Piragüismo

O piragüismo[1] é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de madeira, fibra de vidro ou plástico (normalmente Polietileno PE), e propulsada por unha a catro persoas (pero non tres) mediante unha pa ou remo. As principais embarcacións utilizadas son o kayak propulsado por pa de 2 follas e a canoa propulsada por unha pa dunha folla.

Existen diferentes modalidades de piragüismo, dependendo do número de persoas que monten sobre a embarcación ou da superficie acuática sobre a que se desenvolva (mar, río, lago ou pista artificial). Segundo o número de persoas falamos de kayak (k1, k2 e k4) ou de canoa (c1, c2 e c4). As modalidades de piragüismo de augas tranquilas e de augas bravas son as que actualmente se manteñen como deporte olímpico. Tamén hai kayak polo que é igual ao waterpolo pero en kayaks.

Canoe-kayak-marathon
Proba de piragüismo
Canoeing
Rapaces practicando o piragüismo

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piragüismo.
Alemaña nos Xogos Europeos de 2015

Alemaña participa nos Xogos Europeos de Bakú 2015 cunha delegación de 266 deportistas. O responsábel do equipo nacional é o Deutscher Olympischer Sportbund, así como as federacións deportivas nacionais responsábeis de cada deporte con participación nos xogos.

Belarús nos Xogos Europeos de 2015

Belarús participa nos Xogos Europeos de Bakú 2015 cunha delegación de 152 deportistas. O responsábel do equipo nacional é o Comité Olímpico de Belarús, así como as federacións deportivas nacionais responsábeis de cada deporte con participación nos xogos.

CDUP

O Centro Desportivo Universitário do Porto ou CDUP é un club de rugby portugués da cidade de Porto. O CDUP é un dos equipos máis importantes de Portugal ao achegar tres xogadores á Selección de rugby de Portugal na Copa do Mundo de Rugby 2007. En Portugal, o rugby é considerado traditionalmente un deporte universitario.

O club foi fundado en 1964 e evolucionou ata a máxima categoría do rugby portugués, o Campionato portugués de rugby ou División de Honra.

Ademais da sección de rugby conta con moitas outras modalidades deportivas tales coma: atletismo, balonmán, bádminton, baloncesto, bridge, piragüismo, natación, wáter-polo, remo, tenis de mesa, voleibol e xadrez.

Campionato do mundo de piragüismo 2007

Os campionatos do mundo de piragüismo en augas tranquilas celebráronse do 8 ao 12 de agosto de 2007 na vila alemá de Duisburgo.

Celébranse nos campionatos dezaoito probas masculinas e nove femininas. As masculinas son en canoa canadense e en caiac, mentres que as femininas só son en caiac. As distancias cubertas, tanto para homes como para mulleres son 200 m, 500 m e 1.000 m, en categoría individual, por parellas e de a catro.

Nestes campionatos David Cal obtivo unha medalla de ouro (C1 500m) e unha de bronce (C1 1000m). Os grandes triunfadores foron a selección anfitrioa (Alemaña) e mais a húngara, con nove ouros cada unha delas.

Carlos Pérez Rial

Carlos Pérez Rial tamén coñecido como Perucho, nado o 12 de abril de 1979 en Cangas, é un piragüista galego que foi campión do mundo e de Europa en 2005. A súa especialidade é a velocidade sobre caiac.

Club Atlético San Sebastián

O Club Atlético San Sebastián é unha entidade polideportiva da cidade de Donostia, fundada no ano 1958, que ten seccións de rugby, atletismo, baloncesto, natación, pelota, tenis, sófbol, hóckey, piragüismo, tríatlon e tenis de mesa. O club ten uns 4000 socios e preto duns 1000 deportistas federados.

David Cal

David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.

Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Galería de imaxes de deporte en Galicia

Galería de imaxes de deporte en Galicia.

Hungría nos Xogos Europeos de 2015

Hungría participa nos Xogos Europeos de Bakú 2015 cunha delegación de 200 deportistas. O responsábel do equipo nacional é o Comité Olímpico Húngaro, así como as federacións deportivas nacionais responsábeis de cada deporte con participación nos xogos.

Lista de medallistas olímpicos galegos

Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de verán.

Remo (deporte)

Coñécese como remo o conxunto de disciplinas deportivas que consisten na propulsión dunha embarcación por medio da forza muscular dun ou varios remeiros, que poden empregar un ou dous remos, sempre usados como pancas, cun punto de fixación á embarcación. O remo distínguese do piragüismo en que neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo o deportista vai sempre sentado de costas ó sentido do movemento.

Nunha embarcación de remo, tódolos elementos están fixados ó corpo da embarcación, incluídos os propios remos (unidos por unha articulación), menos o banco no que se senta o remeiro. Este banco pode ser fixo ou móbil, de tal xeito que hai dúas categorías principais dentro do deporte do remo: o remo de banco fixo, e o remo de banco móbil. A diferenza principal entre unha e outra categoría é que no remo de banco fixo, o esforzo se realiza nos brazos e nas costas, mentres que no remo de banco móbil, este deslízase sobre unhas rodas pequenas de xeito que o esforzo se realiza nos brazos, nas costas e tamén nas pernas. Os remo de banco móbil practícase sobre augas tranquilas.

Hai certas modalidades de remo que son olímpicas, en categoría masculina dende 1900, e en categoría feminina dende 1976. Distínguese pois o remo olímpico, con 14 modalidades (todas elas de banco móbil); do remo non olímpico, con máis modalidades, incluídas tódalas de banco fixo.

En Galicia ten moita tradición a disputa de competicións en banco fixo, principalmente en traiñeiras e bateis. Os clubs de remo máis salientables participan cada ano na Liga Galega de Traiñeiras, dende a cal pódese ascender á máxima categoría cantábrica, a Liga ACT.

A nivel internacional, existen probas tan senlleiras como a Regata Oxford-Cambridge (The Boat Race), que se leva disputando dende 1829 en augas do Támese entre estudantes das universidades de Oxford e Cambridge.

Ribeseya

Ribeseya (oficialmente: Ribadesella/Ribeseya) é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Llanes, ao sur con Cangues d'Onís e Parres e ao oeste con Caravia. Fundada por Afonso X o Sabio. Foi un dos principais portos asturianos do século XIX. Segundo o INE, contaba cunha poboación de 5 779 habitantes en 2017 (2 755 homes e 3 024 mulleres).

O concello conta tamén con numerosas empresas dedicadas ao deporte de aventura, como piragüismo, espeleoloxía ou escalada. O primeiro sábado de agosto despois do día 2 celébrase o famoso Descenso Internacional do Sella, onde acoden deportistas de todo o mundo e celébrase unha gran festa local.

Tamén este concello destaca pola variedade turística que ofrece, e sobre todo polas actividades que rodean á Cova de Tito Bustillo, famosa polas súas pinturas prehistóricas.

Slálom (piragüismo)

O slálom é unha disciplina do piragüismo que consiste en completar un percorrido en augas bravas no menor tempo posíbel. Normalmente practícase en ríos naturais ou en canles artificiais. O percorrido hase de facer atravesando unhas portas ou paus pendurados. Estes indicadores están numerados de forma correlativa e poden ser de cor verde (que indica "en dirección á corrente") ou vermella ("en contra da corrente"). Hai penalizacións de dous tipos: se o deportista toca un pau da porta súmanselle dous segundos ó tempo total, e se salta unha porta súmanselle 50 segundos.

Nesta disciplina os homes compiten en kaiak (K-1 M) ou en canoa monopraza ou bipraza (C-1 M, C-2 M), as mulleres tan só o fan en kaiak (K-1 W). Tamén se fan competicións por equipos chamadas "Patrullas". Son equipos de tres deportistas que poden ser mixtos.

Sociedade Deportiva As Xubias

A Sociedade Deportiva As Xubias é un club de remo das Xubias, na cidade da Coruña. Competiu nas primeiras edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo a súa derradeira participación ata o momento na competición na tempada 2010.

Teresa Portela

María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega. É unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.

Xogos Olímpicos de 2008

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro.

O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes nas que, segundo estimacións, participaron uns 10.500 atletas de 204 países. Ademais de Pequín, algunhas das probas deportivas tiveron lugar noutras cidades de China. O torneo de fútbol tivo lugar nas cidades cidades de Qinhuangdao, Tianjin, Shenyang e Shanghai, namentres as regatas de vela e as probas de hípica efectuáronse no porto de Qingdao e no de Hong Kong, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 tiveron un custo que podería superar os 41.000 millóns de dólares, case triplicando o orzamento final do seu antecesor, os Xogos Olímpicos de Atenas 2004, converténdose no evento máis custoso da historia olímpica. A organización deste evento enfrontou diversos problemas dende a súa elección, o 13 de xullo de 2001, especialmente polos problemas de contaminación atmosférica que enfronta a cidade sede e polas acusacións de violacións aos dereitos humanos que recibiu o réxime chinés por parte importante da comunidade internacional, xerando diversas protestas que afectaron o percorrido do facho olímpico. O goberno da China promocionou os xogos co obxectivo de destacar a importancia e influencias do país no resto do mundo.

Xogos Olímpicos de 2012

Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.

Xogos Olímpicos de 2016

Os Xogos Olímpicos de 2016, (en portugués: Jogos Olímpicos de Verão de 2016), oficialmente coñecidos como Xogos da XXXI Olimpiada ou máis comunmente coñecidos como Rio 2016, foron un evento multideportivo internacional celebrado no Río de Xaneiro, Brasil, dende o 5 ó 21 de agosto de 2016.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.