas, o que fai innecesario o tinxido.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pistacho.
  2. Rodríguez Río, X. (coord.) (2004):Termos esenciais de botánica, páx. 65. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela-Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
  3. Nugent, Jeff; Boniface, Julia (2004). Permaculture plants: a selection. Permanent Publications. ISBN 978-1-85623-029-2. Pág. 41.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Calendario republicano francés

O calendario republicano francés (en francés: Calendrier républicain) é un calendario proposto durante a Revolución francesa e adoptado pola Convención Nacional, que o empregou entre 1792 e 1806. O deseño intentaba adaptar o calendario ao sistema decimal e eliminar as referencias relixiosas; o ano comezaba o 22 de setembro, coincidindo co equinoccio de outono no Hemisferio Norte.O calendario republicano foi deseñado polo matemático Charles-Gilbert Romme, membro da Convención, coa axuda dos astrónomos Joseph Jerôme de Lalande, Jean-Baptiste Joseph Delambre e Pierre-Simon Laplace, aínda que se lle adoita atribuír notable participación ao actor e dramaturgo Fabre d'Églantine, quen lles deu os nomes aos meses e aos días.Naceu así por decreto da Convención Nacional Francesa do 5 de outubro de 1793, e o calendario foi adoptado pola Convención Nacional controlada polos xacobinos o 24 de outubro de 1793. Fixouse o seu inicio o 22 de setembro de 1792, coincidindo coa proclamación da República no Jeu de Paume. Dese xeito, o calendario comezou un ano antes de ser finalmente adoptado, o día do inicio da nova era de Francia, e o período de setembro de 1792 a setembro de 1793 foi denominado "Ano 1 da Revolución".

O calendario foi de aplicación civil en Francia e nas súas colonias americanas e africanas ata que Napoleón aboliu o seu uso oficial o 1 de xaneiro de 1806 (de feito este día correspondeu á media noite do 10 de nivoso do ano XIV, é dicir, o 31 de decembro de 1805, pouco máis de 12 anos despois de ser introducido) como un xeito oportuno de eliminar os signos de democracia republicana.

Napoleón autoproclamárase Emperador dos franceses en decembro de 1804 e creara a nova nobreza imperial durante o ano 1805, ambos os conceptos incompatibles coa natureza deste calendario, así como para reconciliarse cos católicos e co papado, dos que conseguiu unha certa tolerancia ao devolver as festividades civís e relixiosas da Igrexa católica co novo calendario, ademais de cuestións prácticas como as vantaxes de utilizar o calendario gregoriano que case todo o resto de Europa empregaba daquela.

Este calendario volveuse implantar brevemente tras o derrocamento de Napoleón en 1814, e foi usado tamén pola efémera Comuna de París de 1871.

Chocolate

O chocolate (náhuatl xocolatl) é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos. O chocolate atópase en moitas sobremesas así como na repostaría, galletas, bolos, sorbetes, tortas, bebidas.

Club Polideportivo Ejido

O Club Polideportivo Ejido, máis coñecido como Poli Ejido, foi un club de fútbol español da cidade de El Ejido, na provincia de Almería. Foi fundado en 1969 e durante a tempada 2011–12 o club se atopaba acollido á Lei Concursal debido á paupérrima situación económica da entidade. Nun principio conseguiu evitar o descenso administrativo a Terceira División grazas ao proceso concursal, pero acabou retirándose da competición e descendiendo, despois de chamarse Poli Ejido 2012 SD. No verán de 2012 fundouse o Club Deportivo El Ejido 2012 como sucesor do equipo.

Dioico

Un organismo dioico, ou diclino, é aquel en que as gónadas e, con elas, os gametos masculinos e femininos, son portados por individuos distintos da mesma especie.Este fenómeno coñécese como dioecia, ou diclinia.

Drupa

Na botánica unha drupa é un froito monospermo de mesocarpio carnoso, coriáceo ou fibroso que arrodea un endocarpio leñoso (carabuña ou caroa) cunha soa semente no seu interior. Estas froitas desenvólvense dun só carpelo e, na súa meirande parte, de flores con ovarios superiores. Algúns dos froitos considerados drupas son:

Polidrupas:

Amora - Silveira - Rubus ulmifolius

Framboesa - Framboeseiro - Rubus idaeusDrupas:

Oliva - Oliveira - Olea europaea

Xuxuba - Xuxuba [Cómpre referencia] - Ziziphus lotus

Manga - Mangueira - Mangifera indica

Prunus, todas as especies deste xénero:

améndoa

albaricoque

cereixa

guinda

pexego

ameixa

abruño

Lima española [Cómpre referencia] - Limeira española [Cómpre referencia] - Melicoccus bijugatus

Noz - Nogueira - Juglans regia

Pacana ou noz pacana - Carya illinoinensis

Lichi - Lichi - Litchi chinensis

Longán - Longaneira [Cómpre referencia] - Dimocarpus longan

Rambután - Rambutaneira [Cómpre referencia] - Nephelium lappaceum

Korlán - Korlaneira [Cómpre referencia] - Nephelium hypoleucum

Keule [Cómpre referencia] - Gomortega keule

Pementa - Pementeira - Piper nigrum

Coco - Coqueiro ou coco - Cocos nucifera, drupa con mesocarpo fibroso ou seco.

Café - Cafeeira ou café - Coffea sp

Pistacho- Pistacheiro ou pistacho - Pistacia vera

Día de Cataluña 2015

O Día de Cataluña 2015, coñecido tamén pola expresión catalá Diada, estivo marcada pola celebración da Vía Libre (en catalán: Via Lliure) á República Catalá, esta foi unha concentración multitudinaria que encheu un tramo de 5,2 quilómetros da Avenida Meridiana de Barcelona o once de setembro de 2015 co obxectivo de reivindicar a independencia de Cataluña. Foi organizada pola plataforma Agora é a hora.

A concentración tamén serviu para reivindicar o dez eixos básicos para unha futura República Catalá: a xustiza social e o benestar social, a democracia, a diversidade, a solidariedade, o equilibrio territorial, a sustentabilidade, a innovación, a cultura e a educación e a apertura no mundo.

A organización convidou unha trintena de personalidades internacionais, entre as cales había: Susan George, Kai-Olaf Lang, Irvine Welsh, Michael Keating, Michel Seymour, Bardo Fassbender, David Farell, Rogers Brubaker, Sebastian Balfour e Ben Page.

A Vía Libre tivo varias réplicas realizadas pola diáspora catalá durante os días previos en varias cidades de todo o mundo: Ámsterdam, Bangkok, Berlín, Berna, Bruxelas, Buenos Aires, Canberra, Dubái, Londres, México, Montreal, Nova York, París, Santiago de Chile, entre outros.

Exina, Grecia

Exina (grego antigo Αἴγινα Aígina, grego moderno Αίγινα Éyina) é unha das illas de Grecia situada no medio do golfo Sarónico, entre as illas de Salamina ao norte, Angistri ao oeste e Poros ao sur; áchase a unha decena de quilómetros da costa nordés da península de Methano, no Peloponeso, e ao suroeste do Pireo, porto do cal dista uns 20 km.

O xentilicio dos habitantes desta illa é exineta. A illa é famosa polo seu templo de Afaia, un dos tres templos do triángulo sacro formado polo Partenón, o Templo de Poseidón do cabo de Sunión, e o templo de Afaia. Foi durante moito tempo unha gran rival de Atenas, tanto na Antigüidade como ao principio do século XIX. Exina foi unha das primeiras cidades marítimas e comerciais da Grecia Antiga: tivo a primeira mariña de Grecia e foi a primeira cidade en acuñar moeda. Foi a primeira capital (1828-1829) de Grecia que loitou pola súa independencia e o novo Estado grego fixo acuñar alí as súas primeiras moedas. A illa é tamén a principal produtora de pistachos de Grecia, e a maior exportadora a nivel mundial.

Segundo a tradición considérase que o seu nome deriva da ninfa Exina, nai de Éaco, quen naceu na illa e foi o seu rei.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Luteína

A luteína (do latín luteus, "amarelo") é un carotenoide natural do grupo das xantofilas. A luteína sintetízana só as plantas e como outras xantofilas encóntrase en grandes cantidades en verduras e hortalizas como espinacas, col rizada e cenorias amarelas. Nas plantas verdes as xantofilas actúan modulando a enerxía da luz e serven como desexcitadores non fotoquímicos da clorofila triplete (unha forma excitada da clorofila), que se produce en exceso a altos niveis de luz durante a fotosíntese (ver ciclo das xantofilas).

A luteína obtéñena os animais directa ou indirectamente das plantas,e pode ter funcións antioxidantes e absorbe luz azul. A luteína atópase na xema dos ovos e nas graxas animais. Nos polos, ademais de dar cor ás xemas dos ovos, dálle cor amarela á pel e graxas, e utilízase na alimentación dos polos para ese propósito. A retina humana acumula luteína e zeaxantina. Esta última predomina na mácula lútea, mentres que a luteína predomina no resto da retina. Alí pode ter funcións fotoprotectoras para a retina evitando os danos producidos polos radicais libres producidos pola luz azul. Tamén se encontra no corpo lúteo dos ovarios dos mamíferos.

O principal estereoisómero natural da luteína é o (3R,3′R,6′R)-beta,epsilon-caroteno-3,3′-diol.

A luteína é unha molécula lipofílica e é case insoluble en auga. A presenza na molécula dunha longa rexión cromófora con dobres enlaces conxugados (cadea de polieno) dálle a súa capacidade de absorber luz. A cadea de polieno é susceptible de degradación oxidativa pola luz ou calor e é quimicamente inestable aos ácidos.

A luteína está presente nas plantas en forma de éster de ácidos graxos, xa que se une a un ou dous ácidos graxos polos seus grupos hidroxilo. Por esta razón, a saponificación (des-esterficación) dos ésteres da luteína para liberar a luteína pode producir luteína nunha proporción molar de 1:1 a 1:2 con respecto aos ácidos graxos saponificados.

A luteína é un isómero da zeaxantina, da que se diferencia só pola situación dun dos dobres enlaces.

Noz (froito)

En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.

Atópanse exemplos de noces na orde das Fagais, por exemplo:

Castañas

Landras

AbelásContrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.

Pichia

Pichia (antes chamada cos sinónimos obsoletos Hansenula e Hyphopichia) é un xénero de lévedos da familia Saccharomycetaceae de células esféricas, elípticas ou oblongas acuminadas. Os Pichia adoitan ser teleomorfos, e forman ascósporas con forma de sombreiro, hemiesféricas ou redondas durante a reprodución sexual. Os anamorfos dalgunhas especies de Pichia clasificáronse como especies de Candida. A reprodución asexual é por xemación multilateral.

A lactosa non é fermentada nin asimilada por estas especies. O comportamento con respecto a outros carbohidratos depende da especie. Sempre asimilan o nitrato.

Coñécense máis de 100 especies deste xénero. Algunhas delas interfiren cos procesos de fermentación para a produción de alcohol. Na produción de viño, algunhas especies de Pichia poden xerar posibles defectos no viño. A maioría encóntrase en plantas en descomposición; algunhas viven en estreita simbiose con insectos, que viven en plantas en descomposición.

Algúns representantes de Pichia poden encontrarse no leite e queixo crus, como P. anomala (antes chamada Hansenula anomala). P. anomala combate o prexudicial mofo Aspergillus flavus, que contamina os alimentos como noces, millo e outros e produce aflatoxinas. Os investigadores do Servizo de Investigación Agrícola de EUA atoparon que cando se trataban as árbores de pistacho con P. anomala, o crecemento de A. flavus quedaba inhibido nun 97%. Ademais de inhibir a A. flavus, o lévedo pode tamén axudar a protexer outros cultivos agrícolas de mofos prexudiciais que afectan ao sabor, textura, rendemento e seguridade das colleitas. [1] En frotis de queixo madurado, a especie máis importante é P. membranifaciens que tamén aparece no queixo en crema. A formación dunha película é típica. Outro membro do xénero, P. pastoris, utilízase amplamente en bioloxía molecular e biotecnoloxía como un sistema de expresión. P. angusta antes chamada Hansenula polymorpha, é un organiso modelo para estudar as funcións dos peroxisomas e a súa bioloxía molecular subxacente.

Algunhas especies de Pichia (por exemplo, P. ohmeri) demostrouse clinicamenre que son patóxenas, ou, mellor, patóxenos oportunistas en persoas inmunocomprometidos.

Pistacia

Pistacia é un xénero botánico pertencente á familia Anacardiaceae, composto por 10 especies. O coñecido pistacho é o froito dunha das espécies deste xénero, a Pistacia vera.

Substantivo

O substantivo é unha categoría gramatical que desenvolve a función sintáctica, dentro do sintagma nominal, de núcleo. Morfoloxicamente, están compostos por un lexema e morfemas flexivos de xénero e número, admitindo tamén derivativos e alterativos (Vid. sufixo). Non admiten sufixos poderativos (-ísimo, -érrimo). Polo que respecta ó seu significado, o substantivo denota seres, entes, sentimentos, circunstancias,...

Xordania

Xordania (árabe: الأردن Al-ʼUrdunn), oficialmente Reino Haxemita de Xordania (المملكة الأردنّيّة الهاشميّة Al-Mamlaka al-Urdunniyya al-Hāshimiyya), chamado Transxordania ata 1950, é un país de Asia localizado na rexión do Oriente Medio. Limita ao norte con Siria, ao nordeste con Iraq, ao leste e ao sur con Arabia Saudita e ao suroeste co mar Vermello (no Golfo de Aqaba, con Israel e co territorio palestino de Cisxordania).O que hoxe é Xordania foi habitado por humanos desde o período Paleolítico. Tres reinos estables xurdiron alí ao final da Idade de Bronce: Amón, Moab e Edom. Os gobernantes posteriores inclúen o Reino Nabateo, o Imperio Romano e o Imperio Otomán. Despois da Gran Revolta Árabe contra os otománs en 1916 durante a Primeira guerra mundial, o Imperio Otomán foi dividido por Gran Bretaña e Francia. O Emirato de Transxordania foi estabelecido en 1921 polos Haxemitas, logo Emir, Abdullah I, e o Emirato converteuse nun protectorado británico.

En 1946, Xordania converteuse nun estado independente coñecido oficialmente como o Reino Haxemita de Transxordania, pero pasou a chamarse en 1949 ao Reino Haxemita de Xordania despois de que o país capturase Cisxordania durante a Guerra árabe-israelí de 1948 e seguiu anexionada ata que se perdeu contra Israel en 1967. Xordania renunciou á súa reclamación do territorio en 1988 e converteuse nun dos dous estados árabes en asinar un tratado de paz con Israel en 1994. Xordania é membro fundador da Liga Árabe e da Organización de Cooperación Islámica. O estado soberano é unha monarquía constitucional, pero o rei ten amplos poderes executivos e lexislativos.

Xordania é un país relativamente pequeno, semiárido, case sen saída ao mar, cunha área de 89.342 km2 (34.495 millas cadradas) e unha poboación de 10 millóns, o que o converte no 11º país árabe máis poboado. O islam sunita, practicado por ao redor do 95% da poboación, é a relixión dominante en Xordania e coexiste cunha minoría cristiá indíxena. Xordania referiuse repetidamente como un "oasis de estabilidade" nunha rexión turbulenta. Na súa maioría non se viu afectada pola violencia que azoutou a rexión despois da Primavera Árabe en 2010. Desde 1948, Xordania aceptou refuxiados de varios países veciños en conflito. Estímase que 2.1 millóns de refuxiados palestinos e 1.4 millóns de sirios están presentes en Xordania a partir dun censo de 2015. O reino tamén é un refuxio para miles de cristiáns iraquís que foxen da persecución do ISIS. Aínda que Xordania segue aceptando refuxiados, a grande afluencia recente de Siria exerceu unha presión considerable sobre os recursos e a infraestrutura nacionais.

Xordania está clasificado como un país de "alto desenvolvemento humano" cunha economía de "ingresos medios altos". A economía xordana, unha das economías máis pequenas da rexión, é atractiva para os investidores estranxeiros con base nunha forza laboral cualificada. O país é un importante destino turístico, e tamén atrae turismo médico debido ao seu sector de saúde ben desenvolvido. Con todo, a falta de recursos naturais, o gran fluxo de refuxiados e a axitación rexional han obstaculizado o crecemento económico.

Árbore froiteira

Unha árbore froiteira é calquera árbore produtora de froitas; as estruturas formadas polo óvulo maduro dunha flor que contén unha ou máis sementes. Porén, xa que todas as plantas con flores producen froitos, o termo empregado na horticultura designa ás árbores que fornecen froitas coma alimento do ser humano. Esta designación inclúe tamén as árbores que producen núculas (noces), os chamados froitos secos. Aínda con ser botanicamente incorrecto, adóitase considerar árbore froiteira a que produce unhas envolturas exteriores carnosas en certas sementes; que son chamadas arilos (falsos froitos).

A disciplina científica e parte da agricultura que se ocupa do estudo dos froitos comestíbeis denomínase pomoloxía. Céntrase no desenvolvemento das técnicas de cultivo e os estudos fisiolóxicos das árbores froiteiras.

A horta onde hai diferentes árbores froiteiras recibe en Galicia o nome de pomar, especialmente cando son maceiras (de aí nome: pomo=mazá). En Galicia as froiteiras tradicionalmente cultivadas son a maceira, a ameixeira, a cerdeira e a pereira. No sur do país inclúense tamén a videira, a figueira, o pexegueiro e incluso o limoeiro e mais a oliveira (hoxe practicamente desaparecida). Recentemente entraron novas especies nas Rías Baixas coma o kiwi ou a feixoa. Nas fragas tamén aparecen árbores foriteiras bravas: a cerdeira brava, a pereira brava, a maceira brava, o abruñeiro, a sorbeira, o sabugueiro e nas zonas más cálidas o érbedo. Tamén son comúns bravos ou cultivados o castiñeiro, a abeleira e a nogueira, coma froitos secos.

Froiteiras de óso: xénero Prunus: pexego, ameixa...

Froiteiras de carabuña: pomos: maceira, pereira...

Cítricos: limeira, laranxeira, limoeiro, pomelo, mandarineira...

Árbores de froitos secos: abeleira, amendoeira, castiñeiro, nogueira...

Froiteiras tropicais: bananeira, mangueira, coco, anacardio etc.

Ébano

O ébano (Diospyrus ebenum) é unha árbore asiática do xénero Diospyrus, da familia das ebenáceas propia de zonas tropicais caracterizado por ter o tronco groso, copa ancha, froitos en forma de baga e madeira de cor negra, moi dura e resistenteFornece unha madeira do mesmo nome dura e máis ou menos escura, empregada en ebanistaría.

Por extensión falamos da cor ébano cando queremos falar da cor negra, intensa e brillante.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.