Pieter Brueghel o Vello

Pieter Brueghel "o Vello", nado en Breda entre 1525 e 1530 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1569, foi un pintor flamengo, célebre polos seus cadros retratando paisaxes e escenas campestres.

Pieter Brueghel o Vello
Pieter Bruegel the Elder - The Painter and the Buyer, 1565 - Google Art Project
Suposto autorretrato (ca. 1565)
NomePieter Brueghel
Nacemento1526 e anos 1520xuliano
 Breda e Bree
Falecemento9 de setembro de 1569, 15 de setembro de 1569 e 5 de setembro de 1569
 Bruxelas
Nacionalidadeflamengo
Cónxuxe(s)Mayken Coecke
FillosPieter Brueghel o Novo e Jan Brueghel, o Velho
Eidopintura, gravado
Brueghel autograph

Traxectoria

Pieter Brueghel, coñecido como Pieter Brueghel "o Vello" (para distinguilo de seu fillo máis vello), foi o primeiro dunha familia de pintores flamengos. Asinou como Brueghel ata 1559, despois de que os seus fillos retiraron o "h" do apelido.

Pieter Brueghel o Vello, considerado como un dos mellores pintores flamengos do século XVI é o membro mais importante da familia. Probabelmente naceu en Breda (Países Baixos).

Foi admitido como mestre na Guilda de San Lucas con 26 anos, en 1551. Foi aprendiz de Coecke Van Aelst, artista de Antuerpen, escultor, arquitecto, deseñador de tapicerías e vitrais. Foi nesa altura que Brueghel viaxa a Italia, onde produce unha serie de pinturas, a maior parte das cales representan paisaxes. A súa primeira obra asinada e datada foi producida en Roma, no 1553.

En 1553 estableceuse en Antuerpen e dez anos despois mudouse para Bruxelas, de xeito permanente. Dez anos despois casou con Mayken, filla de Van Aelst, o seu antigo mestre.

Os seus cadros, que realzan o absurdo na vulgaridade, están no entanto plenos de animación e pequenos detalles, expondo as fraquezas e loucuras humanas. A súa fama creceu a través dos gravados publicados por Cock, mais a súa paixón pola figura humana tornouno o máis representativo pintor flamengo do século XVI.

Obra

The Harvesters by Brueghel
A Colleita (1565).

Existen aínda 45 pinturas sobreviventes que se dan por auténticas, e outras que se coñecen mais están perdidas. Unha terceira parte destas obras áchase no Kunsthistorisches Museum de Viena. Existe tamén un grande número de debuxos e gravados.

Pieter Bruegel the Elder - Peasant Wedding - Google Art Project
Voda campesiña (1568)
  • Paisaxe con Cristo e os apóstolos no Mar de Tiberíades, 1553, talvez pintada con Maarten de Vos; Colección Privada.
  • O peixe grande come o pequeno, 1556, Colección Albertina, Viena
  • Asno na escola, 1556, Kupferstichkabinett Staatliche Museen, Berlin
  • Parábola do sementador, 1557, Timken Museum of Art, San Diego
  • Paisaxe con a caída de Ícaro, c.1558, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Proverbios holandeses, 1559, Staatliche Museen zu Berlin - Gemäldegalerie, Berlín
  • Loita entre o Entroido e a Coresma, 1559, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Batalla naval no Golfo de Nápoles, 1560, Galería Doria-Pamphili, Roma
  • Retrato dunha anciá, 1560,
  • Xogos de nenos, 1560, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Saúl (Batalla contra os Filisteos no Xilboa), 1562, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Dous macacos, 1562, Staaliche Museen, Gemäldegalerie, Berlín
  • O triunfo da Morte. 1562, Museo do Prado, Madrid
  • A caída dos ánxos rebeldes, 1562, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Dulle Griet, c. 1562, Museum Mayer van den Bergh, Antuerpen
  • A torre de Babel, 1563, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A fuxida a Exipto, 1563, Courtauld Institute Galleries, Londres
  • A "pequena" Torre de Babel, c. 1563, Museum Boymans-van Beuningen, Rotterdam
  • Morte da Virxe, 1564, Upton House, Banbury, Reino Unido
  • Camiño do Calvario, 1564, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A Adoración dos Reis Magos, 1564, The National Gallery, Londres
  • Os meses. Un ciclo de seis ou doce pinturas dos meses ou estacións dun Libro de Horas, da que subsisten cinco:
    • Cazadores na neve (dicembre-xaneiro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Día nubrado (febreiro-marzo), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Colleita de feno (xuño-xullo), 1565, Museo Nacional, Praga
    • Os seitureiros (agosto-setembro), 1565, Metropolitan Museum of Art, Nova York
    • O regreso da traílla (outubro-novembro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Paisaxe de inverno con trampa para paxaros, 1565, Wiltshire, Wilton House
  • A calumnia de Apeles, 1565, British Museum, Londres
  • A Matanza dos Inocentes, c. 1565, Hampton Court, Reino Unido/Kunsthistorisches Museum, Viena
  • O pintor e o experto, c. 1565, Colección Albertina, Viena
  • Predicación de Xoán Bautista, 1566, Museo de Belas Artes, Budapest
  • Censo en Belén, 1566, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • A danza nupcial, c. 1566, Detroit Institute of Arts, Detroit
  • Conversión de Paulo, 1567, Kunsthistorishes Museum, Viena
  • Terra de leite e mel, 1567, Alte Pinakothek, Munich
  • O misántropo, 1568, Museo de Capodimonte, Nápoles
  • O cego guía de cegos, 1568, Museo Nazionale, Nápoles
  • Voda campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Danza campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os mendigos, 1568, Louvre, París
  • O campesino e o ladrón de niños, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os tres soldados, 1568, The Frick Collection, Nova York
  • A pega sobre o cadafalso, 1568, Museo estatal de Hesse, Darmstadt.
  • Tormenta no mar, obra inacabada, probabelmente a derradeira pintura de Brueghel.
A pega sobre o cadafalso

A pega sobre o cadafalso (en neerlandés, Ekster op de Galg) é unha obra do pintor flamengo Pieter Brueghel o Vello. É un pequeno óleo sobre táboa, practicamente cadrada, pois mide 45,9 cm x 34 cm. Exhíbese actualmente no Museo estatal de Hesse (Hessisches Landesmuseum) de Darmstadt, Alemaña. Data do ano 1568.

A torre de Babel (Brueghel)

A torre de Babel é o suxeito de tres pinturas ó óleo de Pieter Brueghel o Vello. A primeira, unha miniatura pintada en almafí, foi pintada mentres Bruegel estaba en Roma e está perdida. As dúas pinturas superviventes representan a construción da Torre de Babel, que segundo o Libro da Xénese na Biblia, foi unha torre construída por unha humanidade unida e monolingüe como sinal dos seus éxitos e para previr a súa dispersión polo mundo. A persoa en primeiro plano é probablemente Nimrod, quen ordenou a construción da torre.

Antigo Réxime

O Antigo Réxime (Ancien Régime (Vella Orde) en francés) é o termo utilizado polos revolucionarios franceses para referirse aos tempos anteriores ao inicio da Revolución francesa de 1789 (a monarquía absoluta de Luís XVI) e que pasou a denominar a organización social e política da Europa moderna, onde se fraguou a ruptura definitiva do feudalismo.

As súas principais características eran a monarquía absoluta baseada no dereito divino do rei, no cumio da pirámide social, e unha división social ríxida en tres estamentos: a aristocracia, o clero e o Terceiro Estado.

Todo isto pode aplicarse como equivalente a unha época que, practicamente, coincidiría co que se coñece como Idade Moderna.

Arte da Idade Moderna

Arte da Idade Moderna é o período ou subdivisión temporal da historia da arte que corresponde á Idade Moderna. Non se ha de confundir co concepto de arte moderna, que non é cronolóxico senón estético, e que corresponde a determinadas manifestacións da arte contemporánea.

O período cronolóxico da Idade Moderna corresponde cos séculos XV ao XVIII (con distintos fitos iniciais e finais, como a imprenta ou o descubrimento de América, e as revolucións francesa ou industrial), e significou historicamente en Europa a conformación e posterior crise do Antigo Réxime (concepto que inclúe a transición do feudalismo ao capitalismo, unha sociedade estamental e preindustrial e unha monarquía autoritaria ou absoluta desafiada polas primeiras revolucións burguesas). Desde a era dos descubrimentos os cambios históricos aceleráronse, co xurdimento do estado moderno, a teoría do sistema-mundo e a revolución científica; no marco do inicio dunha decisiva expansión europea a través da economía, a sociedade, a política, a técnica, a guerra, a relixión e a cultura. Durante ese período, os europeos estendéronse fundamentalmente por América e os espazos oceánicos. Co tempo, xa ao final do período, estes procesos terminaron por facer dominante a civilización occidental sobre o resto das civilizacións do mundo, e con iso determinaron a imposición dos modelos propios da arte occidental, concretamente da arte europea occidental, que desde o Renacemento italiano identificouse cun ideal estético formado a partir da reelaboración dos elementos recuperados da arte clásica greco-romano, aínda que sometidos a unha sucesión pendular de estilos (renacemento, manierismo, barroco, rococó, neoclasicismo, prerromanticismo) que, ben optaban por unha maior liberdade artística ou ben por un maior sometemento ás regras da arte institucionalizadas na denominada arte académica. A función social do artista comezou a superar a do mero artesán para converterse nunha personalidade individualista, que destacaba na corte, ou nunha figura de éxito no mercado libre da arte. Do mesmo xeito que nos demais ámbitos da cultura, a modernidade aplicada á arte significou unha progresiva secularización ou emancipación do relixioso que chegou ao seu punto culminante coa Ilustración; aínda que a arte relixiosa continuou sendo unha das máis encargadas, se non o que máis, xa non dispuxo da abafadora presenza que había ter na arte medieval.

No entanto, durante todo o período da Idade Moderna as principais civilizacións do mundo mantivéronse pouco influídas, ou ata case do todo alleas aos cambios experimentados polas sociedades e a arte europea, mantendo esencialmente os trazos culturais e artísticos propios (arte da India, arte chinesa, arte xaponesa, arte africana).

A civilización islámica, definida pola súa posición xeoestratéxica intermedia, e principal competidora histórica da civilización cristiá occidental, á que disputou secularmente o espazo mediterráneo e balcánico, desenvolveu distintas modalidades locais de arte islámica nas que poden verse influencias tanto da arte occidental como do das civilizacións orientais.

Para o caso da arte americana, a colonización europea supuxo, especialmente para zonas como México e Perú, a formación dunha arte colonial con algunhas características sincréticas.

En Europa oriental a arte bizantina continuou pervivindo coa arte rusa ou con algunhas manifestacións da arte otomá.

Ademais das artes plásticas, outras belas artes como a música, as artes escénicas e a literatura tiveron desenvolvementos paralelos, analoxías formais e unha maior ou menor coincidencia estética e, sobre todo, intelectual, ideolóxica e social; o que permitiu á historiografía etiquetar a súa periodización con denominacións similares (música renacentista, música barroca, música do clasicismo; literatura do renacemento, literatura do barroco, literatura ilustrada ou neoclásica etc.) O mesmo pode dicirse das denominadas artes menores, decorativas ou industriais, que foron un fiel reflexo do gusto artístico de determinadas épocas (como os denominados estilos Henrique II, Luís XIII, Luís XIV, Rexencia, Luís XV, Luís XVI, Directorio e Imperio, convencionalmente denominados a partir da historia do mobiliario francés.

Arte de paisaxes

Paisaxe ou país é o nome que a historiografía da arte dá ao xénero pictórico que representa escenas da natureza, tales como montañas, vales, árbores, ríos e bosques. Case sempre se inclúe o ceo e as condicións atmosféricas, que poden ser un elemento importante da composición. Ademais da paisaxe natural, tamén se trata, como un xénero específico, a paisaxe urbana. Tradicionalmente, a arte de paisaxes plasma de forma realista algunha paisaxe real, mais pode haber outros tipos de paisaxes, como os que se inspiran nos soños (paisaxe onírica, moi empregada no surrealismo).

Na historia da pintura, a paisaxe foi adquirindo paseniñamente cada vez máis relevancia, dende a súa aparición como fondo de escenas doutros xéneros (como a pintura de historia ou o retrato) até constituírse como xénero autónomo na pintura holandesa do século XVII. Tamén é un motivo esencial para a pintura xaponesa.

Dentro da xerarquía dos xéneros, a paisaxe ocupaba un lugar moi baixo, superior só ao bodegón.

Casa dos Austria

A casa dos Austria é o nome co que se coñece á dinastía Habsburgo reinante na Monarquía Hispánica nos séculos XVI e XVII; desde a Concordia de Villafáfila (27 de xuño de 1506) en que Filipe I o Fermoso é recoñecido como rei consorte da Coroa de Castela, quedando para o seu sogro Fernando o Católico a Coroa de Aragón, ata a morte sen sucesión directa de Carlos II o Enfeitizado (1 de novembro de 1700), feito que provocou a Guerra de Sucesión Española. A rama dinástica española dos Habsburgo seguiu por parte da filla de D. Juan José de Austria, Dª. Margarita da Cruz de Habsburgo, que abandonou os hábitos o 17 de setembro de 1681 para contraer matrimonio co nobre galego D. Felipe de Romay.

Curling

O curling é un deporte de precisión similar ós birlos ingleses ou á petanca, que se practica nunha pista de xeo, loitando entre si dous equipos de catro participantes cada un. O obxectivo é lanzar 8 pedras de granito cun peso de 20 kg sobre a deslizante superficie a través dun corredor de 45,5 metros de lonxitude e 4,32 metros de anchura. E unha vez realizados todos os lanzamentos, puntúase en función da proximidade destas pedras á diana marcada ao final do corredor. Practícase sobre todo no Canadá e no norte de Europa.

Década de 1560

A década de 1560 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1560 e remata o 31 de decembro de 1569.

Jan Brueghel o Novo

Jan Brueghel o Novo, nado en 1601 e finado en 1678, foi un pintor flamengo.

Maurice Maeterlinck

Maurice Maeterlinck, nado en Gante o 29 de agosto de 1862 e finado en Niza, Francia, o 5 de maio de 1949, foi un dramaturgo e ensaísta belga de lingua francesa, principal expoñente do teatro simbolista.

Melancholia

Melancholia é un filme franco-dinamarqués dirixido por Lars von Trier que foi estreado no 2011. O argumento xira en torno a dúas irmás durante e pouco despois da voda dunha delas, mentres que un planeta interestelar está a piques de colidir coa Terra. A inspiración inicial de Von Trier para o filme veu dun episodio de depresión que sufriu e a idea de que as persoas deprimidas permanecen pacíficas en eventos catastróficos. A rodaxe tivo lugar en Suecia.

Melancholia conta con música do preludio da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (dende 1857 até 1859). É a segunda entrega na triloxía non oficial de Von Trier titulada "Depression Trilogy" (en galego Triloxía da Depresión), precedida por Antichrist e seguida por Nymphomaniac.

O triunfo da Morte

O triunfo da Morte (en neerlandés: De triomf van de dood) é unha das obras máis coñecidas do pintor flamengo Pieter Brueghel o Vello. Un óleo sobre táboa de 117 cm de alto x 162 cm de ancho, pintado cara ó ano 1562. Escola flamenga do século XVI.

Pertenceu á colección de pinturas da casa real española dende 1746-1759, cando foi adquirida por Isabel de Farnesio para o Palacio da Granxa. Dende 1827 forma parte da colección do Museo do Prado (Madrid).

Pequena Idade de Xeo

A Pequena Idade de Xeo (PIX) foi un período de arrefriamento ocorrido despois da era máis quente denominada Óptimo climático medieval. Meteorólogos e historiadores non se poñen de acordo entre si sobre as datas de comezo e final do período. Algúns limitan a Pequena Idade de Xeo aproximadamente entre o século XVI e a metade do século XIX, mentres outros suxiren un período entre o século XIII e o século XVII. Hai un certo consenso xeral en que houbo tres máximos e mínimos, comenzando arredor de 1650, cerca de 1750 e sobre 1850, cada un deses picos separados por intervalos de lixeiro quecemento.

Creuse, en principio, que a PIX fora un fenómeno global, mais non está claro se é certo. O Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC) (Observatorio Intergubernamental sobre o Cambio Climático), baseado en estudos de Bradley e Jones, 1993; Hughes e Diaz, 1994; Crowley e Lowery, 2000, describe a PIX como un modesto arrefriamento do Hemisferio Norte durante ese período menor de 1 °C, e engade as evidencias correntes non apoian a existencia de períodos sincrónicos globalmente de frío ou quecemento anómalo neste marco temporal, e os termos convencionais "Pequena Idade de Xeo" e "Período Quente Medieval" semellan ter unha utilidade limitada para describir a tendencias dos cambos de temperaturas, hemisféricos ou globais, nos séculos pasados. Hai evidencias, porén, de que a PIX afectou o Hemisferio Sur (ver abaixo).

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Pieter Brueghel o Novo

Pieter Brueghel O Novo, nado en Bruxelas en 1564 e finado en Antuerpen en 1638, foi un pintor flamengo do Renacemento tardío, fillo de Pieter Brueghel o Vello e irmán de Jan Bruegel (I). Foi alcuñado como « Brueghel do Inferno » por mor dun dos seus temas favoritos: os incendios. Formouse en Antuerpen no estudio de Gillis van Coninxloo e fíxose mestre independente en 1585. Moi logo se encontrou á dirección dun taller moi produtivo e con numerosos discípulos (como o seu fillo Pieter III). Foi un imitador da obra do seu pai, da que executou numerosas copias para responder á demanda de coleccionistas (están rexistrados non menos de 13 nomes); grazas a este labor coñecemos algo de orixinais do pai que desapareceran. Toda a súa vida conservou o estilo realístico flamengo.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.