Pilastra

Unha pilastra é un piar ou columna achegado a un muro ou parede. A súa función pode ser estrutural, sostendo teito, tellado, entaboamento, moldura ou arquitrabe, ou simplemente decorativa. A pilastra (palabra derivada de pila) adoita estar composta dos mesmos elementos construtivos que as columnas ou piares, como son base, fuste e capitel, segundo as diferentes ordes arquitectónicas.

Pazo Urzáiz Cadaval, portal
Pilastras no portón do Pazo de Cadaval, Nigrán.

Historia

As primeiras pilastras pétreas coñecidas erixíronse no complexo funerario do faraón Zoser, na actual Saqqara, Exipto, como elemento semi-decorativo, sen perder a súa función estrutural, imitando troncos vexetais agrupados -o seu inmediato precedente-, a modo de columnas achegadas ao final dun muro. Na arquitectura grega existe poucos exemplos de pilastras, debido a que os elementos estruturais configuraban a forma dos edificios. Nas construcións da Roma Antiga utilizáronse profusamente.

Un caso singular de uso de pilastra prodúcese na arquitectura gótica, onde os elementos que soportaban as bóvedas de crucería eran os piares cruciformes (é dicir, en forma de cruz vistos en sección). Estes piares teñen esta forma porque é un piar que en cada unha das súas catro caras «adheríuselle» unha pilastra que é continuación do «nervio» do arco correspondente, conformando o conxunto esta forma de elementos nervados tan característicos do Gótico.

Como a finalidade decorativa das pilastras era moi apreciada, foi perdendo a súa función sustentante, achegándose máis ao muro, incluso ata encastarse nel. Este punto de inflexión foi dado, en xeral, na arquitectura renacentista, especialmente no Cinquecento e Manierismo, e foi usada moi amplamente no Barroco, en especial en fachadas e altares. A proliferación destas no Barroco fixo xurdir variantes da simple pilastra como o estípite, pilastra ou piar cuxo tronco ou fuste está en forma de tronco invertido de pirámide, especialmente abundantes no Barroco español.

Coa evolución da arquitectura, o uso de novos materiais, e o mellor coñecemento do empuxe e transmisión das forzas para sustentar a edificación, vaise facendo menos necesario o uso de piares, columnas e pilastras.

Galería de imaxes

Pilaster (PSF)

Debuxo.

ColumnsOaxCathedral

Catedral de Oaxaca, México.

Columnes de la portada de la catedral de Sogorb

Catedral de Sogorb, Castelló.

Pilastra entra arcs del convent de sant agustí de Xàtiva

Convento en Xàtiva, Valencia.

Véxase tamén

Bibliografía

Acanaladura

As acanaladuras son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo.

Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten acanaladuras e son opcionais para as outras ordes.

As acanaladuras eran usadas con motivo decorativo na antigüidade, aínda que actualmente tamén se empregan na fabricación de mobles, na artesanía e na industria metalúrxica.

Amiadoso, San Martiño de Pazó, Allariz

Amiadoso é un lugar da parroquia de San Martiño de Pazó, no concello ourensán de Allariz, na Comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE, en 2013 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres).

Balaústre

Un balaústre é cada unha das pequenas columnas que sosteñen o peitoril ou a varanda dos balcóns, corredores, solainas, escaleiras etc. Forman no seu conxunto, unidas co traveseiro superior ou pasamáns, a balaustrada.

Son un paso máis na evolución dunha simple varanda de esteos de madeira ou ferro, son pois elementos de ornamentación moi usados na arquitectura que tem como base unha tendencia estética, por exemplo romana, francesa, grega ou outra. Consecuentemente a súa forma pode ser en pilastra abaulada, en estilo ou estampa grega panhelénico, xónico con entalles romanos ou unha forma ecléctica contemporánea cun toque gótico etc. Tamén existe a tipoloxía formal composta por pilastra recta, sen entalles ou só abaulada lisa, ou sexa, sen referencia a un estilo estético específico.En Galicia forman parte da evolución das varandas sinxelas de madeira dos patíns e corredores da casa tradicional, cara as solainas de pedra traballada que aparecen en pazos e casas grandes. Tamén aparecen balaustradas traballadas nos balcóns de diferentes edificios en vilas e cidades, así coma en escaleiras públicas e elementos de igrexas e catedrais.

Ademais das balaustradas de pedra, o proceso moderno consiste en crear unha balaustrada de formigón, cun molde de plástico ríxido, dividido en dúas partes ou único, premoldado, onde se adiciona unha mestura de cemento, area e grixo de pequeno tamaño, ás veces enxertando no seu interior unha armazón de ferro a fin de dar estabilidade ao conxunto. Despois de vinte e catro horas desenmóldase con coidado.

Os balaústres non só teñen un uso práctico como parapetos, varandas ou peitorís, senón que son elementos ornamentais, reflectindo o estilodo conxunto arquitectónico onde se insere.

Capitel

Para a agulla ou remate da columna véxase chapitel.

O capitel (do latín caput, capitis 'cabeza' ou 'testa'), é un elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da columna, piar ou pilastra para transmitir a estas pezas estruturais verticais as cargas que recibe do entaboamento horizontal ou do arco que se apoia nel. Ademais desta misión estrutural cumpre outra de índole compositiva, pois actúa como peza de transición entre dúas partes construtivas tan diferentes como aquelas entre as que se interpón. Por veces tamén é chamado chapitel, se ben este termo designa máis propiamente o remate en agulla dunha torre, campanario ou igrexa).

Aínda que hai unha gran variedade de capiteis, a forma tipo estaría formada por: un astrágalo, moldura que corre ao redor do fuste da columna na base do capitel; un tambor, que é o corpo propiamente dito do capitel, con forma reducible a un tronco de cono ou pirámide invertida; e un ábaco, taboleiro prismático que remata o capitel e que sostén directamente o arranque do arco ou o lintel.

Os primeiros capiteis coñecidos teñen a súa orixe no antigo Exipto. O seu aspecto é con preferencia papiriforme ou lotiforme, pero tamén os hai con calquera outro tema vexetal. En Persia empregáronse capiteis formados por dúas figuras contrapostas que deixaban entre elas un rebaixe no que se apoiaba a arquitrabe. Pero o desenvolvemento e masivo emprego do capitel débese á arquitectura grega e romana que fixeron del un elemento clave das súas ordes arquitectónicas clásicas. O seu deseño correspóndese coas respectivas ordes. Así, a dórica, carente de astrágalo, só ten equino e ábaco, os dous lisos e moi sinxelos; a xónica caracterízase polas volutas que configuran as súas catro esquinas; a corintia, máis esvelta que a anterior, ten todo o tambor decorado por follas de acanto; a toscana é semellante á dórica, inclúe un colariño; a composta é unha combinación de xónica e corintia, adoptando as volutas dunha e as follas de acanto da outra.

Coa chegada do Renacemento e o Neoclasicismo volveuse á utilización dos capiteis clásicos segundo os canons das ordes arquitectónicas gregas e romanas.

Cariátide

A cariátide (grego antigo Καρυάτις, plural: Καρυάτιδες) é unha figura feminina esculpida, con función de columna ou pilastra, cun entaboamento que descansa sobre a súa cabeza. O máis típico dos exemplos é a Tribuna das Cariátides no Erecteion, un dos templos da Acrópole ateniense.

O seu nome quere dicir habitantes da cidade de Caria (Καρυές), na Laconia, e vén, segundo é dito, de que sendo esta cidade aliada dos persas durante as Guerras Médicas, os seus habitantes foron exterminados polos outros gregos e as súas mulleres foron convertidas en escravas, e condenadas a levar as máis pesadas cargas, sendo estas representadas como tales nas columnas dos edificios.

En 1550, Jean Goujon (arquitecto e escultor do rei Henrique II de Francia) tallou unhas cariátides no Louvre, que sosteñen a plataforma dos músicos na sala dos gardas suízos (actualmente chamada das Cariátides). Goujon só coñecera as cariátides do Erecteion mediante inscricións e nunca vira as orixinais.

Cando a figura empregada como columna é masculina, chámase atlante ou telamón.

Chapitel

Un chapitel ou agulla é un elemento arquitectónico que se sitúa na parte superior dunha torre, campanario ou igrexa a modo de remate. Por veces o termo tamén é empregado como sinónimo de capitel, elemento de remate superior da columna ou da pilastra.

A forma dos chapiteis pode variar en función dos diferentes estilos arquitectónicos: poden ser de forma piramidal, cónica ou bulbosa e terminar en forma de frecha aguda. Destaca o seu uso no gótico, no que se converten na culminación visual do templo e símbolo de achegamento a Deus.

Edificio

A palabra edificio quere dicir facer fogo (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade.

Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.

A inventiva humana foi mellorando as técnicas de construción e elaborando as diversas partes do edificio, ata facer da actividade de edificar unha das Belas Artes: a Arquitectura.

Edícula

Unha edícula (do latín, aedĭcŭla, en plural, aedĭcŭlae) é unha construción pequena empregada como remate doutra, ou un templete que pode servir como tabernáculo ou relicario, entre outras finalidades. É un diminutivo de aedis ou aedes, que significa templo. Aparecen tanto na arquitectura clásica coma na gótica.

Estípite

O termo estípite pódese referir a :

Estípite (botánica), talo longo sen ramificacións, de diámetro constante desde o pé ata a cima, típico das palmeiras.

Estípite (arquitectura), pilastra con forma de tronco de pirámide invertido, común no barroco.

Estípite (arquitectura)

O estípite é unha pilastra troncopiramidal invertida que ás veces ten funcións de apoio. É frecuente velos superpostos uns a outros. A súa orixe está nas columnas micénicas de éntase invertido.

Igrexa da Soidade de Vigo

A igrexa da Soidade de Vigo é un templo católico construído en pedra no ano 1957 polo arquitecto galego Antonio Cominges Tapias. Igrexa de estilo neoclasicista, próstilo de nave rectangular, inspirada na igrexa parisiense da Madalena de Vignon. Na fachada principal sitúase un pórtico tretástilo no que están presentes todos os elementos da orde xónica. Na entrada principal mantense o sistema clásico e en cada ángulo do paramento frontal incorpórase unha pilastra xónica. Foi promovida polo que foi bispo vigués de Madrid-Alcalá Leopoldo Eijo Garay do seu propio peculio e doada polos seus herdeiros ao Bispado de Tui-Vigo o 9 de outubro de 1964.

Igrexa de San Xurxo da Coruña

A igrexa de San Xurxo é un templo relixioso católico da cidade da Coruña de estilo barroco, construída entre 1725 e 1906. Está situado na praza do Marqués de San Martín, nas inmediacións da praza de María Pita, ao lado esquerdo da casa do concello da cidade herculina.

Imposta

Imposta o saínte prismático a modo de capitel rudimentario que se coloca sobre unha columna, machón ou pilastra. En arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.

Tamén se denomina imposta a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos. Pode recibir os nomes de imposta corrida, corón ou cincho.

Jean Behra

Jean Marie Behra nado en Niza, Francia, o 16 de febreiro de 1921 e finado en Berlín, Alemaña o 1 de agosto de 1959 foi un piloto de Fórmula Un que correu para os equipos Gordini, Maserati, BRM, Ferrari e Porsche.

Listel

Un listel, en arquitectura, é unha moldura convexa de sección cadrada ou rectangular, con forma de lista longa e estreita, que xeralmente separa outras dúas.

É o espazo que queda entre as acanaladuras do fuste dunha columna ou dunha pilastra.

Tamén recibe o nome de filete.

Mesa (homónimos)

A palabra mesa pode facer referencia a:

MoblesMesa, moble formado por un taboleiro sostido horizontalmente por patas ou pés, que se utiliza para comer, escribir, traballar ou xogar.

Mesa de braseiro, mesa de taboleiro circular con faldras, que pode dispoñer dun braseiro ou estufa.

Mesa de cabeceira ou mesa de noite, moble pequeno, xeralmente con caixóns e/o baldas, que se coloca ao lado da cabeceira da cama para os servizos necesarios.

Mesa de debuxo, táboa de madeira onde se pode fixar unha folla de papel para facer un debuxo.

Mesa de instrumental, mesa, ordinariamente metálica, onde se deposita o instrumental médico-cirúrxico.

Mesa de operacións, mesa metálica que é fácil de esterilizar e articular e que se usa en cirurxía para colocar o paciente no acto operatorio.

Mesa de xogo, tipo de moble deseñado para practicar xogos de mesa sobre el.

Mesa de billar, taboeiro grande, cuadrangular, provisto de bandas elásticas con cantos, e recuberta cun feltro verde ben tirante, sobre a que se fan correr as bólas do xogo do billar golpeándoas cos tacos.

Mesa de pimpón, mesa de forma rectangular e medidas regulamentarias (2,74 m de longo, 1,525 m de largo e 0,76 m de alto) que ten unha rede divisoria no medio de 15,25 cm de alto, e sobre a que se xoga ao pimpón.

Mesa luminosa, dispositivo de visualización que se utiliza para revisar películas fotográficas ou ilustracións transparentes.MitoloxíaMesa Redonda, na lenda do rei Artur, mesa mítica do castelo de Camelot, onde Artur rodeouse dos cabaleiros máis valentes e honestos: Lanzarote (fillo adoptivo de Viviane), Perceval (fillo de Pellinore), Gawain (fillo do rei Lot e Morgause) e outros, e xunto con eles fundou a Orde da Mesa Redonda.

Mesa de Salomón, mesa na que se conta que nela o rei Salomón escribiu todo o coñecemento do universo.TopónimosCondado de Mesa, condado do estado de Colorado, Estados Unidos.

La Mesa, municipio colombiano na provincia de Tequendama.

Las Mesas, poboación do Estado de Táchira, Venezuela, capital do municipio Antonio Rómulo Costa.

Las Mesas, rexión natural do oriente de Venezuela.

Mesa, cidade do estado de Arizona, unha das maior poboadas dos Estados Unidos.

Mesa, lugar do estado de California, Estados Unidos.

Mesa dos Catro Cabaleiros, lugar situado na montaña da Legua, en Pena Redonda, nos límites dos concellos da Pobra do Brollón, Samos, O Incio e Folgoso do Courel, Galicia.

Mesas de Ibor, municipio da provincia de Cáceres, España.

Parque Natural de Las Ubiñas-La Mesa.

Parque Nacional Mesa Verde (Mesa Verde National Park), Estados Unidos.Ciencia e técnicaAstronomía

Mesa, unha constelación (en latín, Mensa).

Enxeñería do audiovisual

Mesa de mesturas de son, ou mesa mesturadora, dispositivo empregado en enxeñería de son no que se mesturan sinais de son, para a gravación, a edición ou a reprodución de sons (música ou de calquera outro tipo).

Mesa de mesturas de vídeo, sistema que permite seleccionar, mesturar e manipular diferentes fontes de vídeo.

Informática

Mesa, linguaxe de programación.

Mesa 3D, biblioteca gráfica de código aberto.

Black Mesa, varios artigos relacionados co videoxogo Half-Life.

Xeoloxía (xeomorfoloxía)

Mesa, formación xeolóxica en forma de mesa, constituído por un recheo estrutural formado por un estrato horizontal illado, de superficie plana e beiras abruptas, moi resistente á erosión.

Véxase tamén Meseta e Meseta oceánica.PersonalidadesJosé Antonio Mesa Toré, poeta español nacido en 1963.

Juan Carlos Mesa, humorista arxentino nacido en 1930.

Enrique de Mesa, poeta e crítico teatral español (1878-1929), pertencente á Xeración do 98.

Francisco Cabello y Mesa, militar e escritor español (1765-1814), que editou os primeiros xornais dos actuais Perú, Arxentina e Uruguai.

Octavio Mesa Gómez, compositor e cantante colombiano (1930-2007).MisceláneaHistoria

Mesa, monumento prehistórico da cultura talaiótica exclusivo de Menorca, que consta dunha pilastra monolítica de sección rectangular moi alongada, que fai de apoio a unha gran lousa plana, rectangular, colocada en posición horizontal.

Mesa de cambio, lugar onde os cambiadores ou cambistas poñían as moedas e facían o cambio manual dunhas moedas por outras.

Política

Mesa, institución xurídica que forma parte dos parlamentos, encargada de regular a súa actividade.

Mesa de idade, órgano de goberno, de carácter transitorio, que preside inicialmente as sesións constitutivas dunha cámara ou asemblea.

Mesa de Forzas Políticas Galegas, plataforma política, formada o 11 de xuño de 1980, que pretendía unir o nacionalismo galego para dotar a Galicia de forzas políticas propias que exerceran a hexemonía política no país para conseguir a soberanía nacional.

Mesa electoral, órgano da administración electoral que se encarga de presidir a votación dun distitito e levar a cabo o escrutinio.

Xogos

Xogos de mesa, xogos que se xogan sobre unha mesa (baralla, dados, parchís etc.). Neles cómpre distinguir entre os que se fan directamente enroba da mesa dos que se practican nun taboleiro de xogo, normalmente situado enriba dunha mesa.

Tenis de mesa, sinónimo de pimpón.

Outros

Mesa de contratación, organismo que, nas adxudicacións de determinados contratos de obras, decide sobre as diferentes opcións.

Mesa do rodicio, ou raira, trabe de madeira, disposta horizontalmente, que sostén o sistema mecánico do rodicio.

Mesa petitoria, mesa instalada nalgún lugar para solicitar donativos para algún fin benéfico ou para recoller sinaturas para reivindicar algo.

Mesa pola Normalización Lingüística, organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega.

Mesa redonda, grupo de discusión en torno a un tema relevante, dirixida por un moderador.

Piar

En enxeñería e arquitectura un piar ou esteo é un elemento vertical (normalmente de sección cadrada) sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que, a diferenza da columna, ten sección poligonal. O máis frecuente é que sexa cadrado ou rectangular, pero pode ser tamén octogonal. Prioriza a súa capacidade portante, polo cal proxéctanse con liberdade de formas.

Na construción contemporánea é o elemento predominante para transmitir cargas verticais, podendo estar realizado en diversos materiais: bloques de fábrica, formigón armado, aceiro, madeira etc.

Os piares reciben ás trabes que compoñen os forxados transmitindo a través destas as cargas que afectan a toda a área de influencia do piar. En forxados sen vigas a transmisión prodúcese a través dun ábaco.

A área da súa sección vén dada principalmente pola carga de pandeo e o momento flector que o piar deba soportar. Ás veces, e a imitación da columna, pode presentar tamén tres partes: base, fuste e capitel. Se en lugar de exento vai acaroado ao muro denomínase pilastra. Tamén se poden presentar agrupados, xunto con columnas, conformando o chamado piar composto.

Os esteos empréganse en construcións coma as viñas, as casas ou os hórreos para permitir vans maiores e tabiques que non sexan de carga.

San Martiño de Pazó, Allariz

San Martiño de Pazó é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Está rodeada polas parroquias allaricenses de Allariz (Santiago), Seoane, San Trocado e Queiroás.

Sanchin

Sanchin (三戰, サンチン) é un kata do karate que ten orixe en Fuxián, sur daa China, región que é considerada coma o núcleo de varios estilos, e os máis ben coñecidos son os estilos de karate Goju-ryu e Uechi-ryu, e tamén os estilos de wushu chinés da Garza branca; dos Cinco Antepasados, Pangainun e o estilo de combinación da garza e do tigre, que é asociado con Ang Lian-Huat. Tam Hon ensinaba un estilo que era chamado sinceramente "saam jin" (cantonés para "Sanchin"). O nome "sanchin", con significado de "tres batallas", é ás veces interpretado como a batalla para unificar a mente, corpo, e espírito; con todo, hai outras interpretacións.A versión de sanchin utilizada pola maioría de estilos de karate foi creada polo fundador do estilo goju-ryu, mestre Chōjun Miyagi, e adestra unha técnica moi forte e tensa de puño, para empuxón. En Uechi-ryu e en Ryusei, o xeito de practicar o kata é máis próximo á versión chinesa con movmentos máis alíxeros de man que golpea coma unha serpe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.