Peregrinación a Santiago de Compostela

Os peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago, dende o século IX en diante, tiveron diversas motivacións, fundamentalmente relixiosas, nun primeiro momento, e doutros tipos ó longo dos séculos.

Pilgrim's Boot - Finisterre - Galicia
Bota dun peregrino. Fisterra

Motivacións

Entre Carrión de los Condes et Sahagún 01
Dous peregrinos camiñan por terras castelás.

Pódense agrupar as posibles motivacións nas seguintes posibilidades:

  • Por devoción, incluíndo votos e promesas, como agradecemento por librarse dun mal grave. Tamén houbo casos de peregrinos, de pago ou voluntarios, que viñan interceder ante o Apóstolo encomendados por un pobo sometido a algunha calamidade, como pestes ou fames negras. A cidade de Perpiñán pagou a viaxe de dous peregrinos en 1482 para saír dunha gran seca e doutro en 1561 [1].
  • Forzados, como penitencia canónica para expiar un pecado grave ou sentenza ditada por un tribunal. Un concilio celebrado en Clermont en 1150 permitía cumprir mediante unha peregrinación unha sentenza de asasinato ou por causar un incendio. Houbo ocasións nas que estas peregrinacións de expiación debían facer en condicións especialmente duras, como facelo encadeados.
  • Pódense incluír tamén como forzados os peregrinos obrigados por manda testamentaria. Así foi que un tal Bernardo testaba en 1350 que "Ordeno que, como prometín facer cinco peregrinacións, unha a Santiago, outra a ... , que esas peregrinacións sexan feitas polos meus fillos, cada un a súa, se un só non pode facelas todas" [2].
  • Económicos, cando se facía o Camiño no nome doutra persoa, cousa frecuente na Baixa Idade Media cando apareceron auténticos peregrinos profesionais. En 1395, un cóengo francés ditaba que "Quero e ordeno ... que un pobre vaia a Santiago de Galicia no meu nome e á miña conta, e que dea en ofrenda un franco de ouro" [1].
  • Motivos ilícitos, como roubo ou prostitución, actividades facilitadas polo anonimato. Tamén para a espionaxe, aproveitando o salvoconduto que garantía a inmunidade dos peregrinos para atravesar terras inimigas. Mesmo se describe a existencia de falsos peregrinos que ían e veñían co único interese de sobrevivir, aproveitando a cama e comida gratuíta que lles ofrecían nos albergues ou veciños caritativos. No Libro I do Códice Calixtino cóntase o caso dun home que foi aforcado -e pendurado no Camiño- por incitar ós peregrinos a saír antes do mencer e, se alguén lle facía caso, acompañábao ata que, en calquera punto illado, atacábano os seus compañeiros para matalo e roubalo.
  • Negocio, aproveitando as oportunidades que ofrecían as xentes e as vilas que se cruzaban para a compra e venda de todo tipo de obxectos. Son os romei mercatores que xorden a partir do século XV.
  • Turismo, sobre todo no século XX.

Organización da viaxe

Estatua peregrino
Estatua en Pontevedra.

Por razóns obvias (climatoloxía, horas de luz), a peregrinación era unha actividade máis propia dos meses estivais á que se daba comezo entre marzo e abril.

Antes de saír para facer o camiño era frecuente que o peregrino fixera testamento, xa que a viaxe tiña serios perigos e moitos non volvían, ou facíano enfermos e algúns tardaban anos en volver.

Os peregrinos franceses e alemáns era habitual que fixesen o camiño agrupados en confrarías. Os ingleses, escandinavos e flamengos facían a viaxe en expedicións marítimas ata os portos de Ribadeo, Ferrol ou A Coruña, ou mesmo desembarcaban en Normandía ou Bretaña para seguir dende alí o camiño a pé.

Reuníanse en grupos máis ou menos numerosos, buscando así a axuda mutua e a protección fronte animais salvaxes ou bandoleiros, non infrecuentes na Idade Media, e que xustifican as accións de relixiosos e nobres para mellorar as condicións de seguridade do peregrino creando camiños, levantando pontes e construíndo albergues e hospitais, e mesmo cemiterios, cuxa presenza é constante ó longo do Camiño.

Atributos do peregrino

A vestimenta dos peregrinos descríbese no sermón Veneranda Dies do Codex Calixtinus. En calquera caso, os peregrinos históricos eran de toda clase e condición, o que explicaba as grandes diferenzas entre a indumentaria e equipaxes dos nobres e a dos camiñantes de a pé.

O peregrino levaba un manto con esclavina, chapeu de aba ancha e para apoiarse e defenderse dos animais salvaxes un bordón longo. No bordón atábase unha cabaza, na que levaba auga ou viño.

Rematada a viaxe, os peregrinos cosían no manto e na esclavina cunchas de vieiras, que se converteron no símbolo do Camiño.

O mesmo Picaud, cando describe na súa Guía do Peregrino (Libro V do Códice Calixtino) a cidade de Santiago, di que diante da porta Francíxena (hoxe, da Acibechería) "... está o paraíso, asoallado de pedra, onde se venden ós peregrinos cónchegas, ou sexa, símbolos de Santiago" [3].

Notas

  1. 1,0 1,1 López Pereira, px. 38.
  2. Citado por López Pereira, px. 38.
  3. López Pereira, px. 132. Neste contexto, paraíso, ten o significado de adro.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • López Pereira, X. Eduardo (1993). Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Varela García, Isaura: "Camiño de Santiago", en Gran Enciclopedia Galega, tomo 7, pp. 83–91.
Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

Aquis Querquennis

Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por: un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d. C. No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como Ruta da Raíña Santa, nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos camiñantes. Tal ruta coincide coa citada calzada romana Vía Nova no seu tramo inicial ata Bande e está a ser reivindicada como "camiño xacobeo" por diversas asociacións da comarca.No lugar atópase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Astorga

Astorga (en leonés, Estorga) é unha cidade da provincia de León, sita na comunidade autónoma de Castela e León, (España), atópase a 48 quilómetros ao suroeste da capital provincial de León, é cabeza da comarca da Maragatería. A súa poboación é de 11.897 habitantes (INE 2011).

Corresponde á antiga Asturica Augusta - topónimo do cal o actual é unha derivación -, capital dun dos conventos xurídicos da antiga Gallaecia. É tamén sé do bispado homónimo.

Calisto II, papa

Calisto II ou Callistus II en latín (kallistos, o máis belo en grego antigo), nado coma Guido de Bourgogne en Borgoña en data descoñecida e finado en Roma o 13 de decembro de 1124, foi o 162º papa da igrexa católica, entre o 1 de febreiro de 1119 e o día da súa morte. Da familia dos Condes de Borgoña, da Casa Ivrea, resolveu a Querela das Investiduras (45 anos de guerra entre o poder xerárquico do papado e os emperadores xermánicos) e apoiou a peregrinación a Santiago de Compostela, contribuíu nas cruzadas e na fundación da Orde do Císter maila do Temple.

Camiño

Un camiño ( pronunciación ) é unha vía trazada para ir dun lugar a outro.

Como topónimo pode referirse a:

O Camiño, parroquia do concello de Sarria;

O Camiño, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

O Camiño, lugar da parroquia de San Xoán de Moeche, no concello de Moeche;

O Camiño, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón;

O Camiño, lugar da parroquia de Lesta, no concello de Ordes;

O Camiño, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;

O Camiño, lugar da parroquia de Boizán, no concello de Vilalba;

O Camiño, lugar da parroquia de Xermade, no concello de Xermade;

O Camiño Ancho, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal;

Camiño Branco, lugar da parroquia de Randufe, no concello de Tui;

O Camiño Branco, lugar da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros, no concello do Corgo;

O Camiño Branco, lugar da parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar;

O Camiño da Barcia, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

Camiño da Mercé, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;

Camiño da Ponte Grande, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;

O Camiño da Poza, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros;

O Camiño de Pedrós, lugar da parroquia de Ares, no concello de Ares;

O Camiño de Vieiro, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

O Camiño do Pinar, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña;

Camiño do Raposo, lugar da parroquia de Dexo, no concello de Oleiros;

O Camiño do Río, lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello de Malpica de Bergantiños;

Camiño do Santo, lugar da parroquia de Santo André de Castro, no concello de Lugo;

Camiño do Vilar, lugar da parroquia de Santo André de Castro, no concello de Lugo;

Camiño Grande, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Mugardos;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Viascón, no concello de Cerdedo-Cotobade;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Moimenta, no concello de Lalín;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Tomiño, no concello de Tomiño;

Camiño Real, lugar da parroquia de Bermés, no concello de Lalín;

O Camiño Real, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira;

O Camiño Real, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte;

O Camiño Real, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba;

O Camiño Vello, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda.Como vía de comunicación, pode referirse a:

Camiño do Cid, itinerario turístico cultural.

Camiño Neocatecumenal, itinerario católico.

Camiño de Santiago, conxunto de vías de acceso de peregrinación a Santiago de Compostela:

Camiño Francés, a principal vía do camiño de Santiago, desde Francia.

Camiño Portugués, unha vía do camiño de Santiago desde Portugal.

Camiño do Norte, unha vía do camiño de Santiago pola costa cantábrica.

Camiño Primitivo, unha vía do camiño de Santiago desde Oviedo.

Camiño Inglés, unha vía do camiño de Santiago.

Camiño de Pequena Polonia, unha vía do camiño de Santiago.

Camiño Inglés

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela.

Camiño de Pequena Polonia

O Camiño de Pequena Polonia (Ruta Xacobea de Pequena Polonia ou Camiño Małopolska) son as vías do Camiño de Santiago que dende Polonia van cara a Santiago de Compostela. O camiño vai dende Sandomierz e pasa por Klimontów, Kotuszów, Szydów, Szczaworyż, Wiślica, Pałecznica, Niegardów, Więcławice, Cracovia. De Cracovia pode ir a Sanka, Oświęcim e, finalmente, á fronteira coa República Checa.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Die Jackobsbrüder

Die Jackobsbrüder é un romance escrito a mediados do século XIV por Kunz Kistener en alsaciano sobre a peregrinación a Santiago de Compostela.

Pelegrín

Pelegrín foi unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi a mascota oficial do camiño entre o Ano Xacobeo de 1993 e o de 2004. É un boneco que leva un bordón con cabaza, dous dos elementos distintivos dos peregrinos.

Peregrinación

Unha peregrinación é unha viaxe feita por devoción ou promesa normalmente a un santuario ou lugar sagrado con importantes connotacións relixiosas. É, tamén, unha viaxe efectuada por un crente (ou grupo de crentes) ata un lugar de devoción ou un lugar considerado como sagrado segundo cadansúa relixión.

O termo peregrinación provén do latín peregrinatio e significa viaxe ao estranxeiro ou estancia no estranxeiro. Segundo as orixes etimolóxicas, o peregrino é o expatriado ou exiliado. O desprazamento, xeralmente a pé, de homes e mulleres cara lugares sagrados é unha práctica común de todas as relixións e culturas, un fenómeno universal da antropoloxía relixiosa. En galego tamén se emprega a palabra romaría, aínda que se sóese referir a festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao mesmo tempo, divírtese.É de sona mundial a peregrinación, o hajj, dos fieis musulmáns á Meca, a peregrinación dos fieis católicos a Santiago de Compostela, ou a Shalosh Regalim, a dos observantes xudeus a Xerusalén, durante as tres festividades de Pésaj, Shavuot e Sucot. A peregrinación pódese realizar por mera profesión de fe ou coma método para expiar algún pecado segundo a relixión practicada, e incluso coma agradecemento por peticións concedidas á figura relixiosa pertinente.

Tamén é peregrinación visitar unha capela ou lugar que custodie reliquias sagradas. A Biblia fala do peregrinar no Salmo 122 (121):

A última visita de Xesús a Xerusalén, sendo observante da lei xudía, foi coma peregrino durante a festa de Pésaj.

Peregrino

Un peregrino é aquel que emprende unha peregrinación, é dicir, que se encamiña a facer unha visita a un lugar de significación, xa relixiosa ou histórica; decote estas camiñadas son longas.

Ponte romana de Lugo

A ponte romana de Lugo, con 104 m de lonxitude e 4 m de largura, cruza o río Miño ao seu paso polo suroeste da cidade de Lugo, unindo a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago, vertebrando esta última o barrio lugués de San Lázaro. Fica entre medias da Ponte Nova, que enlaza a capital da provincia coa estrada N-540, e o balneario de augas termais, que data así mesmo da época da romanización.

The Pillars of the Earth

The Pillars of the Earth é unha novela histórica do autor británico Ken Follett, publicada en 1989. Está ambientada na Inglaterra da Idade Media, en concreto no século XII, durante un período de guerra civil coñecido como anarquía inglesa, comprendido entre o afundimiento do White Ship e o asasinato do arcebispo Thomas Becket. Porén, tamén se recrea unha viaxe de peregrinación a Santiago de Compostela a través de Francia e España.

A novela describe o desenvolvemento da arquitectura gótica a partir da súa precursora, a arquitectura románica e as vicisitudes do priorato de Kingsbridge, cun pano de fondo cheo dos acontecementos históricos que estaban a acontecer nese intre. Malia que Kingsbridge é o nome dunha localidade inglesa real, o Kingsbridge ó que se fai referencia na novela é, en realidade, un emprazamento ficticio representativo da típica vila inglesa no que se establecían mercados na época.

O autor sorprendeu con esta novela non só ós seus lectores, ávidos de thrillers, senón tamén ós seus editores, co seu contido e lonxitude (máis de 1.000 páxinas). A novela foi incluída na posición 33 da enquisa realizada pola BBC en 2003, cuxo obxectivo era atopa-las obras máis apreciadas da literatura británica. Ademais, foi elixida en 2007 polo club literario Oprah's Book Club.

Tombos da Catedral de Santiago de Compostela

Os tombos da Catedral de Santiago de Compostela son uns documentos medievais conservados no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela.

Vía Lemovicensis

A vía Lemovicensis (ou vía do Limousine ou vía de Vézelay) é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela. A vía pasa por Limoges, de aí o seu nome, mais o verdadeiro lugar de xuntanza e partida é a abadía de La Madeleine en Vézelay. Atravesa o país de etapa en etapa até a localidade de Ostabat, onde se funde coa vía turonensis. O camiño pasa na súa primeira sección por Bourges e Châteauroux. Existe, porén, unha variante máis ao sur por Nevers.

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Vía tolosana

A vía tolosana é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela, a situada máis ao sur. Pasa pola cidade de Tolosa, da cal toma o seu nome, mais o punto de xuntanza e de partida estaba en Arles. Atravesa o país de etapa en etapa e franquea os Pireneos polo paso de Somport. Xa do lado español, o camiño continúa con o nome de Camiño aragonés até a etapa de Puente la Reina, onde se efectúa a unión con o Camiño navarro, que non é senón a prolongación doutros camiños procedentes de Francia. Desde aí, o camiño cara a urbe compostelá prosegue baixo a denominación de Camiño francés.

Xubi

Xubi é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.