Pilar Vázquez Cuesta

Pilar Vázquez Cuesta, nada en Chantada o 25 de abril de 1926 e falecida en Santiago de Compostela o 6 de marzo de 2019,[1] foi unha escritora e filóloga galega.

Pilar Vázquez Cuesta
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoPilar Vázquez Cuesta
Nacemento25 de abril de 1926
 Chantada
Falecemento6 de marzo de 2019
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritora e filóloga
PaiDaniel Vázquez Campo
NaiModesta Cuesta Gutiérrez
XénerosEnsaio
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Filla de Daniel Vázquez Campo,[2] deputado nas constituíntes de 1931 pola ORGA, dedicou a súa vida ao ensino. A súa tía Luísa Cuesta xa fora profesora da Universidade de Santiago[3] antes da guerra e a súa nai, Modesta Cuesta, foi a primeira muller Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela.[4]

Despois de terminado o Bacharelato, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e licenciouse en 1946. En 1976 acadou, por oposición, a praza de agregada de Lingua e Literatura Portuguesas na Universidade de Salamanca da que foi catedrática até 1988.[5] En 1988 volveu a Galiza cando se creou a Cátedra de Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela que detentou ata a súa xubilación en 1991, momento en que foi nomeada Profesora Emérita de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Estudosa da cultura portuguesa e brasileira e á súa difusión en España, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, destacando a súa gramática portuguesa en español con Maria Albertina Mendes da Lus.

Publicou estudos sobre Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, M. Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Lamas Carvajal...[6]

Publicacións

Ensaio

  • Gramática portuguesa (1949). Con Mendes da Lus, María Albertina (en castelán). Gredos. Madrid. Reeditada. II vols.
  • A poesía portuguesa actual (1976). Editora Nacional. Madrid. Ed. bilingüe castelán-portugués. 406 páxs. ISBN 9788427603318.
  • A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (19886). Europa-América. En portugués. 152 páxs.
  • O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Colibri. Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa. En Portugués.

Obras colectivas

Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980
Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.[7]
  • Situación e perspectivas do Galego, en Congresso sobre a situação da língua portuguesa no mundo, 1985, ICALP, Lisboa.
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Henrique Monteagudo e Fernando Dacosta.

Obras sobre a autora

  • Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta (1996). Universidade de Santiago. 834 páxs. ISBN 9788481214765.

Obra en castelán

Obras colectivas

  • Literatura Gallega, en Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, 1980, Taurus, Madrid.
  • A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, Xistral.

Distincións

Notas

  1. Mociño, Isabel (7/3/2019). "Pilar Vázquez Cuesta". La Voz de Galicia.
  2. Rina Simón, César (2015). "Pilar Vázquez Cuesta". Academia. Consultado o 7/3/2018.
  3. "Xornal electrónico. Acontece". www.usc.es. Consultado o 7/3/2019.
  4. "Historia de Chantada". Concello de Chantada. Consultado o 7/3/2019.
  5. "Pilar Vázquez Cuesta". www.aelg.gal. Consultado o 7/3/2019.
  6. "Pilar Vázquez Cuesta". Dialnet (en castelán). Consultado o 7/3/2019.
  7. Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

25 de abril

O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.

6 de marzo

6 de marzo é o 65º día do ano no calendario gregoriano e o 66º nos anos bisestos. Quedan 300 días para acabar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Daniel Vázquez Campo

Daniel Vázquez Campo, nado en Chantada en 1894 e finado en Ribadavia en 1940, foi un avogado e político galego.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.