Pirámide de poboación

A pirámide de poboación consiste graficamente nun dobre histograma de frecuencias. As barras do dobre histograma dispóñense en forma horizontal, é dicir, sobre a liña das abscisas, e convencionalmente indícanse os grupos de idade da poboación masculina á esquerda e os que representan a poboación feminina á dereita. Á súa vez, no eixo das ordenadas disponse e identifícanse os grupos de idade, polo xeral, de cinco en cinco anos (0 a 4, 5 a 9, 10 a 14 etc.), colocando as barras de menor idade na parte inferior do gráfico e aumentando progresivamente cara á cúspide as idades de cada intervalo. Cando existe unha información detallada (nacementos e defuncións anuais) podemos elaborar unha pirámide de poboación tamén con esa información detallada (barras de ano en ano). A escala das abscisas pode representar valores absolutos (é dicir, número de habitantes de cada grupo de idade e sexo) ou relativos, é dicir, porcentaxes de cada grupo de idade e sexo con relación á poboación total.

Este tipo de gráfico toma o seu nome da forma que adopta nas sociedades que teñen unha poboación cunha ampla base debido ao gran número de nacementos e que se estreita paulatinamente pola mortalidade crecente e acumulativa a medida que aumenta a idade da poboación.

Argentina population pyramid 2005
Pirámide de poboación da Arxentina 2005

Tipos de pirámides de poboación

Pyramide des âges-Afghanistan
A pirámide de poboación de Afganistán é un exemplo de pirámide de tipo expansiva
Pirámide de población de España (2005)
A pirámide de poboación de España é un exemplo de pirámide de transición demográfica
PopulationPyramid France
A pirámide de poboación de Francia é un exemplo de modelo de pirámide estacionaria.
  • Pirámide de poboación de tipo expansiva. Presentan unha base ancha e un angostamiento progresivo e regular ata a cúspide da pirámide. En xeral e normalmente caracteriza aos países con forte natalidade e mortalidade media ou forte. Implica poboacións novas.
  • Pirámide de transición demográfica. Presentan un angostamento pronunciado na base, cun menor número de persoas nas idades menores, evidenciando un descenso progresivo da taxa de fecundidade xeral e, polo tanto, da súa taxa de natalidade, o cal ocasiona que as barras inferiores sexan máis angostas cada ano que pasa e que comece a variar a estrutura de idades, xa que a poboación en xeral tende ó envellecemento crecente ó diminuír a taxa de natalidade e por conseguinte, a proporción de xente nova. Ademais, tamén se modifica, aínda que máis lentamente, a composición segundo o sexo da poboación total, pola natalidade e mortalidade diferenciais en canto ó sexo: nacen máis homes que mulleres (aproximadamente, uns 102 homes por cada 100 mulleres, tanto a nivel mundial como nacional e ata local cando se trata de cidades de certo tamaño), de maneira que se comeza a diminuír a natalidade, a proporción de poboación masculina tenderá tamén a baixar. E por outra banda, a mortalidade afecta en maior proporción e máis cedo, á poboación masculina, dando orixe a unha crecente desproporción entre o número de mulleres e de homes a favor das primeiras, especialmente a partir dos 65 anos aproximadamente (existen diferenzas entre os países, segundo sexan as súas características demográficas), algo que se debe á esperanza de vida máis longa da poboación feminina. En xeral e normalmente, caracteriza ós países con natalidade decreciente e mortalidade relativamente estabilizada. Implica poboacións en transición cara ó envellecemento.
  • Pirámide de poboación de tipo estacionaria. Existe unha notable igualdade entre as xeracións novas e adultas, e unha redución importante nas anciás. O crecemento natural é baixo. Este tipo de pirámide é propia das poboacións que non presentan cohortes da transición demográfica. Poden responder a países con taxas de natalidade e mortalidade altas, que aínda non comezaron a transición demográfica (sobre todo se se trata de poboacións históricas) ou a países que xa terminaron a transición demográfica e desapareceron todas as xeracións que se produciron nesa etapa de transición. Isto, a comezos do século XXI, non sucedeu en ningures, aínda que os países escandinavos as últimas xeracións da transición demográfica están xa na cima da pirámide.

Hai diversas combinacións posibles nas relacións entre mortalidade e natalidade :

  1. Mortalidade alta e natalidade alta: Poboación nova.
  2. Mortalidade e natalidade con tendencia a diminuír: Poboación de transición demográfica.
  3. Mortalidade baixa e natalidade baixa: Poboación envellecida.

Diversidade xeográfica

Os distintos tipos de pirámides de poboación teñen a escala local ou rexional, variacións bastante notables, o que se debe ás distintas composicións demográficas da poboación segundo sexan as características xeográficas da área:

  • En primeiro lugar, as poboacións rurais teñen unha natalidade superior ás áreas urbanas, sobre todo se, nestas últimas, se trata de cidades bastante grandes. Os motivos desta característica débense ás diferenzas sociolóxicas, laborais e de posibilidades económicas e educativas, que existen entre as áreas rurais e urbanas. Por exemplo, no medio rural, o traballo de nenas e nenos de pouca idade é unha constante desde case o principio da humanidade, algo que se debe a que moi cedo comezan a axudar ós seus pais (os nenos) e ás nais (as nenas) no que se refire a pequenas tarefas ou quefaceres agrícolas ou domésticos. Á súa vez, esta característica tan arraigada entre as poboacións rurais de todo o mundo, tanto se se trata de países subdesenvolvidos como de países desenvolvidos, fai que a ausencia escolar e, sobre todo, a deserción escolar estacional ou permanente, sexan moito máis intensas no medio rural. Como consecuencia diso, a poboación rural é máis nova e ten un predominio do sexo masculino, especialmente nas áreas máis subdesenvolvidas, xa que nelas, o éxodo rural é moito máis importante entre o sexo feminino que no masculino, pola maior diversidade de actividades económicas e educativas que existe para as mulleres nas cidades. Pola contra, a natalidade nas cidades é moito menor que no campo polas menores necesidades de traballo infantil, a dificultade en satisfacer as necesidades sociais, educativas, culturais, médicas e recreativas (entre outras) dunha poboación infantil sempre crecente (non pola natalidade, senón pola inmigración), o conxestionamento e espazo reducido das vivendas e moitos outros factores.
  • En segundo lugar, na poboación urbana, como consecuencia do dito anteriormente, predomina o sexo feminino e o grupo de poboación adulta, sendo acotío o de poboación vella case tan numeroso, ou máis, que o da poboación nova.
  • En terceiro lugar, nas áreas rurais, o efecto da emigración déixase sentir no grupo dos adultos novos (15 a 30 anos, aproximadamente), pola forte emigración cara ás cidades ou éxodo rural. A escaseza de poboación activa no campo adóitase corrixir mediante un crecente emprego de técnicas modernas de cultivo (por exemplo, rega por goteo ou emprego de motocultores eficientes e cada vez maiores), ou coa contratación de inmigrantes con salarios máis baixos, o cal vén afectar a calidade do emprego e, polo tanto, o aumento do éxodo rural.
  • Para rematar, a diversidade xeográfica que se expresou arriba, e que afecta a todo o mundo (aínda que con diferenzas notables entre o mundo desenvolvido e o subdesarrollado) tende a crear, co tempo, certos mecanismos de compensación, por exemplo, a tendencia á concentración da poboación nas áreas rurais, que van facendo os países máis homogéneos cada vez, no que respecta á súa diversidade rexional.
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017. Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Bilbao

Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade poboacional de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Cabranes

Cabranes é un concello de Asturias, sito no centro-oeste da comunidade. Limita ó norte con Villaviciosa, ó sur con Piloña e Nava, ó leste con Piloña e Villaviciosa e ó oeste con Villaviciosa e Nava. Núcleos destacados do municipio son Santolaya, Torazo, Fresnedo, Viñón, Niao, Valbuena e Xiranes. Conta cunha poboación de 33.009 habitantes (INE, 2012).

Este concello, ó igual que tódolos seus veciños, están plenamente inmersos na Comarca da Sidra, e como peculiaridade, en Cabranes, celébrase o Festival do Arroz con Leite.

Chile

Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte por Perú, ó leste por Bolivia e Arxentina, totalizando 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km. O seu ancho máximo alcanza os 445 km no paralelo 52º21'S e o seu ancho mínimo, os 90 km en 31º37'S. A segunda, denominada Chile insular, corresponde aos territorios insulares no océano Pacífico Sur: por unha banda, o arquipélago Juan Fernández e as illas Desventuradas, pertencentes a América do Sur; doutra banda, a illa Sala y Gómez e a illa de Pascua, situadas na Polinesia. Chile continental e Chile insular totalizan unha superficie de 756.096,3 km². A terceira, chamada Territorio Chileno Antártico, comprendida entre os meridianos 90º e 53º oeste, é unha zona da Antártida de 1 250 257,6 km² sobre a cal Chile reclama soberanía, prolongando o seu límite meridional ata o Polo Sur. Esta reclamación está conxelada de acordo ao estipulado polo Tratado Antártico, do que Chile é signatario, sen que a súa firma constitúa unha renuncia. Localízase tamén en Chile a punta sur de América do Sur: o Cabo Horn, que é tamén o punto máis próximo da Antártida. Tamén en Chile está o lugar considerado como o máis seco do planeta: o Deserto de Atacama.

Debido á súa presenza en América, Oceanía e a Antártida, Chile defínese a si mesmo como un país tricontinental.Ademais, Chile exerce dereitos exclusivos, reclamacións de diverso grao e soberanía sobre o seu espazo marítimo, chamado Mar chileno. Este comprende o mar territorial (120.827 km²), a zona contigua (131.669 km²), a zona económica exclusiva ou «mar patrimonial», cunha superficie total de 3 681 989 km², e a correspondente plataforma continental, cunha superficie de 145.194 km², que tamén forman parte do territorio chileno Chile posúe un bordo costeiro de 6.435 km de lonxitude.Os seus máis de 17 millóns de habitantes alcanzan índices de calidade de vida, e porcentaxe de globalización que se atopan entre os máis altos de América Latina.

Cualedro

Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.808 habitantes.

Demografía

A demografía (do grego δῆμος dēmos 'pobo' e γραφία grafía 'trazo') é a ciencia que ten como obxectivo o estudo das poboacións humanas e que trata da súa dimensión, estrutura, evolución e características xerais, considerados desde un punto de vista cuantitativo. Xa que logo a Demografía estuda estatisticamente a estrutura e a dinámica das poboacións humanas e as leis que rexen estes fenómenos. Os datos demográficos adoitan expresarse nunha pirámide de poboación.

Como fontes para coñecer os datos demográficos úsanse os censos, as enquisas, os padróns, ou rexistro Civil. En Galicia o Instituto Galego de Estatística contabiliza a demografía. En España encárgase o Instituto Nacional de Estadística

Demografía de Bulgaria

Este artigo sobre a Demografía de Bulgaria inclúe datos demográficos como a densidade de poboación, etnias, nivel

educativo, saúde, status económico, filiacións relixiosas e outros aspectos da poboación.

Demografía de Croacia

Croacia está habitada maioritariamente por croatas, que supoñen preto de catro millóns de persoas. O idioma oficial e común, o croata, unha lingua eslava que utiliza o alfabeto latino a diferenza do serbio. En Istria tamén se fala a lingua italiana e unha gran parte da poboación fala ademais alemán. A inmensa maioría dos croatas pertencen á Igrexa Católica.

A diáspora croata é moi significante, con abondosas colonias en América do Norte, Chile, Suecia, Alemaña, Australia, Arxentina e, en menor número, outros países suramericanos.

Dodro

Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2015 tiña 2882 habitantes (1396 homes e 1486 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 81,27 hab./km².

O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas de Laíño que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona de especial conservación. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.

Etiopía

Etiopía (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte nororiental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes, que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria. É o décimo país africano en extensión con 1 104 300 quilómetros cadrados. A súa capital é Adís Abeba, situada uns poucos quilómetros ao oeste do Rift de África Oriental que divide ao país entre as placas nubia e somalí.

Etiopía, e tamén Eritrea, usan o alfabeto ge'ez, un dos alfabetos máis antigos do mundo en uso. O calendario etíope, que vai aproximadamente sete anos e tres meses por detrás do calendario gregoriano, coexiste desde hai tempo co calendario borana. A relixión maioritaria é o cristianismo, principalmente a igrexa etíope tewahedo. O histórico reino de Aksum foi un dos primeiros estados en adoptar oficialmente a relixión cristiana. Arredor dun terzo da poboación e musulmá, principalmente da rama sunnita. As relacións do país co islamismo remóntanse aos inicios deste, cando o reino de Aksum acolleu a algúns dos primeiros seguidores de Mahoma que fuxían das persecucións que estaban sufrindo na Meca. De feito a vila de Negash, que naquela época formaba parte do reino de Aksum, está considerada como o primeiro asentamento musulmán en África. Ata a década de 1980 houbo unha considerable poboación de xudeus etíopes, coñecidos como Beta Israel. Etiopía é unha nación multilingüe con arredor de 80 grupos etnolingüísticos, dos que os máis numerosos son os oromo, os amháricos, os somalís e os tigriña. A maioría da xente fala linguas afroasiáticas das ramas cuxita ou semítica. Adicionalmente, minorías étnicas que habitan as rexións do sur, falan linguas omóticas. Linguas nilo-saharianas son faladas por minorías étnicas do pobo nilótico. A lingua oromo é a máis numerosa en falantes nativos, mentres que a amhárica é a máis populosa en número total de falantes e serve como lingua de traballo no goberno federal e como lingua franca do país. O ge'ez conserva a súa importancia como lingua litúrxica, tanto para a igrexa etíope tewahedo como para os xudeus de Bete Israel.

A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país. O Macizo etíope é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as Covas de Sof Omar conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con Marrocos e Suráfrica, co maior número de sitios Patrimonio da Humanidade (9). Ademais, Etiopía é membro fundador da Organización das Nacións Unidas, da Organización para a Unidade Africana, do Movemento de Países non Aliñados , do Grupo dos 24 e do Grupo dos 77. Ademais a capital, Adís Abeba, é a sede da Unión Africana, da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas ONGs que traballan en África. Desde 1961, cando comezou a guerra de independencia de Eritrea, ata o ano 2008, Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha guerra civil. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía e o país máis populoso de África Oriental.

Fecundidade

A fecundidade é a realización efectiva da fertilidade, é dicir, a abundancia da reprodución biolóxica. Como concepto demográfico mídese polo número medio de fillos por muller, ou índice de fecundidade. Pode aplicarse tamén a calquera especie biolóxica ou ata á terra mesma.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Illa de Nadal

O Territorio da Illa de Nadal (en inglés: Territory of Christmas Island) é un territorio sen autogoberno de Australia no océano Índico, a 2.360 ao noroeste de Perth, no estado de Australia Occidental e a 500 km ao sur de Iacarta, a capital de Indonesia. Na illa viven unhas 2000 persoas, divididas en poboados no extremo setentrional da mesma. Os asentamentos chámanse: Silver City, Flying Fish Cove (tamén coñecida como Kampong), Poon Saan e Drumsite. A maioría da poboación é chinesa australiana. Foi nomeada "Illa de Nadal", porque foi descuberta o día de Nadal (25 de decembro 1643).

O illamento e a mínima perturbación humana da xeográfica da illa deu lugar a un alto nivel de endemismo entre a súa flora e fauna, que é de interese para os científicos e naturalistas. 63% dos seus 135 km2 son un parque nacional australiano. Existen grandes áreas de bosques monzónicos primarios.

O fosfato, depositado orixinalmente como guano, é extraído na illa desde fai moitos anos.

Montana

Para o lugar da parroquia de Alcabre, véxase Montana, Alcabre, Vigo

Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores. A pesar disto, Montana é un dos Estados menos poboados do país, cunha poboación de 902 194 habitantes e unha densidade demográfica de 2,39 hab/km², respectivamente a sétima e a terceira menor do país (ano 2000).

Xeograficamente, o leste do Estado é dominado polas Grandes Planicies, en canto que o oeste do Estado está dominado polas Montañas Rochosas. O nome do Estado, provén da palabra castelá “montaña”, por causa da presenza das Montañas Rochosas na rexión. Ironicamente, as vastas planicies abertas de Montana dánlle o sobrenome de “The Big Sky Country” (O País dos Grandes Ceos). Outros sobrenomes son “Land of Shining Mountains” (Terra das Montañas Brillantes), ”Treasure State” (Estado Tesouro) ou the last best place (o último mellor lugar).

A economía baséase principalmente na agricultura e na extracción de madeira e minerais. O turismo é tamén un factor importante na súa economía, con millóns de visitantes ao ano ao Parque Nacional dos Glaciares, ao lugar da batalla de Little Bighorn e ao Parque Nacional de Yellowstone.

Pirámide

A pirámide ( pronunciación ) pode ser:

En xeometría, a pirámide é un poliedro.

En arquitectura, a pirámide é unha construción. Entre elas temos as seguintes:

Pirámide de Zoser ou Pirámide escalonada que é a tumba do faraón Zoser de Exipto.

Pirámide de Cestio que é un monumento funerario da Antigüidade, situado preto da porta de San Paulo en Roma.

A Necrópole de Gizeh que contén entre outras a Gran Pirámide de Gizeh, en Exipto

En economía, pirámides, estafa mediante Esquema Ponzi

En diagramas, a:

Pirámide de poboación, representación gráfica da distribución por idade e sexo da poboación,

Pirámide nutricional, diagrama que indica en que proporcións inxerir os distintos tipos de nutrientes na dieta diaria,

Pirámide de Maslow, diagrama sobre a xerarquización das necesidades humanas;

Pirámide ecolóxica ou Pirámide trófica, na que se representa graficamente a estrutura trófica dun ecosistema e que pode ser de tres tipos:

Pirámide de números

Pirámide de enerxía

Pirámide de biomasa

Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Socioloxía

A socioloxía é o conxunto de coñecementos que tratan de explicar o comportamento do ser humano en sociedade. Estuda a lóxica social, ocupándose das razóns que explican os comportamentos xerais das persoas. os comportamentos particulares son obxecto de estudo da Psicoloxía. A perspectiva da "axencia" entende que a socioloxía soamente pode traballar sobre tendencias xerais, visto que o comportamento dos seres humanos é libre e, polo tanto, imposible de predicer exactamente. Aproximacións estruturais suxeren o contrario: os individuos que están completamente condicionados ou determinados polas estruturas sociais, son meras marionetas de estruturas superiores.

A socioloxía estuda a sociedade humana e, máis concretamente, as diversas colectividades que a forman e as causas que orixinan as desviacións e mudanzas sociais.

Terceira idade

O termo terceira idade fai referencia á poboación de persoas maiores e xubiladas, normalmente 65 ou máis anos. Este grupo de idade está crecendo na pirámide de poboación ou distribución por idades na estrutura da poboación, a baixa taxa de natalidade e a mellora da calidade de vida e a esperanza de vida son as causas principais que producen este feito.

Os nados no ano 1945 e seguintes, están agora entrando no grupo dos maiores. Isto crea tensións, pois aumentan os orzamentos da seguridade social e a poboación activa estaríase adaptando a esta nova situación, que aínda ten unha aptitude estereotipada de prexuízos, visible na redución do presunto problema a Política social de Seguridade social e máis Residencias.

Pero a incipiente nova Socioloxía da terceira idade ten outras dimensións: considerar a estas persoas como un grupo cultural nunha estratificación da poboación por grupos de idade, Igualdade de trato. Igualdade de Dereitos, pero isto na práctica pódese traducir pobremente ou só nun interesante segmento de consumidores e de clientela política, que de novo é reduccionista, pois asume homoxeneidade, ademais a exclusión do mercado laboral remunerado non quita a súa inclusión en actividades típicas do voluntariado, comisións municipais, residencias, centro social, bibliotecas e outras institucións con enfoque comunitario, asociacionista e participativo como persoa e cidadán, Shanas (1968 e 1977), co concepto da 'construción social da terceira idade' contra conceptos discriminantes, que como símbolos e sentimentos poden ser cambiados, Butler (1975 e 1980), removendo cara a adiante a nova idade e isto é obvio cun enfoque de interaccionismo simbólico, Henslin (2000), e manterse activo é a 'Teoría da Actividade', con perspectiva funcionalista, para ser útil e máis feliz. Finalmente hai outro punto de vista de conflitos intergxeracionais e da súa solución en substitucións de cohortes.

A terceira idade é estudada pola Xeriatría e a Xerontoloxía desde puntos de vista de Calidade de vida e fundamentos científicos.

Unha Tecnoloxía social desenvolveuse como apoio e industrialización de avances científicos.

O tema da senectude como preparación para a vellez preocupou a Platón (s. -V) en 'A República' e Cicerón (s. -II) en 'De Senectude' son escritos na ontoloxía das categorías de idades, que se configurou arredor de 'modos de ser', relacionados co decurso mesmo da vida persoal. Hai parágrafos que no esencial son idénticos en ambos autores. As 'apostilas ó diálogo da vellez' en Internet é un eloxio ó pensamento de Cicerón.

As diferentes denominacións: senectude, ancianidade, vellez, maiores, segunda mocidade, terceira idade, 'seniors', 'aging', teñen o propósito de esquecer prexuízos. Tamén os estudos sociolóxicos asignaron prioridades ó tema e varían nas distintas sociedades e épocas a par de vivenda, saúde e transportes, que son algunhas das necesidades primarias e nalgúns casos alimentación. Tamén hai abuso dos maiores como discriminación por idade nos ambientes laborais.

O Día Internacional das Persoas de Idade celébrase o 1 de outubro.

Xapón

O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".

O país nipón é un arquipélago estratovolcánico composto por 6 852 illas. As catro máis grandes e principais illas son Honshu, Hokkaido, Kyūshū e Shikoku, que en conxunto constitúen aproximadamente o 97% da superficie terrestre nacional. O Xapón é ademais o décimo país máis poboado do mundo, con máis de 127 millóns de habitantes. Na súa capital Toquio residen máis de 9 millóns de persoas, sendo a sexta cidade con maior poboación do mundo, e a súa área metropolitana é a concentración urbana máis grande do mundo con máis de 36 millóns de habitantes.Investigacións arqueolóxicas indican que as illas estaban habitadas xa no Paleolítico superior, aínda que non hai ningunha referencia escrita que fale do Xapón até o século I. A historia do Xapón caracterízase pola influencia doutras rexións, principalmente a China e posteriormente a Europa occidental. Dende o século XII até o ano 1868 o Xapón foi gobernado por sucesivas ditaduras militares feudais (shogunatos) en nome do emperador. Este longo período de illamento no que estaba somerxido non terminou até o ano 1853 cando unha frota dos Estados Unidos exerceu a presión para forzar a apertura do país a Occidente. Logo de case dúas décadas de conflito interno e insurrección, o emperador Meiji foi restituído como xefe de Estado en 1868. Este proclamou o Imperio do Xapón e converteuse no símbolo divino da nación. A finais do século XIX e comezos do XX, unha serie de vitorias na primeira guerra sino-xaponesa, na guerra ruso-xaponesa e na primeira guerra mundial permitiron ampliar o territorio do Imperio durante un período de crecente militarismo. A segunda guerra sino-xaponesa de 1937 espallouse ata formar parte da segunda guerra mundial no 1941, rematando no 1945 tralo bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Dende a adopción da Constitución revisada de 1947, o Xapón mantén unha monarquía constitucional unitaria, cun emperador (Tennō) e un parlamento democrático chamado Kokkai, no sistema coñecido como Dieta do Xapón.

Xapón é membro das Nacións Unidas, do G7, do G8 e do G20, e está considerado unha das principais potencias mundiais. No 2015 era o terceiro país do mundo por PIB nominal e o cuarto por PIB de paridade de poder adquisitivo, así como o cuarto maior exportador e importador mundial. Aínda que o Xapón renunciou oficialmente ao seu dereito a declarar a guerra, mantén unha forza militar moderna usada para funcións de autodefensa e mantemento da paz, cuns dos maiores orzamentos mundiais. É un país desenvolvido cun alto nivel de vida e un Índice de Desenvolvemento Humano alto, coa maior esperanza de vida e a terceira menor mortalidade infantil do mundo, na primeira posición en canto a número de premiados co Nobel de Asia. É o primeiro país no Global Competitiveness Report de 2015-2016 e o primeiro país asiático no Índice Global de Paz. Foi tamén o primeiro país de Asia anfitrión duns Xogos Olímpicos de verán e inverno.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.