Perfecto Conde

Perfecto Conde Muruais, nado en Xinzo (A Pontenova) o 13 de abril de 1943, é un xornalista e escritor galego.

Perfecto Conde
Nacemento13 de abril de 1943
 A Pontenova
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista

Traxectoria

Formación

Fillo de labregos e incentivado polo mestre Enrique Muruais, da súa familia, estudou por libre os catro primeiros cursos do bacharelato en Lugo, e despois Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi compañeiro de Carlos Casares, Luis Cochón, Mauro Fernández, Arturo Reguera, Marisa Melón ou Vicente Álvarez Areces. En 1969, co único propósito de conseguir un permiso no servizo militar que estaba facendo en Santiago, ingresou na Escuela de Periodismo de la Iglesia de Madrid.

Xornalismo

Rodrigo Royo, fundador e director de Diario SP, deulle o primeiro traballo neste xornal. Pouco despois, mentres exercía no xornal Noticias Médicas, tomou contacto con Raimundo García Domínguez (Borobó), que dirixía a revista Chan. Mentres tanto, empezou a escribir nos semanarios Triunfo e Actualidade Económica.

En 1972 o editor asturiano Silverio Cañada contratouno para coordinar a posta en marcha da Gran Enciclopedia Gallega, que empezou a publicarse en 1974. Perfecto Conde participou, anos despois, no consello asesor da reedición desta enciclopedia que fixo o diario El Progreso de Lugo.

En 1975, chamado por Luis Mariñas, incorporouse á redacción en Galicia de Televisión Española, onde foi pioneiro da utilización do idioma galego neste medio, con programas como Panorama de Galicia e Concellos. Nese tempo entrevistou a diversos persoeiros da cultura galega, como Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Domingo García-Sabell, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane, Valentín Paz-Andrade, Rafael Dieste, Sebastián Martínez-Risco, Ánxel Fole, Xesús Alonso Montero etc. Ó mesmo tempo, era correspondente en Galicia da BBC de Londres, na que tivo que asinar co pseudónimo de Antonio del Eo por razóns políticas, e traballou tamén para a Radiodifução Portuguesa.

En 1976, cando empezou a publicarse o xornal El País, incorpórase como correspondente en Galicia, oficio que desempeñou ata 1982. Así mesmo formou parte do equipo de redacción de Interviú, primeiro como delegado en Galicia, ata 1984, e logo como xefe de Investigación e redactor xefe na redacción central do Grupo Zeta en Madrid.

Perfecto Conde colaborou co semanario Tiempo, así como cos xornais galegos La Región e El Progreso e cos cataláns El Periódico de Catalunya e Avui. De volta a Galicia en 1995, dirixiu a revista Gam durante unha curta etapa e foi xefe do Gabinete de Prensa do Concello de Ferrol dende xullo 1999 ata xuño de 2003. En setembro dese ano incorporouse ao semanario A Nosa Terra como redactor de Investigación.

Obra

Froito das investigacións xornalísticas que levou a cabo en Colombia, México, Brasil, Arxentina e noutros países, en 1991 publicou o libro La conexión gallega, del tabaco a la cocaína (Ediciones B, Barcelona), e tres anos despois Memoria infinda (Santiago de Compostela).

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Croques Blog de Perfecto Conde (desactualizado).
13 de abril

O 13 de abril é o 103º día do ano do calendario gregoriano e o 104º nos anos bisestos. Quedan 262 días para finalizar o ano.

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

Antón Arias Curto

Antón Arias Curto, nado en Monforte de Lemos en 1944, é un militante independentista galego.

Caixa Rural de Ourense

A Caixa Rural de Ourense, fundada como Caja Rural de Orense, foi unha entidade bancaria xa desaparecida que operou na provincia de Ourense na segunda metade do século XX.

Chan (revista)

Chan foi unha revista publicada en Madrid entre 1969 e 1971 pola comunidade galega na emigración, co subtítulo de La revista de los gallegos.

Condado de Ximonde

O Condado de Ximonde, tamén escrito Condado de Gimonde, foi creado por Carlos III en 1776, para favorecer a Xoán Antonio de Cisneros de Castro e da Barrera (1721-1798), rexedor perpetuo da cidade de Santiago e Señor do Couto de Ximonde (ou Gimonde, na grafía da época), da Torre de Couso, do Pazo de Anzobre e do Castelo de Mirón, entre outras propiedades.

O condado recibe o seu nome da aldea de Ximonde (San Miguel de Sarandón, Vedra).

Día da Clase Obreira Galega

O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol.

A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous responsables do comité ferrolán de Comisións Obreiras, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

José Manuel Couceiro Taboada

José Manuel Couceiro Taboada é un médico e político galego.

José María Suárez Núñez

José María David Suárez Núñez, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1932 e falecido na mesma cidade o 4 de xuño de 1987, foi un médico e político galego.

Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Pazo dos Condes de Ximonde

Non confundir co Pazo de Ximonde en Vedra, propiedade tamén da familia Ximonde.O pazo dos Condes de Ximonde ou Pazo de Ramirás en Santiago de Compostela é unha residencia urbana palaciana, situada no número 23 da rúa do Preguntoiro, na cidade vella.

Foi a residencia señorial dos Condes de Ximonde nesa cidade. Hoxe é un edificio dedicado a actividades culturais, sede do Auditorio Abanca de Afundación.

Perfecto Conde Fernández

Perfecto Conde Fernández, nado en Celanova o 1 de decembro de 1847 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, foi un médico e profesor galego.

Premio Galicia 1970

O Premio Galicia 1970 foi organizado polo Centro Gallego de Buenos Aires, principal institución galega na Arxentina, implicada en varias tarefas sociais, entre elas a cultural, tentando promover a cultura galega entre os emigrantes galegos. Neste ámbito, o Centro convoca certames en diferentes categorías, como por exemplo o premio de novela Galicia 1970, celebrado unicamente nese ano, cunha intención de consagración da gañadora.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.