Peto de ánimas

Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.[1]

Peto de animas de Cenlle
Peto de ánimas en Santa María de Cenlle

Significado

Petoaguasantas
Peto de ánimas en Aguasantas

O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".

Orixe

Peto Bora
Peto de ánimas en Bora

As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.[Cómpre referencia]

A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.[Cómpre referencia]

Localización e dimensións

As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.[Cómpre referencia]

Redondela, Cesantes 01-02
Peto de ánimas en Cesantes

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil estabelecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas

Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio. Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos. Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.

Notas

  1. Artigo 92. Hórreos, cruceiros e petos de ánimas

    1. Son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

    […]

    2. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no número 1 poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico. — Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Puentes, E.; Abad Gallego, J. C. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no concello de Vigo. Concellería de Cultura. ISBN 84-505-9318-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Casanova, Valongo, Cerdedo-Cotobade

A Casanova é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o que supón unha diminución respecto ó ano 2005, cando tiña 9.

Neste lugar está o cruceiro da Casanova, e o peto de ánimas da Casanova, traído á súa actual localización por Dolores Suárez desde a Casa de Cregos de Calvos de Ceraxe. Tamén se atopa aquí o petróglifo de As Lagoas - Portoval.

A Godela, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Godela é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 estaba deshabitado, se ben en 2007 tiña unha habitante.

Neste lugar está un conxunto de dúas construcións en mal estado de conservación, coñecidas como Casa da Peste. Unha das casas ten un patio interior con dous arcos, e nun lintel a inscrición dun ano, 1721. A carón das casas está o peto de ánimas da Godela, de 1844.

Polo lugar pasa o camiño de pedra que vai desde O Trebello até Sualomba (A Lama), cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.

Barxés, Muíños

Santa María de Barxés é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2007 tiña 304 habitantes, dos cales 158 eran homes e 156 mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 331 habitantes.

Atópase situada ao norte do concello de Muíños. Durante o antigo réxime pertenceu á xurisdición de Rairiz de Veiga. Entre o seu patrimonio, amais da igrexa parroquial, están a capela de Santa Leocadia, a capela de Pazos e un peto de ánimas. Consérvanse os restos do castro de Taboadela.

Bora, Pontevedra

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano 2000 cando tiña 872 habitantes.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

O topónimo procede do latín CURROS PETRINEOS (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.

Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.

Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.

Dadín, O Irixo

San Pedro de Dadín é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 114 habitantes, deles 52 eran homes e 62 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes.

Famelga, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Famelga é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), 6 máis ca en 2007.

Neste lugar atópase a capela de San Bartolomeu e Santa Lucía, preto dun cruceiro de 1991. Tamén está o peto de ánimas de Famelga, de 1825, e o Coto do Castro, un poboado castrexo da idade de ferro.

O topónimo fai referencia a un lugar de fame (do latín [villa] famellica).

Louredo, Mos

San Salvador de Louredo é unha parroquia do concello de Mos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1626 habitantes (813 homes e 813 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1197 habitantes (605 mulleres e 592 homes), 162 máis ca en 1999.

Meirol, Mondariz

Santo André de Meirol é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 198 habitantes (96 homes e 102 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 246 habitantes.

Mouriscados, Mondariz

San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.

O Barazal, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Barazal é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 22 habitantes (7 homes e 15 mulleres), o mesmo número ca no 2007.

O topónimo fai referencia a un monte comunal onde pode cortar ou rozar toda a veciñanza. Neste lugar atópase o peto de ánimas do Barazal, feito en 1882.

O Igrexario, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Igrexario é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 54 habitantes (22 homes e 32 mulleres), 4 menos ca en 2007.

O lugar recibe o nome da igrexa parroquial alí situada, sendo o templo actual de 1888. Preto dela está o peto de ánimas de Aguasantas, de mediados do século XX, así como varios cruceiros, algún deles de Xosé Cerviño García.

O Igrexario, Valongo, Cerdedo-Cotobade

O Igrexario é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 23 habitantes (12 homes e 11 mulleres), os mesmos que no ano 2006.

Neste lugar está a igrexa parroquial, de mediados do século XIX, e a casa reitoral, feita con pedras do antigo pazo de Ceraxe. No adro da igrexa están o cruceiro do Igrexario e o peto de ánimas do Igrexario.

Oza, Carballo

San Breixo de Oza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 651 habitantes (223 homes e 217 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 732 habitantes (383 mulleres e 350 homes), 66 menos ca en 1999.

San Cibrán de Ribarteme, As Neves

San Cibrán de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 218 habitantes (108 homes e 110 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 246 habitantes.

San Xurxo de Asma, Chantada

San Xurxo de Asma é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 224 habitantes (124 homes e 100 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación en 2,06 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Sela, Arbo

Santa María de Sela é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arbo. Segundo o IGE en 2012 tiña 406 habitantes (197 mulleres e 209 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 534 habitantes.

Tabeirós, A Estrada

Santiago de Tabeirós é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 344 habitantes (194 mulleres e 150 homes), distribuídos en 13 entidades, o que supón unha diminución respecto do ano 1986 cando tiña 603 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 561 persoas.

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.