Pinacoteca

Denomínase pinacoteca o museo que contén un acervo de pinturas. A orixe desta palabra, que significa «sala que contén unha colección de cadros», é a palabra latina "pinacotheca", derivada do grego antigo "pinacothêkê" : pinax+ akos, é dicir, cadro e caixa (thêké).

Florenz Uffizien
Galleria degli Uffizi en Florencia, unha importante pinacoteca italiana.

Características

As pinacotecas acostuman conter cadros de pintores nacionais e internacionais, mais xeralmente o acervo permantente está focado na arte nacional ou rexional. Decote é o lugar destinado a exposicións temporarias, e ás veces a obra de artistas de renome internacional.

Algunhas pinacotecas de renome son a Gemäldegalerie de Berlín, a Pinacoteca de París, a Alte Pinakothek e mais a Neue Pinakothek de Múnic, o Museo do Prado de Madrid, a Mauritshuis da Haia ou a Pinacoteca vaticana, un dos museos de arte pictórica da Igrexa Católica.

Véxase tamén

Outros artigos

Andrea Mantegna

Andrea Mantegna, nado en Vicenza c. 1431 e finado en Mantua o 13 de setembro de 1506 foi un pintor e gravador italiano do Renacemento. Foi o primeiro grande artista da Italia setentrional.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Casa de Fernando Carreras

A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica. Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.O edificio atópase na esquina entre a rúa da cidade do Porto coa rúa Areal, e é o único edificio que mantén unha aliñación distinta na rúa Areal, como consecuencia de cambios no proxecto inicial da edificación da rúa.

Colexio da Nosa Señora da Antiga

O colexio da Nosa Señora da Antiga, tamén coñecido como os Escolapios, é un edificio de estilo herreriano construído a finais do século XVI na vila de Monforte de Lemos, na Ribeira Sacra. É coñecido a miúdo como o Escorial galego, por ser unha das poucas manifestacións deste estilo nesta comunidade, caracterizado pola regularidade das súas formas e a sobriedade nos detalles.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

La Felguera

La Felguera é a parroquia máis grande do concello de Langreu e a quinta localidade asturiana tras Xixón, Oviedo, Avilés e Mieres, cunha poboación de 20.000 habitantes.

La Felguera era un núcleo rural ata a chegada, no século XIX, da industria siderúrxica, que aproveitaba as boas comunicacións (Ferrocarril de Langreu, terceiro ferrocarril español), a auga do río Nalón e o carbón das minas que se explotaban desde o século XVII. "La Felguera" converteuse no centro siderúrxico máis importantes de España, situación que acabou e empeorou coa crise industrial que sufriu Asturias, e máis particularmente as "Cuncas Mineiras" no século XX.

Actualmente acubilla o centro de novas tecnoloxías de Valnalón e o Museo da Siderurxia. As súas construcións máis importantes son os edificios da antiga fábrica, aproveitados hoxe para novas industrias ou como patrimonio industrial, a igrexa de San Pedro, a capela de Santa Lourdes, o Chalet de Enxeñeiros, o Chalet Bustelo, as vivendas na ruela Conde Sizzo, o Barrio Urquijo, a estatua de Pedro Duro, o Mercado, o edificio da Salle Vella, a Pinacoteca de Eduardo Úrculo e tres parques: Dores F Duro, García Lago e Sutu.

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa».Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Museo Thyssen-Bornemisza

O Museo Thyssen-Bornemisza é unha pinacoteca de mestres antigos e modernos situada en Madrid (España). A súa existencia débese ao acordo de arrendamento (1988) e á posterior adquisición, por parte do Goberno español (1993), do núcleo máis valioso da colección privada reunida ao longo de sete décadas pola familia Thyssen-Bornemisza. Este fondo artístico achegou numerosos exemplos de pintores estranxeiros ausentes dos museos españois, desde o gótico dos séculos XIV e XV (Duccio, Jan van Eyck) ata o pop art e os anos 1980 (Roy Lichtenstein, Lucian Freud), polo que veu a complementar o repertorio exposto nos dous principais centros estatais, o Museo do Prado e o Raíña Sofía. A apertura do Museo Thyssen-Bornemisza en 1992 deu lugar, ao unirse a estes dous museos, ao chamado Triángulo da Arte do paseo del Prado, área museística de Madrid que concentra o acervo pictórico máis importante de España.

A institución, xestionada por unha fundación baixo control público, ten a súa sede nun edificio histórico, o Palacio de Villahermosa, onde exhibe o groso da súa colección: máis de 700 obras (outras sesenta expóñense en depósito no MNAC de Barcelona). Grazas a un anexo sumado en 2004 ampliou a súa exhibición cunhas 240 pezas máis, prestadas por Carmen Cervera, viúva do barón Thyssen. Paralelamente, o museo alberga múltiples exposicións temporais.

Segundo The Art Newspaper, baseándose en datos facilitados polos propios museos, en 2013 o Thyssen foi o quinto museo máis visitado en España, con 944.827 visitantes, situándose no posto número 61 do seu ránking dos 100 museos de arte máis visitados do mundo.

Múnic

Múnic (en alemán: München, [ˈmʏnçn̩] (AFI), escoitar; en bávaro Minga) é a capital do estado (Bundesland) de Baviera. É, tras Berlín e Hamburgo, a terceira cidade en tamaño de Alemaña, cunha poboación duns 1.261.000 habitantes (2003). Está á beira do río Isar. Coñecida nalgúns ámbitos polo seu equipo de fútbol (o Bayern de Múnic) e pola súa cervexa, base da chamada "Oktoberfest" ou por ser sede olímpica das Olimpíadas de 1972.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Téramo

Téramo (en latín: Interamnia Praetutiana, Interamnia ou máis raramente Interamnium e Interamna) é unha cidade da rexión italiana de Abruzzo, capital da provincia de Teramo.

A cidade, de 55.015 habitantes (en 2008), está situada preto da confluencia dos ríos Vezzola e Tordino. Do mesmo xeito, trátase dunha cidade moi antiga, fundada en tempos pre-romanos.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.