Perdiz

A perdiz,[2] ou perdiz rubia,[3] Alectoris rufa, é unha ave da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, pertencente ao xénero Alectoris, orixinaria do suroeste de Europa.

Perdiz, perdiz rubia
Alectoris rufa
Perdrix rouge

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Perdicinae
Xénero: Alectoris
Especie: A. rufa
Nome binomial
Alectoris rufa
(Linnaeus, 1758)

Descrición

Quen me dera alas ter,
as alas dunha perdiz,
pra lle levar unha carta
ó meu querido Luís.

—Popular[4]

Son aves gordechas e de alas arredondadas. A plumaxe dos individuos adultos é castaña area pola parte superior, ante rosada no ventre e gris pálida no peito. A coroa e a parte superior da caluga dos adultos son de cor castaña rosada, a parte frontal e os lados da coroa son gris azuladas, e teñen unha liña superciliar estreita abrancazada que lles vai ata os lados da parte inferior da caluga. A zona entre o bico e o ollo ten unha barra de plumaxe negra e unha área espida de pel vermella. A barra negra continua ata detrás do ollo, onde se fai máis ancha e espállase cara abaixo ó redor da mancha da gorxa ata chegar ó colar negro. Na zona dos oídos hai unha mancha parda. A barbadela e a parte superior da gorxa son de cor branca de crema, rodeadas por un colar negro amplo. O negro do colar continúa na parte inferior da gorxa na forma de pinceladas negras sobre fondo gris area. Liñas tamén negras, pero máis estreitas están tamén presentes na parte superior dos lados do pescozo, que son gris azulados. A parte inferior dos laterais do pescozo son castañas rosadas. O peito ten a plumaxe gris azulada, r a barriga e ante rosada. Os lados están marcados con barras castañas brillantes, en xeral entre 8 e 10, cada unha delas cunha beira negra estreira, sobre unha cor de fondo abrancazada diante das barras e gris pálida por detrás.

O bico e vermello brillante, igual que o anel ocular. O iris é castaño e as patas vermellas rosadas.

Distribución e hábitat

A perdices viven hoxe, ademais de na Península Ibérica, sur de Francia e noroeste de Italia, nas Azores, Gran Canaria, Madeira, illas Baleares e Córsega. En Gran Bretaña foron introducidas como aves de caza ó redor de 1770. As soltas de perdiz chucar provocaron a hibridación das dúas especies en Inglaterra. Ata ó século XVI as perdices vivían máis ó norte, por exemplo nos vales do Neckar, o Rin e o Aar, de onde desapareceron a consecuencia da baixada das temperaturas. As perdices viven no sur da súa distribución ata os 2000 metros de altitude, pero prefiren chairas ou terras onduladas con solos soltos.

Costumes

Son aves sedentarias de hábitos terrestres, que forman bandos fora da estación de cría. Se son molestadas prefiren voar que correr, pero se é necesario voan tamén distancias curtas. Poñen os ovos, entre 8 e 13, no chan. A femia encárgase da incubación, que dura unhas tres semanas. Son aves gordechas e de alas arredondadas.. Aliméntanse principalmente de sementes, pero, sobre todo os polos, comen tamén, insectos.

Notas

  1. BirdLife International (2018): Alectoris rufa na Lista vermella da UICN.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para perdiz.
  3. Penas Patiño et al. 1991, p. 100.
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da perdiz rubia. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 127. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A muller na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da muller na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Cómpre advertir que a literatura oral, tanto a galega como a universal, está impregnada dunha clara misoxinia que reflicte o sentir popular das épocas nas que aquela foi xurdindo. Debe interpretarse, xa que logo, cunha perspectiva histórica sen translación a valores actuais.

Alectoris

Alectoris é un xénero aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que se distribúen polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia ata o Tibet e o leste da China.

Especies deste xénero foron introducidas en Norteamérica, Nova Zelandia e Hawaii.

Anduriña do mar

A anduriña do mar, andoriña do mar ou perdiz do mar (Glareola pratincola) é unha especie de ave caradriforme da familia Glareolidae propia de África, a Eurpoa mediterránea e o suroeste de Asia, que en Galicia é unha ave accidental. É unha ave limícola atípica que lembra unha andoriña grande, debido á súa especializada alimentación aérea, ou a unha perdiz.

Charrela

A charrela, ou perdiz charrela, Perdix perdix, é unha especie ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres comprendidas no xénero Perdix.

De orixe eurasiática, foi introducida e aclimatada como peza de caza en Norteamérica, onde se distribúe na actualidade nas pradarías do norte dos Estados Unidos e do sur e o leste de Canadá.

Friol

Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes (4490 no 2006, 4533 no 2005, 4580 no 2004, 4646 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «friolés».

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Pequeno Hotel

Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.

A boa situación do hotel dará pé á presenza de moitos famosos que ou ben interveñen nas tramas ou participan coa súa presenza. O ton de comedia é o predominante e o humor será o fundamental na resolución de todas as situacións.

Perdices

O nome de perdices aplícase a varias especie de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, especialmente ás dos xéneros Alectoris, Perdix e outros semellantes.

Perdicinos

A dos perdicinos (Perdicinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe numerosas especies, como as perdices, os paspallases, francolíns (Francolinus sp.), que se direnencian doutras galiformes entre outras cousas, por non teren esporóns.Forman nun grupo de aves non migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan de sementes e aniñan no solo.

A subfamilia inclúe moitas das aves de caza máis estimadas.

Perdigueiro galego

O perdigueiro galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de mostra, especializado na caza de pluma (perdiz, arcea e paspallás). Tamén recibe o nome popular de "can das perdices".

A partir da década dos setenta, coa introdución de razas foráneas, foi moi mesturado e practicamente absorbido polos pointer ingleses e os braco alemáns, o que causou o declive e a práctica desaparición desta raza. Nestes momentos estase intentando recuperar a partir dos poucos exemplares que aínda se poden atopar en maior ou menor pureza, dispersos polas provincias de Lugo e Ourense.

Perdix

Non confundir con Pérdix.

Perdix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe tres especies de perdices.

Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, os paspallases e os faisáns, pero non con especies subtropicais que adoito reciben o nome de perdices, debido ao seu tamaño e morfoloxía similares.Hai representantes do xénero Perdix na maior parte da Europa e a Asia temperadas.Un membro do xénero, a charrela, foi introducida nos Estados Unidos e o Canadá con propósito cinexético.

Perdix dauurica

Perdix dauurica, coñecida vulgarmente como perdiz dáurica, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres que integran o xénero Perdix.

Perdix hodgsoniae

Perdix hodgsoniae, coñecida vulgarmente como perdiz tibetana, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres que integran o xénero Perdix.

Perdiz de Philby

A perdiz de Philby (Alectoris philbyi), é unha ave da familia Phasianidae, moi relacionada coa perdiz chucar (Alectoris chukar). Vive no suroeste de Arabia e o norte do Iemen. Distínguese doutras especies do xénero Alectoris polas meixelas e a gorxa negras.

O seu nome conmemora o esxplorador británico John Philby.

Perdiz grega

A perdiz grega (Alectoris graeca), é unha ave da familia dos faisáns (Phasianidae). É unha perdiz presente principalmente no suroeste de Asia e sueste de Europa.

Perdiz moura

A perdiz moura (Alectoris barbara) é unha ave da familia dos faisánidos (Phasianidae), autóctona do norte de África.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

San Xes de Vilariño, Lobeira

San Xes de Vilariño é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 303 habitantes, dos cales 150 eran homes e 153 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.