Pireneos

Os Pireneos[1][2] (en aragonés: Perinés, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.

Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.

A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.

Pyrenees Mountains view from satellite
Os Pireneos vistos do espazo (Cortesia NASA)

Montes

Os montes dos Pireneos que superan os 3.200 metros de altitude, ordenados segundo altitude, recóllense na seguinte táboa.

Principais montañas dos Pireneos
Panorámica valle Benasque
Nome Cordilleira Altitude (msnm)
01 Pico Aneto Macizo da Maladeta 3.404
02 Punta de Llardana Macizo de Posets 3.375
03 Monte Perdido Macizo do Monte Perdido 3.355
04 Pico Maldito Macizo da Maladeta 3.350
05 Pico Espadas Macizo de Posets 3.332
06 Cilindro de Marboré Macizo do Monte Perdido 3.328
07 Pico da Maladeta Macizo da Maladeta 3.309
08 Viñamala 3.298
09 Pico Tempestades Macizo da Maladeta 3.290
10 Soum de Ramond Macizo do Monte Perdido 3.259
11 Marboré Macizo do Monte Perdido 3.252
12 Margalida 3.241
13 Perdiguero 3.222
14 Pico Russell Macizo da Maladeta 3.205
Fonte: Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (España)

Glaciares

Debido a que a glaciación da Era cuaternaria afectou aos Pireneos de modo máis decisivo que ás outras cordilleiras españolas, existen pegadas de modelaxe glaciar desde o Canigó ata o pico de Adi. A maioría dos actuais lagos son de orixe glaciar. Hoxe en día os Pireneos só posúen glaciares de circo ou con pequenas linguas por encima dos 2.700 metros: Aneto, Balaitus, Viñamala, Monte Perdido e Maladeta no lado español e Ossue ou Troumouse no lado francés.

Ríos

Nesta cordilleira nacen importantes ríos:

Estacións de esquí

Candanchu-tortiellas
Pistas da estación de esquí de Candanchú.
Circo de Gavarnie
Circo de Gavarnie, no Pireneo Francés.

Conta esta cordilleira con grandes espazos acondicionados para o ocio, ao ofrecer grandes posibilidades polo seu clima. As instalacións para a práctica do esquí son as que precisan dun espazo máis extenso e modificaron profundamente o uso do solo na alta montaña. A continuación móstranse as estacións de esquí que existen nos Pireneos.

Na parte española:

Candanchú, Astún, Formigal, Panticosa-Los Lagos, Cerler, Boí Taüll, Baqueira Beret, Port Ainé, Port del Comte, Espot Esquí, Tavascan, La Molina, Masella, Port del Comte, Vall de Núria, Vallter, Rasos de Peguera.

En Andorra:

Ordino Arcalis, Pal Arinsal, Pas de la Casa-Grau Roig, Soldeu el Tarter, La Rabassa.

Na parte francesa:

La Pierre-st Martín, Artouste, Gourette, Luz Ardiden, Cauterets, Hautacam, Bareges, Gavarnie-Gèdre, La Mongie, Piau Engaly, Saint Lary, Val Louron, Peyragudes, Luchon Superbagneres, Porte Puimorens, Ax-les-Thermes, Font-Romeu, Les Angles, Puyvalador, Formigueres, Puigmal, Cambré d´Aze, Guzet, Les Mont d´Olmes, Ascou-Pailheres, Mijanes-Donezan.

Flora e fauna

Els Encantats
Os Encantados, dous picos emblemáticos do Pireneo Catalán, e o estanque San Mauricio.

Flora

A icona por excelencia da flora pirenaica foi dende sempre o Edelweiss ou flor de neve, actualmente só se encontra en certas zonas de difícil acceso, como na baixada entre Canón de Añisclo e Pineta, ou nas zonas altas do val de Ordesa.

O pino negro e as faias nas zonas húmidas tamén son moi comúns.

Fauna

O Pireneo supón un lugar único para a contemplación de varias especies animais, polo escarpado do terreo, que limitou a presenza humana, factor que sempre é un perigo para a biodiversidade. Entre as case 200 especies animais que sobreviven na cordilleira, destaca sobre todas a presenza do mítico oso pardo, o cal parece recuperarse moi lentamente do seu declive, mais a súa poboación apenas alcanza os 20-25 exemplares.

Entre os mamíferos destaca a camurza, que estivo ao bordo da extinción a comezos do século XIX até os 45.000 exemplares actuais, historia igualmente repetida no caso do cervo ou o corzo, estendidos por todo o monte baixo, así como o omnipresente xabarín. Non ocorre o mesmo co bucardo ou cabra montesa dos Pireneos que se extinguiu no ano 2000. Abundan as marmotas, ás que se observa con frecuencia entre os pastos alpinos. Moito máis difícil de mirar é a auganeira ou desmán dos Pireneos (Galemys pyrenaicus), un pequeno e estraño insectívoro nocturno, endémico desta cordilleira e algunhas áreas do Sistema Central. En total existen 42 especies de mamíferos no Pireneo.

Entre as aves, o rei indiscutíbel e o quebraosos. Extinguido en case toda Europa, é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos Alpes. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a aguia real, seguida dunha amálgama de especies nocturnas e diúrnas como son os abelleiros, miñatos reais ou negros, falcóns, lagarteiros, bufos reais ou o rarísimo moucho boreal que pasou de considerarse extinto a ofrecer unha poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o voitre leonado, os voitres pequenos e ultimamente un recentemente chegado en expansión, o voitre negro.

No bosque a pita do monte atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o peto negro e o peto real. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, a Lagopus muta.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pirenaico.
  2. «Pireneos». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1639. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Abellio

Abellio (tamén coñecido como Abelio, Abellion ou Abelion) é un deus celta da Galia antiga. Foi venerado no territorio dos Pireneos franceses e na zona que hoxe se corresponde coa rexión de Comminges. Tendo en conta o bo número de restos arqueolóxicos que se lle atribúen e a súa reducida extensión xeográfica de culto, é doado supoñer que se trataba dun deus dos máis importantes. Crese que era unha divindade relacionada coas maceiras.

Altos Pireneos

Altos Pireneos (65) (en francés: Hautes-Pyrénées) é un departamento francés situado no suroeste de Francia, que pertence á rexión Occitania.

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Aquitania

Aquitania (en éuscaro: Akitania, en francés: Aquitaine, en occitano: Aquitània, en poitevino-santoñés: Aguiéne), antigamente Guyenne ou Guienne (en occitano: Guiana), é unha das 26 rexións de Francia, na parte suroeste da Francia metropolitana, ao longo do Océano Atlántico e os montes Pireneos.

O nome da rexión provén do nome da antiga provincia romana de Aquitania ou "país das augas". Na Idade Media foi un reino e máis tarde un ducado, cunhas fronteiras considerablemente meirandes que os modernas. A súa capital é Bordeos.

Baiona, Francia

Baiona (en francés: Bayonne; en éuscaro e gascón: Baiona) é unha cidade do suroeste de Francia, situada na confluenza dos ríos Nive e Adour, no departamento dos Pireneos Atlánticos da que é unha das súas subprefeturas, formando parte da provincia histórica vascofrancesa de Lapurdi en Iparralde. A súa poboación é do contorno dos 46 000 habitantes.

Fagus (deus)

Fagus é un deus celta da Galia antiga. Coñécese da súa existencia por catros inscricións atopadas no departamento francés de Altos Pireneos. A lingua aquitana falada na rexión de Gallia Aquitania tense relacionado coa lingua éuscara. Fagus é a palabra latina para facer referencia á faia.

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Hendaia

Hendaia (en francés: Hendaye, en éuscaro: Hendaia, literalmente "baía grande") é unha comuna francesa do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania, no extremo suroeste do país. Sitúase no territorio vasco de Lapurdi, xunto á fronteira con España e a 21 km de Donostia.

A cidade é un importante porto pesqueiro e conta cunha estación de ferrocarril internacional. Entre os atractivos da localidade, destaca un balneario, famoso en toda a rexión.

Languedoc-Rosellón

Languedoc-Rosellón ou Languedoc-Roselló (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falaban dun anfiteatro que mira ao mal, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.

Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).

No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".

Dende o 1 de xaneiro de 2016, forma parte da nova rexión de Occitania.

Mediodía-Pireneos

Mediodía-Pireneos (en occitano: Miègjorn-Pirenèus, en francés: Midi-Pyrénées) é unha rexión francesa, situada ao suroeste da Francia metropolitana. Conformada de oito departamentos, a súa capital (chef-lieu ou préfecture) é Tolosa.

Mioceno

O Mioceno é unha división da escala temporal xeolóxica, a cuarta época xeolóxica da era cenozoica e a primeira época do período neóxeno.

Comezou hai 23,03 millóns de anos e terminou hai 5,332 millóns de anos. Neste período continuou a elevación de cordilleiras como os Pireneos, os Alpes e o Himalaia. A erosión favorecida por estas oroxéneses orixinou sedimentos e depósitos de petróleo en zonas que eran concas mariñas de pouca profundidade. A temperatura era máis baixa que a actual, e se orixinaron as masas de xeo na Antártida.

As plantas e os animais do mioceno eran bastante modernos. O nome de mioceno procede das palabras gregas μείων meiōn 'menos', e καινός kainós 'novo', é dicir, 'menos novo', aludindo a que presenta un 18 % menos de invertebrados mariños modernos que o Plioceno. Os mamíferos e as aves estaban ben establecidos. Proliferaron as especies de mamíferos, entre eles os rinocerontes, o gato, o camelo e o cabalo coas súa formas máis primitivas; entre estes están incluídos os grandes simios, que ademais de África, vivían en Asia e no sur de Europa. Nos mares, proliferaron baleas e focas.

Occitania (rexión administrativa)

Occitania (en francés: Occitanie, en occitano: Occitània, en catalán: Occitània) é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Toulouse, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.

No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión más extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó este co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.

Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.

Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.

Pau, Francia

Pau (pronunciado en francés [po] e en occitano [paw]) é unha cidade e comuna do suroeste de Francia, capital do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión da Nova Aquitania.

A cidade está situada no corazón do antigo estado soberano do Béarn, do que foi capital dende 1464. Bordeada polo Gave de Pau, atópase a 100 km do océano Atlántico e 50 km ao norte de España. Esta situación fai que teña unha panorámica excepcional dos Pireneos e dos montes de Jurançon.

Foi fundada no século XI polos vizcondes de Bearn, e converteuse en capital do Reino de Navarra despois do 1512.

Península

Unha península é un anaco de terra emerxida rodeada de auga rodeada por todas partes menos por unha que é o istmo, que se une por unha lingua de terra a unha extensión maior.

O seu tamaño pode variar, desde unha extensión sumamente grande (como a Península Ibérica, unida ao continente europeo polos Pireneos), relativamente pequena (a península do Barbanza ou a península do Morrazo) ou pequena (península de Monterreal en Baiona).

Península Ibérica

A Península Ibérica é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

Perpiñán

Perpiñán (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Pireneos Atlánticos

Os Pireneos Atlánticos (64) (Pyrénées-Atlantiques en francés, Pirinèus-Atlantics en gascón, Pirinio Atlantiarrak en éuscaro) é o departamento francés número 64, situado ao suroeste de Francia, que pertence á rexión Nova Aquitania. Toma o seu nome dos montes Pireneos e do océano Atlántico. Ten a súa prefectura en Pau, e dúas subprefecturas: en Baiona e en Oloron-Sainte-Marie. Divídese en tres distritos: Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. A súa poboación en 1999 era de 600.018 habitantes, cunha densidade de 78 hab./km².

O departamento atópase situado ao norte dos Pireneos, que o separan de España (Aragón, Navarra e País Vasco).

A metade occidental do departamento é coñecida como o País Vasco francés, abarcando por completo o distrito de Baiona e a parte occidental do distrito de Oloron-Sainte-Marie mentres que a metade oriental é coñecida como Bearne.

Pireneos Orientais

Pireneos Orientais (66) (en francés e oficialmente: Pyrénées-Orientales, en catalán: Pirineus Orientals) é o departamento francés número 66 na rexión de Occitania, que fai fronteira coa Comunidade Autónoma de Cataluña. Limita ao norte cos departamento de Aude e Ariège, ao oeste con Andorra, ao sur coas comarcas catalás da Baixa Cerdanya, o Ripollès, a Garrotxa e o Alt Empordà, e ao leste co Mar Mediterráneo. A súa capital é Perpiñán.

Provincia de Huesca

Huesca (en aragónes e cooficial: Uesca; en catalán: Osca) é unha provincia do norte de España, na parte norte da comunidade autónoma de Aragón. Limita coas provincias de Lleida, Zaragoza e Navarra, e tamén con Francia (cos departamentos Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e Alto Garona).

A súa superficie é de 15.626 km². A súa poboación é 228.566 hab. (2010), e a súa densidade de poboación é 14,62 habitantes/km². Está formada por 202 concellos. A súa capital é a cidade de Huesca, onde vive cerca dunha cuarta parte da poboación. Nesta provincia encóntrase o Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.