Peret

Pere Pubill i Calaf, coñecido como Peret, nado en Mataró o 24 de marzo de 1935 e finado en Barcelona o 27 de agosto de 2014[1], foi un músico catalán e un dos máximos expoñentes da rumba catalá.

Peret
Aankomst Spaanse zanger Peret op Schiphol, Peret met gouden plaat, Bestanddeelnr 925-1520
Peret no 1971.
Nome completoPere Pubill i Calaf
Nacemento24 de marzo de 1935
OrixeMataró, Cataluña Cataluña
Falecemento27 de agosto de 2014
 Barcelona
Ocupacióncantante, compositor, actor e guitarrista
XéneroRumba catalá
Instrumento(s)Guitarra e voz
Na rede
http://www.peret.es/

Traxectoria

Peret
Peret no 2007.

Refundou a rumba catalá partir da fusión do rock, o tanguillo flamenco e o mambo cubano. Sacou cancións como Una lágrima, El gitano Antón e Borriquito como tú, que o converteron nunha das figuras máis populares das décadas de 1970. Representou a España no Festival de Eurovisión coa canción Canta y se feliz en 1974. Comprometido co pobo xitano, ao cal pertence.

Discografía

  • Canta y sé feliz - single (Ariola, 1974)
  • Rumbas de oro (Divucsa, 1989)
  • No se pué aguantar (PDI, 1991)
  • Que disparen flores (PDI, 1995)
  • Jesús de Nazaret (PDI, 1996)
  • Sus grabaciones en Discophon (Blanco y Negro, 1998)
  • Rey de la Rumba (Narada World, 2001)
  • Que levante el dedo (K Industria, 2007)

Bibliografía

Notas

  1. Noticia da confirmación da morte de Peret por parte da familia, en Vilaweb Arquivado 30 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en catalán)
  2. http://elpais.com/diario/2005/03/06/espectaculos/1110063601_850215.html
Predecesor:
"Eres tú"
Mocedades
EuroEspaña.svg
España no Festival de Eurovisión

1974
Sucesor:
"Tú volverás"
Sergio y Estíbaliz

Véxase tamén

Ligazóns externas

26 de marzo

O 26 de marzo é o 85º día do ano do calendario gregoriano e o 86º nos anos bisestos. Quedan 280 días para finalizar o ano.

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Amparanoia

Amparanoia foi un grupo musical de música fusión creado por Amparo Sánchez. O grupo naceu en 1996 en Lavapiés (Madrid), e separouse en 2008 cunha xira internacional. Desde entón Amparo Sánchez seguiu a súa carreira en solitario.

Canción do verán

Recibe o nome de canción do verán aquela ou aquelas cancións comerciais que máis impacto provoca nos medios de comunicación así como na na sociedade durante os meses do verán. Polo xeral, son cancións con retrousos pegadizos, moi bailables, e son as máis difundidas con diferenza en tódolos medios de comunicación audiovisual, así como en bares, discotecas, e orquestras nas verbenas. Non existe ningún organismo que as teña chamado así de xeito oficial, pero as cancións do verán son coñecidas por esa denominación polo conxunto da sociedade e os medios de comunicación.

Cèlia Sànchez-Mústich

Celia Sánchez-Mústich, nada en Barcelona o 9 de decembro de 1954 é unha poeta e escritora en catalán. Vive en Sitges desde o 2001.

Día de Cataluña 2015

O Día de Cataluña 2015, coñecido tamén pola expresión catalá Diada, estivo marcada pola celebración da Vía Libre (en catalán: Via Lliure) á República Catalá, esta foi unha concentración multitudinaria que encheu un tramo de 5,2 quilómetros da Avenida Meridiana de Barcelona o once de setembro de 2015 co obxectivo de reivindicar a independencia de Cataluña. Foi organizada pola plataforma Agora é a hora.

A concentración tamén serviu para reivindicar o dez eixos básicos para unha futura República Catalá: a xustiza social e o benestar social, a democracia, a diversidade, a solidariedade, o equilibrio territorial, a sustentabilidade, a innovación, a cultura e a educación e a apertura no mundo.

A organización convidou unha trintena de personalidades internacionais, entre as cales había: Susan George, Kai-Olaf Lang, Irvine Welsh, Michael Keating, Michel Seymour, Bardo Fassbender, David Farell, Rogers Brubaker, Sebastian Balfour e Ben Page.

A Vía Libre tivo varias réplicas realizadas pola diáspora catalá durante os días previos en varias cidades de todo o mundo: Ámsterdam, Bangkok, Berlín, Berna, Bruxelas, Buenos Aires, Canberra, Dubái, Londres, México, Montreal, Nova York, París, Santiago de Chile, entre outros.

España no Festival de Eurovisión

España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".

España gañou dúas veces o festival. A primeira no 1968, en Londres, coa canción "La, la, la" interpretada por Massiel e a segunda vez foi ao ano seguinte con Salomé interpretando "Vivo cantando".

España participou no concurso en 54 ocasións, gañando en 2 delas e quedando noutras 8 ocasións entre os 5 primeiros: en 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1979, 1984, 1990, 1991 e 1995. Así mesmo, obtivo tres veces "0 puntos", en 1962 e 1965 (cun sistema diferente de votación), e en 1983, sempre empatando con outros países. No século XXI o mellor resultado de España en Eurovisión foi un 6.º posto en 2001, con David Civera e o tema Dile que la quiero en Copenhaguen. Entre 2005 e 2013 España quedou na metade baixa da clasificación coa excepción de 2012, cando a participación de Pastora Soler devolveu a TVE de novo ao "top 10". En 2014 en Copenhaguen, Ruth Lorenzo, con Dancing In The Rain, obtivo o posto nº 10 empatando con Dinamarca.

A retransmisión do festival é o evento non deportivo máis visto en España ano tras ano. Tras uns anos de boas audiencias nos anos noventa, o fenómeno Operación Triunfo coa participación de Rosa e a canción Europe's living a celebration, fai que o Festival do 2002 sexa o máis seguido desde que hai estatísticas fiables de audiencia. Os outros dous participantes que saíron deste concurso (Beth Rodergas e Ramón del Castillo) tiveron un bo seguimento no certame, así como unha boa posición. En 2008 tamén se bateu un novo récord de audiencia mediante a elección do polémico Rodolfo Chikilicuatre, personaxe de ficción interpretado por David Fernández Ortiz e incubado na canle privada La Sexta.

Moitas das cancións españolas que participaron no festival han ter un gran éxito en España e algunhas tamén no estranxeiro. Por outra banda moitos foron os cantantes españois que desenvolveron unha importante carreira posteriormente ao seu paso polo concurso. Algúns destes artistas son: Raphael, Julio Iglesias, Karina, Mocedades, Jaime Morey, Peret, Micky, Paloma San Basilio, Azúcar Moreno, Sergio Dalma, David Civera, Rosa López... Nos últimos anos son varios os artistas que deciden representar a España tras estar consolidados no mercado musical, como Soraya Arnelas, Pastora Soler ou El Sueño de Morfeo. Así mesmo, axudou a dar a coñecer e a que teñan unha carreira musical en España a artistas que levan un longo camiño andado, como é o caso de Daniel Diges, Lucía Pérez ou Ruth Lorenzo.

Finados en 2014

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2014. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2014".

Jarabe de Palo

Jarabe de Palo é un grupo de rock latino liderado por Pau Donés, solista e compositor. O resto da banda fórmano Álex Tenas, Jordi Mena, Carmen Niño, Quino Béjar e Jorge Rebenaque. Outros dos seus membros foron Luis Dulzaides, Maria Roch, Daniel Forcada e Toni Saigi.

Manolo Escobar

Manuel García Escobar, nado en El Ejido (provincia de Almería) o 19 de outubro de 1931 e finado en Benidorm (provincia de Alacant) o 24 de outubro de 2013, coñecido como Manolo Escobar, foi un cantante e actor español.

Nacho Mastretta

Ignacio Mastretta Rodríguez coñecido artisticamente como Mastretta, nado en Barcelona o 9 de maio de 1964, é un músico, compositor e produtor discográfico catalán.

Rosa Morena

Manuela Otilia Pulgarín González, nada en Badaxoz (Estremadura) o 11 de xullo de 1941 é unha cantante de copla, música popular, e actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Rosa Morena.

Cobrou a súa popularidade en España na década de 1970, logo de percorrer gran parte de América e os Estados Unidos cando aínda era unha moza con gran virtuosismo vocal pero pouco coñecida no seu propio país.

Uxía Senlle

Uxía Domínguez Senlle, nada en Sanguiñeda (Mos), o 19 de novembro de 1962, é unha cantante galega.

Xogos Olímpicos de 1992

Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.

Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a II Guerra Mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.

O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.

A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.