Pesca

A pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais) ou a industria, incluíndo a fabricación de comida para o alimento de animais en crianza e a produción de substancias con interese para a saúde -como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.

Stilts fishermen Sri Lanka 02
Pescadores en Sri Lanka.

Características

Esta definición engloba o concepto de acuicultura en que os individuos capturados son primeiro criados en catividade en instalacións artificiais apropiadas como tanques, gaiolas ou viveiros. As bateas están a medio camiño entre a acuicultura e a pesca propiamente dita.

As principais especies explotadas na actividade pesqueira no mundo pertencen aos grupos dos peixes, dos crustáceos e dos moluscos. Non obstante, o home tamén cultiva e captura varias especies de crocodilos, batracios (principalmente ras), mamíferos mariños (principalmente baleas) e algas.

Segundo "O Estado das pesqueiras e da acuicultura no mundo", unha publicación da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), a produción de peixe no mundo foi en 2002 superior a 94 millóns de toneladas coa actividade extractiva e máis 50 millóns coa acuicultura. Estímase que o peixe fornece actualmente preto do 16% da proteína consumida polo ser humano. A pesca é igualmente unha importante fonte de emprego, contribuíndo enormemente á economía mundial.

Pesca e pesqueiras

A pesca é o propio acto de capturar animais acuáticos ou de crialos: unha pesqueira é o conxunto do ecosistema e de todos os medios que nel actúan –barcos e artes de pesca– para capturar unha especie ou un grupo de especies afíns (por exemplo, a pesqueira de arenque do Mar do Norte, a pesqueira de bocarte do Perú e Chile). Así e todo, pódese falar tamén das pesqueiras de camarón de Madagascar porque inclúen unha compoñente industrial e outra artesanal ou as pesqueiras de atún porque teñen diferentes especies e son capturadas en diferentes océanos.

A pesca na historia

Desde tempos inmemoriais, a pesca sempre formou parte da cultura humana, non só como fonte de alimento, senón tamén como modo de vida, dando identidade a innumerables comunidades e como obxecto artístico. A Biblia ten referencias á pesca e mesmo a icona dun peixe converteuse no símbolo dos cristiáns nos primeiros tempos.

Unha das actividades cunha historia máis longa é o comercio de bacallau seco entre o norte e o sur de Europa, que comezou no tempo dos viquingos hai máis de 1000 anos.

Métodos de Pesca

BD-fishermen
Pescadores.
A Illa de Arousa.Galicia.33
Preparando nasas na Illa de Arousa.
Aparellos de pesca, Vilanova dos Infantes, Celanova
Aparellos de pesca, Vilanova dos Infantes, Celanova.
A Illa de Arousa.Galicia.18
Descargando mexillón na Illa de Arousa.

A forma máis simple de pesca é un individuo illado cunha cana ou rede. Non só como actividade recreativa -proporcionando un enorme comercio en moitos países desenvolvidos-, senón tamén como pesca de subsistencia nos países menos desenvolvidos, esta forma de pesca continua a ser moi importante en todo o mundo, mais a forma máis usual de pescar é con embarcacións, comezando coa xangada de papiros do Exipto ou a piroga ou canoa de tronco escavado (aínda hoxe a principal plataforma de pesca en moitos dos países menos desenvolvidos) pasando polos barcos á vela, ata aos enormes barcos-fábrica responsables da produción de atún e equipados coa máis moderna tecnoloxía, helicópteros para a detección de cardumes, receptores de información vía satélite que indican a posición exacta, a temperatura da auga do mar. etc.

Pesca á liña

A pesca á liña, cun fío e un anzol, parecendo simple, é unha das principais formas de capturar peixe. Polo feito do material ser de fácil adquisición é o principal método de pesca de subsistencia en ríos, lagos ou xunto á costa. Porén, varias pescarías industrializadas usan este método, tanto coa chamada liña de man, en que cada pescador terma na man dunha liña en cuxa extremidade se colocan varias liñas secundarias cada unha co seu anzol, como cos palangres de varios quilómetros de lonxitude cos que se pescan os atúns de profundidade.

Pesca de enmalle

Outra forma de pescar relativamente simple é a rede de enmallar -na súa forma máis simple, un rectángulo de rede con flotadores na extremidade superior e chumbos na inferior, que se lanza á auga nun lugar onde se saiba que hai cardumes de peixe, os cales fican "enmallados" (presos nas mallas da rede), normalmente polas gallas ou opérculos. Este método ten moitas variantes, a máis perigosa -para a fauna mariña e para a propia navegación - é a de arrastre ou rede de deriva, que tamén pode ter varios quilómetros de extensión e pode perderse, continuando a matar peixes que despois non son aproveitados e ata mamíferos mariños; ademais, estas redes son practicamente invisibles e un navío que pase por unha destas redes perdidas pode ficar coa hélice inmobilizada. Por estas razóns, a rede de deriva foi prohibida en varios países.

Pesca do cerco

Artigo principal: Pesca do cerco.

Algunhas variantes da rede de enmallar deron orixe ás redes de cerco: a rede é colocada ó redor dun cardume e un cabo profundo poder ser puxado para formar un saco onde todo o peixe fica aprisionado. Esta forma de pescar é utilizada tanto a nivel artesanal -no norte de Mozambique estas redes son pechadas por 4-5 mergulladores, en augas baixas- como a nivel industrial, por exemplo, para algunhas especies de atún que forman cardumes á superficie do mar.

Pesca con trampas

As nasas de diversos tipos son tamén métodos de pesca moi populares desde tempos inmemoriais. Na rexión Indo-Pacífica (nas zonas tropicais e subtropicais dos Océanos Índico e Pacífico), os pescadores constrúen gaiolas con forma de V con ripas de bambú ou de follas de palmeira, colócanas preto de rochas ou arrecifes de coral e conseguen capturar peixes de gran valor comercial. En Galicia existe unha pesca tradicional para cefalópodos (principalmente polbo) con recipientes de barro ou lata, normalmente fixados en número variable a liñas suspensas na auga. Estas artes de pesca pertencen ás chamadas artes pasivas, xa que é o propio animal o que as procura, normalmente como refuxio, ficando aprisionado nelas.

Ao nivel industrial, hai pescarías que utilizan gaiolas, construídas con plástico ou rede segura nunha armazón metálica, que poden ser colocadas en grandes números e a calquera profundidade, presas por un cabo. Estas gaiolas provocan un problema semellante ao das redes de enmallar derivantes, pois poden perderse e continuar a enredar peixes ou outros organismos, sen ningún beneficio, nin para o home nin para os propios recursos pesqueiros.

Pesca de arrastre

Finalmente, en termos de tipo de arte, unha vez que hai numerosas variantes dos tipos xa descritos, o método de pesca actualmente máis popular -e máis controvertido- é o arrastre, constituído basicamente por unha rede construída en forma de saco, con flotadores na parte superior da abertura e pesos na parte do fundo, e cabos amarrados ás extremidades desa "boca" polos cales a rede é arrastrada normalmente polo fondo do mar. Existen formas artesanais desta arte (a rapeta por exemplo) en practicamente todo o mundo nas que a rede é arrastrada por pescadores a pé ou co auxilio dunha pequena embarcación, mais a industria pesqueira usa redes de arrastre de grandes dimensións -ás veces máis dunha ao mesmo tempo- que son de construción máis sofisticada e tiradas por instrumentos mecánicos desde unha embarcación, que pode ser un barco-fábrica.

Os aspectos controvertidos deste método de pesca son varios, por exemplo;

  • a noción -normalmente trabucada- de que estas redes "destrúen" o fondo do mar;
  • outros problemas máis demostrables que foron estudados e parcialmente resoltos polas ciencias pesqueiras, como o feito de que estas redes son moi pouco selectivas, é dicir, capturan animais de practicamente todas as dimensións, incluíndo:
  • os moi pequenos que aínda non chegaron a madurez sexual, pondo así en perigo a continuidade da poboación da especie
  • aquelas que non son o obxecto da pescaría e que son moitas veces devoltas ao mar (descartes), contribuíndo na diminución da diversidade biolóxica.

Métodos de pesca prohibidos

Existen algúns métodos de pesca nocivos e que están prohibidos en practicamente todo o mundo, mais que aínda se practican. Un deles é o uso de dinamita ou outros explosivos: cando se detona unha carga explosiva na auga, a enorme onda de presión atorda os peixes maiores e pode destruír completamente os máis pequenos; mesmo por causa do aumento de presión, estes peixes fican a flotar e son facilmente capturados. Os peixes que fican destruídos non serven nin sequera para alimentación e poden ser os xuvenís, causando así un desperdicio. Peor é o efecto que os explosivos teñen nos corais, que levan moitas ducias de anos a desenvolvérense e que, con este método, son destruídos.

Outro método de pesca prohibido é o do uso de substancias tóxicas para os peixes ou outros organismos acuáticos. Como no método anterior, o problema principal é a falla de selectividade do método, matando non só os organismos dos tamaños que se pretenden utilizar, senón tamén moitos outros. Porén, este método é aceptado, mais con restricións en relación á cantidade e á forma da súa utilización, para estudar os organismos existentes en áreas onde non é fácil capturalos por outros métodos, tales como covas ou rápidos de ríos.

A importancia da pesca no mundo

A actividade da pesca atópase en todos os océanos, ríos e lagos - e ata nas augas que fican permanentemente cubertas de xeo -. O home captura un gran número de especies de peixes, crustáceos, moluscos e ata moitas outras especies acuáticas, como algunhas algas, mamíferos mariños (aínda que a súa captura sexa prohibida en case todo o mundo) e outros seres. Porén, o número de especies que compoñen a gran maioría das capturas pesqueiras do mundo é relativamente pequeno. As principais son o bocarte do Perú de que, en 2002, se capturaron preto de 10 millóns de toneladas, o bacallau e especies da mesma familia, que superaron os 8 millóns, os atúns que alcanzaron 6 millóns, e os cefalópodos (chocos, lulas e polbos) e os camaróns que atinxiron cada un preto de 3 millóns. Polo tanto, estes 5 grupos de especies (se xuntarmos o bocarte coas sardiñas, temos un total de 22 millóns de toneladas) corresponden a case 50% das capturas mundiais da pesca.

Os principais países pesqueiros en 2002 foron China cun total de case 17 millóns de toneladas de capturas, 19 millóns provenientes da acuicultura mariña e 17 millóns da acuicultura de auga doce - preto de 30% da produción mundial de produtos pesqueiros -, o Perú con preto de 9 millóns, os Estados Unidos da América do Norte con preto de 5 millóns e o Xapón con 4,5 millóns. O segundo produtor mundial de produtos acuícolas foi a India, con 2 millóns de toneladas.

Problemas ambientais ligados ás pescas

Unha vez que as pescas dependen de recursos naturais renovábeis, é de esperar que haxa unha serie de aspectos, ambientais e outros, que as afectan. O principal é respecto á propia dispoñibilidade do recurso que se pretende pescar – a pesca pretende ser unha actividade económica sustentábel e polo tanto ela debe ser regulada de modo que se asegure a renovabilidade dos recursos, ou sexa, se evite a sobrepesca. Este é o obxectivo da xestión das pescarías.

Así e todo, unha vez que os recursos pesqueiros – as especies acuáticas – viven nun determinado ecosistema, a súa renovabilidade tamén depende da integridade do ecosistema, ou sexa, dun conxunto de relacións equilibradas entre as varias especies presentes e entre estas e o seu hábitat. Por iso, todos os factores que prexudican a “saúde” do ecosistema, como a contaminación e as alteracións da biodiversidade, poñen en causa a sustentabilidade das pescarías que aí se desenvolven.

Algúns destes factores teñen causas externas ás propias pescarías, como a contaminación causada polos residuos urbanos, industriais ou dos navíos. As alteracións na faixa costeira, tales como a deforestación que pode causar erosión, promovendo o asoreamento dos fondos mariños (ou dos ríos ou lagos) ou a exploración de areas ou rochas para fins de construción, tamén prexudican os ecosistemas acuáticos. Por esa razón, hoxe falase moito da necesidade dunha xestión integrada da zona costeira, en que se eviten todas as accións que prexudiquen, non só a costa, as praias, a navegación, senón tamén os ecosistemas acuáticos e as pescas que del dependen.

Outra importante acción que debe ser promovida é a recuperación da saúde dun ecosistema afectado, non só anulando as fontes de contaminación ou controlando a exploración das forestas ribeiriñas – ou mesmo promovendo a reforestación – mais inclusivamente introducindo no sistema especies que teñan desaparecido ou outras que non entren en competición con aquelas aló existentes, mais contribúan para o seu nivel óptimo, por exemplo, servindo para o seu alimento.

Mais a pesca tamén pode provocar alteracións no propio ecosistema do cal depende. Referimos acima* a destrución dos fundos polo arrastre, que realmente pode acontecer en pescarías que se desenvolven en “chairas de herbas mariñas, cando o arrastre se fai a niveis que non permiten a renovación daquelas plantas. Mais a mesma pesca excesiva ou descontrolada, ademais de pór en perigo a renovación das especies, pode tamén causar a modificación da biocenose, a través da substitución de especies ou mesmo causando a diminución da biodiversidade.

Por estas razóns, ademais do esforzo que se debe facer na xestión das pescarías e na xestión integrada da zona costeira, existe neste momento a tendencia de multiplicar as reservas mariñas, zonas onde é prohibido pescar – ou onde a propia comunidade humana controla a pesca que lle permite a subsistencia. Estas reservas ou parques permiten o refuxio de poboacións de organismos mariños que poden axudar a repoboar zonas próximas onde algunhas especies teñan sido sobre-explotadas.

Código de conduta para pescarías responsables

Bautista Pino proa
Embarcación pesqueira en Viveiro.

A adopción xeneralizada nos anos 70 das zonas económicas exclusivas (CEE’s) e da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, en 1982, criaron condicións para unha mellor xestión dos recursos pesqueiros, dando a un gran número de países o dereito dos utilizar para o seu proveito (en vez de continuaren a ser peixes por frotas estranxeiras) e a responsabilidade de fiscalizar as pescarías que aí se exercen. Porén, este movemento asociado aos avances tecnolóxicos nesta industria e á crecente procura de produtos pesqueiros levaron ao seu crecemento esaxerado. Nos anos 80 tornouse claro que os recursos existentes non poderían soster este crecemento. Alén diso, continuaron a existir pescarías non reguladas no alto mar, moitas veces envolvendo especies de peixes que fan grandes migracións e que pasan polas augas de varios países.

En 1992, realizouse en Cancún unha Conferencia Internacional sobre Pesca Responsable en que se pediu á FAO que preparase un Código de Conduta para tentar resolver aquelas cuestións. A Declaración de Cancún foi unha importante contribución para a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Meo Ambiente e o Desenvolvemento – Río de Xaneiro. En 1993, a Conferencia da FAO adoptou un Acordo na Promoción do Respecto polas Medidas Internacionais de Conservación e Xestión por Barcos de Pesca na Alta Mar. Finalmente, en 1995, a Conferencia da FAO adoptou unanimemente este Código que, a pesar de non ser mandatorio, establece principios e padróns para a conservación, xestión e desenvolvemento de todas as pescarías do mundo.

Os obxectivos do Código son os seguintes:

  • Establecer principios que estean de acordo cos artigos relevantes da lei internacional para a promoción de pescas responsables, considerando todos os aspectos de interese, dos puntos de vista biolóxico, tecnolóxico, económico, social, ambiental e comercial;
  • Establecer principios e criterios para a elaboración e implementación de políticas nacionais para a conservación responsable dos recursos pesqueiros e para a xestión e o desenvolvemento das pescas;
  • Servir como referencia para axudar os estados a promulgar ou mellorar a súa lexislación e os mecanismos institucionais necesarios para o exercicio de pescas responsables;
  • Prover liñas de orientación que poidan ser usadas, onde sexa apropiado, na formulación e implementación de acordos internacionais e outros instrumentos legais, tanto mandatorios como voluntarios;
  • Promover a cooperación técnica, financeira e outra na conservación dos recursos pesqueiros e na xestión e desenvolvemento das pescas;
  • Promover o aumento da contribución das pescas para a seguridade alimentaria e para o melloramento da dieta alimentaria dos pobos, con prioridade para as comunidades locais;
  • Promover a protección dos recursos acuáticos vivos e do seu ambiente e zonas costeiras;
  • Promover o comercio do peixe e doutros produtos pesqueiros en conformidade coas regras internacionais relevantes e a eliminación de barreiras a ese comercio;
  • Promover a investigación das pescarías, incluíndo os aspectos ecolóxicos dos ecosistemas que as sustentan;
  • Fornecer regras de conduta para todas as persoas envolvidas nas pescas.

O sector en Galicia

Importancia económica

Dentro do sector sector pesqueiro adóitanse incluír toda as actividades relacionadas coa pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura, así como a conserva e o conxelado, constituíndo un dos principais axentes da economía galega. No ano 2007 a facturación global do sector chegou aos 4.750 millóns de euros, dos que 673 M€ corresponden a pesca extractiva.[1] A contribución da pesca extractiva e o marisqueo, así como da acuicultura e da industria da conserva no PIB galego é do 1,98 %, aproximadamente.

Esta actividade estimula o funcionamento doutros moitos axentes económicos: así aos máis de 25.700 mariñeiros, acuicultores e mariscadores que faenan habitualmente hai que engadir os traballadores de actividades como a industria conserveira, os estaleiros ou o comercio. Estímase que por cada emprego no mar créanse catro en terra [1].

Produción

Durante o 2007, puxáronse nas lonxas galegas máis de 170 millóns de quilos por un valor superior aos 463 millóns de euros, dos que 325 proceden da venda de peixe[1]. Entre as especies vendidas destacan o xurelo, a pescada, a xarda, a sardiña e o lirio, polo seu volume, e economicamente a pescada (90 M€).

Frotas

A frota pesqueira con porto base en Galicia está formada por 4.799 buques de pesca e 1.213 de acuicultura[2], que representan o 40% da frota do estado, e converten o país na maior rexión pesqueira da Unión Europea.

  • A frota de baixura é a que opera a menos de 12 millas da costa dentro da súa propia provincia marítima con motores de ate 51 CV e 10 TRB (toneladas de rexistro bruto), conta con 4.189 embarcacións.[2]
  • A frota de litoral, a que opera a menos de 60 millas, conta con 377 buques.[2]
  • A frota de altura, que pesca en augas comunitarias, principalmente no Gran Sol (caladoiro da NEAFC), ten 113 barcos.[2]
  • A frota de grande altura, que actúa no resto do mundo (destacando o caladoiro da NAFO no Atlántico norte, conta con 120 naves.[2]

Resumo de artes de pesca

A Illa de Arousa.Galicia.34
Aparellos na Illa de Arousa.
Redes, Porto da Coruña
Rede de pesca no porto da Coruña.

Pesca comercial

Pesca deportiva

  • Brumeo
  • Cacea
  • Corricán
  • Boloñesa
  • Coup
  • Inglesa
  • Pesca con engado
  • Lanzado
  • Pesca ó tento
  • Mosca
  • Pesca da carpa
  • Pesca submarina
  • Surf-Casting
  • volantín

Galería de imaxes

Pesqueiro de baixura, Vigo

Pesqueiro de baixura, Vigo.

Barco Pesca Galicia GDFL

Barco pesqueiro

.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellería do Mar Arquivado 21 de novembro de 2010 en Wayback Machine., Xunta de Galicia (decembro de 2010)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Plataforma Tecnolóxica da Pesca de Galicia Arquivado 29 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (decembro de 2010)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arenque

O arenque, Clupea harengus Linnaeus, 1758, é unha especie de peixe osteíctio mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos, unha das tres que conforman o xénero Clupea.

Esta especie é unha das comercialmente máis importantes no norte do océano Atlántico.

Segundo Eladio Rodríguez, chámanse tamén arenques as sardiñas grandes salgadas ou afumadas.

Ríos Panisse localiza esta denominación en Sada, Ribeira e na península do Morrazo.

Arte (pesca)

Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).

Bermeo

Bermeo é un concello situado na costa de Biscaia, no País Vasco. Forma parte da comarca de Busturialdea-Urdaibai. A súa poboación é de 16.777 habitantes (2017).

Fundada en 1236, a vila ostentou o título de "Cabeza de Biscaia" entre 1476 e 1602, sendo a principal poboación del Señorío de Biscaia. Por iso Bermeo gozou de certos privilexios e tamén de maior relevancia fronte ao resto de vilas nas Xuntas Xerais de Biscaia. Ademais, hai que engadir as xuras que os reis realizaban na igrexa de Santa Eufemia cada vez que visitaban a provincia.

Actualmente, trátase dunha vila arraigada á tradición mariñeira, xa que a súa economía baséase maioritariamente na pesca e nas conservas de peixe.

Posúe ademais diferentes atractivos turísticos como a ermida de San Xoán de Gaztelugatxe, a torre Ercilla (Museo do pescador), a Porta de San Xoán, o casco antigo, a Atalaia e o seu acolledor porto, entre outros.

Burela

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é burelao, burelense ou burelés.

É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Carideos

A dos carideos (Caridea) é unha infraorde de crustáceos decápodos que son coñecidos popularmente como camaróns, e tamén como esquías, esquilas ou quisquillas.

Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Islandia

Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súa latitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Até o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.

Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. Islandia posúe unha economía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, na pesca e nalgunhas industrias principalmente. O turismo é un sector importante no país, xa que moita xente é atraída pola súa exótica paisaxe. A illa é membro da Organización das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.

Lura

A lura, (Loligo vulgaris) tamén chamada lula nalgunhas partes de Galicia, e tamén lura común, ou lura europea (na bibliografía internacional) é, para moitos autores, un molusco cefalópodo coleoideo da superorde dos decapodiformes. orde dos téutidos e familia dos lolixínidos.Porén, outros autores sitúana na orde dos miópsidos.

Malí

Malí, oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana, é un país africano. É un estado sen costa, o sétimo máis extenso de África. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste con Senegal. A súa capital é Bamaco.

O seu tamaño é de 1 240 000 km² e a súa poboación estímase en 12 000 000 de habitantes. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Pese a ter recursos naturais como o ouro, uranio, sal, está considerada un dos lugares máis pobres do mundo. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda Senegal, converténdose así na Federación Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

Mapalé

O Mapalé é unha danza de parellas que bailan con movementos frenéticos e eróticos. O baile baséase en saltos, caídas, persecucións e enfrontamentos entre a muller e o home. Mapalé é tamén o nome dun peixe e a lenda conta que os pescadores bailaban esta danza para celebrar a boa pesca e cos seus movementos estaban representando o movemento do peixe fóra da agua.

Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luís Planas.

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, siglas de Food and Agriculture Organization, o seu nome en inglés) é unha organización especializada da ONU, creada o 16 de outubro de 1945, na cidade de Quebec. A FAO reagrupa 192 membros (191 estados máis a Unión Europea). A súa sede está na cidade de Roma, Italia desde 1951, anteriormente tiña a sede en Washington, D.C.. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos)

A FAO realiza programas para elevar os niveis de nutrición e de vida, mellora a eficiencia da produción, elaboración, comercialización e distribución dos alimentos e produtos agropecuarios de granxas, bosques e pesqueiras, promovendo o desenvolvemento e mellora da poboación rural.

Este organismo prepara ás nacións en desenvolvemento para facer fronte a situacións de urxencia alimentaria e, en caso necesario, presta socorro emerxente. Promove investimentos na agricultura, o perfeccionamento da produción agrícola, a cría de gando e a transferencia de tecnoloxía ós países en desenvolvemento. Tamén fomenta a conservación dos recursos naturais estimulando o desenvolvemento da pesca, acuicultura e as fontes de enerxía renovables.

Palangre

O palangre é unha arte de pesca consistente en varias liñas (chamadas brazoladas) onde se empetan os anzois, unidas cada 2,5 metros ou menos nunha tralla (chamada madre) e que pode ser de fondo fixada ó leito mariño (ata 2000 anzois en ata 5000 metros de tralla) ou de superficie (ata 6000 en 12000 metros). Está regulado polo artigo 18 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994).

Porto de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Rexións de Finlandia

Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abbreviated ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Río Mesoiro

O río Mesoiro, tamén coñecido como rego de Campos, rego de Beneirón ou río Monelos, é un río galego que nace e desemboca no concello da Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.

Sardiña

A sardiña, Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, sendo o único representante do xénero Sardina.

Cando as sardiñas son pequenas denomínanse xoubas nas Rías Baixas (máis ou menos, de Fisterra para abaixo), e parrochas nas Rías Altas (máis ou menos, de Fisterra para arriba).

A sardiña captúrase con artes de cerco e de enmalle ou deriva (como o xeito), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, afumada, salgada ou en conserva. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, iniciada na segunda metade do século XVIII polos chamados fomentadores da pesca cataláns, e hoxe diversificada noutras especies de peixes e moluscos.

Troita

A troita, Salmo trutta fario, é un peixe osteíctio de auga doce, unha forma de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Artes de pesca
Clasificación
Tipos
Outras denominacións e artes
Termos relacionados
Tecnoloxía
Embarcacións

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.