Pictos

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Foron un grupo de pobos celtas da Idade de Ferro británica e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de Escocia.[1] Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica de fíbulas, nomes de lugares britónicos e pedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes da conquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos Gaels. Vivían ó norte dos ríos Forth e Clyde, e falaban a extinta lingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coas linguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos Caledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no mapamundi de Tolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino gaélico de Dál Riata para formar o Reino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de Strathclyde e Lothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

Pictish stone strathpeffer eagle
Pedra picta en Escocia, que representa unha aguia
Serpent stone
A pedra de serpe de Aberlemno, amosando (de arriba a abaixo), a serpe, o disco dobre, o símbolo en Z e o espello
Norrie's LawDSCF6226
Placa de prata de Norrie's Law, Fife, con disco dobre e o símbolo en Z

Nome

O nome co que os pictos se chamaban a si mesmos é descoñecido. A palabra grega Πικτοί (picti en latín) aparece por primeira vez nun panexírico escrito por Eumenio en 297 d.C. e significa "os pintados" ou "os tatuados". Porén, poderíase deber a unha etimoloxía popular anterior, pode vir do céltico Pehta, Peihta (loitador).

Os escotos e os Dalriada de Irlanda chamábanos Cruithne (cru(i)then-túath irlandés primitivo), procedente do proto céltico kwriteno-toutā. Tamén hai Cruithne no Ulster, especialmente os reis de Dál nAraidi. Os bretóns (devanceiros dos galeses) no sur coñecíanos no dialecto céltico P como Prydyn. Os termos "Bretaña" e "britano" proveñen da mesma raíz. A forma en gaélico escocés moderno Pecht provén do inglés antigo.

Sociedade

As fontes arqueolóxicas proporciónannos evidencias da cultura material dos pictos, onde vemos unha sociedade non moi diferente nin dos seus veciños gaélicos e bretóns nin dos anglosaxóns do sur. Aínda que pode servir de moito utilizar a analoxía e o coñecemento doutras sociedades "célticas", estas esténdense por unha área moi grande, polo que basearse, por exemplo, nos galos prerromanos ou na Irlanda do século XIII como fonte para estudar a sociedade picta do século IV pode dar como resultado equivocacións ou malas interpretacións.

Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa na Antigüidade, os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que a transhumancia era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes irlandesas chegounos que a elite adoitaba competir na cría do armentío para ter as cabezas de gando de maior tamaño e non hai razón para non pensar que os pictos tamén facían o mesmo.

Arte

ArtCelteScotlandFibuleExpoClunydetail
O broche de Rogart, Museo Nacional de Escocia, FC2. Fíbula picta, século VIII, prata con ouro e cristal. Clasificado como tipo Fowler H3.[2]
Aberlemnokirkyardcropped
Pedra Kirkyard de Aberlemno, Clase II Pedras pictas.

A arte picta aparece nas pedras, na ourivaría e en pequenos obxectos de pedra e óso. Ten unha forma distintiva do desenvolvemento xeral da arte celta de precoz medieval de estilo de La Tène con influencias crecentes da arte insular do século VII e VIII en Irlanda e Northumbria, e despois da arte anglosaxoa e irlandesa da Idade Media. O legado artístico máis característico son as numerosas pedras pictas que hai por toda Pictia, dende Inverness ata Lanarkshire. Un catálogo ilustrado desas pedras foi producido por J. Romilly Allen como parte do The Early Church Monuments of Scotland, con listas dos seus símbolos e patróns. Os símbolos e patróns consisten en animais, incluída tamén a Besta picta, o "rectángulo", o "espello e peite", o "dobre disco e símbolo Z", alén de moitos outros. Hai tamén patróns e lentes con debuxos en espiral e remuíños. As chamadas cruces forxados son esculpidas con símbolos pictos, os entrelazados da arte insular e imaxinería cristiá, aínda que a interpretación é moitas veces difícil, debido ao desgaste e á escuridade. Moitas das imaxes cristiás esculpidas en pedras, como as de David o arpista, David e o león, ou escenas de St Paul e St Anthony no deserto, foron influenciadas pola tradición da arte insular.[3]

O traballo do metal é atopado por toda Escocia e mesmo máis ó sur; parece que os pictos dispoñían unha cantidade considerable de prata, probablemente a partir de incursións máis ao sur ou en pago de impostos. O enorme tesouro de prata do período romano en Traprain Law puido orixinarse das dúas formas. O máis grande achado de traballo de metais pictos foi atopado en 1819 en Norrie's Law, Fife, pero gran parte do tesouro desapareceu ou foi fundido. Dúas famosas placas de prata con esmalte do século VII pertencen a ese tesouro, unha amosada enriba, cun símbolo en "Z" cunha forma particularmente ben preservada e elegante. Desafortunadamente poucas pezas comparables sobreviviron.[4] Arredor de pesadas cadeas de prata, de 0,5 m de longo, foron atopadas deste período; a Cadea de Whitecleuch é unha das dúas que ten un anel penanular, con decoración simbólica esmaltada, o que suxire que moi probablemente fosen usados como colares.[5]

No séculos VIII e IX, após da cristianización, a elite picta adoptou unha particular forma de fíbulas de Irlanda, preferindo certos broches penanulares con terminais en lóbulos. Algunhas fíbulas pseudo-penanulares irlandesas tardías foron adoptadas polo estilo picto, como por exemplo a de Breadalbane (Museo Británico). O tesouro da Illa de St Ninian ten a mellor colección de exemplos pictos.

Notas

  1. Foster 1996. p. 11-13.
  2. Youngs, no. 111, with a plate showing the decoration much better; Laing, 310.
  3. Henderson, Isabel,‘"The "David Cycle" in Pictish Art.' Early Medieval Sculpture. Ed. J.Higgitt. Oxford, 1986. pp. 87-113., ….. ‘The Meeting of Saint Paul and Saint Anthony: Visual and Literary Uses of a Eucharistic Motif.' Keimelia. Eds. P. Wallace and G.M Niocaill. Galway, 1989. pp 1-58.
  4. Youngs, 26-28; Poor image of 19th century illustration
  5. Youngs, 28

Véxase tamén

Outros artigos

Bridei III

O rei Bridei III (ou Bridei mac Beli; en irlandés antigo: Bruide mac Bili) (616/628?-693) foi un rei do pictos dende o ano 672 até o 693.

Bridei puido ter nacido no ano 616, ou non máis tarde de 628. Foi o fillo de Beli, rei de Alt Clut. A súa reclamación polo reinado pasou polo seu avó, o rei Nechtan dos pictos. O Historia Brittonum de Nennio conta que Bridei foi fratruelis do rei Ecgfrith's, curmán materno. A nai de Bridei foi probablemente a filla do rei Edwin de Deira.

Bridei IV

Bruide mac Der-Ilei, finado en 706, foi un rei dos pictos dende 697 até 706. Converteuse en rei cando Taran foi deposto en 697.Era irmán do seu sucesor Nechtan IV. Suxeriuse que o pai de Bridei foi Dargart mac Finguine (finado en 686) de Cenél Comgaill, un rei de Dál Riata que controlou Cowal e a Illa de Bute. A parentela da súa nai, Der-Ilei, non é coñecida.

Causantín mac Fergusa

Causantín ou Constantín mac Fergusa (en galego: "Constantino, fillo de Fergus") (antes de 775–820) foi rei dos pictos (ou de Fortriu), na moderna Escocia, dende 789 até 820. Até a era vitoriana, era contado como Constantino I de Escocia; mais no presente ese título perténcelle a Causantín mac Cináeda. É coñecido por fundar a igrexa de Dunkeld que despois reciviría as reliquias de Columba de Iona.

Cinioch

Cinioch, chamado Cínaed mac Luchtren nos anais irlandeses, foi rei dos pictos dende o ano 616 até o 631, ano no que aparece a súa morte nos Anais do Ulster, nos Anais de Tigernach e no Chronicon Scotorum.

Segundo a lista de reis da crónica picta, reinou entre 14 e 19 e foi sucedido por Gartnait III.

Conall mac Taidg

Conall mac Taidg (morto c. 807) (Conall, fillo de Tadc) foi un rei dos pictos dende 785 até 789. Moi pouco se coñece sobre Conall. É mencionado dúas veces nos anais irlandeses, a fonte máis fiábel da historia de Gran Bretaña do norte arredor dos anos de 800. Tamén aparece en listas de rei máis tardías.

Drest I

Drest ou Drust, fillo de Erp, é un rei lendario dos pictos dende o ano 412 até o 452.

A Crónica picta conta que Drest reinou durante 100 anos e gañou en 100 batallas. Tamén se di que San Patricio foi a Irlanda no décimo noveno ano do seu reinado, que se produciu a mediados do século V. A crónica conta que exiliou ó seu irmán Nechtan a Irlanda. John de Fordun suxire que Drest reinou durante 45 anos no tempo de Paladio e non durante o Patricio, e que foi confundido co seu irmán Nechtan.A lista de reis rexistra que foi sucedido por Talorc, fillo de Aniel.

Drest IX

Drest foi un rei dos pictos dende 834 até 837. Era o fillo do rei Caustantín e sucedeu ó seu tío Óengus no trono. A duración do seu reinado está baseada en varias listas de reis pictos, nas que está asociado con Talorgan, fillo de Uuthoil. Nalgunhas fontes, comoo Xoán de Fordun, conflúen os dous reis como "Durstolorger", quizais baixo a influencia de "Dubthalorc".

Tamén se considerou que os reis pictos deste período tamén eran reis de Dál Riata, pero está teoría está rexeitada.

Drest VIII

Drest (en gaélico escocés: Drest mac Talorgan), foi rei dos pictos dende 782 até 783. Sucedeu ó seu pai Talorgan II.

Eóganan mac Óengusa

Uuen (Wen) ou Eogán en gaélico (xeralmente referido co hipocorístico Eóganán) foi un rei dos pictos dende 837 até 839. Uuen era fillo de Onuist II [fillo de] Uurguist [Wrguist] (en gaélico: Óengus II mac Fergusa, morto en 834) e sucedeu ó seu curmán Drest mac Caustantín como rei en 836 ou 837. A única mención a Uuen nos anais irlandeses é a da súa morte, xunto co seu irmán Bran e "Áed mac Boanta, e outros case innumerables" na batalla dos homes de Fortriu contra os viquingos en 839. Esta derrota semella que supuxo a fin dun século de dominio entre os pictos dos descendetes de Onuist I [fillo de] Wrguist (en gaélico: Óengus I mac Fergusa).

Gartnait IV

Gartnait (tamén coñecido como Gartnait mac Domnaill ou Gartnait mac Dúngail) (morto en 663) foi rei do pictos dende o 657 até o 663.

Sucedeu a Talorgan mac Enfret despois da súa morte no ano 657. A crónica picta atribúelle un reinado de seis ou seis anos e medio, correspondendo coa nova da súa morte nos Anais do Ulster e nos Anais de Tigernach en 663.

A lista de reis sinala que foi sucedido polo seu irmán Drest VI.

Nechtan Morbet

Nechtan Morbet, fillo de Erp, foi un rei dos pictos dende o ano 456 até o 480. As listas de reis achegan algúns epítetos para Nechtan: Morbet e Celchamoth, e o latino Magnus (o grande). Dise del que reinou durante vinte e catro anos. Por mor da confusión entre os nomes de varioas reis, existe a tradición que vencella ós diferentes reis chamados Nechtan en ser os fundadores de Abernethy.

Nechtan mac Der-Ilei

Nechtan mac Der-Ilei ou Nechtan mac Dargarto (en irlandés antigo: Nechtan mac Der-Ilei ou Nechtan mac Dargarto) foi rei dos pictos entre os anos 706-724 e 728-729. Fillo de Dargart mac Finguine e de Der-Ilei, sucedeu ó seu irmán Bridei en 706. Está asociado a significativas reformas relixiosas entre os pictos. Abdicou en 724 en favor do seu sobriño e converteuse en monxe. En 728 e 729 loitou nunha guerra a catro bandos polo trono dos pictos.

Nechtan nepos Uerb

Nechtan, neto de Uerb, morto no ano 616 foi un rei dos pictos dende o ano 595 até o 616. Suxeriuse que Nechtan é a mesma persoa que Neithon que gobernou o reino de Alt Clut.Segundo a Crónica picta, Nechtan reinou durante 20 ou 21 anos. Mentres que a morte do seu predecesor Gartnait é citada no 597 polos Anais de Tigernach, a morte de Nechtan non está rexistrada con certeza. Puido ter sido Nechtan, fillo de Canu, cuxa morte aparece nos Anais do Ulster no 621, malia que esta hipótese é difícil de cadrala coa idea de que era Neithon, fillo de Guipno, fillo de Dyfnwal Hen de Alt Clut.

Talorc III

Talorc, fillo de Foith ou fillo de Uuid (morto en 653) foi un rei do pictos dende o 641 até o 653.

A crónica picta atribúelle un reinado de doce anos despois do do seu irmán Bridei II. Un terceiro irmán, Gartnait III, foi rei antes de Bridei.

A súa morte está rexistrada nos Anais do Ulster e nos Anais de Tigernach. Foi sucedido por Talorgan I, fillo de Eanfrith.

Talorgan I

Talorcan (ou Talorgan) mac Enfret (morto en 657) foi un rei do pictos dende o 653 até o 657. Era o fillo de Eanfrith de Bernicia, que se exiliou entre os pictos despois de que o seu pai, Æthelfrith de Northumbria, fose asasinado arredor do ano 616. Eanfrith casou cunha princesa picta, e o seu fillo foi Talorcan.

Talorcan converteuse en rei no ano 653; o ano seguinte, derrotou e asasinou a Dúnchad mac Conaing, rei de Dál Riata, nunha batalla en Strath Ethairt. Suxeriuse que esta batalla ben puidera ser parte dunha "incursión inaugural" contra veciños hostís para marcar o goberno dun novo rei. Talorcan era o sobriño do poderoso Oswiu de Northumbria; díxose de Oswiu "subxugado e fixo tributarios a maioría dos pictos" (xunto con Dál Riata), e é posible que Talorcan estivese suxeito a Oswiu

Talorgan II

Talorgan II (en gaélico escocés: Talorc mac Óengusa) foi un rei dos pictos dende 783 até 785. Os Anais de Úlster recollen a morte de Dub Tholargg (Talorcen negro) rei dos pictos a este lado do Mounth en 782. Crese que puido ser fillo de Óengus mac Fergusa. Foi sucedido polo seu fillo Drest.

Taran mac Ainftech

Taran, fillo de Ainftech, foi un rei dos pictos dende o ano 693 até o 697 segundo as listas de reis pictos. O seu nome é o mesmo que o do deus galo dos tronos, Taranis.O nome do seu pai aparece rexistrado de formas diferentes, Entifidich no manuscrito Poppleton, Enfidaig, Amfredech, Anfudeg, e Amfodech en Scalacronica.

Uurad

Uurad ou Ferat, fillo de Bargoit (finado en 842) foi un rei dos pictos, quizais dende 839 até 842. Ningunha das dúas versións coñecidas das listas de reis da crónica picta ofrecen a mesma versión do seu nome. Ferat ou Uurad en picto, é a forma máis común, pero tamén é coñecido como Feradach.A interpretación de Thomas Owen Clancy da pedra de Drosten poderían converter a Ferat un dos dous monarcas pictos cuxo nome aparece nunha pedra picta, sendo o outro Caustantín mac Fergusa.

Unha versión da historia orixinal de St Andrews di que foi escrita por Thana, fillo de Dudabrach, en Meigle, no reino de "Pherath, fillo de Bergeth".Os fillos de Uurad foron Bridei, Ciniod e Drest, que loitaron polo poder entre os pictos con grupos familiares liderados por Bruide, fillo de Fokel e Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín).

Óengus II

Óengus mac Fergusa (tamén chamado Onuist, Hungus ou Angus) foi rei dos pictos dende 820 até 834. A tradición asóciao co culto de Santo André e coa bandeira de Escocia.

Óengus sucedeu ó seu irmán Caustantín no trono. Nun principio considerouse que a súa orixe estaba en Dál Riata e que descendía de Fergus mac Echdach, mais no presente crese que a súa familia foi a de Óengus mac Fergusa, quizais orixinaria de Circinn (posiblemente a moderna Mearns), unha familia picta con ligazóns cos Eóganachta de Munster en Irlanda.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.