Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Coordenadas: 42°23′N 7°7′O / 42.383, -7.117

Petín
Bandeira de Petín
---
Escudo de Petín
Casa concello Petín
Casa do concello.
Situacion Petín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación889 hab. (2018)
Área30,5 km²
Densidade29,15 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaRaquel María Bautista Carballo (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Petín
Uso do galego[4] (2001)
Galegofalantes51,70%
Na rede
petin.gal

Xeografía

Abarca unha superficie de 30,47 km². Limita ao norte cos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras, ao leste co Barco de Valdeorras, ao sur co Bolo e A Veiga e ao oeste con Larouco.

Sitúase no val do río Sil, ao pé da serra do Eixe. A zona repártese entre os climas oceánico mediterráneo e oceánico atlántico de transición. A temperatura media anual é de 15,6 °C, e as precipitacións de 763 mm, cunha distribución estacional que provoca unha acusada sequía estival. O punto de maior altitude é o cumio da Pena, de 1.378 m.

Está comunicada pola vía ferrea entre Palencia e A Coruña, a estrada N-120 entre Vigo e Logroño, e a OU-533 que comunica con Viana do Bolo e A Gudiña.

Poboación

Censo Total (Habitantes) 961 (2014)
Menores de 15 anos 81 (8.43 %)
Entre 15 e 64 anos 599 (62.33 %)
Maiores de 65 anos 281 (29.24 %)
Evolución da poboación de Petín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.568 2.887 2.669 1.817 1.095 1.030 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A historia coñecida do concello comeza co poboamento do pobo castrexo dos Cigurris ou Gigurris. A súa riqueza mineira, principalmente aurífera, atraeu os romanos, que dominaron aos anteriores poboadores, romanizando os seus castros a partir do século I a. C.

A orixe do topónimo esperta debate. Uns historiadores defenden a base no étimo Petinius, posible xerarca romano. Outros relaciónano con Pilon ou "pedra cravada", debido aos miliarios da Vía Nova.

Coa chegada dos pobos xermánicos á Gallaecia a principios do século V chegou a cristianización da zona, se ben non quedan moitos vestixios nin dos suevos nin dos visigodos. Nesa época formou parte da diocese de Ourense, se ben trala breve ocupación islámica pasaron á diocese de Astorga.

A existencia de Petín documéntase por primeira vez, xunto coa do lugar de Santoalla, nun documento do ano 953 pertencente ao Tombo de Celanova[5].

O sistema feudal estivo presenta a través da familia Froilaz, e posteriormente dos Castro, condes de Lemos. No século XIV, trala guerra civil entre Pedro I e o seu medio irmán Henrique, gañada por este último, Valdeorras pasa, durante uns poucos anos, a mans dun nobre que vendería esta xurisdición aos Sarmiento, condes de Ribadavia.

Guerra da independencia

A Guerra da Independencia Española tivo certa relevancia en Valdeorras. Entre o 1 e o 14 de xaneiro de 1809 as tropas inglesas mandadas por Crawford e Von Alten, seguidas polas españolas mandadas polo Marqués de la Romana, pasaran cara ao interior de Galiza fuxindo da persecución das tropas francesas. Do 15 de xaneiro ao 1 de febreiro algunhas tropas francesas mandadas polo xeneral Marchand atravesaron a comarca en persecución das do Marqués de la Romana. O groso do exército francés que invadiu Galicia seguiu o camiño francés que facían os peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. Os valdeorreses alzáronse contra os franceses, e producíronse as primeiras accións guerrilleiras sobre convois e escuadróns franceses. Na ponte de Petín tiveron certa relevancia as mozas, que protagonizaron unha valorosa acción, xa que foron elas, as que acoitelaron aos soldados franceses coa maior bravura, durante todo un día dende as nove da mañá ata o escurecer causándolles moitas perdas. En xuño produciuse a fuxida e retirada das tropas francesas mandadas polo Xeneral Soult, saqueando e incendiando reiteradamente.

As tropas francesas foron acosadas polos paisanos nos cóvados e nas revoltas do río Bibei, recuperando o botín de armas, cabalos e maletas.

O Xeneral Soult ordenou unha dura represalia, executandoa Loison e Delaborde. Na Rúa acamparon xunto á ermida de San Roque durante oito días, e dende aquí organizaron correrías de castigo e o saqueo das parroquias de Mones, Santa María de Mones, San Paio e a casa do Mancebo de Outeiro, onde un criado aparentando ser tolo, emborrachou aos soldados franceses e apoderouse dos seus documentos. Os paisanos que permanecían á esculca caeron inesperadamente sobre eles causando unha gran carnicería. Os franceses acabaron queimando 43 casas en Petín. As represalias saldáronse coa morte de moitos valdeorreses, pero non foi indiscriminada xa que entre os mortos non figuraban nenos.

As accións de guerra en Valdeorras non foron protagonizadas por un exército regular español, senón polos paisanos impulsados polos membros do baixo clero secular valdeorrés, destacando Xosé Ramón Quiroga Uria, abade de Casoio convertido no comandante da guerrilla popular. As deficientes condicións de vida en xeral agravadas polas tropas francesas puido ser a causa de tan alta mortalidade, pois unha das consecuencias da guerra foi o aumento da pobreza durante bastantes anos. O 16 de outubro de 1818, 90 comisionados das aldeas de xurisdición de Valdeorras, entre eles Mones, Petín, Santa María de Mones e Santoalla do Monte, reunidos en Vilamartín protestan ante o escribano Manuel de Flon e din: "Que esta repetida xurisdición se acha moi pobre con motivo dos escalabros da última guerra con Francia, e estárselle debendo pola Real Hacienda máis dun millón de reais en subministracións á tropas. Piden que lles exoneren do pagamento do soldo ao Alcalde Maior (cincocentos ducados anuais), que non poden pagar sen moito detrimento das súas curtas facultades".

Inicialmente naceu como concello de Freixido, pero en 1835 tomou a actual denominación.

Na primeira metade do século XX a poboación emigra especialmente cara a Cuba e Buenos Aires, e dentro da península a Barcelona. En 1924 os ausentes representan o 45,67% da poboación.

Patrimonio

O castro de Mones é un poboado castrexo.

Ponte romana de Petín, Galiza
Ponte da Cigarrosa.

A ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, foi construída no século XVI e reformada no XVII sobre unha ponte anterior de orixe romana, pertencente á vía XVIII ou Vía Nova do itinerario de Antonino para unir Braga con Astorga. Tende cinco arcos de luz variable, con catro piares.

Entre os monumentos relixiosos destacan a ermida de Portomourisco e as igrexas de San Miguel e Santa María de Mones.

A ponte de Portomourisco, sobre o río Xares, foi construída para facilitar o acceso aos peregrinos cara á ermida da Virxe das Ermidas. É de pedra de cantaría ben labrada, cun só arco moi amplo. Mide 122 pés de longo, 16 de ancho e 24 de alto. Os construtores foron os mestres Manuel de Lastra e Alonso Sánchez. As obras leváronse a cabo entre setembro de 1702 e decembro de 1703, cun custo total de 29.685 reais de billón.

Na casa familiar dos Quiroga, situada na praza maior da vila, viviu e pasou consulta o médico Xosé Quiroga, apreciado na zona polos coñecementos médicos e polo trato humano. O seu fillo, Xosé Quiroga Suárez, foi o primeiro presidente da Preautonomía Galega, e fillo predilecto de Petín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Petín.
Bandeira de Petín, Ourense Galiza II

Bandeira de Petín.[6]

Lugares de Petín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Petín vexa: Lugares de Petín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultados eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Petín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "GMH: Resultados". gmh.consellodacultura.org. Consultado o 2018-02-21.
  6. Decreto 283/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Petín (Ourense).
Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é a estación de ferrocarril máis importante en número de trens da provincia de Lugo, situada na cidade de Monforte de Lemos, e unha das máis importantes e con maior número de pasaxeiros de Galicia debido a confluencia das liñas León-A Coruña e Monforte-Redondela.

Ten servizos de Media e Longa Distancia, ademais dunha imporante función loxística derivada da súa extensa praia de vías.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de San Clodio-Quiroga

San Clodio-Quiroga é unha estación de tren de Adif situada en San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a escasos quilómetros de Quiroga. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Ignacio Vilar

Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema.

Mones, Petín

San Miguel de Mones é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 72 habitantes (31 homes e 41 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 108 habitantes.

Petín, Petín

Santiago de Petín é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 644 habitantes (313 homes e 331 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes.

Portomourisco, Petín

San Víctor de Portomourisco é unha parroquia do concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres) establecidos en dúas entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co único lugar da parroquia homónima do concello de Larouco, forma a parroquia eclesiástica de Portomourisco.

Santa María de Mones, Petín

Santa María de Mones é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 68 habitantes (33 homes e 36 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes.

Santoalla do Monte, Petín

Santoalla do Monte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 habitantes (3 mulleres e 4 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña tamén 7 habitantes.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Xosé Quiroga Suárez

Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o segundo presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes da aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia de Galiza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.