Pescanova

Pescanova é unha empresa pesqueira galega con sede en Chapela, Redondela. O porto de Vigo é a súa base de operacións.

Pescanova Alimentación S. A.
Medalla de Galiza.svg
Pescanova-logo
TipoSociedade Anónima
Fundación1960
LocalizaciónRúa José Fernández López, s/n Chapela, Redondela 36320 Pontevedra Galicia Galicia
Persoas claveManuel Fernández de Sousa-Faro (presidente)
Industriaalimentación
ProdutosPescado e marisco conxelados
Número de empregados3.399 [1]
Páxina webwww.pescanova.es

Historia

Pescanova, Vigo, Avenida de Beiramar
Instalacións na Avenida de Beiramar de Vigo.

Pescanova foi fundada en 1960 en Vigo por Xosé Fernández López. Desde os seus inicios desenvolveu unha tecnoloxía avanzada para o proceso completo de manufacturación de peixe mediante o uso de grandes barcos conxeladores que procesaban e ultraconxelaban as capturas a bordo do propio barco. Esta innovación constituíu unha revolución no sector do peixe ultraconxelado, e permitiulle á empresa medrar grandemente e posicionarse como líder indiscutible do mercado nacional e internacional.

En 1980 Manuel Fernández de Sousa-Faro, fillo do fundador accedeu á presidencia, e iniciou un proceso de reestruturación da firma. En 1985 comezou a cotizar na Bolsa de Madrid. Na actualidade Pescanova é unha multinacional líder no sector de produtos ultraconxelados, e conta cunha destacable presenza en medio mundo, con filiais en países como Portugal, Francia ou Italia e plantas en Namibia ou Honduras.

A mercadotecnia de Pescanova estivo sempre ligado a unha imaxe de marca moi familiar e que ofrece produtos de cualidade e confianza. Destacou a repercusión social do slogan O bo sabe ben aínda en uso, ou personaxes empregados en campañas publicitarias como "Rodolfo Langostino" (anos 80) ou o "Capitán Pescanova" (a finais dos 90). A comezos do século XXI abriu en Vigo o primeiro restaurante de comida rápida especializado en peixe.

Entre agosto de 2012 e febreiro de 2013, Alfonso Paz-Andrade, ex conselleiro delegado da entidade desfaise de 353 188 accións da empresa, quedando coma primeiros accionistas: Manuel Fernández de Sousa-Faro (14,426%), a Sociedad Anónima Damm (6,183%,; Luxempart (5,837%), Alqueire (5,050%), FBA-The Icelandic Investment Bank (5%) e Silicon Metals Holding (5%).[2]

O 1 de marzo de 2013 a empresa presentou un preconcurso de acredores ao non poder formalizar as súas contas de 2012 perante a Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV)[3]

Estrutura

Redondela, Pescanova
Instalacións en Redondela.

O grupo Pescanova está formado por un conglomerado de empresas dedicadas á captura, procesado, elaboración e distribución de produtos do mar, precociñados, pratos preparados e ultraconxelados. Empresas do grupo Pescanova son Pescanova Alimentación, S.A. (comercialización dos produtos Pescanova), Friser (distribución de ultraconxelados a domicilio), Cofrío (produtos conxelados para maioristas), Frinova (elaboración de produtos fritidos ultraconxelados) e Caternova (cátering para restauración).

Notas

  1. "Con presenza de empresas pertencentes ao grupo en 21 países. A súa frota pesqueira é aproximadamente de 120 barcos e conta cun total de 3.399 empregados." en Pescanova.com
  2. "Paz-Andrade se desprende de 120.000 acciones de Pescanova por 2 millones de euros", Faro de Vigo, 1/03/2013
  3. "Pescanova presenta el preconcurso de acreedores" Arquivado 03 de marzo de 2013 en Wayback Machine., Atlántico Diario, 1/03/2013

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

8 de setembro

O 8 de setembro é o 251º día do ano do calendario gregoriano e o 252º nos anos bisestos. Quedan 114 días para finalizar o ano.

Afonso Paz-Andrade

Afonso Paz-Andrade Rodríguez, nado en Vigo o 4 de outubro de 1940, é un empresario galego.

Angorén, Chapela, Redondela

Angorén é un barrio de Chapela que se estende dende o barrio de Laredo, ata o Alto da Encarnación, onde se atopa un cruceiro, e antes había unha capela, chamada "Do Frade", e tamén un cemiterio. Máis arriba, cara San Vicente, atópase o barrio de Riofrio, onde se atopan os restos do que foi o Condado de Riofrio do Marqués de Santillana, cuxo escudo estaba no paredón que quedaba do antigo pazo. Cando caeu o escudo, foi recollido por José Pérez Presa, que é o dono de todo que foi aquela propiedade.[Cómpre referencia]No barrio de Angorén, atópase a empresa Pescanova. Tamén está en Angorén a Empresa Frioya, moi importante en conxelados; e a Empresa Hermasa de construción de maquinaria.[Cómpre referencia]

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Chapela, Redondela

San Fausto de Chapela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2013 tiña 7.538 habitantes (3.830 mulleres e 3.708 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.498 habitantes.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Fillos de Antón de Marcos

Coñécense como os fillos de Antón de Marcos a catro irmáns lucenses, Antonio, Xosé, Manuel e Concepción Fernández López, fillos de Antonio Fernández Fernández, máis coñecido polo alcume de Antón de Barreiros ou Antón de Marcos.

Os catro irmáns foron relevantes empresarios e filántropos creadores de empresas como Zeltia en 1939, Frilugo en 1941, Transfesa en 1942, Antibióticos S.A. en 1949, Frigsa en 1951, Cementos Oural (más tarde Corporación Noroeste) en 1958, Pescanova en 1960 ou a Caixa de Aforros Provincial de Lugo en 1964. Tamén axudaron na creación do Museo Provincial de Lugo, ao que Antonio Fernández López, xunto co seu amigo e colaborador Álvaro Gil Varela, doou gran cantidade de obras de arte.

José Luis Méndez López

José Luis Méndez López, nado na Coruña o 11 de setembro de 1945, é un banqueiro galego, director xeral de Caixa Galicia entre 1981 e 2010.

Lago, Xove

Santa Eulalia de Lago é unha parroquia do concello de Xove na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 183 habitantes (92 homes e 91 mulleres), 80 menos ca en 2007 (123 homes e 140 mulleres) e 102 menos que en 2000.

Lüderitz

Lüderitz é unha cidade portuaria de Namibia, situada na rexión de Karas, a máis meridional do país.

Nueva Pescanova

Nueva Pescanova, tamén coñecida como Grupo Nueva Pescanova, é unha sociedade multinacional galega, especializada na captura, cultivo, elaboración e comercialización de produtos do mar.Con máis de 10 000 empregados en catro continentes, é unha das poucas multinacionais de produtos do mar presente en toda a cadea de valor, desde a orixe até a súa venda.Sucesora da empresa Pescanova, ten a súa sede en Chapela, Redondela (Pontevedra).

Panificadora de Vigo

A panificadora de Vigo é unha antiga fábrica de pan, fariñas e outros subprodutos da panificación, coma pensos para animais e pastas alimenticias. Estivo en actividade produtiva entre 1924 e 1980. Atópase no centro da cidade, no barrio da Falperra; a media ladeira, entre o cumio do Castro e a ribeira do Berbés. A construción caracterízase polo uso masivo de formigón armado, unha solución de enxeñería novidosa na súa época.

Porto de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Rodaballo

O rodaballo (Psetta maxima ou Scophthalmus maximus (Linné, 1758) ) é un peixe mariño da familia dos pleuronectiformes que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas.

Ríos Panisse recolle de Corominas a orixe do nome a partir dunha forma celta *ROTOBALLIOS, o do corpo redondo (de ROTA 'roda' + BALLOS 'membro').

Ós rodaballos pequenos denomínaselles en Cedeira rodos, nome que, segundo Ríos Panisse, sería unha forma regresiva de rodaballo.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Xosé Fernández López

Xosé Fernández López, nado en Lugo o 8 de setembro de 1904 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1986, foi un empresario galego, fundador de Pescanova e Zeltia.

Yago Méndez

Yago Méndez Pascual, nado na Coruña en 1973, é un empresario galego

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.