Perfecto Rodríguez Muíños

Perfecto Rodríguez Muíños, nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969, é un avogado e político galego do PPdeG.

Perfecto Rodríguez Muíños
Nacemento12 de febreiro de 1969
 Ponte Caldelas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1991). Especializado en Urbanismo, foi asesor xurídico de Xestur-Pontevedra (1998-2003). É concelleiro do PPdeG en Ponte Caldelas dende 1995. Foi Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo entre 1999 e 2003. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Nas seguintes eleccións volveu ser alcalde sempre con maioría absoluta.

Predecesor:
Fidel Rodríguez Toubes
 Escudo de Puente Caldelas.svg
Alcalde de Ponte Caldelas
 
2003 - 2015
Sucesor:
Andrés Díaz Sobral

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Andrés Díaz Sobral

Andrés Díaz Sobral é un político galego do PSdeG-PSOE.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Ponte Caldelas

Corporacións democráticas en Ponte Caldelas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — UCD.Modelo:Ponte Caldelas 1979

1983 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — CP.Modelo:Ponte Caldelas 1983

1987 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — AP.Modelo:Ponte Caldelas 1987

1991 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1991

1995 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1995

1999 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1999

2003 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 2003

2007 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeGModelo:Ponte Caldelas 2007

2011 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeG

2015 Alcalde: Andrés Díaz Sobral — PSdeG-PSOECandidatos: Perfecto Rodríguez Muíños (PP), Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE), Alfonso Gutiérrez Santiago (Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas) e Manuel Xesús Muíños Rodríguez (BNG).

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.