Petróglifo

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

767px-MtnSheepPetroglyph.jpeg
Un petróglifo onde se ve unha caravana de ovellas de grandes cornos preto de Moab, Utah, EUA; un tema recorrente nos desertos norteamericanos.

Historia

Os petróglifos máis antigos datan do Paleolítico Superior pero aumentan o seu número extraordinariamente no Neolítico, aproximadamente hai 10.000 ou 12.000 anos. Máis adiante, fai ao redor de 7000 ou 9000 anos comezaron a aparecer outros sistemas de escritura como a pictografía e os ideogramas. Os petróglifos seguiron sendo moi comúns e algunhas sociedades menos avanzadas continuaron utilizándoos durante milenios, ata o momento de entrar en contacto coa cultura occidental no século XX. Atopáronse en todos os continentes, exceptuando a Antártida, aínda que se concentran especialmente en partes de África, Escandinavia, Siberia, o suroeste de Norteamérica e Australia.

Interpretación

Qobustan Petroglyphs
Petróglifos preto de Qobustan, (Acerbaixán).

Estas imaxes talladas na rocha probabelmente tiñan un sentido cultural e relixioso moi profundo para as sociedades que as crearon, sentido que en moitas ocasións perdeuse. Crese que moitos petróglifos representaban algún tipo de linguaxe ritual ou simbólico aínda non desvelado. Os glifos máis tardíos da Idade de Bronce Nórdica en Escandinavia parece que fan referencia a algún tipo de fronteira territorial entre tribos, ademais dos significados relixiosos que tiveren. Tamén semella que existían dialectos locais ou rexionais entre pobos da mesma familia ou entre veciños. As inscricións en Siberia teñen formas que poderían ser o antecedente das runas, aínda que de momento non se atopou ningunha relación entrámbolos dous e nin sequera se chegou a comprender o seu significado.

Algúns investigadores decatáronse da semellanza existente entre diferentes estilos de petróglifos atopados en todos os continentes. Con todo, non debe ser difícil explicar estilos semellantes xa que todos os seres humanos inspiráronse no que lles rodeaba. Pode deberse a unha sinxela coincidencia, ou ben pode deberse ás migracións que levaron a cabo os diferentes grupos a partir dunha localización común, ou ben pode deberse a unha orixe igual para todos eles. En 1853, George Tate leu un traballo no Berwick Naturalist's Club, co que John Collingwood Bruce coincidía, e no que se sinalaba que os glifos tiñan "...unha orixe común, e indican un significado simbólico co que se representa un pensamento popular". Ao catalogar a arte rupestre escocesa, Ronald Morris chegou a contabilizar ata 104 teorías diferentes após a súa interpretación.

Petroglyphs2-above Mesquite Springs-800px
Petróglifo en Mesquite Springs (Death Valley, Arizona).

Outras teorías, máis controvertidas, están baseadas na súa maioría na psicoloxía de Carl Jung e nos estudos do historiador Mircea Eliade, segundo as cales é posíbel que a similitude dos petróglifos e doutros símbolos arquetípicos ou atávicos de diferentes culturas e continentes sexan o resultado dunha estrutura herdada xeneticamente no cerebro humano.

Existen outras teorías que sosteñen que os petróglifos foron realizados polos chamáns nun estado alterado de conciencia, quizais inducido polo uso de alucinóxenos naturais. Demostrouse que moitos dos modelos xeométricos (coñecidos como constantes de forma) que aparecen nos petróglifos e pinturas rupestres están "enroscados" no cerebro humano, ata aparecen con moita frecuencia en problemas de visión e alucinacións producidas polas drogas, a migraña e outros estímulos.

Os vínculos actuais entre o xamanismo e a arte rupestre entre o pobo san do deserto do Kalahari foron obxecto de estudo polo Rock Art Research Institute (RARI) da Universidade de Witwatersrand. Aínda que a arte do pobo san céntrase na pintura, os motivos que se esconden tras esta poden botar algo de luz e ser a base para a comprensión doutros tipos de arte, incluíndo os petróglifos. Como aparece no sitio web do RARI:

Ao utilizar o coñecemento das crenzas do pobo san, os investigadores demostraron que a arte realiza un papel fundamental nas vidas relixiosas dos seus pintores. A arte captou cousas que o mundo san viu tras os rostros de pedra: o outro mundo habitado por criaturas e espíritos, ata o que os danzaríns poderían viaxar baixo formas animais e de onde as persoas en éxtase poderían tomar poder e levalo ao seu mundo para curar, facer chover etc..

Relación de petróglifos no mundo

África

Libya 5321 Meercatze (Gatti Mammoni) Petroglyphs Wadi Methkandoush Luca Galuzzi 2007

"Meercatze" (chamada así polo arqueólogo Leo Frobenius) en Wadi Methkandoush, na rexión Mesak Settafet de Libia

Oukaimeden graffiti 200109

Oukaimeden (Marrocos).

Dancing Kudu Twyfelfontein Namibia

Dancing Kudu Twyfelfontein (Namibia)

Lion Twyfelfontein Namibia

Lion Twyfelfontein (Namibia)

Asia-Pacífico

  • Dampier, Australia Occidental
  • Terra de Arnhem / Parque Nacional de Kakadu, Australia setentrional
  • Chumysh, Casaquistán, preto de Bixkek (capital da veciña Kirguizistán)
  • Petróglifos Angono en Rizal, Filipinas
  • Oito sitios arqueolóxicos en Hong Kong: na illa Tung Lung, Kau Sai Chau, Cheung Chau, Shek Pik na Illa Lantau, Wong Chuk Hang, Big Wave Bay en Hong Kong e Lung Ha Wan en Sai Kung
  • Bhimbetka, India
  • Numerosos sitios en Kirguizistán, a maioría nas Montañas Tie Shan; Cholpon-Alta, o Val Tallas, Siymaliytash (Saimaluu-Tash) e na loma rochosa chamada Trono de Suleiman en Osh no Val Fergana
  • Petróglifos e arte rupestre nas rexións do norte, Paquistán
Hawaii petroglyph men

Petróglifos no Parque Nacional Hawaii Volcanoes (Hawaii)

Cheung Chau Rock Carving 1

Cheung Chau, (Hong Kong)

KyrgyzPetroglyphs

Petróglifos en Cholpon-Ata, (Kirguizistán)

Sudamérica

  • Val do Encanto, Chile
  • Cumbe Maio, Perú
  • Petróglifos de Miculla, Tacna, Perú
  • Parque Arqueolóxico Piedra Pintada, Estado Carabobo, Venezuela
  • Parque Arqueolóxico e Paleontológico Taimataima, Estado Falcón, Venezuela
Petroglifos

Petróglifos no Val do Encanto, (Chile)

PetroglyphAzapa1

Petróglifo do Val de Azapa, Chile

PetroglyphAzapa2

Petróglifo do Val de Azapa, Chile

Norteamérica

  • Writing-on-Stone Provincial Park (Parque Provincial da Escritura na Pedra), este de o Milk River, Alberta, Canadá
  • Petroglyph Provincial Park, (Parque Provincial do Petróglifo) Nanaimo, Columbia Británica, Canadá
  • Kejimkujik National Park, (Parque Nacional Kejimkujik) Nova Escocia, Canadá
  • Petroglyph Provincial Park (Parque Provincial do Petróglifo), Peterborough, Ontario, Canadá
  • Petrified Forest National Park, (Parque Nacional do Bosque Petrificado), Arizona, EUA
  • Sedona, Arizona, EUA
  • Petit Jean State Park, (Parque Estatal Petit Jean) Arcansas, EUA
  • Death Valley National Park, Parque Nacional de Death Valley) California, EUA
  • Lava Beds National Monument, (Monumento Nacional de Lava Beds) Lago Tule, California, EUA
  • Petroglyph National Monument (Monumento Nacional do Petróglifo), Nuevo México, EUA
  • Three Rivers Petroglyphs, (Petróglifos de Three Rivers), Nuevo México, EUA
  • Arches National Park (Parque Nacional de Arches), Utah, EUA
  • Mina, Nuevo León, México
MazeStone

Hemet Maze Stone. Hemet, California, (EUA)

Petroglyphs in the Columbia River Gorge

Petróglifo preto do río Columbia, Washington, (EUA)

PETR petroglyphs

Petróglifos dos indíxenas americanos no Petroglyph National Monument, Novo México, (EUA)

Ute Petroglyphs in Arches National Park

Petróglifos dos indíxenas americanos no Arches National Park Utah

Europa

Petroglifo bentayga

Petróglifos situados na aba do Roque Bentayga, Gran Canaria, (España)

Arte Rupestre Valcamonica Sacerdote

Petróglifo en Valcamonica, Capo di Ponte, (Italia)

Hellerisninger Etna, Nordre Land

Inscricións en Møllerstufossen, Noruega, datadas de hai máis de 6.000 anos

Sweden-Brastad-Petroglyph Skomakaren-Aug 2003

Inscrición chamada "O Zapateiro", Brastad, Suecia

Galicia

Artigos principais: Petróglifos de Galicia e Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días.

A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.

Petroglyphe galice

Petróglifo en Marín, nos Labirintos de Mogor

Pedra Cabras

Pedra das cabras en Ribeira

Castrino de conxo gravado

Puñais do Castriño de Conxo en Santiago de Compostela

Oriente Medio

Eye of God - Negev n001

"The Eye of God" en (Israel)

Tipos

  1. Abstractos: son debuxos sen unha xeometría clara. Poden estar sos ou formando conxuntos.
  2. Xeométricos: debuxos que si teñen unha xeometría clara. Cruces, esvásticas, círculos, cadros axadrezados, soles etc.
  3. Figurativos ou representativos: simbolizan figuras, xa sexan humanas (pegadas de pés) ou animais (leóns, xirafas etc.).
  4. Obxectos: representan obxectos. Frechas, carros, barcos.

Ao non ser unha ciencia exacta, as conxecturas feitas sobre o significado dos petróglifos son moi variadas. Pero en xeral segundo o tipo de petróglifo hai unha explicación aproximada.

  1. Abstractos: representan deuses ou constelacións.
  2. Xeométricos: marcar territorios, uso en cerimonias relixiosas.
  3. Figurativos ou representativos: boa sorte para a caza, procura da fertilidade feminina.
  4. Obxectos: pregarias aos deuses para unha boa caza ou colleita.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Beckensall, Stan e Laurie, Tim (1998). Prehistoric Rock Art of County Durham, Swaledale and Wensleydale. County Durham Books. ISBN 1-897585-45-4.
  • Beckensall, Stan (2001). Prehistoric Rock Art in Northumberland. Tempus Publishing. ISBN 0-7524-1945-5.

Outros artigos

Ligazóns externas

Carballedo, Cerdedo-Cotobade

San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Covas, Ames

Santo Estevo de Covas é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,86 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 867 habitantes (432 homes e 435 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 650 habitantes.

Figueirido, Palmeira, Ribeira

Figueirido é un lugar da parroquia de Palmeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 14 habitantes (8 homes e 6 mulleres).

No lugar está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Imo, San Xoán de Laíño, Dodro

Imo é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 347 habitantes (180 homes e 167 mulleres).

Entre o patrimonio da aldea destaca o petróglifo de Bouza Abadín, da idade de bronce.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Meira, Moaña

Santa Eulalia de Meira é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE en 2011 tiña 3.956 habitantes (1.976 mulleres e 1.980 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.820 habitantes.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Oia

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Pantón

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

San Xoán de Laíño, Dodro

San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 968 habitantes (474 homes e 494 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.168 habitantes.

A cruz do Avelán atópase a un quilómetro da igrexa de san Xoán, indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. En Imo está o petróglifo de Bouza Abadín.

San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Villestro, Santiago de Compostela

Santa María de Villestro é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.807 habitantes (873 homes e 934 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.557 habitantes.

Desta parroquia é a Sociedade Deportiva Villestro. Está comunicada co núcleo urbano compostelán a través da liña de autobús P8 en dirección a San Roque.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.